propostas didÁcticas 13 de maio - edu.xunta.gal...1 propostas didÁcticas 13 de maio xa sabemos que...

Post on 17-Oct-2020

12 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

1

PROPOSTAS DIDÁCTICAS 13 DE MAIO

Xa sabemos que o Delfín é un animal vertebrado, que é un mamífero mariño,

que é un cetáceo, que ten pulmóns coma nós e que en lugar de nariz ten o

respiradoiro. Agora imos profundar no DELFÍN COMO ANIMAL VIVÍPARO E O

NACEMENTO.

Fágovos as seguintes propostas:

1- LECTURA DO DOCUMENTO (impreso ou en pantalla)

Nas páxinas 3-6 inclúo a información recompilada polos nosos compañeir@s

Vega, Aroa, Thiago González e Asier. A partir da páxina 7 atoparedes unha

ampliación desta información con pequenas tarefas que podedes facer sen

necesidade de imprimir o documento, na maior parte delas (engadirei tamén

algunha para facer impresa).

2- VÍDEOS SOBRE O NACEMENTO DO DELFÍN

Así es el parto de un delfín: breve vídeo (38”) onde se pode observar o nacemento

dun delfín nun Zoolóxico en Chicago:

https://www.youtube.com/watch?v=01EneqwpyEc

Nacimiento de un delfín: este vídeo é un pouquiño máis longo e podemos

gozar do nacemento dun delfín no mar. É un vídeo máis realista, posto que amosa

a dificultade que pode ter o parto, o nacemento desenvólvese no seu hábitat natural...

https://www.youtube.com/watch?v=sRkmcdeN6rs

3- CRUCIGRAMA SOBRE O DELFÍN (impreso)

Esta actividade é para facer en familia, pois é complexa para os nenos/as. A

idea é que traten de recordar un pouquiño o que aprendemos o luns e hoxe en relación

ós delfíns e que coa vosa axuda poidan escribir as palabras. Co crucigrama podedes

traballar os números, as letras...

2

VERTICAIS:

1. Burato polo que respiran os delfíns.

HORIZONTAIS

2. Animais que nacen da barriga da súa mamá.

3. Animais que teñen ósos.

4. Nome da familia dos delfíns.

5. Lugar onde viven os delfins.

3

4

5

6

7

O DELFÍN É UN VIVÍPARO

Os animais vivíparos nacen do ventre (da

barriga) da súa mamá, coma nós

BEBÉ DELFÍN E MAMÁ NADANDO XUNTOS

8

O delfín medra na barriga da súa mamá durante

11 ou 12 meses.

Por exemplo, un bebé delfín pode estar na barriga da súa mamá dende que

cumples 4 anos ata que cumples os 5 anos...eso é moito tempo!! Verdade??

DELFÍN BEBÉ NA BARRIGA DA SÚA MAMÁ

9

Dentro da barriga da mamá delfín só hai un

bebé. ¿Cantos delfíns hai nos seguintes grupos se

sumamos un a cada grupo?

10

Cando o bebé delfín sae da barriga da súa mamá,

o primeiro que sae é a cola

DELFÍN BEBÉ

SAÍNDO DO

VENTRE DA

SÚA MAMÁ

11

Cando o bebé por fin sae da barriga, sube á

superficie para coller aire. Son moi bos

nadadores, así que poden facelo soíños! Aínda que

ás veces a súa mamá axúdalles.

12

Atopa o camiño correcto polo que o delfín bebé

debe nadar para atopar á súa mamá

13

Durante o primeiro mes, o bebé mama o leite da

súa mamá

RECORDA:

O DELFÍN É UN

MAMÍFERO. TÓDOLOS

MAMÍFEROS, CANDO

SON BEBÉS,

ALIMÉNTANSE DO

LEITE DA SÚA MAMÁ.

14

En ocasións aparecen bebés delfíns que non

atopan á súa mamá, e algúns humanos axúdanlle

a alimentarse dándolle o biberón

15

Cando medran, a mamá delfín e os delfíns

adultos da súa familia ensínanlle a cazar para

alimentarse sen axuda

16

Para rematar, axuda ó delfín a cazar estes

peixes...pero fíxate no número e caza en orde!!

1 3

2

4

6

5

7

8

9

10

top related