programa formativo aceleratic para
Post on 28-Jul-2022
8 Views
Preview:
TRANSCRIPT
PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A TRANSFORMACIÓN DIXITAL DAS PEMES
ÍNDICEACELERATIC
Obxectivo
Destinatarios e enfoque
Sesións de formación
Profesorado
Onde e cando
Selección de participantes
PRESENTACIÓNPrograma formativo Aceleratic
para a transformación dixital das pemes
Na actualidade, a transformación dixital non é unha opción. As empresas de hoxe endía non poden dubidar sobre a adaptación a este novo contorno, pois xa non hai outramaneira de renovarse e competir que a través dela.
Calquera organización, independentemente do seu tamaño, debe interiorizar, explotare adaptarse á canle dixital para converterse nunha empresa que poida aproveitar todasas súas potencialidades. A transformación dixital é un proceso no que toda empresadebe pensar, pois é imprescindible para poder competir no mercado actual.
Todos sabemos que nunha peme nunca sobran recursos, formación nin tempo. Porestas razóns este programa está creado a medida das pequenas e medianas empresasgalegas, pensado desde as necesidades básicas da transformación dixital da peme ebuscando aproveitar ao máximo recursos e tempo para lograr unha formación e unscoñecementos adecuados ás súas necesidades.
Trátase dun programa de transformación dixital con catro módulos que abordan astemáticas fundamentais para afrontar a transformación dixital e un plan deasesoramento/titorización dixital para cada participante, que persegue un alto impactopara a transformación dixital de calquera peme galega.
OBXECTIVOS
O programa Aceleratic permitiralles aos participantes reflexionar sobre os aspectos e asnovidades tecnolóxicas que poden ser de utilidade no día a día das súas empresas edescubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que parapemes e empresariado pode supor a implantación e adopción de novas ferramentas detransformación dixital. Trátase de proporcionar unha folla de ruta a cada participanteque lle permita afrontar este desafío na súa empresa. O programa achégalles as novasestruturas organizativas, os novos modelos de relación coa clientela e a xestión docambio, e outorga ferramentas estratéxicas, tácticas e operativas para avanzar neseeido.
O programa presenta unha serie de accións que serven de difusión, sensibilización eformación para o persoal directivo das pemes galegas e están encamiñadas a que osasistentes reflexionen sobre os aspectos e as novidades tecnolóxicas que poidan ser deutilidade no día a día nas súas empresas.
En definitiva, trátase de construír un perfil directivo que manexe o dixital dende unpunto de vista estratéxico, que coñeza a contorna dixital, adquira as habilidadesnecesarias para entender que valor pode achegar a tecnoloxía ao negocio e impulse oscambios necesarios na empresa para unha verdadeira transformación dixital.
DESTINATARIOS
Un total de 25 xerentes, con empresas en propiedade ou mandos intermedios decarácter directivo con capacidade de decisión e influencia na empresa de sectores,preferentemente non tecnolóxicos.
ENFOQUE
A transformación dixital dunha empresa implica un cambio a todos os niveis: cultura,persoas, produción, clientes e provedores. Este programa formativo céntrase en formarnestes aspectos cun enfoque práctico e operativo.
O programa ten as seguintes características:
Consta de catro sesións formativas de transformación dixital de 8 horas cada unhaen temas relativos a ferramentas de transformación dixital cun relator experto namateria.
Para dotar de maior impacto a acción formativa e obter un efecto máis práctico nosproxectos participantes, realizaranse dúas sesións de titorización (unha ao inicio doprograma e outra a modo de peche, ao finalizar este). Trátase de dúas sesións de 2horas de titorización/consultoría personalizada para cada asistente co fin deestablecer a ruta para seguir en cada materia abordada na sesión formativa porparte de cada proxecto.
Todas as sesións combinarán coñecementos avanzados sobre a materia conmetodoloxías eminentemente prácticas que impliquen a realización de casos eexercicios de utilidade para a posterior adaptación aos seus proxectos.
SESIÓNSFORMATIVAS
Cada unha das catro sesións formativas de transformación dixital desenvolverase en xornadas de día completo co seguinte horario:
As sesións de titorización para o desenvolvemento do plan de transformación dixital personalizado realizaranse por medio de
videoconferencia.
09:30 Primeira parte da sesión formativa
14:30 Fin da primeira parte
16:00 Segunda parte da sesión formativa
19:00 Fin da xornada
Sesión 1. Transformando dixitalmente a estratexia da nosa peme. Bigdata, cloud computing, AppEconomy, IoT, robotización e industria 4.0:
A sociedade da información, a era dixital, a economía en rede… son termos que constantemente aparecen nos medios de comunicación. A sociedade está a
transformarse a unha velocidade vertixinosa e os cambios nas relacións económicas tradúcense en novos modelos de negocio e en novas formas de competir. As tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) convertéronse en ferramentas básicas para as
organizacións deste novo escenario económico.
Contidos principais:
1.Empresas que xeran valor e riqueza no novo escenario do sector TIC2. Breve análise dos principais cambios tecnolóxicos e sociais3. Robotización hardware e software, e impacto no emprego4. Cambios no comportamento dos consumidores e economía colaborativa5. A AppEconomy6. ERP, cloud computing e big data7. Novas tecnoloxías de gran potencial para o futuro: realidade aumentada, wearables, interner of the things…8. Consellos para competir na economía dixital
Sesión 2. Transformando dixitalmente o marketing na nosa peme. Novas canles de comunicación co cliente. Ferramentas de marketing
dixital.
Introducirémonos no mundo do marketing dixital e abordaremos os principios do inbound marketing ou marketing de atracción. A partir deste contexto, máis próximo ao
cliente, trataremos cuestións operativas e estratéxicas que nos axuden a alcanzar os obxectivos que perseguimos. Xa definidas as pautas para a comunicación no ámbito
dixital, exploraremos as diferentes ferramentas operativas.
Contidos principais:
1. O marketing non cambia… cambia a contorna e as ferramentas2. Evolución do marketing e a publicidade dixital3. Ferramentas de marketing dixital para a transformación dixital: medios dixitais propios, de pago e gañados; inbound marketing; analítica web4. Medios propios: web, e-comerce, blog, canles propias RRSS, boletíns, posicionamentoorgánico en buscadores5. Medios de pago: SEM, publicidade dixital, email marketing, social ads6. Medios gañados: eventos con influencers, microinfluencers
Sesión 3. Transformando dixitalmente o marketing na nosa peme. Novas canles de comunicación co cliente. Social Media:
Contidos principais:
1.Social Media Marketing2.Contorna actual do marketing en liña3.Estratexia e plan de marketing dixital4.Canles e medios dixitais para comunicarnos cos clientes/persoas usuarias:
-Estado actual do social media -Optimización, como xerar alcance e crear oportunidade-Community management, funcións, tarefas, operativa e ferramentas
5.Análise de uso das principais redes sociais: Facebook, Instragram, Twiter, Linkedin6. Contido e planificación7. Social ads:
-Introdución a social ads-As plataformas implicadas-Analizando propostas efectivas-A segmentación-Crear anuncios en Facebook, Twiter, Linkedin e Instagram-Estatística-Tips e claves
Sesión 4. Transformando dixitalmente a canle de venda da nosa peme. O comercio electrónico como unha alternativa estratéxica
Nesta sesión perséguense como principais obxectivos os seguintes:
-Comprender as claves da estratexia de vendas en liña-Coñecer como se está integrando a canle en liña coa canle física tradicional en diversas industrias-Aprender a discernir cales das estratexias de prezo e servizo en liña cadran co negocio do asistente e cales non-Ser capaz de recoñecer os principais procesos e escollos no desenvolvemento dun proceso de integración da tenda en liña con outros asistentes da compañía-En definitiva, entender que competencias e organización son necesarias para comandar a canle en liña
Contidos principais:
1. Importancia do comercio electrónico en España2. Estratexia en liña no sistema de valor3. A creación de ingresos da canle en liña4. Estratexia de xeración de tráfico, de mellora da taxa de conversión, de mellora do carriño medio, estratexia de aumento de recorrencia5. A ecuación de marxe bruta da canle en liña
SESIÓNS DE TITORIZACIÓN
Dúas sesións de titorización por proxecto, co obxectivo de que cada sesión personalizada lle sirva de axuda e
de guía ao asistente na súa transformación dixital. Unha das sesións realizarase ao inicio do programa, para trazar os retos que se deben seguir, e a outra
desenvolverase ao final do programa, coa finalidade de avaliar os avances e as accións de futuro que se poden implementar no ámbito da transformación
dixital de cada proxecto.
As sesións realizaranse por videoconferencia, co obxectivo de avanzar en dúbidas concretas sobre a
temática exposta nas sesións formativas.
PROFESORADO
Álvaro Gómez Vieites
Enxeñeiro técnico Superior en Telecomunicacións pola Universidade de Vigo. Doutor en Administración de Empresas. Diploma in Business Administration e Executive MBA por IESIDE. Foi responsable de Sistemas de IESIDE, socio-consultor de EOSA Consultores e director de SIMCE. Actualmente é profesor asociado de IESIDE.
Gonzalo Garre Rodas
Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña. MBA por IESIDE. Foi consultor de EOSA Consultores. Actualmente é CMO de Livelopic e profesor colaborador de IESIDE nas áreas de marketing e de dirección de empresas.
PROFESORADO
Javier Varela González
Consultor de marketing, estratexia e comunicación en Toctocmedia. Interim Marketing Manager en Gradiant e administrador de Theorangemarket.com. Mestrado en Dirección de Marketing por IESIDE. Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela.
Carlos Otero Barros
Licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade Autónoma de Madrid. MBA por IESIDE. Foi director xeral e co-fundador de Fractal Info Enxeñeiros. Actualmente é director de Marketing de Alotofus e profesor colaborador de ESIC, ESEUNE e IESIDE..
ONDE E CANDO:
30 de outubroTitorías: do 5 ao 9 de novembro
13 de novembro20 de novembro27 de novembro
Titorías: do 28 de novembro ao 5 de decembro
Sala 1 da Biblioteca e Arquivo de Galicia
Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)
PREINSCRICIÓNS:
Prazas dispoñibles: 25Do 10 ao 21 de outubro (ás 18.00 h):
https://cdtic.xunta.gal/aceleratic2018
ou no correo electrónico cdtic@xunta.gal
PROCESO DE SELECCIÓN PARTICIPANTES:
Os solicitantes ordenaranse alfabeticamente polo primeiro apelido segundo letra establecida mediante sorteo público.
Requírese unha fianza de 300 €. Recupérase no caso de acreditar o aproveitamento do 85% das horas de formación e titoría.
Documentación xustificativa:
Xustificante bancario da copagoCabeceira da nómina
Último recibo de autónomo/IAE
Listaxe de asistentes de reserva
top related