programa de intervenciÓnigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/...programa...
Post on 22-Aug-2020
8 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Programa desenvolvido por Meniños
en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade
da Xunta de Galicia a través do Laboratorio
de Investigación en Apego e Narrativa (LIANA)
Máis información:
centropsicoterapia@meninos.org
PROGRAMA
DE INTERVENCIÓN
CON MULLERES
VÍTIMAS DE ABUSO
E VIOLENCIA SEXUAL
D.L
.: C2
016-
2017
Impr
ime:
Difu
x, S
.L.
O abuso e a violencia sexuais
Segundo definición da OMS, a violencia sexual é calquera acto sexual, a tentativa de consumar un acto sexual ou outro acto dirixido contra a sexualidade dunha persoa mediante coacción por outra persoa, independentemente da súa relación coa vítima, en calquera ámbito.
A violencia sexual produce un profundo dano no desenvolvemento psicosocial das persoas, no desenvolvemento e na expresión das súas capacidades, e con frecuencia impacta na saúde mental da persoa agredida.
Persoas destinatarias
- Mulleres vítimas de abuso e violencia sexual, que mostran desaxustes físicos, emocionais, condutuais e relacionais como consecuencia do abuso.
- Familiares ou persoas, baixo o consentimento da vítima, que cumpren un papel imprescindible na recuperación.
- Equipos profesionais da rede que traballan coa vítima (profesionais de centros de acollida cando houbo unha medida de protección, profesionais sanitarios, etc...).
Obxectivos
- Desenvolvemento dun contexto de seguridade e de prevención de novas situacións de traumatización.
- Acompañar as mulleres na adquisición de información e habilidades para afrontar as consecuencias do abuso.
- Elaboración dunha narrativa adecuada do trauma.
- Promover a súa integridade da identidade e benestar bio-psico-social.
Metodoloxía
Intervención centrada nas necesidades das pacientes e baseado na evidencia científica:
- Intervención en crise.- Psicoeducación.- Técnicas de regulación emocional e relaxación. - Afrontamento cognitivo.- Narrativa do trauma.- Apoio á revinculación da vítima coa súa contorna relacional e de apoio aos familiares (traumatización secundaria).- Terapia de grupo.
top related