proc. geológicos internos

Post on 10-Jul-2015

584 Views

Category:

Education

4 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

XEOSFERA E

RISCOS XEOLÓXICOS

INTERNOS

ESTRUCTURA DA XEOSFERA A Xeosfera é a parte sólida da Terra, aínda que no seu interior existen zonas onde os materiais están fundidos. Está constituida por rochas e minerais de diferente natureza que se atopan estructurados en capas.

A práctica totalidade do coñecemento da xeosfera deriva de estudos indirectosdende a superficie.

A partir dos datos da propagación das ondas sísmicas, pódese dividir o interior da Terra en capas, separadas por discontinuidades sísmicas , que son as variacións bruscas de velocidade e de traxectoria das ondas sísmicas cando chegan a zonas constituidas por un novo material.

Discontinuidades sísmicas

- D. de Mohorovicic: é o límite entre cortiza e manto.

- D. dos 670 Km: límite entre o manto superior e o inferior.

- D. de Gutenberg: as ondas S non a traspasan, polo que se cree que o núcleo externo é líquido.

- D. dos 5.100 Km: as ondas P voltan aumentar a súa velocidade, polo que se pensa que o núcleo interno é sólido.

Modelos utilizados para representar a súa estrucura

FONTES DE ENERXÍA QUE INTERVEÑEN NA DINÁMICA DA XEOSFERA

1. Enerxía interna ou térmica: procedente do calor do seu interior. Hai dúas fontes:a) Calor residual: calor que se orixinou durante o proceso de formación do planeta.b) Calor procedente da desintegración de isótopos radiactivoscontidos nas rochas.

2. Enerxía externa: procede do Sol. É a fonte enerxética máis importante que actúa como motor dos procesos xeolóxicos externos. A distribución non uniforme da radiación solar pola superficie terrestre produce un desigual quentamento, o que desencadea a dinámica das capas fluidas da Terra.

3. Enerxía gravitatoria: é a derivada da masa da Terra. Intervén na dinámica interna da xeosfera, xa que é responsable dos movementos dos materiais en función da súa densidade e, polo tanto, da convección, e tamén das presións internas debidas ao peso dos materiais. Na dinámica externa, move o ciclo hidrolóxico, xa que evapora a auga e produce o desplazamento convectivo de masas de aire e auga; ademáis, intervén no transporte, depósito e diaxénese dos sedimentos.

A ENERXÍA INTERNA Xunto coa enerxía gravitatoria, provoca a circulación da materia no interior da xeosfera, e polo tanto, é o motor dos procesos xeolóxicos internos.

Circulación da materia interna As diferencias de temperatura no interior do manto sublitosférico producen correntes de convección mediante as cales as rochas máis profundas que están máis quentes e son menos densas ascenden por gravedade ata zonas máis superficiais onde enfrían. Nas zonas de subducción, a litosfera oceánica, máis fría e densa, descende polo interior do manto ata a zona D (discontinuidade de Gutenberg), onde se quenta, para voltar ascender cara ás dorsais e ós puntos quentes.

Disipación do calor interno O calor interno vai disipándose de dúas formas:a) Disipación térmica prodúcese por: vulcanismo, plutonismo e fluxo térmico por conducción a través da superficie térmica.b) Disipación mecánica: ocurre coas deformacións tanto elásticas como fráxiles dos materiais.

DINÁMICA DA XEOSFERA A xeosfera atópase nun estado de continuo cambio, onde operan simultáneamente procesos xeolóxicos internos e externos, que a manteñen nun estado de equilibrio dinámico.

Procesos Xeolóxicos externosProcesos Xeolóxicos internos - Destructores do relevo (modelado)

- Causado polos axentes xeolóxicos externos (auga, vento, seres vivos)

- que realizan accións ou procesos xeolóxicos (meteorización, erosión, transporte e sedimentación)

- cuio resultado final é o modelado do relevo.

- Formadores de novos relevos.- Teñen lugar gracias a enerxía xeotérmica.- Gradiente xeotérmico: aumento de 1ºC cada 33 m de profundidade.- O calor interno da Terra débese ao calor residual procedente da súa formación e da desintegración de elementos radiactivos (nas capas máis externas).

DINÁMICA INTERNA DA XEOSFERA

A enerxía radiactiva é a principal responsable da posta en marcha dos procesos xeolóxicos internos, dos que resulta a rotura e o desplazamento das placas litosféricas e a aparición de todos os fenómenos asociados (volcáns, sismos e formación de montañas).

TECTÓNICA DE PLACAS

TECTÓNICA DE PLACAS

- Teoría da expansión do fondo oceánico

- Celdas convectivas do manto

- Plumas convectivas

Explica o desplazamento dos continentes, así como as súas causas, e a distribución dos volcáns e sismos. Esta teoría tamén establece que a litosfera atópase fragmentada en placas e sometida a procesos dinámicos que supoñen a súa renovación constante.

Deriva continental (Wegener, 1912)

Límites diverxentes ou constructivos

Situados entre dous placas que se separan. Fórmase cortiza oceánica.Corresponden a dorsais e a zonas rift intracontinentais .

Dorsais son cadeas montañosas submarinas de gran lonxitude (de miles de km) nas que as placas se separan formando un surco chamado rift ou fosa tectónica , a través do cal o magma inferior xurde e se solidifica a ambos lados, creando nova litosfera oceánica.

Cando a diverxencia ocorre no interior dun continente, prodúcese un r i f t intracontinental , que soe ser un estadio previo á formación dun océano por separación dos dous fragmentos continentais.

Nestos límites prodúcense vulcanismo activo e sismos de foco pouco profundo.

Rift intraplaca Formación dun océano

Rift Valley Formouse ao este de África, cando a rexión se hundiu e se fracturou debido aos movementos opostos das placas Africana e Arábiga.

Na actualidade, este conxunto de vales segue ensanchándose lentamente e ten unha intensa actividade volcánica.

Límites converxentes ou destructivos

Fórmanse no límite entre dúas placas que se aproximan e empurran. Neles se destrúe cortiza oceánica.Se corresponden coas zonas de subducción e as zonas de colisión .

A colisión entre dúas placas obriga á de maior densidade a introducirse baixo a outra placa (subducción). Nas zonas de subducción prodúcense enormes roces, empuxes e presións que liberan gran cantidade de enerxía.

Límites transformantes ou pasivos

Soen estar ligados á zonda rift das dorsais, favorecendo o seu trazado curvo

Nelas prodúcense sismos de foco pouco profundo e, ocasionalmente, vulcanismo.

As fal las transformantes son fracturas que soen intercalarse ao longo dos bordes diverxentes permitindo a acomodación de fragmentos de placas que se moven a diferente ritmo.

O Ciclo de Wilson (Tuzo Wilson), explica o proceso de apertura e peche dos océanos, e a fragmentación e posterior unión dos continentes, que provoca a formación de cordilleiras, e resume todo o que sucede nos bordes constructivos e destructivos sobre a litosfera.

EVOLUCIÓN DA LITOSFERA

As placas l i tosféricas e as súas principais manifestacións

SismosVolcáns

top related