presentacion

Post on 16-Apr-2017

478 Views

Category:

Travel

2 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Biblioteca do IES Biblioteca do IES ElviñaElviña

Curso 2008-2009Curso 2008-2009

Imos levarte de paseo pola túa biblioteca para que a coñezas

un pouco mellor e fagas bo uso dela cando o necesites……

Benvido!Benvido!!!

Que podo facer na biblioteca?

- Ler e consultar libros, revistas, xornais, dicionarios, atlas, enciclopedias….- Buscar información na Rede.

- Levar videos e DVDs para a casa. - Practicar xogos de mesa.

- Facer traballos, preparar exames…- Asistir a unha sesión de contacontos,

e outras moitas cousas.

De seguido amosámosche uns exemplos:

Aquí estamos escoitando a un Aquí estamos escoitando a un contacontoscontacontos

(estache interesante a cousa…)(estache interesante a cousa…)

Aquí, lendo os xornais e enteirándonos do que pasa no

mundo

(uns entéiranse máis e outros (uns entéiranse máis e outros menos…)menos…)

Estudando cos compañeiros

(hai que facelo de cando en vez!!)

Aquí, procurando información

(a ver se a atopamos antes de que soe o timbre!!)

Lendo e ollando as últimas novidades

(non nos acabamos de decidir….) (non nos acabamos de decidir….)

Usando os ordenadores

(vaia, xa se volveu a colgar….) (vaia, xa se volveu a colgar….)

Xogando cos amigos

(esta partida non é nada doada…) (esta partida non é nada doada…)

Facendo unha exposición dun traballo

(cando vas a expoñer o teu??)(cando vas a expoñer o teu??)

Aquí, lendo os cómics máis divertidos

(explícamo, que non o pillei…..)(explícamo, que non o pillei…..)

E aquí,facendo traballos e deberes…

Un montón de cousas, xa ves!!Un montón de cousas, xa ves!!

Quero un libro. Como atopo o libro que estou

buscando?• Os libros están ordenados por

materias seguindo a CDU (Clasificación Decimal Universal).• Dentro de cada andel os libros

están ordenados por orde alfabética• No seu lombo levan unha etiqueta

que é a que che dá a información.

Como están distribuídos?Teatro e poesía en galego

Dicionarios EnciclopediasFilosofía

Narrativa en galego

Ciencias SociaisCiencias NaturaisMedicina e Ciencias AplicadasEspectáculosDeportesBelas ArtesXeografía e Historia

Relixión Literatura en castelá

Inglés e FrancésXornais e revistas

préstamopréstamo

Narrativa Narrativa xuvenilxuvenil

en casteláen casteláe galegae galega

videotecavideoteca

xogosxogos

Ciber-Ciber-espazoespazo

AtlasAtlas BandasBandasdeseñadasdeseñadas

- Ir a sección de narrativa xuvenil en galego.

- Buscalo por orde alfabética (de arriba abaixo nos andeis)

- No lombo aparece a información deste xeito:

82.G-3 Este e o número da CDU

ALE Estas son as tres primeiras letras do apelido do autor ban Estas son as tres primeiras letras do título, sen artigos ou preposicións.

Imaxina que queres ler “ A banda sen Imaxina que queres ler “ A banda sen futuro” da escritora Marilar futuro” da escritora Marilar

Aleixandre.Aleixandre.Que hai que facer para atopalo? Que hai que facer para atopalo?

82.G-3RIVlap

Esta etiqueta correspondería a un libro de narrativa en galego (82G é a súa CDU). Ao levar o número 3

sabemos que é unha narración ou un conto. Se fose teatro levaría un

2 e se fose poesía levaría un 1.

Estes son os distintos códigos da CDU

Como funciona o servizo de préstamo?

• Podes levar en préstamo libros, videos, Cds e revistas.

• Para poder levalos é necesario darllos ao profesor ou profesora encargados da

Biblioteca para que rexistre o préstamo.

• Cando os devolvas tamén tes que darllos a quen nese momento se ocupe da biblioteca.

Canto tempo podo ter os libros na miña casa?• Podes ter os materiais un máximo de 15 días

(agás os audiovisuais que só se poden levar 2 días). Pasado ese tempo tes que devolvelos ou renovar o préstamo.

• Se incumpres reiteradamente os prazos de devolución perderás o dereito a levar materiais en préstamo durante algún tempo.

• E…..ollo! O deterioro ou perda dos materiais suporá a súa reposición ou abono en metálico.

Como me teño que comportar?

• Na biblioteca debemos gardar o maior silencio posible para non molestar as persoas que están lendo ou estudando.

• Manter a orde é cousa de todos, así que cando marches hai que deixar as cadeiras no seu sitio, as revistas no expositor, os libros enriba da mesa de xestión e os papeis da mesa recollidos.

Aínda hai algunha norma máis…

• Non se pode entrar con bebidas ou alimentos na bilioteca.

• Hai que ter os teléfonos móbiles e os Mp3 e outros aparellos musicais apagados dentro da biblioteca.

• Os aparellos audivisuais e informáticos deben usarse só para tarefas escolares e deben tratarse con coidado.

……e algunha outra…

• Hai que cumprir coa devolución oportuna dos materiais tomados en préstamo.

• E por último, acatar e respectar as instruccións dos encargados da biblioteca.

• Ten en conta que a biblioteca e de todos e todos temos que contribuír a que sexa un espazo agradable de traballo, estudo ou lecer.

Tamén temos un club de lectura virtual. En que consiste e como podo

participar nel? Participar no blog da biblioteca permitirache

incluír as túas opinións e críticas sobre os libros que leas neste curso, intercambiar comentarios cos teus compañeiros, e enterarte de moitas outras cousas que poden interesarche.

E…. quen sabe? Ao mellor hai algunha sorpresa a fin de curso para os que decidades facer as vosas aportacións ao club.

Que teño que facer para usar o club de

lectura?

O enderezo do noso blog é:http://www.clublecturaelvina.blogspot.com

Só tes que pedirlle a clave ao teu titor para poder contribuír coas túas suxestións,

críticas e comentarios!!

Esperamos que non tardes en facernos unha visita.

E para calquer dúbida que non teñamos disipado

con este paseo, sempre podes preguntar as encargadas da biblioteca, que somos:

Elena Arellano (Matemáticas) Carmén Farré (Lingua Española)

Marisa López (Bibliotecaria)Josefa Rey (Lingua Inglesa)

Grazas pola túa atención!!

top related