prÁctica nº 6: data: observaciÓn de amiloplastos … · os plastos son orgánulos...

Post on 10-Jan-2019

213 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

PRÁCTICAS DE BIOLOXÍA-XEOLOXÍA DE 1º DE BAC. IES ANXEL FOLE DE LUGO.

PRÁCTICA Nº 6: DATA:OBSERVACIÓN DE AMILOPLASTOS EN PATACA.

Material necesario.Material de traballo: Produtos:-Microscopio lugol -Portaobxectos e cubreobxectos Material de estudo:-Bisturí pataca (Solanum tuberosum) -Caixa de Petri

PROCEDEMENTO :Técnica de preparación 1. Partir unha pataca e raspar coa punta do bisturí, depositando o produto obtido nun portaobxectos. 2. Deixar secar completamente.Técnica de tinguidura Botar unas pingas de lugol. Deixar actuar 3 minutos

Observación: Con pouco aumento busca a zona da preparación na que os graos estean menos aglutinados. Unha vez localizada cambia a maiores aumentos.

.

Os plastos son orgánulos citoplasmáticos tipicamente vexetais. Poden estarcoloreados por pigmentos liposolubles ou ser incoloros. No primeiro casoinclúense os cloroplastos e cromoplastos, no segundo os leucoplastos. Oscloroplastos son os responsables da asimilación fotosintética do carbono nasplantas verdes, mentres que os cromoplastos o son da cor alaranxada ou vermellade estruturas como flores, froitos, etc. Os leucoplastos en cambio, poden almacenar amidón, en cuxo casodenomínanse amiloplastos; estes atópanse en diferentes órganos de reserva(rizomas, tubérculos).

O reactivo lugol, que se utiliza para observar estas estruturas, é a un tempofixador (axente químico que destrúe as células sen modificar a súa estrutura) éun colorante dalgúns tecidos vexetais (celulósicos, lignificados e suberificados),así como de substancias de reserva (amidón).Os graos de amidón tinxen de cor violeta intenso polo lugol. Os graosmostran, polo xeral, capas concéntrica de crecemento. Estas formas son moivariadas e específicas de cada planta, froito ou semente. Os da pataca presentanas capas de crecemento en bandas excéntricas arredor dun punto central, o hilio .

PRÁCTICAS DE BIOLOXÍA-XEOLOXÍA DE 1º DE BAC. IES ANXEL FOLE DE LUGO.

CUESTIONS:

1. Debuxa o que ves en ambos casos. Pon debaixo dos debuxos a que aumentos fixeches as observacións.2. Pon nome ás partes da célula que observas claramente3. Que función teñen os amiloplastos? Que clase de biomolécula é a substancia que almacenan?4. Como se chaman os tecidos que almacenan amidón?5. Enumera dististos tubérculos, froitos e sementes ricos en amidón.6. Sinala cal é a principal fonte alimentaria de amidón nos distintos continentes.

HILIO

top related