poster a21eg para eduambiengal 2009 día da terra e do libro

Post on 30-Jul-2015

368 Views

Category:

Education

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Os días da Terra e do Libro: unha propostainterdisciplinar

Autores: Pereira Morata, XurxoOjea Bouzo, Camilo

IES Lama das Quendas de Chantada

1. Introdución

2. Obxectivos

4. Conclusións

5. Referencias

3. Descrición da experiencia

Tomando como referencia o realizado no curso pasado (xogos populares, textos colgados na carballeira do centro, ciclobiblioteca, etc.) intentamos que xurdan novas propostas. Desenvolvemos a acción mediante reunións co alumnado e xuntanzas co profesorado que se implicaría máis activamente na iniciativa.Logo de anunciar a convocatoria, presentamos a idea ao grupo de alumnas e alumnos interesados en participar para que, dende o debate e a toma de decisións, fixeran as súas propostas para festexar estas datas.Os profesores fixemos o papel de dinamizadores e moderadores nas reunións para intentar guiar ao alumnado.

• Este tipo de experiencias son altamente motivadoras, melloran o clima social do centro e permiten desenvolver as competencias básicas (Autonomía e Iniciativa Persoal, Competencia Social e Cidadá, entre outras).

• O protagonismo do alumnado é clave neste tipo de propostas. É necesario deseñar iniciativas nas que poidan participar activamente todos os sectores da comunidade educativa.

Extracto dos manifestos (cursos 2007-08 e 2008-09) lidos polos alumnos:

“Dende a carballeira do IES Lama das Quendas de Chantada, ao carón dos vellos carballos que ensinaron a sabedoría da natureza a varias xeracións de alumnas e alumnos da comarca, queremos lanzar un manifesto en defensa das árbores que habitan os recintos escolares como verdadeiras educadoras, mestras do saber ecolóxico e da convivencia do ser humano co seu contorno”.

Anxo Moure, pai de 2 alumnos do instituto.

“Pocas veces reparamos en el privilegio que supone disfrutar de un entorno asícomo patio de recreo: correr sobre hierba y hojas, sentarnos bajo las ramas, observar las ardillas y los pájaros, y percibir los cambios de estación…todo esto, en nuestro propio centro educativo. Y en un mundo cada vez más explotado y degradado, para el que, si no tenemos cuidado, el futuro se presenta muycomprometido…”

Isabel Alcántara, profesora de Lengua Castellana y Literatura.

- Implicar á maior parte do alumnado e desenvolver as competencias básicas (Autonomía e Iniciativa Persoal, Social e Cidadá).- Promover a toma de decisións de forma autónoma, responsable e consensuada dentro do grupo (Autonomía e Iniciativa Persoal).- Conmemorar os Días da Terra e do Libro con accións comúns mediante propostas interdisciplinares e intersectoriais (Social e Cidadá).- Facer visible a Axenda 21 no centro.

http://centros.edu.xunta.es/ieslamaquendas/http://participarmos.blogaliza.org/

Traballamos a organización e realización de actividades para celebrar conxuntamente os Días da Terra e do Libro, 22 e 23 de abril, coa intención de relacionar e abordar conxuntamente aspectos e contidos socioambientais, culturais e literarios.

top related