pantalla en 3d · abyss (2003),sobre as ruínas do titanic afundidas no océano.foi a primeira...
Post on 11-Jun-2020
9 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Na década dos anos 50 do século XX,a industria cinematográfica comezou asufrir o síndrome do príncipe destrona-do por mor do avance da televisión, eseespectáculo caseiro que lle roubaba es-pectadores de xeito fulminante. Para loi-tar contra o invasor, o cinema procurouofertar algo que non podía dar a televi-sión,e así naceu no ano 1953 A túnica sa-grada (“The robe”) de Henry Koster, aprimeira película en Cinemascope, pro-ducida pola Fox, e que proxectaba ima-xes descomprimidas sobre unha panta-lla panorámica cóncava de proporción1-2’55,en substitución do formato clásicode 1-1’33. Non foi esta a única ofensivalanzada polo cine fronte á televisión, pe-ro si a que maior consolidación obtivo.
Outra das armas empregadas para re-cuperar o espazo perdido foi un sistemaque superpoñía dúas imaxes na pantalla(unha para cada ollo), o cal, medianteuns lentes con vidros polarizados a se-leccionaren unha imaxe para cada ollo,restituía a visión binocular, que vén sen-do o fundamentoda percepción tri-dimensional.Tráta-se do coñecido co-mo sistema 3-D,que no ano 1952foi utilizado poloprodutor indepen-dente Arch Obolerpara realizar Bwa-na, the devil, unhapelícula de aventu-ras ambientada naxungla que pulve-rizou os rexistrosde ingresos candofoi estreada. Comosoe suceder nestescasos,o éxito destacinta deparou un-ha febre polo 3-D áque non tardaronde sumarse osgrandes estudos.Warner Brothersfoi o primeiro enfacerse coa licen-za deste sistema, elanzouse na produ-ción de Os crimesdo museo de cera(“House of wax”,André de Toth,1953), remake duntítulo dirixido, ta-mén para a Warner,por Michael Curtizno ano 1933. De-trás foron films co-mo Wings of theHawk (BuddBoetticher, 1953), Itcame from outerspace (Jack Ar-nold, 1953), ou Thefrench line (LloydBacon,1953),todaselas en 3-D. Pero oímpeto inicial foiseapagando despoisde que a Fox,con Atúnica sagrada,acadara a especta-
cularidade cun sistema que evitaba osincómodos lentes.
Tras un tímido intento, a principiosdos 80, de recuperar as posibilidades dosistema en 3-D, nos últimos anos a indus-tria cinematográfica volve ter que facerfronte a un novo inimigo,neste caso a pi-
ratería auspiciada polas novas tecnolo-xías e os novos sistemas de comunica-ción.De volta,o cine ten que ofrecer algoque só se pode ver nunha sala de exhibi-ción e que,polo tanto,non poida ser des-cargado por Internet.Desta vez,o sistema3-D chega reforzado pola simplificacióndo seu procedemento. O éxito esmaga-dor de Avatar (James Cameron,2009) po-de significar o impulso definitivo do 3-Dque nos últimos tempos vai escalandopostos de privilexio no espectáculo demasas, grazas a títulos do xénero infantilcomo Os mundos de Coraline, Conto deNadal,Ice Age 3,Monstros contra Alieníxe-nas, etc. Se a razón deste renacementodo 3-D responde a un imperativo econó-mico, a orixe podémola atopar no docu-mental de James Cameron Ghosts of theAbyss (2003), sobre as ruínas do Titanicafundidas no océano. Foi a primeira ex-periencia de James Cameron co 3-D, naque tamén facía uso da infografía, técni-cas que se fusionarían anos despois enAvatar.
Aínda é cedo para especular sobre asmodificación da linguaxe que o sistema3-D pode operar no cine. Pero xa nosanos 50,teóricos e historiadores,puxeronde moda os termos expulsión e inmer-sión. O primeiro deles fai referencia aosefectos que simulan unha invasión dunpersonaxe ou dun obxecto no espazopertencente ao espectador,por exemplo,un obxecto punzante que apunta cáma-ra e semella ameazar as persoas senta-das no patio de butacas. Moitos críticos,sobre todo en Hollywood, rexeitan esteefecto porque supón un ataque frontalaos postulados da linguaxe clásica, ba-seada na transparencia da instancia na-rrativa. Por outro lado, a inmersión exten-de a profundidade do espazo dun xeitomoi similar á posta en forma practicadapor Orson Welles e William Wyler grazasá fotografía de Gregg Toland,e polo tantosupón unha asimilación do sistema 3-Dpor parte do Modelo de RepresentaciónInstitucional instaurado en Hollywooddesde a irrupción de David W.Griffith.
Coordina: Xose Ramón PenaNº 334 n XOVES, 3 DE XUÑO DE 2010
Pantallaen 3D
Modelos derepresentaciónHÉCTOR PAZ OTERO
TRAZOS DE SEOANE: UNHAMOSTRA NO CENTENARIO /PÁX. III
MÚSICA: CANCIÓNSCON SABOR “SAFFRON” /PÁX. IV
TEATRO: DASALEGORÍAS DO AQUÍ /PÁX. VIII
Unha das grandezas deAmérica –e aceptemospor un intre a metonimiaque se aplican os EstadosUnidos,con capital en Wa-shington– é que unha par-te importante das persoasque acadaron riqueza fi-xeron da doazón altruístaunha filosofía vital: desdeo mecenado nas artes(bolsas, museos, bibliote-cas) aos estudos xerais(cátedras de investiga-ción), pasando pola filan-tropía (caso da Funda-ción Gates, entre outras).É máis: non resulta benvisto pola opinión públi-ca americana se alguénque acadou o nivel demultimillonario (en dóla-res) non dedica unha par-te ao benestar colectivo.
Unha destas iniciativasfoi a de Joseph Pulitzer,unxudeu de orixe húngara,que ergueu un imperio deprensa en competenciacon William R. Hearst. Pu-litzer apostou sempre po-las historias de contidohumano e sensacionalis-ta, cando non manipula-das: así, esqueceu á man-tenta que a maioría doscombatentes estadouni-denses na principal bata-lla da guerra de Cubaeran pretos de cabalería.
Porén, acusado de difa-mación por denunciar opago fradulento de coren-ta millóns de dólares, en1909 e por parte do presi-dente Theodor Roosevelte mais do magnate John P.Morgan, á compañía fran-cesa que construía a can-le de Panamá, a absolu-ción final do tribunal queo xulgou fixo de Pulitzerun apóstolo da liberdadede prensa. Uns anos antesdeixara un fondo de dousmillóns de dólares á uni-versidade de Columbia,para fundar una escola dexornalismo, e á súa morteesta institución convocou–de acordo coa vontadede Pulitzer, expresada noseu testamento– os pre-mios á excelencia en di-versas disciplinas, conce-didos por primeira vez en1917.
Estes premios son osmáis prestixiosos que sedan á creación literaria,musical e xornalística nosEstados Unidos de Améri-ca.A súa dotación é relati-vamente modesta (10.000$US) e mesmo hai un pre-mio –o de Servizo Públi-co– que ten como recom-pensa unha medalla deouro.Porén,un repaso aospremiados en literatura(novela e poesía) é perco-rrer,de feito,a historia lite-raria dos Estados Unidos:Sinclair Lewis, Ernest He-mingway, Pearl S. Buck,Wi-lliam Faulkner, John Stein-beck,Saul Bellow,NormanMailer, John Updike,Oscar
Hijuelos, Philip Roth, Eu-gene O’Neill, TennesseeWilliams,Arthur Miller…
Hai catorce categoríaspara prensa;cinco para le-tras e dúas para humani-dades, engadidas recente-mente. Isto sen esquecerque na cultura popular ta-mén tien espazo os Pulit-zer e así foron premiadosna ficción Clark Kent eLois Lane (Superman) ouHomer Simpson.
No caso da prensa, ospremios abranguen prac-ticamente todos os rexis-tros posibles nun xornal,desde os contidos de fon-do (editoriais, artigos, in-vestigación, crítica) ás fo-tografías e reportaxes, in-clusive as noticias e foto-grafías de última hora. E ádiferenza do que normal-mente sucede en Europa,os pequenos xornais ta-mén son tidos en conta epoden xogar o papel decontrapoder que se lle su-pón á prensa. Deste xeito,na última edición, o pres-tixioso premio ao ServizoPúblico foi gañado por unmodesto xornal de Virxi-nia, The Bristol HeraldCourier, por informar dascorruptelas das empresasenerxéticas.
Porque outra das gran-dezas de América –cosmatices que queiramos– ésituar a liberdade de ex-presión por riba de cal-quera consideración polí-tica ou social. E a denun-cia do mal uso que se faida liberdade económicasempre é recoñecida polaopinión pública norte-americana.
Iso non é obstáculo,non obstante, a que haxaunha sá rivalidade entreos grandes xornais porobter premios Pulitzer.Mais as liñas editoriaisque marcan os propieta-rios tamén condicionan easí este ano The WallStreet Journal –propieda-de de Rupert Murdoch-non obtivo ningún galar-dón, mentres que The Wa-shington Post obtivo catroe The NewYork Times tres,xornal que obtivo oncepremios en 2002 pola co-bertura do atentado do11-S.
E se ben é lóxico quecada xornal teña unha li-ña editorial, nos EstadosUnidos a liberdade de in-formación está por ribade vínculos co mundo dapolítica. O xornalista tenun prestixio malia o quedicía Hildy Johnson (JackLemmon) en Primeira Pla-na, de Willy Wilder:“Nonlle digas á miña nai queson xornalista; ela pensaque traballo de pianistanun bordel”.
Gañar o PulitzerRecoñecemento da excelencia
JOAQUIM VENTURA
Joseph Pulitzer (1847-1911).
Desde a súa concesión por primei-ra vez en 1917,os premios Pulitzer sou-beron adaptarse á evolución da pren-sa e así houbo categorías que desapa-receron ou se transformaron e, domesmo xeito,hai xa uns anosque,á hora de premiar,conside-ran o xornalismo dixital.
Ne edición de hogano foipremiada a plataforma Propu-blica, entidade sen ánimo de lu-cro fundada por un matrimoniofilántropo,que actúa a maneirade axencia dixital e oferta traba-llos aos xornais.Un dos seus reportei-ros,Sheri Fink,vén de gañar un Pulit-zer por unha reportaxe publicada enThe NewYork Times e outro dos seuscolaboradores resultou finalista porun traballo para Los AngelesTimes.
Este novo xornalismo está basea-do na investigación,unha especialida-de que a prensa en papel consideraun luxo,segundo Paul Steiger,editorxefe de Propublica e director durante
quince anos de TheWall Street Journalantes que fose adquirido por Mur-doch.Para Steiger,o xornalismo dixitalindependente permete acadar osobxectivos da prensa escrita e alén en-gadir as vantaxes do xornalismo au-
diovisual.Mais a rede tamén oferta outra vía
para a democratización da informa-ción.As opinións dos blogueiros, se-xan xornalistas profesionais ou non,
poden completar ou matizar osgrandes correntes de opinióndados polas axencias e polosprincipais grupos de prensa.Oavance tecnolóxico posibilitaque calquera se poida conver-ter en reporteiro cunha simplecámara dixital ou cuns míni-mos rudimentos de escrita.Eses
traballos,pendurados na rede,pasan aestar ao alcance de calquera.Despois,o internauta decidirá se lle ofrece cre-dibilidade ou non,mais,con toda cer-teza, as posibilidades de manipula-ción ou censura son menores na rede.
Un novoxornalismo
Trátase dos
premios máis
prestixiosos dados
nos EE UU
FARO DE VIGO
XOVES, 3 DE XUÑO DE 2010 LITERATURA/SOCIEDADEII
Cúmprese esta semanao centenario do nacemen-to de Luís Seoane (Bos Ai-res, 1910-A Coruña, 1979),unha data que está a se ce-lebrar ao longo do anocon congresos,seminarios,mostras e publicacións.Neste contexto a Funda-ción Luís Seoane ofreceunha nova lectura dosseus ricos fondos sobre oartista.A exposición, intitu-lada Seoane: A configura-ción do posible, está comi-sariada polo director daFundación Alberto Ruízde Samaniego e xira ao re-dor de sete apartados prin-cipais: ”Trazos e figuras”,que reúne a obra na que ainfluencia das vangardashistóricas se fai máis pa-tente;“Guerra, capitalismo,exilio e emigración”, ondese afonda no compromisopolítico de Seoane;“Paisa-xes e realidades elemen-tais”,que agrupaa obra paisaxís-tica e as nature-zas mortas;“En-soñacións emundos míti-cos”,onde se ex-plora a sublima-ción mítica daidentidade gale-ga; “Bestas in-ventadas”, cun-ha escolla dosbestiarios reali-zados por Seoa-ne na décadados setenta;“De-seño, creación,ilustración: lite-ratura”, secciónna que se anali-za o Seoane de-señador gráficoe editor e,por úl-timo,“Autorretra-tos”, obras nasque o artista seconverte en pro-tagonista daanálise pictóri-ca.
Desde o pun-to de vista artís-tico a mostra daFundación re-forza idea deque Seoanesempre combi-nou un interesepola renovacióndesde criteriosestritamente for-mais coa preo-cupación ideolóxica e te-mática de raíz galega, inte-resado en dar continuida-de a un movemento cultu-ral de carácter nacional.Neste sentido,o seu labor éun esforzo por poñer aodía a tradición artística ga-lega, cunha vontade digni-ficadora e modernizadora,que, como o conxunto dasúa multifacética obra, na-cional e universal, huma-nística e solidaria, ten co-mo norte Galiza, referentee compromiso permanen-te ao longo de toda a súatraxectoria vital.
O estilo creado e desen-volvido por Seoane duran-te máis de tres décadas éfroito dun traballo intenso,rigoroso e dunha elabora-
da reflexión, que parte datradición da modernidadeinternacional para a partirdesta construír os alicer-ces dunha pintura profun-damente galega, e que sesitúa fortemente inseridonos valores da tradiciónoccidental, á que se ache-ga con intenso rigor.
Nos seus gravados par-
tindo de principios seme-llantes acentúan en oca-sións os trazos que osaproximan ao expresionis-mo –convén lembrar a ad-miración que sentiu poreste movemento vangar-dista alemán, en especialpola figura de GeorgeGrosz, sobre o que chegoua escribir unha pequena
monografía– e serviron co-mo campo de probas paraavances formais logo de-senvolvidos nos óleos. Ca-pítulo á parte merece a ca-lidade tipográfica da obraimpresa por Seoane, naque desenvolve toda a súasabedoría como gravadore debuxante e á que se en-trega con paixón e na queo seu labor pon ao día atradición gráfica galega earxentina.
O conxunto da obra deSeoane está marcada poladimensión pública e so-cial da arte –algo que namostra A configuración doposible se fai ben explíci-to–, que se evidencia naobra mural,no deseño grá-fico ou no gravado e aca-ba por impregnar toda asúa produción pictórica.No conxunto do seu traba-llo, Seoane crea un univer-so propio, que, sendo in-
tensamente per-soal, pretende esta-blecer unha comu-nicación directaentre o artista e opobo –non esque-zamos a súa con-cepción política na-cionalista e marxis-ta– e consegue anosa complicida-de. Neste sentido oartista sempre de-fendeu “o cultivodas característicasconstitutivas dunpaís ou nación” e a“vontade de reco-ller da historia donoso povo aquelasformas que foroncaracterizándoo aotravés da historia”.
Nun dos seustextos teóricos,Seoane afirmouque a tradición ar-tística galega –des-de a prehistoria atéo seu presente–,da-dos os seus trazossingulares, consti-tuía outro idiomagalego.A súa obra éun compendio dassúas fidelidades lin-güísticas: a da plás-tica e a da linguagalega, que defen-deu e cultivou sem-pre en penosos mo-mentos históricos,consciente de que
se como pobo tempos al-go que contar é desde anosa singularidade e queser universal é ser galego een galego e que esa actitu-de é a dun auténtico inte-lectual sen complexos ealleo a calquera baleiropseudocosmopolistismo.
Estamos perante a obradun pintor que é sínteseda Galiza máis valiosa ecreativa, orgullosa da súaidentidade nacional, res-pectuosa cos valores dasúa singularidade históri-ca, artística e lingüística.Seoane deunos até o seuderradeiro día un modelode acción e creación, unmodelo de creatividade edignidade.Velaí o seu lega-do.
Trazos de SeoaneUnha mostra no centenario
CARLOS L. BERNÁRDEZ
Arriba: “O soño premonitorio” (1967) e “Retrato de Maruxa” (1948). Abaixo: “Natureza morta” (1960).
No cadro das ce-lebracións do cen-tenario,antonte rea-lizouse n’A Coruñao“IV Agasallo a Luís Seoane”.Nes-te acto presentouse na BibliotecaPública da Coruña Miguel Gonzá-lez Garcés o volume Poemas alu-meados de Luís Seoane,expóndo-
se na mesma biblioteca os orixi-nais das ilustracións do artistaque acompañan os poemas do li-bro. A celebración completousecoa actuación do grupo musical
Doa e coa planta-ción de ruda e alloverde na Praza deLuís Seoane, lem-
brando o título dun volume de re-latos publicado polo artista na Ar-xentina: Tres hojas de ruda y unajo verde (Botella al mar, BuenosAires,1948).
Poemas alumeados
FARO DE VIGO
XOVES, 3 DE XUÑO DE 2010ARTE III
FARO DE VIGO
XOVES, 3 DE XUÑO DE 2010 MÚSICAIV
Azafrán, e non azucre.Azafrán para condimen-tar as horas con melo-días unhas veces ledas–a primeira do disco, porexemplo– e con can-cións que nos deixan unregusto de melancolíaou que nos lembran aese irmán de pel negraque cruza o estreito nun-ha “patera” para se gañara vida. Saffron (“Aza-frán”) é o disco que aca-ba de sacar á rúa ArturoÁlvarez Rua-da, na compa-ñía protectorade Kin García–baixo eléctri-co e contra-baixo–; Alber-to Conde –pia-no eléctrico emais tecla-dos–; CuchúsPimentel –gui-tarra flamen-ca; é dicir, nonclásica, aíndaque el vaia ca-miño de seconverter nunclásico–, e Mi-guel Cabanana batería. Eno centro, fa-cendo volutasde veludoazul, cun amp-lo rexistro devoz, o propioArturo Álva-rez..
E s t a m o sdiante dun dis-co que amosana portada afoto dun cadroda pintora IriaBlanco, diantedunha obramusical quefoi presentadapor Manquiña e PepeBordallo, unha noite dereivindicación festiva dahistoria da música popu-lar viguesa, que rematoucoa petición dunha Casada Música para a cidadeolívica.
Saffron é un tear fiadocon varias sensibilida-des, unha mestura de es-tilos e experiencias quese escoita con gran frui-ción grazas a que a mandos deuses, e unha fructí-fera amizade dos músi-cos, conseguiron que to-do quede sabiamente go-bernado. E que os núme-ros concordes nos trans-porten até un paraíso,con anxos negros, ritmosde soul e de funky, estam-pas da década dos 80 enVigo, ecos de Steve Won-der e Donald Fagen...Saffron fala de vidas quedemandan un lugarbaixo o sol de Europa, edun labirinto de rúas depedra con sotos nos queresplandece o amor –ta-mén onde se rompe– e axente se eleva coas notasdun grupo no que se har-monizan o apolíneo e odionisiaco.
O título do disco éSaffron, porque Arturo Ál-
varez é un gran cociñei-ro, e quere que a músicasexa o mellor condimen-to da vida.Saffron, xa quequere darlle cor os nosossoños coa máis saborosadas especias. A música éa raíña das artes, como oazafrán é o mellor doscondimentos para acom-pañar un prato exquisito.
Arturo Álvarez é unmúsico de dilatada tra-xectoria. Nas décadasdos 60 e 70 do século pa-
sado tocou como bateríae/ou vocalista en gruposcomo Los Cuervos, LosTemples, Los Golpes, DonPablo e Revólver. Na épo-ca de Don Pablo,o seu re-
pertorio inclúe canciónsde Crosby Stills Nash andYoung, The Hollies e TheBeatles. O grupo compar-te escenario con Los Án-geles. Tocan no Golden
Gate de Praia América een dúas salas de Ponteve-dra, fan xiras por Galiciae teñen un caché moi al-to. Un día de fin de anodeben tocar en Monfor-
te.A neve fai intransitableas estradas e teñen quedesprazarse en tren paratocar no Casino das te-rras de Lemos. Ao chegarao seu destino,decátanse
de que no transbordoque fixeran en Ourensedeixaron atrás o baixoFender. Para saír do apu-ro presentan unha recla-mación a Renfe.Os direc-tivos da compañía acep-tan a solicitude, e poñenen camiño unha locomo-tora entre a vella Auria eMonforte. Para saír do pa-so, cos nervios coma cor-das de aceiro, comezan atocar. Por sorte, as 12.30 alocomotora chega ao seu
destino e afunción conse-gue normali-zarse.
Despois Ar-turo Álvarezintégrase enRevólver eacaba tocan-do por todoEspaña,xa queo grupo acom-paña a Mas-siel.O seguintedestino é Van-couver, ondepasa máis devinte anos, aín-da que facen-do visitas in-termitentes aGalicia..En Ca-nadá formaS c a r e c r o w,banda que sótoca músciaorixinal, e coque gaña oThe GeorgiaStraight´s 1rstBattle Of. TheBandas. Traba-lla por todo owest coast eacaba forman-do un cuartetode funk/jazz emáis tarde faitemas propios
con George Capon e JoeNaylor.
A finais da década dos80, coincide con CuchúsPimentel, Alberto Condee Kim García no grupoNoroeste. E despois devarias experiencias, ondemesturan instrumentoscomo a guitarra flamen-ca, as táboas e as gaitas,unindo galego con in-glés, forma The Funny bo-nes.
Arturo Álvarez, enSaffron, consegue poñerde acordo a músicos cosque xa tiña tocado, artis-tas de recoñecido presti-xio e con fortes carreiraspersoais, con proxectospropios moi definidos. Ede resultas, entréganosunha obra na que o sa-bor dos clubs de jazz daoutra beira do Atlántico,chiscadelas ao soul e aofunky, a Stevie Wonder…e un forte sentimentodan nun prato harmoni-camente combinado.Saffron é o resultado, un-ha experiencia chea deritmo e grata melodía,un-ha mestura de luz negrae de ledicia,un sentimen-to de tristeza que nos dapracer, unha nota escuraque nos pon contentos.
Sabor SaffronTear de sensibilidades
ESTRO MONTAÑA
Arturo Álvarez con Kin García, A. Conde, M. Cabana e Cuchús Pimentel: “Saffron”.
Desde que aos dez anos fora eli-xido polos Salesianos deVigo paraparticipar no concurso de VocesBrancas con outros colexios de Es-paña, Arturo Álvarez foisecargando de experiencias ar-tísticas e vitais. Saffron é oseu último traballo. Para sur-car, coma no Fausto deGoethe, o éter cara a novasesferas de puro movemento,rodeouse dun grupo de mú-sicos que non necesitan pre-sentación.Alberto Conde, Kin Gar-cía,Cuchús Pimentel,Miguel Caba-na forman un póker de ases en Ga-licia no mundo do jazz.Arturo Ál-
varez canta con tendencia ao soul,e o resultado do seu encontro éuna epifanía soul-jazz,ou,como diArturo, una fusión de rhythm and
blues.Entre pantagruélicas paparo-tas, gravaron un disco nos estudosdunha aldea de Noia, que está xaao alcance do público,e que pode-
remos escoitar, despois da presen-tación en Madrid,no ciclo de con-certos“Galicia móvese”, que reco-rrerá o país o próximo verán.
Neste disco de letras quepoñen o acento na nobrezadas relacións humanas, osarranxos navegan entre opop e o jazz, con toques deetnia flamenca, moi benadaptados a unha voz ricaen matices rítmicos e meló-dicos.
Como artistas invitados, Saffroncontou con Lucía Martínez , XoséLuis Miguélez, Elvis, Marcos Cam-pos e Rebeca Rods.
Póker deestrelas
FARO DE VIGO
XOVES, 3 DE XUÑO DE 2010LITERATURA/ENSAIO V
Certamente,Albert Ca-mus, coñeceuno case to-do: a Guerra Civil Españo-la, a Segunda Guerra Mun-dial e mais a guerra deAlxeria.Tamén acadou agloria dun escritor: PremioNobel de Literatura en1957. Medio século des-pois da súa desaparición,nun desgrazado accidentede automóbil, un 4 de xa-neiro de 1960, a súa obraesta aínda presente e for-ma parte da memoria co-lectiva de tantos e tantoslectores que ben poderia-mos dicir: “Cada un denós, temos ou levamos onoso Camus”.Para uns,é ogrande escritor e, para ou-tros, constitúe o gran pen-sador, o que fai un chama-mento á tolerancia,no sen-tido do relativo, e mais áaceptación dos limites hu-manos (L´Homme révol-té). En plena “guerra fría”,non lle foi fácil a Camusproclamarse un home deesquerdas, para loitar con-tra o absolutismo políticoe ideolóxico, para denun-ciar todas as formas de in-quisición e todas as barba-ries, viñesen de onde elasviñesen.Pero tamén hai unCamus xornalista, que de-nuncia o horror dos bom-bardeos de Hiroshima, amiseria da Kabylia ou queapela daínda pola aboli-ción da pena de morte.
Nunha carta dirixida aun dos seus amigos en1959, cando contaba concorenta e cinco anos deidade, dicíalle:“Eu non es-cribín soamente máis queun terzo da miña obra.Ral-mente, comézoa con estelibro”.Estaba evocando LePremier Homme, un ma-nuscrito inacabado quemilagrosamente foi atopa-do no medio da chatarrado coche accidentado.
“Durante máis de vinteanos dunha historia de-mencial –sinalou duranteo seu discurso de Estocol-mo, na recepción do No-bel– eu estaba marcadopolo sentimento profundoque escribir era hoxe unhahonra, pois este acto obri-ga, e obrígame a non so-amente escribir. Obrígameparticularmente a sopor-tar,o que eu fun acorde asmiñas forzas, con todos osque viviron a mesma histo-ria, a desgraza e mais a es-peranza que comparti-mos”. E é que Albert Ca-mus levaba consigo dúascargas.“O servizo á verda-de e o servizo á liberda-de”. Cincuenta anos des-pois da súa morte,a súa li-berdade e mais a súa ver-dade sonnos aínda nece-sarias.
E Camus-Sartre, comotamén sucedera con Raci-ne-Corneille e conVoltaire-Rousseau. Na Francia dapostguerra, estes dous per-
soeiros polarizan o debateintelectual. Amigos nunprincipio, rapidamentexorde entr eles unha xor-da rivalidade. Camus elo-xia La Naussée, Sartre ala-ga L’Étranger. A finais dosanos 1940, as relacións en-tre ambos comezan a dis-tanciarse. Un e e mais ooutro reclámanse da es-querda, pero non teñen amesma concepción da li-teratura comprometida.Posteriormente, apareceL’Homme Révolté, cunhacritica implacable do mar-xismo e do comunismo.Esta vez, si ten lugar a rup-tura, significada polo arti-go, dunha rara violencia,escrito por Francis Jean-son a demanda de Sartreen Les Temps modernes.Un arranxo de contas ocal Camus replicara puntopor punto.A amizade que-da, pois, definitivamentetruncada. Mentres Camuspublica La Chute, Sartreobserva silencio. Camusnunca saberá como o seuantigo amigo amou esanovela. A guerra de Alxe-ria,a volta de De Gaulle aopoder nada arranxan.E lo-go a traxedia da morte deCamus, a homenaxe uni-versal e o artigo de Sartreno France Observateur noque,entre outras,cousas si-nala:“El representaba nes-te século, e contra a Histo-ria,o herdeiro actual destalonga liña de moralistasonde as obras constitúenquizais o que hai de máisorixinal nas letras france-sas. O seu humanismo tei-moso, estreito e puro, aus-tero e sensual, libran uncombate escéptico contraos acontecementos masi-vos e deformados destetempo. Pero, inversamente,pola teimosía das súas re-xeitas, el reafirma o cora-zón da nosa época,contrao maquiavelismo, contra obecerro de ouro do realis-mo, a existencia do feitomoral”.
Outros debates, outraspolémicas, particularmen-te cos surrealistas –AndréBretón como xefe de fila–escaldaron a vida de Ca-mus,pero ningún tivo a im-portancia que o opoñía aoautor dos Mots. Resistenteda “absolución” dada porSartre, o debate entre sar-trianos e camusianos estáhoxe en gran medida liqui-dado. E se Sartre aparececomo irreductible, renun-ciando o Premio Nobel,Camus, a quen a historiaacaba por darlle a razónsobre a cuestión do socia-lismo real,accede ao riscodunha verdadeiro icona.Un home xusto, que en to-do momento, soubo ato-par os camiños da liberda-de.
Presenzas de CamusNo tempo de L´Homme révolté
CIPRIANO LUÍS JIMÉNEZ CASAS
Albert Camus (1913-1960).
L’Homme révolté é,sen lugar adubidas, o ensaio máis importan-te e polémico da obra de AlbertCamus.Nel,Camus trata de buscara “comprensión do seu tempo”,que é “o tempo dos mortos e asa-sinados”.A obra componsedunha introducción e cin-co partes:“L’Homme révol-té”;“La Révolte métahpysi-que”; “La Révolte histori-que”;“Révolte et art” e “LaPensée de midi”.
Desde a súa aparición,o 18 de outubro de 1951, aobra deu lugar a unha violentapolémica que,por outra parte,po-tenciou de forma espectacular asúa notoriedade. Camus, atrévesea chamarlle gato ao gato, e a uncampo de concentración uncampo de concentración,fose na-
zi ou comunista. Foi nese intre ena revista Les Temps modernes,nese momento dirixida por Sar-tre, onde teñen lugar as ferocesescaramuzas: a primeira delas po-lo filosofo e partidario da inde-
pendencia alxeriana FrancisJeanson (maio de 1952) A espe-ranza de Camus tratará realmentede suprimir o curso do mundopola negación de calquera tipode intervención?, pregúntaseJeanson Pero aínda continua:
“L’Homme révolté é, en primeirolugar un gran libro frustrado: poriso,precisamente,o mito ao cal ra-pidamente deu lugar”.
Camus,responde a esta misiva(xuño de 1952):“Non se decide a
verdade dun pensa-mento en función deque sexa de esquerdasou de dereitas e menosaínda o que a dereita ea esquerda decidan fa-cer”. Pola súa banda,Sartre (agosto de 1952),pregunta:“Pero, dígame
entón, Camus, por que misterionon se poden discutir as súasobras, sen eliminar as razóns devida da humanidade? Vostede tór-nase terrorista e violento cando ahistoria –que vostede rexeitou– orexeita ao mesmo tempo?”.
A comprensióndo tempo
Soubo atopar en
todo momento os
camiños da
liberdade
A primeira noticia quetiven do libro foi a través deEmereci,moi boa consellei-ra,que recollía no seu bloga cita de Fran Alonso“Por-que unha vida en Occiden-te non ten prezo,pero a vi-da en África non ten valor”,a partir de aí xa todo foronboas palabras para Níxer.
O libro é unha iniciativade Acción Contra a Fame(ACF),unha ONG humani-taria internacional quecombate a desnutrición in-fantil, e Cultura SolidariaGalega (CSG),un colectivode persoas da cultura gale-ga que apoian voluntaria edesinteresadamente á dele-gación en Galicia da ACF.Da colaboración entre es-tas dúas organizaciónsxorde a viaxe que Fran-cisco X. FernándezNaval (escritor), Ca-milo Franco (escri-tor e xornalista),Al-fonso Costa (pintor)e Moustapha BelloMarka (escritor nixe-rino residente enZinder) realizaronao país africano eque daría como froi-to Níxer.
Neste volume deviaxes e aventura hu-manitaria cada undos autores recollede xeito diferente ecomplementario assúas visións e viven-cias dese estado afri-cano,ata hai ben pou-co o máis pobre domundo, para que nósnon miremos para ou-
tro lado e sigamos manten-do a ollada cara aese Níxer de es-t a t í s t i c a sinhuma-nas.
A parte de FernándezNaval é a que máis se ache-ga ao libro de viaxes litera-
rio nun interesante eameno relato
desde a par-tida ata oregreso. Aparte reali-zada porC a m i l oFranco é un-ha compila-ción de bre-ves textosque se confi-guran comounha galeríade instantá-neas dese pa-ís fugaces epotentes. Tri-pla é a contri-bución de Al-fonso Costa,con creaciónsplásticas nasque adiviña-mos expre-sións nas faces
insinuadas, e concreacións textuais,pri-
meiro en prosa, e logo enverso.Unhas composiciónspoéticas nas que fai prota-
gonista a muller africanatanto na súa beleza comona súa traxedia.E remata aobra cun conto infantil deMoustapha Bello Marka tra-ducido do francés por Car-los Arias.
Unha chamada de aten-ción ás nosas bibliotecasescolares, non deberíandeixar de adquirir estaobra porque ofrece en ga-lego dous dos elementosimprescindibles para aconsecución dun “hábitolector sólido”,a diversidadede enfoques e tamén decontido. Níxer convértesetamén dese xeito nun borecurso educativo interdis-ciplinar onde atopar histo-ria, antropoloxía, arte, eco-nomía, literatura, educa-ción en valores... desde alectura amena e amablesen deixar de ser fiel á durarealidade que nos transmi-te.
Níxer non é bo pola hu-manitaria orixe da iniciati-va,nin polos fondos que serecaden,é bo en si mesmocomo produto cultural,ameno e interesante. Leaneste libro,non se han sentirdefraudados, e logo, mer-quen outros exemplarespara agasallar, sexan esaman que lle dá á estrela-mar unha segunda oportu-nidade devolvéndoa aomar que a deixou esqueci-da na area porque“non na-cen flores na primavera deÁfrica”.FERNÁNDEZ NAVAL,Francisco X.et al.Níxer,Ed.Xerais,Vigo,,2010,PVP.17 €
Mantendoa ollada
Viaxes e aventura humanitariaPILAR PONTE
Hai uns días tivo lugar na illa de San Simón oacto de presentación de Cores do Atlántico, un tra-ballo divulgativo musical sobre as cantigas deamigo que ofrece unha nova perspectiva do xéne-ro máis autóctono da nosa lírica medieval desdeunha dobre dimensión: a interpretación teóricada catedrática holandesa Ria Lemaire e a inter-pretación musical da cantante brasileira SocorroLira: Ilustrado por Quique Borrell.Así reza, no ini-cio da súa web www.coresdoatlantico.com.
Daquela,podemos atopar xa nos andeis das li-brerías este libro-disco que non pasará desaperci-bido tanto desde o punto de vista ensaístico, co-mo musical e editorial,este,pola fermosísima edi-ción en papel couché...e as impactantes e chama-tivas ilustracións do artista lucense,aqueles polasinnovadoras e valentes propostas que subverten acultura canónica: a de Socorro Lira musicandoquince cantigas paralelísticas con ritmos afrobra-sileiros e a de Ría Lemaire, que adaptou as canti-gas ao portugués brasileiro actual,xunto coa can-tante e Gonzalo Navaza,e expón en setenta e cin-co páxinas, a súa tese sobre a autoría femininadas cantigas de amigo galego portuguesas medie-vais,teoría que hai tempo vén defendendo taména profesora Camino Noia quen é autora do prólo-go.
Ria Lemaire,especialista en literatura medievale profesora da Universidade de Poitiers,realiza un-ha novidosa lectura do contexto e do significadodas cantigas como expresións dunha tradiciónoral: as mulleres,que aseguraban a vida económi-ca,social e espiritual das comunidades,cantabanmentres traballaban.A canción era traballo,diver-
timento,exercicio mental e poético e expre-sión tamén do desexo erótico e
sexual. Foron entónelas as creado-ras das canti-gas malia queas transcribi-sen, asinasenou cantasenos homes. Un-ha teoría, sendúbida, trans-guesora peromarabillosa-mente criblese atendemosas palabras daprofesora ho-landesa e es-coitamos a cá-lida voz de So-corro acompa-
ñada de Marga-reth Menezes, Cida
Moreira, as Cirandei-ras de Caiana dos Criou-
los,Eneida Marta,Joao Afonso,Uxía,Leilía e JorgeRibas.
Pero Cores do Atlántico é moito máis ca todoiso porque nace tamén para conmemorar os 15anos de Ponte...nas ondas asociación pedagóxicaque leva ese tempo a innovar co alumnado gale-go e portugués, (lembremos Meninos Cantoreseditado por Pai Música que é tamén responsableda parte musical deste traballo), e a batallar polamáis fermoso desexo: a declaración por parte daUNESCO como patrimonio inmaterial da humani-dade de diversas manifestacións culturais co-múns a Galiza e Norte de Portugal.
E Cores do Atlántico vén ser, sobre todo, un au-téntico pracer para os sentidos: un traballo paraacariñar cos dedos, para ser visto e oído lido ecantado, para deixarse conducir polos ritmos desamba, ou batuque e danzar, sentir o erotismo esensualidade das cantigas e para reivindicar o pa-pel da muller en todos os eidos da vida e da arte.
A elas,a eles,obrigada e parabéns.LEMAIRE,Ria/LIRA,Socorro,Cores do Atlántico,PAI Ed.,Gondomar,2010,PVP.25 €
X.L.Vázquez Somoza(Guntín,1961) exerce comaprofesor nun instituto de Lu-go e ten gañado diversos ga-lardóns en certames de na-rrativa.Esta escolma de con-tos recolle algunhas das súasobras premiadas.
No relato que dá título aolibro,unha rapaza aqueixadadunha rara atrofia,de nomesolemne e avance irreversi-ble –esa nube de seda que aafaga de vagar–, interpela asúa enfermidade nun diálo-go sen resposta;e,así,personi-fícando o mal que a corroe,convírteo nun inimigo exter-no ante o que se ne-ga a rendir o espíri-to. No seguinteconto,“A ferven-za”,a historia deamor entre os fi-llos de dúas fami-lias enfrontadas -uns Romeo e Xu-lieta moi preocu-pados, por certo,polas cuestións so-ciolóxicas da lin-gua- entretéceseco presaxio dunhamaldición ligadaao idílico lugar dosseus encontros.Trá-xicos,tamén,son osamores narrados en“Río de esquece-mento”,onde se re-crea o fusilamentodun mozo inocenteacusado de traizón po-los falanxistas –un suceso re-
al,novelado aquí como escu-ra vinganza derivada dos ciú-mes– e os ímprobos esforzosda súa noiva por impedir asúa morte.Igualmente empe-
ñada en sal-
var o seu home –neste caso,da adicción ás drogas– está aprotagonista d’“A ponte Ca-balar”,unha parapléxica quedecide tirarse ao río para sui-cidarse,mais as cousas non
saen coma ela pre-tende e, ao longodunha intermina-ble noite, ten tem-po de rememorar,en detalle,a sacrifi-cada relación coseu amado.“O se-ñor Manuel deSampaio”, menosdramático,debuxao retrato dun can-teiro que ten me-do das meigas eao que o seu axu-dante lle gasta un-ha broma.E, final-mente,“O últimobanco do parque”alude aos nenosdesaparecidos du-rante a guerra civile presenta a emo-ción dunha anciá
galeguista represa-
liada cando,pasado o tem-po, un día cre recoñecer oseu neto.
O autor demostra posuírun discurso moi persoal noque,sistematicamente,e conintensidade sostida -tanto,que algúns poden atopaloabafante-,se exercita en dis-locar a lóxica das imaxes(“Ían aniñar os dez anos na-quel sorriso cativador candoao infortunio se lle escapouun derrame cerebral e se foiesconder na cabeza da naide Fernando”;“Mentres a vozfacultativa tentaba romper oxeo das súas propias pala-bras con alusións climatoló-xicas,eu estaba a poñer os ol-los nos pés da curiosidade edeixábaos agatuñar por unandel de libros”).Ese estilocon vocación romántica,de-voto dos malabarismos sim-bolistas,dos flashbacks e daprosopopea,outorga unida-de a unhas estruturas argu-mentais moi similares encanto a personaxes, situa-cións, motivacións e recur-sos,nas que non faltan nin aorixinalidade nin os tópicos,e que ás veces derivan cara áinxenuidade do folclorismo,outras semellan ilustrar unhaobvia didáctica para adoles-centes e con frecuenciaadoptan o ton dun romancedecimonónico.VÁZQUEZ SOMOZA,XoséLuís,Nube de seda,Ed.Toxosoutos,Noia,2010,P.V.P. 12 €
Romancedecimonónico
Dislocando a lóxica das imaxesDOLORES MARTÍNEZ TORRES
NovaperspectivaUn pracer para os sentidos
DORINDA CASTRO SOLIÑO
FARO DE VIGO
XOVES, 3 DE XUÑO DE 2010 LIBROSVI
A sucesión do día ada noite ten nos termos“amañece”e“anoitece”oacubillo perfecto paraalbergar unha obsesióneterna,que non coñeceou que non quere coñe-cer, límites.Así se mani-festa o decorrer dunhapersecución que disimu-la o desexo de ensaña-mento co fuxidío animale o descaro do mamífe-ro cetáceo.
Unha balea perdidanunha tormenta perco-rre o mar buscando asúa manda e un cazadorperséguea por camiñosinexplorados que se in-ternan mar adentro,polohor izontes e m p r elonxano ouentre a es-cuma azul,coa únicaintención decravarlle oarpón earrastrar oseu corpoenorme aopequeno bar-co que o levadun lado paraoutro e que ofai sentir,ás ve-ces, á deriva.Por única com-paña as estrelase a lúa,que arro-lan os seus soñostristes,o sol e o inmen-so mar que o devolven árealidade e a teima deacadar o seu obxectivo,un obxectivo abandona-
do por imposible e queparadoxalmente lleachega a felicidade.
Varios son os aspec-tos que dende o puntode vista temático salien-tan na historia que Palo-ma Sánchez Ibarzábal
presenta baixo o título Ocazador e a balea e nu-merosas as perspectivasque pode adoitar o lec-tor á hora de interpretartexto e imaxes. O conti-do lévanos ao relato deaventuras, cunha clara
referen-cia aoc l á s i c ode Her-man Mel-ville,MobyDick, on-de o capi-tán Ahab,a bordodo baleei-ro Pequod,emprendeunha obse-siva e des-trutiva per-secucióndo cacha-lote, damesma for-ma queaquí a balea
burla os mo-vementos do
cazador.A
representación dos
dous protagonistas cen-tra as esceas concibidasaquí como imaxes úni-cas e irrepetibles, ondecada movemento é im-portante polo que tende singular;todos os díaso mesmo e todos os díasa persecución/fuxida édiferente, porque un eoutra se encargan deamosar os seus dortesde expertos especialis-tas nos seus campos ede variar as estratexiasde actuación para aca-dar aquilo que se propo-ñen. E entrementres oselementos da naturezadesfilan polo escenarioda vida adornando o díae a noite e enchendo decolorido e dunha in-quietante negrume osmomentos de tensa es-pera.
Ao final as forzas danatureza impóñense so-bre o home,sen que estenada poida facer,e sobrea soidade, representada,por unha banda,polo ve-llo lobo de mar e,por ou-tra,polo individuo sepa-rado da súa manda.Soi-dade,obsesión,simbolis-mo, idealismo, xerar-quía…velaí pinceladasdun volume profundo echeo de emocións noque a fusión coa nature-za semella unha boa fi-losofía de pensamento.SÁNCHEZ IBARZÁBAL,Paloma,O cazador e abalea,OQO Ed.,Pontevedra 2010,PVP. 14,50 €
VolumeprofundoDa fusión coa natureza
MARÍA NAVARRO
Concha Blanco (Li-res,Cee.1950) é, sen dú-bida, unha das autorasmáis importantes e pro-dutivas da literatura in-fantil en Galicia,nomea-damente do xénero na-rrativo, xa que entre assúas obras atopamosarredor de trinta títulosque nos achegaron, en-tre outras cousas, infini-dade de aventuras e per-sonaxes tan entrañablese coñecidos como Borisou Berta.
Agora, case trintaanos despois da publi-cación da súa primeiraobra narrativa para o pú-blico máis novo, O Pla-neta ceboleiro, déixanosoutra historia de aven-turas protagoniza-da por un máisque estraño serambientada en lu-gares da costa daMorte como Fiste-rra, Cee e as illasLobeira.
Aitema é o no-me dese ser, unnome que amal-gama os diferen-tes medios aosque é quen deadaptarse o bicho–aire, terra e mar–e nos que vivirá assúas aventuras.Unha curandeira,personaxe tan tí-pico da culturagalega, é quen lle
dá esa forma de non pei-xe, nin ave, nin persoadotado de poderes queo caracteriza, para quedespois se-xa bau-tiza-
do por unha serea e gra-zas a esa forza sobrena-tural que posúe poidaconcederlle os desexosmáis fortes aos seres queatopa polo camiño.Nes-
ta viaxe descobreque descoñece
a súa orixe,non sabe deonde vén ninde que ouquen vén.Poloque o seu prin-cipal obxecti-vo pasa a seconverter endar resposta aesas cuestións.É a partir destepunto cando ahistoria, ataagora chea detópicos, conse-gue fixar o inte-rese de quen leen algo concre-to, que se resol-ve moi ben nun
desenlace queamosa a madurez doprotagonista, acadada
grazas ás experienciasvividas nese tempo.
Entón se o comezoresulta máis ben pobre,é certo que a historia ga-ña segundo o argumen-to vai avanzando. O rit-mo e a importancia depersonaxes como a cu-randeira ou a serea sonos que inciden nesacaptación do interese eno noso cambio de acti-tude de cara á lectura,unha lectura onde osacontecementos se su-ceden de maneira lineare na que apreciamos amestría e a experienciada autora á hora de em-pregar a linguaxe e osrecursos que esta pro-porciona para a narra-ción.
A historia vén acom-pañada das ilustraciónsde Ana Santiso das queé inevitable salientar aescolla das cores,unica-mente tres, verde, bran-co e negro, coas queconsegue plasmar as si-tuacións máis importan-tes, sen botarmos en fal-ta detalles por causa dalimitación cromática.
Escrito para nenos enenas de oito ou máisanos, conseguirá facer-lles pasar un bo momen-to.BLANCO,Concha,Ospoderes máxicos deAitema,Ed.Galaxia,Vigo,2010,PVP.12 €
Mestría eexperiencia
Maxia na Costa da MortePAULA FERNÁNDEZ
ANDEL DE NOVIDADES
M. BLANCO RIVAS
Autonomía e modernidadeCeferino Díaz (coord.)
Editorial Galaxia. 29 €
Os anos da Autonomíacoinciden cos de maiordesenvolvemento da so-ciedade galega. Os traba-llos que se recollen nestevolume partendesta constata-ción, amais deteren en contaa incidenciadoutros facto-res –contextointernacional eo papel da UE–á hora de estu-dar o aconteci-
do durante un período noque Galicia goza de auto-goberno para construír oseu presente. O cambiosocial, a análise económi-
ca, a normaliza-ción lingüística,a ordenacióndo territorio, osistema educa-tivo e o devir dacultura son al-gúns dos eixestemáticos destapormenorizadaanálise.
BailabénEdith Cotilla/Gustavo Couto
Edicións do Cumio. 25 €
Con este material, osautores pretenden ache-gar aos mestres de prima-ria e secundaria unha fe-rramenta de axuda nasaulas, a travésda cal poderdar a coñecerunha parte im-portante do no-so patrimonioinmaterial. Dirí-xese tamén atodos aquelesafeccionadosao baile tradi-
cional que queiran seguira liña didáctica marcadano libro. Nos textos e noDVD que os acompaña,osinteresados poden atopar
indicacións edescricións dosmovementos dexota e muiñeirareforzadas confotografías, asícomo un docu-mento audiovi-sual de máisdunha hora deduración.
O discurso dos afluentesMiguel Anxo Martínez Oubiña
Edicións A Nosa Terra. 22 €
O Salnés, que pasa porser unha das comarcasmáis turísticas de Galicia,posúe unha abraiante di-versidade que case nuncase reflicte nos li-bros e folletosturísticos. Osmáis deles ape-lan decote a ar-gumentos bencoñecidos, co-mo o ronselque Valle Inclándeixou en Vila-nova, a monu-
mentalidade de Camba-dos, a beleza natural doGrove ou a boa mesa deCarril, pero rara vez se de-teñen no legado que so-
brevive nas al-deas. Esta guíaprocura preci-samente eso,que tomen apalabra as cou-sas pequenas:os piornos, oscruceiros, asfontes, os cami-ños os castros...
Bilbao-New York-BilbaoKirmen Uribe
Edicións Xerais. 17 €
Novela multipremiadae aclamada en diversosforos, Bilbao-New York Bil-bao relata un voo entre oaeroporto de Bilbao e oJFK de NovaYork. O autorviaxa no avióne durante a tra-vesía dá contatanto do proce-so de creaciónda novela queestá escribindocomo das súaspropias dúbi-
das.A novela aborda a his-toria de tres xeraciónsdunha mesma familia. Aprimeira, a de preguerra,protagonizada polo seu
avó e os mem-bros dunha xe-ración de artis-tas moi liberais;a segunda, a daépoca franquis-ta, e, por último,a xeración ac-tuaol, a súa, re-tratada polopropio autor.
FARO DE VIGO
XOVES, 3 DE XUÑO DE 2010TEATRO VII
Nos tratados de retóri-ca, a alegoría explícasecomo una licenza porsubstitución,ou como tro-po de pensamento, o queimplica que os contidosmanifestos agochan conti-dos latentes, os que im-portan. En 1590 EdmundSpencer publicaba a pri-meira parte do poemaThe Faerie Queen,cheo desimbolismo e dun certocontido esotérico, poisnalgún momento a Irman-dade da Rosacruz quixover nun dos seus persona-xes,The Redcrosse Knight,un antecedente posibledo seu movemento.A súalectura implica pois coñe-cer un conxunto de refe-rentes culturais.
Polo mesmo camiño, aalegoría foi utilizaba deforma recorrente na litera-tura dramática de todasas épocas.Velaí temos TheTragical History of DoctorFaustus, de ChristopherMarlowe, ou A Tempesta-de, de William Shakespea-re, aínda hoxe obxecto deestudos e debates verbodo seu contido real.Tam-pouco non podemos es-quecer pezas de PedroCalderón de la Barcaabeiradas a un culteranis-mo extremo e que se si-túan dentro da tradiciónhermética católica, e con-siderar logo as mensaxescontidas en El PríncipeConstante nos tempos daContrarreforma.
Noutros contextos aalegoría serve idénticosintereses, os da transmi-sión de ideas, de metáfo-ras, de exemplos que ilu-minen o presente. Velaítextos magníficos comoKathleen Ni Houlihan, deWilliam ButlerYeats,tradu-cida para o galego por An-tón Villar Ponte e logo re-visada por Plácido Castro;Á outra banda do Iberr, deXohana Torres, ou Le-daíñas pola morte do Me-co, de Roberto Vidal Bola-ño. Alegorías todas quenos falan de problemasdo aquí.
Claro que para que asalegorías teñan o seuefecto, a súa construcióndebe levar implícitas cla-ves para a súa esexese ecomprensión, porque senon é así, os lectores e aslectoras poden acabarperdidos na escuridadedun texto que se volve in-telixible.E nestes casos,asinterpretacións camiñanpor sendas aleatorias senque quen escribe poidaxa exercer control sobre afortuna das súas elucubra-cións, agora convertidasen masa informe paraquen le. E nesa lecturaaquela opacidade vaiseiluminar coas luces dequen le; co seu capital li-terario e cultural, en su-ma.
Hai moitos anos,na súaGrammatica della fanta-
sia, Gianni Rodari propo-ñía maneiras diversas deencetar unha historia par-tindo da capacidade dosmáis pequenos para arte-llar artefactos a partir dosmáis diversos estímulos.Chegados ao Highgate Ce-metery de Londres, todoun monumento da arqui-
tectura da morte, é doadoimaxinar historias partin-do dos personaxes que alíteñen a súa última mora-da terrea.Desde Karl Marxa Malcom Maclaren.
Ese parece ser o pulodesta peza de Ruben Rui-bal titulada ¿Onde andas,Karl?, e na que atopamos
personaxes históricosabondo coñecidos comoHerbert Spencer, GeorgeEliot ou Thomas Sayers,xunto a veciñas súas co-mo Caroline Tucker e Clai-re Alice Prosser. Ausente,pero sempre a man, KarlMarx, que se ten como oveciño máis ilustre do lu-gar.Todos eles forman par-te do Tristérrimo Circo doCemiterio, que prepara unespectáculo que semellaser un desastre, pois acompañía, antes dirixidapolo propio Karl, é un au-téntico desastre.
Do desastre dá conta,en efecto, a tolemia enque converten a súa peri-pecia,nese tempo que vaida presentación primeira,amago de inicio de fun-ción, á despedida última,na que cantan a cantigaaquela da tropa deformede defuntos derrotados,que tantas veces recreouRoberto Vidal Bolaño. Oseu proxecto artístico nondeixa de ser unha metáfo-ra do presente.A alegoríaadmite moitas interpreta-cións, e mesmo alguénpodería chegar a pensarque o Tristérrimo Circo se-xa imaxe dalgunha outracompañía,quizais galega.
O problema coas pala-bras é que están tan pletó-ricas de significado queunha vez situadas na páxi-na impresa adquiren vidapropia, e nesa vida tenmoito que ver aquilo queos lectores e as lectorasdeciden que as palabrassignifican. De todo iso es-cribía hai tempo José San-chis Sinisterra ao defen-der unha dramaturxia darecepción, estratexia decolaboración entre quenescribe e quen le, paraque as expectativas man-teñan unha relación, se-quera de proximidade. Pe-ro as palabras sabias deGroucho Marx que o au-tor nos ofrece antes dassúas,“Desfrutei moito des-ta obra de teatro.Sobre to-do no descanso”, teñenun aquel de alerta solida-ria que xa informa ao lec-tor ou lectora de que todoé posible,mesmo a desfei-ta.RUIBAL,RUBEN,¿Ondeandas,Karl?,Ed.Embora,Ferro,2010,P.V.P. 10 €
Hai anos,o grupo de teatro Ta-lía, residente en Cee,A Coruña,publicaba un texto de Marco An-tonio de la Parra, A secreta obs-cenidade de cada día,en versióngalega de Cándido Pa-zó, polo que transitannalgún momento KarlMarx e Sigmund Freud,dúas das iconas funda-mentais do pensamento euro-peo contemporáneo, que taménmostran dúas maneiras de en-tender a realidade,de actuar an-te ela, de transformala. Na pre-
gunta que se formula neste títulode Ruben Ruibal, ¿Onde andas,Karl?,quizais tamén se poida verun certo sentimento de abando-no,de orfandade diante do pasa-
mento case definitivo de certosideais, mentres o mundo vai apeor,cegados os humanos polosinstintos máis básicos que aque-les dous explicaron.
Agora, en Europa, e no mun-do enteiro,xa non rolda o espec-tro do comunismo;son outros osespectros que lonxe de anunciarunha boa nova ameazan a nosa
existencia. Os acontecementoscotiáns mostran como unha no-va orde mundial,asentada sobreos principios da libre depreda-ción, poden acabar por conver-
ternos nunha grea de tardos e to-lleitos, como a que Ruibal des-cribe no abrente deste ensaiomacabro que imaxina nun espa-zo aberto, sobre o que pendura
un trapecio baleiro, to-do un símbolo do azardas nosas vidas. Por iso,quizais, na pregunta haiun aquel de rabia ante o
mundo que vivimos,tan cheo deruído e de furia, de balbordoinútil, ou quizais tamén ante unsistema teatral tal que o galego,que se derrúe aos poucos.
Ruído e Furia
Alegoríasdo AquíNostalxia de Karl Marx
MF VIEITES
FARO DE VIGO
XOVES, 3 DE XUÑO DE 2010 TEATROVIII
top related