os tecidos vexetais

Post on 14-Jul-2015

135 Views

Category:

Documents

5 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

OS TECIDOS VEXETAIS

David Míguez Dosantos

1. GRUPOS DE TECIDOS VEXETAIS

1.1 MERISTEMÁTICOS

1.2 DEFINITIVOS OU ADULTOS

2. TECIDOS QUE SE DIVIDEN: OS MERISTEMAS

2.1 PRIMARIOS OU APICAIS

2.2 SECUNDARIOS OU LATERAIS

3.TECIDOS DEFINITIVOS

3.1 SISTEMA EPIDÉRMICO

3.2 SISTEMA FUNDAMENTAL

3.3 SISTEMA VASCULAR

1. GRUPOS DE TECIDOS VEXETAIS

Segundo a capacidade das súas células para dividirse os tecidos vexetais clasifícanse en:

1.1 Tecidos meristemáticos: Con capacidade para formar novas células.

1.2 Tecidos definitivos: Perderon a capacidade de

dividirse. Orixínanse a partir dos meristemas.

2. TECIDOS QUE SE DIVIDEN: MERISTEMAS

Os meristemas son os tecidos responsables do crecemento dos vexetais, pola súa

capacidade de dividirse indefinidamente. Posúen células pequenas con membranas moi finas. Hai dous tipos de meristemas:

meristemas primarios e meristemassecundarios.

2.1 Meristemas primarios: Están situados no extremo dos talos, raíces e xemas. Permiten o

crecemento en lonxitude da planta2.2 Meristemas secundarios: Son capas de células situadas no interior dos talos e das

raíces, que permiten o crecemento en grosor ddestas estruturas.Hai dous tipos de

meristemas secundarios: Cambium vascular e o cambium suberoso ou felóxeno.

Cambium vascular: sitúase entre os vasos conductores e divídese indifinidamente

orixinando numerosas capas de células. As interiores convértense en vasos leñosos (xilema

secundario) e as exteriores forman vasos liberianos (floema secundario).

Cambium suberoso ou felóxeno: orixina cara aointerior un tecido denominado parénquima

cortical, e cara ao exterior a cortiza.

Meristema primario

Permite o crecemento en lonxitude da planta.

Meristemas secundarios

Permiten o crecemento en grosor das estruturas das plantas.

3. TECIDOS DEFINITIVOS

Os tecidos definitivos agrúpanse en sistemas, un grupo de tecidos cunha unidada estrutural e

funcional. Hai tres tipos:

Sistema epidermico: está formado polos tecidosde protección como a epiderme e a periderme.

Sistema fundamental: inclúe o parénquima, esclerénquima e o colénquima.

Sitema vascular: o cal está formado polo xilema e o floema

3.1 SITEMA EPIDÉRMICO

A epiderme: está formada por unha soa capa de células. En talos e follas, estas células presentan unha protección

chamada cutícula que impermeabiliza os órganos e protéxeos do ataque de axentes externos.Na epidermeencóntranse unhos poros denominados estomas que

permiten o intercambio gaseoso e a transpiración.

A periderme: é un tecido formado por numerosas capas de células, que tamén ten función protectora. As súascélulas están formadas por lignina e suberina o que lle

proporciona dureza e rixidez. Para poder respirar naepiderme existen lenticelas, que son uns poros

engrosados.

A EPIDERME E A PERIDERME

EPIDERME PERIDERME

3.2 SISTEMA FUNDAMENTAL

Parénquima

O parénquima é o tecido vexetal mais abundante. Realiza funcións importantes como a fotosíntese , o almacenamento e a secreción.

As células parenquimáticas teñen capacidade para diferenciarse, especialmente se a planta sofre danos. As plantas teñen capacidade para reproducirse asexualmente, a partir dun anaco vexetal. Segundo o tipo de células que deu esta división o parénquima pode ser: clorofílico, de reserva, aerífero, acuífero e glandular.

Clorofílico: está formado por células con numerosos cloroplastos situados normalmente debaixo da epidermedas follas. Nas follas distínguense dous tipos de parénquima clorofílico: parénquima en estacada e o parénquima esponxoso.

De reserva: situado en raíces e talos. As súas células serven como reservas de substancias como o amidón, aceites, auga e sales.

Aerífero: entre as súas células existen ocos nos que se acumulan auga para que a planta poida flotar.

Acuífero: é un tecido que acumula auga.Glandular: segrega substancias coma on látex, o caucho

ou a resina.

PARÉNQUIMAS

PARÉNQUIMA CLOROFÍLICO PARÉNQUIMA AERÍFERO

Colénquima e esclerénquimaEstes tecidos constitúen o esqueleto que lles

dá consistencia aos vexetais.Colénquima: é un tecido de sostén

formado por células pouco diferenciadase e con paredes reforzadas con celulosa.

Esclerénquima: este tecido encóntrasedistribuído por toda a planta e esta formado por dous tipos de células poliédricas mortas, as eclereidas e as fibras esclerenquimáticas.

COLÉNQUIMA E ESCLERÉNQUIMA

COLÉNQUIMA ESCLERÉNQUIMA

3.3 SITEMA VASCULAROs tecidos do sistema vascular son tecidos condutores

encargados do transporte de substancias ainda que tamén colaboran no soporte da planta. Existen dous

tipos de tecidos condutores: o xilema e o floema

XilemaO conxunto de vasos leñosos encargados de

transportar o zume bruto denomínase xilema. Cada vaso leñoso, ou traquea, está constituídopor células mortas dispostas de maneiravertical. Estas células posúen unha paredecelular reforzada con lignina que lle confireunha gran dureza.

FloemaO floema é o conxunto de vasos liberianos

ou cribosos. Está formado por células vivas con tabiques perforados de separación estreelas, denominados placas cribosas.Estes vasos transportan o zume elaborado.

As plantas non só utilizan todo o anterior explicado para o seu beneficio propio senón que tamén o empregan

para moitas outras cousas. Destamaneira no terreo no que se encontran

elas é un terreo moi poucoerosionado, e permiten o

desénvolvemento dos ecositemas.

top related