os cruceiros de saians
Post on 30-Jul-2015
81 Views
Preview:
TRANSCRIPT
OS CRUCEIROS
EN SAIÁNSIrene GarcíaMiriam GonzálezAitana FabeiroLaura FernándezEnrique BúaIago DomínguezTamara CarballidoDavid Fervenza
Cruceiro de Santa Lucía
Localización: no medio dunha rotonda, cruce entre tres carreteras
Características: • Pedestal cúbico, sen escalóns
e coa inscrición: “Curso de cantería 95-97”
• Fuste cilíndrico cunha imaxe de dous nenos suxeitando unha palma
• Chapitel moi traballado con volutas e con motivos vexetais
• Cruz cuadrangular lisa
Anverso: • Un cristo coa inscrición
“I.N.R.I.”
Reverso:• A imaxe da Virxe de Santa
Lucía, que ten nas mans un prato cos seus ollos.
Cruceiro de Barosela
Localización: no medio da aldea, nun cruce de camiños
Características:• Base cúbica sen escalóns• Fuste cuadrangular• Chapitel sinxelo, sen volutas
nin follaxe, parécese ao estilo dórico
• Cruz cuadrangular lisa
Anverso e reverso completamente lisos
NOTA: é un dos cruceiros máis antigos da parroquia
Cruceiro da Alberguería
Localización: na entrada da aldea, no cruce entre dous camiños, a carón dunha fonte
Características: • Escalinata de tres gradas e
pedestal cúbico con espellos nas catro caras
• Fuste hexagonal cunha imaxe de San Roque
• Chapitel xónico con volutas e un adorno floral
• Cruz cuadrangular lisa
Anverso:• Ten un Cristo coa inscrición
“I.N.R.I.”
Reverso totalmente liso
Cruceiro de Corrigatos
Localización: cruce de camiños no medio da aldeaCaracterísticas:• Escalinata de tres gradas e
pedestal cúbico con remate circular
• Fuste de comenzo cuadrangular e traballado, logo é octogonal
• Chapitel moi traballado, con volutas e querubins dentro de óvalos
• Cruz cilíndrica con nudosidades
Anverso:• Cristo moi ben traballado e
separado da cruz, coroa de spiñas en pedra. Mans moi logradas
Reverso: • Virxe das Dores con espada de
ferro cravada
Antigo cruceiro da igrexa
Localización: diante da porta principal da igrexa parroquial
Características:• Base cúbica de dous pisos• Fuste cuadrangular sen
adornos• Chapitel moi sinxelo de
estilo dórico• Cruz cuadrangular lisa
Anverso:• Cristo coa inscrición
“I.N.R.I”
Reverso totalmente liso
Cruceiro novo da igrexa
Localización: no souto da igrexa parroquial
Características:• Escalinata de tres gradas , cun
altar na segundas destas que ten un debuxo da pomba da paz na parte dianteira
• Base cúbica con moldura mixta
• Fuste cilíndrico coa imaxe de dous santos
• Chapitel adornado con anxos nas catro caras
• Cruz cuadrangular
Anverso:• Cristo coa incrición “I.N.R.I”
Reverso totalmente liso
Anécdota:Este cruceiro foi contruído no ano 2005 pola empresa ‘Mármoles y granitos, Soiglesia S.L.’Cando o colocaron, gardaron no interior da base un xornal dese día, no que aparece a noticia do evento e foi asinado polo antigo párroco Don Antonio falecido fai tres anos.O xornal será atopado por aqueles que retiren o cruceiro xa que se atopa no interior dunha bolsa en perfecto estado.
BIBLIOGRAFÍA:
• Libro de cruceiros de Moraña da biblioteca municipal para o cruceiro de Corrigatos
• Preguntas aos veciños das diferentes aldeas
top related