orixe do galego e literatura medieval

Post on 23-Jun-2015

224 Views

Category:

Education

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Percorrido pola literatura medival galega, os xéneros, unha mostra de cantigas, miniaturas das cantigas de santa maría, mostra das literaturas en lingua árabe e hebrea. Faise unha pequena introdución sobre a orixe da lingua galega.

TRANSCRIPT

DENDE CANDO EXISTE A LINGUA GALEGA?

arekoratikubos : karuo : kenei

kortika : lutiakei : aukis : barazioka

erna : uela : tikerzeboz : so

ueizui : belaikumkue kenis karikokue kenis

stam : kortikam : elazunom

karuo : tekez : sa: kortika

teiuoreikis

• O galego é un latín con cambios:

• PERSONAM (latín)>persoa (galego)

• LUNAM>

• TENERE>

• PORTAM>

• ROTAM>

• NOCTEM>

• LACTEM>

• FAMINEM>

• IAM>

• IOCUM>

• ARBOREM>

• VERSORIAM>

- Séc. I: Os romanos traen o latín

- Séc. IX: “Nacemento” do galego

- Ata o séc. XV, é dicir, durante 700 anos o galego é a lingua normal de Galicia, a que emprega toda a poboación.

Quixera fender o meu corazón cun coitelo,meterte dentro del e logo volver a pechar o meu peito,para que estiveras nel e non habitarasnoutro, ata o día da resurrección e do xuízo,para que moraras nel durante a miña vida e, á miña morte, ocuparas as entrañas do meu corazón nas tebras do sartego.

Ibn Hazm (séc. XI)

Aínda que o papel queimedes,non queimaredes o que o papel encerra;que dentro do meu espírito,malia vós, se conservae comigo camiñaa calquera parte que eu vaia.  Ibn Hazm (994-1064)

Vou cantar un poema sobre unha batalla regrada,antiga, dende tempos remotos consagrada,que xente intelixente e entendida organizou.

Instituírona sobre oito ringleiras.Ringleira tras ringleira, en todas oito divisións hai gravadas.Son as ringleiras cadros taraceados,Onde as tropas se manteñen amoreadas.

Cos seus exércitos uns reis se sitúan, dispostos a batallar e hai espazo entre eles dous.Os semblantes de todos para loitar están prontos,Arreo están ou saíndo ou acampando.

Na súa loita non desenvaíñan espadas,Pois a súa guerra é un asunto de enxeño.Distíngueselles por símbolos e emblemasNos seus corpos inscritos e tallados. (...)

Os infantes son os primeiros que saená guerra seguindo un camiño dereito;é a regra do infante que camiñe fronte a sie para capturar o seu inimigo se desvíe;pero ao camiñar non torcerá a súa marchanin volverá atrás sobre os seus pasos. (...)

Abraham Ibn Ezra (séc. XII)

No trono da Fortuna

sentábame nobremente,

con prosperidade

e flores coroado;

Moito brillei,

feliz e afortunado,

pero agora caín

de súpeto do cume

privado da gloria (…)

Carmina Burana (séc. XII-XIII)

Oh, Fortuna,que cambias como a lúa,sempre crecendo ou devalando;Vida detestable!Un día, cun xogo,entristeces a mirada, e outro díaénchela de satisfacción.A pobreza e o poderderrétense coma o xeoperante a túa presenza.(...)

Sedia-m' eu na ermida de San Simióne cercaron-mi as ondas que grandes son.Eu atendend' o meu amigo!Eu atendend' o meu amigo! Estando na ermida, ant' o altar,cercaron-mi as ondas grandes do mar.Eu atendend' o meu amigo!Eu atendend' o meu amigo! E cercaron-mi as ondas que grandes son:non ei i barqueiro nen remador.Eu atendend' o meu amigo!Eu atendend' o meu amigo! 

E cercaron-mi as ondas do alto mar:non ei i barqueiro nen sei remar.Eu atendend' o meu amigo!Eu atendend' o meu amigo! Non ei i barqueiro nen remador:morrerei fremosa no mar maior.Eu atendend' o meu amigo!Eu atendend' o meu amigo! Non ei i barqueiro nen sei remar:morrerei fremosa no alto mar:Eu atendend' o meu amigo!Eu atendend' o meu amigo!

Meendinho

Meendinho

A dona que eu am' e tenho por senhoramostrade-mha, Deus, se vos en prazer for,se non dade-mha morte. A que tenh' eu por lume d' estes olhos meuse por que choran sempr', amostrade-mha, Deus,se non dade-mh-a morte. Essa que vós fezestes melhor parecerde quantas sey, ay, Deus!, fazede-mh-a veer,se non dade-mha morte.

Bernal de Bonaval

Senhor genta,mi tormentavoss' amor em guisa tal,que tormentaque eu sentaoutra non m' é ben nen mal,mais la vossa m' é mortal!

Leonoreta,fin roseta,bela sobre toda fror,fin roseta,non me metaen tal coita voss' amor!

Das que vejonon desejooutra senhor se vós non, e desejotan sobejomataria ũu leom,senhor do meu coraçon!

Leonoreta,fin roseta,bela sobre toda fror,fin roseta,non me metaen tal coita voss' amor!

Mha venturaen loucurame meteu de vos amar.É loucuraque me duraque me non posso én quitar.Ai fremusura sem par!

Leonoreta,fin roseta,bela sobre toda fror,fin roseta,non me metaen tal coita voss' amor!

Johan Lobeira

Foi un día Lopo jograra cas dun infançon cantare mandou-lhe ele por don dartres couces na garganta;e fui-lle escasso, a meu cuidar,segundo como el canta. Escasso foi o infançónen seus couces partir en donca non deu a Lopo entónmáis de tres na garganta;e máis merece o jograrónsegundo como el canta

Martin Soarez

OUTROS XÉNEROS:

-TENZÓN

- PRANTO

- CANTIGAS DE SANTA MARÍA

Quen á Virxe ben servirá

a Paraíso irá.

E sobre isto un gran milagre quérovos eu agora contar,

que fixo Santa María por un monxe, que lle ía rogar

sempre para que lle mostrase qué bens no Paraíso haberá

E pedirlle poder velo na súa vida, antes de morrer.

E por iso mirade o que a Gloriosa lle foi facer:

fíxoo entrar nunha horta en que moitas veces xa

Entrara; pero aquel día fixo que unha fonte achase

moi clara e fermosa, e que a carón dela sentase.

E despois de que lavou as mans, dixo: “Ai, Virxe, cándo será

Que verei do Paraíso, como eu tanto che pedín,

un pouco da súa delicia antes de que saia de aquí,

e que saiba, para o que ben obra, qué galardón haberá.

Tan pronto como acabou o monxe a súa oración

oíu un paxariño cantar en tan bo son,

que se esqueceu, estando e mirando sempre alá.

Tan gran gusto tiña daquel canto e daquel lais,

que trescentos anos longos estivo así, ou máis,

pensando que non estivera máis ca un pouco, como está

Calquera monxe algunha vez ao ano, cando sae ao xardín.

Despois marchou de alí a aveciña, e moita mágoa lle causou

e dixo: “Eu teño que marchar de aquí que xa comer quererán

No convento”. E axiña marchou, e achou un gran portal

Que nunca vira, e dixo: “Ai, Santa María, venme axudar!

Non é este o meu mosteiro, así que, comigo, que pasará?

Despois entrou na igrexa, e tiveron gran pavor

os monxes cando o viron, e preguntoulle o prior,

dicindo: “Amigo, vós quen sodes e que vuscades acá?

Dixo el: “Busco o meu abade, que agora aquí deixei,

E o prior dos frades, de quen agora me apartei

Cando fun a aquela horta: onde están, quen mo dirá?

Cando isto oíu o abade, tivoo por louco,

e tamén os outros do convento; pero dende que ben soubo

Como fora este feito, dixeron: “Quen oirá

/nunca tal marabilla como Deus por este foi facer

Por mor do rogo da súa Nai?, Virxe santa de gran prez!

Entrara; pero aquel día fixo que unha fonte achase

moi clara e fermosa, e que a carón dela sentase.

E despois de que lavou as mans, dixo: “Ai, Virxe, cándo será

top related