oficios tradicionais galegos. alba fernández lópez

Post on 11-Jul-2015

1.004 Views

Category:

Education

2 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Telleiros

Os telleiros cocían os ladrillos e as tellas nos seus fornos. A materia prima que usan é o barro. As ferramentas e materiais que utilizan os telleiros no seu traballo son: o gribo, gradilla, madeira, rodo, pintura e o banco. O telleiro tamén usa terra vexetal, que estende no banco para que non se pegue o barro. O equipo de telleiro está composto por: pieiro,que é o que amasa o barro; carretilleiro, fai o servizo; oficial, corta as tellas; e o tendedor que é o que pon as tellas no chan a secar.

Alfareiros Os alfareiros facían olas, pratos e

cántaros necesarios na vida cotiá. Por algunhas partes de Galicia aos alfareiros chámanlle “oleiros” e “cacharreiros” e pola nosa zona reciben o nome de “cazoleiros” que son os que fan precisamente as cazolas e outras vasillas ou recipientes, mentres que os outros traballadores do barro son os que facían e fan tellas e ladrillos que recibían o nome de “telleiros” ou “cavaqueiros”.

Cesteiros

Os cesteiros facían ou fabricaban cestas para transportar os podutos do campo: como por exemplo o pan e outros alimentos. Tamén os tiñan as veces para a decoración de casas. Usaban un tipo de herba especial moi forte para que os cesto non romperan.

Teceláns

Os teceláns facían os vestidos cando aínda non había fábricas téxtiles. Usaban tecidos especiais para a súa fabricación.

Ferreiros e Ferradores

Os ferreiros fabricaban as ferramentas para o campo como o arado, mentres que os ferradores estaban especializados en ferraduras para os cabalos. Os ferradores necesitaban moito fogo para a fabricación de ferraduras...

Carpinteiros

O oficio de carpinteiro consiste en fabricar as estructuras das casas, os mobles a os barcos. Algunhas ferramentas para os carpinteiros son: a serra, martelo, taladro, lixa, lapis, rebaixadora, serra caladora, serra circular...

Canteiros

Era un dos oficios máis prestixiosos. Traballaban o granito da nosa terra para facer desde muíños ata espléndidas catedrais. Os canteiros galegos tiñan sona en toda España e mesmo en Europa. Chegaron a ter privilexios reais e ata posuían a súa propia linguaxe, que só entendían entre eles.

Zoqueiros

Os zoqueiros facían zocos e zocas, imprescindibles para poder camiñar polos camiños cubertos de lama, para ir coas vacas, para ir pola auga...

Fragueiros e Rodeiros

Os fragueiros eran os homes que facían os carros de madeira ou ferro, e os rodeiros eran xente que fabricaba as rodas para os carros.

Palilleiras

As palilleiras eran as mulleres que facían os encaixes cos palillos, tamén as palilleiras fan puntilla de bolillos.

Chocolateiros

O chocolateiro é a persona que ten por oficio a fabricación ou venta de productos elaborados a base de chocolate. Entre os productos que vende o chocolateiro encontranse: tabletas, bombóns, ovos e outras figuras, así como chocolate en po e chocolate líquido...

top related