o trino do paxaro
Post on 28-Mar-2016
228 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
OOOOOOOO TTTTTTTTRRRRRRRRIIIIIIIINNNNNNNNOOOOOOOO DDDDDDDDOOOOOOOO PPPPPPPPAAAAAAAAXXXXXXXXAAAAAAAARRRRRRRROOOOOOOO Ángel
XXAANN No primeiro andar daquela casa vivía Xan. Xan levaba
moito tempo sen levantarse da cama a causa dunha grave enfermidade. “Séculos deitado” , dicía el.
Todalas mañas espertábase co canto dun paxaro que
non podía ver. Era un canto triste ou así lle parecía. Semelláballe morriñento, tristeiro, deprimido…Coma se o animaliño, a pesares de non estar suxeito a unha cama coma el, tampouco fora completamente feliz.
Día tras día, Xan deixaba caer unha bágoa escoitando
o trino do paxaro.
HHEENNRRIIQQUUEE
Henrique vivía na segunda planta do edificio.
Henrique era un home feliz. Feliz porque estaba namorado… feliz porque axiña íase casar. Henrique almorzaba cos alegres trinos do que el cría unha ave do paraíso. Cantares que lle achegaban mensaxes de amor da súa amada. Cantares de ledicia, sinfonías de amor.
“Paxariño amigo -dicía- move as túas ás e leva un bico de amor a miña amada. Voa libre paxariño e obsequialle co teu canto” .
MMAARRTTIIÑÑOO No terceiro piso estaba Martiño e dicía que “estaba”
porque máis que vivir, malvivía. Martiño atopábase no paro. A crise levárao á bebida e, a bebida, a perder a súa familia. Martiño non estaba triste, sinxelamente “non estaba”, nin quería estar. É posible que se escoitase o trino dun paxaro pola mañá pero, Martiño non o quería escoitar.
No ático do edificio, un picacardos dentro da súa
cadea, berraba enfadado ao sol da mañá para que se derretiran os seus barrotes e así, poder acadar a liberdade .
Ángel
top related