o soño de xiana

Post on 02-Aug-2015

569 Views

Category:

Documents

4 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

O SOÑO DE XIANA

Xiana ben sabía que as nenas e nenos do Fogar Infantil daquelapequena vila de Ucraína, podían axudarlle a ser moi feliz.

Por iso cada noite, cando se agochaba entre as sabas, soñaba cunha fantástica viaxe a ese lonxano país.

Unha daquelas noites, mentres durmía, apareceulle no soño unha nena que lle prometeu acompañala na súa aventura.

Entre as dúas cavilaron un montón de cousas e divertíronse artellando un fantástico plan…

Primeiro decidiron encher un bolso cos seus xoguetes preferidos para despois levárllelos a aquelas nenas e nenos.

Días máis tarde, organizaron o sorteo dunha cesta para conseguir cartos cos que mercarlles cousas en Ucraína.

Axiña chegou o día esperado: coche, avión, máis coche… Dezasete horas ata chegar a Kiev, capital de Ucraína!

Descansadas e despois de almorzar, dispuxéronse a visitar lugares emblemáticos desa bonita cidade.

O intenso frío non impediu que seguiran adiante co seu plan. No banco cambiaron euros por grivnas para así poder mercar.

No supermercado encheron unha ducia de carros con bolsas de pañais, deterxente e alimentos de todo tipo.

Cando tiveron o coche ben cargado, dispuxéronse a percorrer a longa distancia que as separaba do orfanato de Vorzel´

E así chegaron alá, felices e dispostas a compartir os seus xoguetes e regalarlles pañais, deterxente e comida.

Non cabe dúbida de que, tanto unha como a outra, viviron momentos de moita felicidade.

Tamén os neniños e neniñas de Ucraína se sentían felices e agradecidos coa visita e os agasallos das nenas.

Contentísimas, agradecidas e satisfeitas, emprenderon viaxe de volta dispostas a seguir soñando novas aventuras.

Ata sempre!!!

Sabela Núñez Singala Abril, 2013

top related