o solo alicia-a

Post on 13-Jan-2015

69 Views

Category:

Education

8 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Introducción

O solo é a capa máis superficial da codia terrestre. Está bioloxicamente

activo e o seu grosor é variable, e as veces, falta. É o resultado da meteorización das rochas e da acción dos seres vivos. Nel prodúcense numerosos procesos químicos, físicos e biolóxicos que dan lugar aos diferentes solos que existen na Terra. Pode dicirse que as etapas implicadas na súa formación son:

• Disgregación mecánica das rochas.

• Meteorización química dos materiais regolíticos, liberados.

• Instalación dos seres vivos (vexetais, microorganismos etc.) Esta é a fase máis significativa, xa que cos seus procesos vitais e metabólicos, continúan a meteorización dos minerais, iniciada por mecanismos inorgánicos. Ademais, os restos vexetais e animais a través da fermentación e a putrefacción enriquecen o solo.

• Mestura de todos estes elementos entre si, e con auga e aire intersticiais.

Compoñentes do solo

O solo está formado por compoñentes orgánicos e inorgánicos: Compoñentes orgánicos. Son os seres vivos que habitan no solo (bacterias,fungos,animais anélidos ou artrópodos …) e cando morren os seus restos forman o humus. Este favorece o desarrollo das raíces ,aumenta a fertilidade etc. Compoñentes inorgánicos. Poden ser sólidos, líquidos ou gasosos. Os compoñentes sólidos son os fragmentos de rochas e minerais procedentes da meteorización (gravas,areas,arxilas …). Os líquidos, a auga de infiltración, máis ou menos cargada de sales en disolución. Os gasosos corresponden ó aire atrapado nos poros do compoñente sólido.

Etapas na formación do perfil dun solo maduro

1. Meteorización da rocha nai. As rochas nais da codia sofren unha meteorización tanto química como mecánica e consecuentemente altérase. Deste proceso obtéñense compoñentes minerais do solo (gravas, areas, arxilas,etc) que constitúen a base mineral. Desta maneira formase unha capa profunda de minerais soltos: Horizonte C.

2. Instalación dos seres vivos. Sobre a base mineral instálanse os organismos e liberan substancias que seguen alterando o solo.A acumulación de seres incrementa a cantidade de humus e formase así a capa máis superficial: Horizonte A

3. Formación so solo maduro. A infiltración da auga fai que tamén se infiltren diversas substancias que se acumulan a unha profundidade intermedia, formando o Horizonte B.

O solo como recurso

O solo é un recurso natural que se emprega para producir alimentos,soporte de edificios, etc.

A degradación do solo é o proceso polo cal se diminúe a capacidade deste para producir bens e servizos.Os principais procesos de degradacións son:

A degradación química.Debido a salinización, contaminación,perda de nutrientes ou a acidificación o solo perde fertilidade.

A degradación física. Sucede debido a perda de estrutura,o aumento da densidade aparente ou diminución da permeabilidade.

A degradación biolóxica. Dáse cando diminúe o humus pola eliminación de organismos humidificadores.

A erosión do solo. Pode ser debido a chuvias torrenciais, ríos, glaciares... (erosión hídrica); debido ao vento (erosión eólica) ou pola acción do ser humano.

Problemas derivados da perda do solo

A perda do solo pode ter consecuencias como:

Perdas de auga. Ao diminuír a capacidade de retención das augas vai haber moitos desprendementos e inundacións.

Perdas de enerxía. Coa perda de auga che moita menos cantidade de auga aos encoros diminuíndo así a produtividade eléctrica.

Perdas de solo cultivable. Si se perde solo pérdese un territorio sobre o que plantar alimentos e cultivalos, diminuíndo así a produción agrícola.

Perdas de ecosistemas litorais. Isto débese a acumulación de sedimentos.

A desertificación. Prodúcese porque os humanos non usan o solo como deben, explotándoo ata deixalo convertido en unha zona desértica ou semidesértica.

top related