o río umia
Post on 16-Apr-2017
351 Views
Preview:
TRANSCRIPT
O río Umia
O Umia é un río pequeno de lonxitude pero enorme de variedade e de vida. Foi, e segue a ser, o construtor e o mantedor da paisaxe dos lugares polos que pasa. Fórmase coa auga que se xunta nos lameiros da Reigosa e medra coas achegas de outros moitos regos e regueiros. Mesmo desde o seu nacemento sángrase e atráncase para regar prados e mover muíños. Ao longo do seu curso utilízase para abastecer de auga a toda a comarca e na súa desembocadura deposita a súa riqueza no esteiro e nos areais do Serrido.
Castrove
Acibal
Lobeira
Xiabre
Suapica
Montes dos Cregos
CabalarXesteira
A CUNCA
Lonxitude: 70 kmSuperficie da cunca: 440,4 km2
LONXITUDE 70 km
SUPERFICIE DA CUNCA 440,4 km2
PENDENTE MEDIA 0,91%
CAUDAL absoluto: 8,9 m3/s
relativo: 30,8 l s/km2
AFLUENTES Pola dereita Brañas, Porto, Gallo, A Cova, Os Cabaleiros, Bermaña, Follente, Cardín, O Cerquido, Landoira, O Muíño...
Pola esquerda Segón, Grela, Fervenza, Toxeira, Os Tornos, Laceira, Sequeiros, Grixo, Senande, Chaín, Cañón, Rego da Armenteira...
A cunca do Umia está dominada por dous grandes tipos de rochas: as graníticas e as metamórficas. As graníticas dominan en case toda a cunca e en termos xerais son dous tipos de pedras de gran: as de dúas micas na parte oriental e central e a pedra de gran biotítica da parte baixa da cunca, cunha facilidade de alteración que deu orixe ao amplo e chan val do Salnés.Na parte superior e media da cunca hai longas bandas de xistos micáceos e cuarcíticos que rachan a continuidade do batolito e van dar orixe a novas formas de relevo.
CARACTERÍSTICAS MORFOLÓXICAS
Terrazas fluviais.
Rochas graníticas da zona de A Goleta.
PERFIL
Aparecen dous grandes tramos separados pola ruptura da pendente entre os dous tipos de pedra de gran da parroquia de Cesar, que entre os 80 e 40 m acada unha pendente do 8% salvada pola fervenza de Segade. Ata este punto o río baixa distintos tramos cunha pendente media de 1,5%. No segundo tramo, desde Caldas ao mar, o perfil e o curso fanse paseniños, cun 0,12 de pendente.
O PERCORRIDO NACEMENTOA ReigosaGraña de Umia
Codeseda
A Goleta
Moraña
Segade
Caldas
Baión
Ribadumia
CambadosDESEMBOCADURA
Lameiros da
Reigosa
A Reigosa
Graña de Umia
A Torre
Ribela
Abragán
Noder
A Goleta
Moraña
Fervenza de Segade. En Caldas o río baixa en 2 km dos 100 aos 40 m.
Caldas
Portas
Baión
Baión
Paradela
Pontearnelas
Pontearnelas
Cabanelas
O Salnés
Cambados
O esteiro do Umia en Cambados
marea alta
marea baixa
Un día de mareas vivas no esteiro do Umia.
O Umia no Serrido
OS AFLUENTES
Río Segón en Quintillán.
Rego da Fervenza S.André de Vea (A Estrada).
Río da Toxeiraun afluente do Umia, nas proximidades de Montillón (A Estrada) que baixa dos montes dos Cregos formando varios rápidos e pequenos saltos.
GALLO Nace no Outeiro de Sixto, a 640 m de altitude, circula pola fractura N NO/S SO e drena toda a depresión de Cuntis ata chegar ao Umia, despois dun percorrido de 13 km.
No río de Porto Salto ou da Portela afluente do Gallo. Encáixase na zona que rodea Castro Landín e forma varios saltos e pozas en granitos. O máis grande ten uns 7 m de altura.
Freixa do Pazo. As Campaíñas. No rego do Pazo ou de Pumar, que mais abaixo se une ao da Portela, un afluente do Gallo. Forma varias caídas entre rochas graníticas. Na parte de arriba ten un tobogán con pozas (As Campaíñas)
BERMAÑA Nace en Outeiro do Corvo (aba sur do Xesteiras) a 300 m de altitude e percorre 11 km ata Caldas de Reis.
CHAÍN Está formado por varias cabeceiras como as do Castañeira que baixan do Alcibal, as do Agra e o Lourido. Desemboca no Umia despois dun percorrido de 16 km (desde as cabeceiras do Agra).
Freixa das Laxes. En San Pedro de Rebón (Moraña). No río Cornide ou das Laxes, afluente do Agra ou Barosa que vai ao Chaín. Varios saltos en rochas graníticas nun lugar acondicionado que conserva varios muíños.
Rio Barosa.O Agra baixa desde Amil (Moraña) e salva desniveis na zona de Barro de ata un 10% con varias fervenzas.
Agra ou Barosa
Río Barosa. Barro
CAÑÓN Baixa desde o Castrove e desemboca no Umia en Paradela (Meis).Em Arcos hai unha área recreativa.
Fervenzas no Cañón, en Arcos.
REGO DA ARMENTEIRA Recolle as augas da ladeira norte do monte Castrove e xúntase co Umia en Barrantes (Ribadumia). Forma varias fervenzas pequenas e zonas de rápidos en rochas graníticas. Unha ruta acondicionada permite percorrer o río ata Armenteira.
Rego da Armenteira
Rego de San Salvador, afluente do rego da Armenteira.
OS ECOSISTEMAS
O MEDIO ACUÁTICO
troitas
ALGAS
verdellobochos
bocho
lentellas de auga
Lirios, espadainas
Callytriche
PLANTAS
pé de boi
espiga de auga
Poligonum
MOLUSCOS
Caracol de río Mexillón de río
INSECTOS
libeliñaLarva de plecoptero
Larvas de frigáneas Zapateiro
PEIXES
troita
salmón
espiñento
salmón
troita
ANFIBIOS
Saramaganta galega
ra verde
ra vermella
estroza
RÉPTIS
cobra sapeira
AVES Merlo rieiro
Picapeixes
Picaxuncos
rascón
Garza
Lavandeira verdeal
lavancos
Lontra
MAMÍFEROS
CADEA ALIMENTICIA DO RÍO
O BOSQUE DE RIBEIRA
Amieira
Salgueiro
FreixoSabugueiro
Bidueiros
Lúpulo
Herba salgueira
Hedra
Fentos
herba salgueira
chantaxe de auga
O ESTEIRO
O ESTEIRO DO UMIA é unha zona húmida de importancia internacional protexida como ZEPA, humidal RAMSAR e LIC.
Xuncos
garzota
gabitas
mazarico
garzota
garzota
gabitas
USOS DO RÍO
Muíños
Segón
Barosa
Abragán
Aproveitamento hidroeléctrico
Segade
Codeseda
Abastecemento de auga
O Río Umia abastece de auga potable as poboacións que se atopan nas súas marxes e a concellos veciños (Vilagarcía, Vilanova, Illa de Arousa, O Grove, Sanxenxo, Meaño). Para garantir as condicións sanitarias a auga do río sométese a un proceso de depuración.
Rego
Navegación
Lavadoiro
Lecer
PONTES
Caldas Caldas
ParadolaAbragán
Rego da Armenteira
Rego da Armenteira
As Aceñas. Baión.
Pontearnelas
AGRESIÓNS
Da boa saúde do río todos somos
responsables
Montaxe: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Sixpac.DEBUXOS: Mon Daporta
top related