o noso refraneiro

Post on 03-Aug-2015

463 Views

Category:

Business

4 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

(1º ESO A)

O sol de Xaneiro non ten compañeiro.Polo San Vicente, perde o inverno un dente. Amor o primeiro e a lúa, a de Xaneiro.A auga no mes de Xaneiro, mata ao usureiro.Ano de xeadas, ano de fornadas.

Febreiro camiseiro, nin boa meda nin bo palleiro.Febreiro, xeada na leira e cachopo na lareira.Cando non chove en febreiro, non bo prado nin bo centeo.Febreiriño do rabo retorto, cos teus días vinte e oito,se tiveses máis catro, non quedaba can nin gato, nin raposo no burato.

Marzo ventoso e abril chuvioso, fan a maio florido e fermoso.Se Marzo acabou e o cuco non chegou, algo ao cuco lle pasou.Cando Marzo maiea, o maio marcea.Marzo, marzal, pola mañá cara de rosa, pola tarde, cara de can.

En Abril augas mil, se non é ao comezo, é no medio ou a fin.O Abril e o maio son as chaves de todo o ano.Polo San Marcos, o millo nin nacido nin no saco.Abril frío e mollado, enche o celeiro e farta o gando.Cando Abril recacha, aínda a vella queima a racha.Abrís e cabaleiros, son ás veces traizoeiros.

En Maio a vella queima o tallo, pero unha miguiña que quedou, para San Xoán a deixou.

Maio hortelán, dá moita folla e pouco pan.

Cando en Maio hai lama, aínda algo se gana.

Auga de San Xoán, a mexada dun can.

En San Xoán, aínda veñen días de gardar la.

Pola Peregrina, deixa a sacha e colle a fouciña.

Chuvia no Agosto, nin bo magosto, nin bo entrecosto.

A castaña no Agosto quere beber, e no setembro comer.

A chuvia no Agosto, non é chuvia que é mel e mosto.

Se queres ter mel, castra a colmea polo San Miguel.

Migueliño das uvas maduras, que tarde vés e que pouco duras.

En Setembro ou secan as fontes ou leva as pontes.

Polo Pilar, os nabos na terra e o viño envasar.

A lúa de Outubro sete lúas cobre, e se chove, cobre nove.

Por Santos, xa neve nos altos, polo Santo Andrés neve nos pés.

Se queres ter allo fino, planta polo San Martiño.

Se a noite de Nadal foi de luar, labra ben para sementar.

Se a noite de Nadal for de escuro, sementa o terrón duro.

Pola Santa Lucía, tan longa é a noite como o día.

As castañas no Nadal, saben ben pero pártense mal.

top related