o globo de mon

Post on 22-Jun-2015

215 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Adaptación de Cuca da Silva. Cuento de Mon Daporta

TRANSCRIPT

A incrible aventura do coello Jarsía, intrépido globonauta, tamén coñecido como a Xoia de San Tomé

Correu atrás del pero o globo subía e subía tan lixeiro que nada puido facer para recuperalo.

Pero case non lle dou tempo a poñerse triste. Mirou a moeda que atopara e foi correndo mercar outro .............. E máis grande!!!

Volveu de novo ao seu paseo, e de novo a ter sorte! Xa que un pouco máis alá atopou, xustiño diante dos pés, unha cenoria..

Pero esta vez tomou as precaucións necesarias e, antes de agacharse a collela, atou o globo ao rabo

De súpeto, un refacho de vento empurrou con tal forza, que levou consigo ao globo e ao coello que estaba amarrado a el.

O vento non parou e levou ó globo e ó coello ata os montes que se vían alá ó lonxe dende a súa casa.

É máis alá dos montes....

É máis lonxe.....

... Levouno tan lonxe que atravesou, cheo de medo, o país, o Mar Mediterráneo, Italia, Grecia, Rusia, os Países Nórdicos, outro mar, Inglaterra e Francia....

... onde por sorte para el, quedou enganchado na Torre Eiffel de París.

En París traballou de gaiteiro, de albanel, de electricista...

Ata que xuntou os cartos suficientes para mercar un billete de tren (Non quixo volver en avión porque xa viaxara abondo polo aire, ainda ó seu pesar), e volveu á casa.

A súa aventura foi recollida por todos os periódicos, case todas as revistas, e a televisión.

... E aínda hoxe, que xa leva lentes porque non ve ben, ten un “sonotone” porque oe fatal, e anda con bastón porque as pernas non lle responden tan ben como quixera ....

Segue a contar, día sí e día tamén, que...

Dunha volta, cando aínda era novo, cun globo de cor verde atado no rabo...

Percorreu case todos os países de Europa ata que ó pasar por Francia quedou enganchado na Torre Eiffel de París.

E que alí traballou de camareiro, de músico e de pintor....

Ata que xuntou cartos para pagar un billete de tren (Pois estaba canso de tanto voar) co que volveu á casa.

E foi recoñecido, e saeu nos periódicos, nas revistas e na televisión....

E aínda agora que xa vai vello, leva lentes porque non ve ben e ten un audífono porque oe fatal, e camiño coa axuda din bastón porque as pernas non lle responden como deberan... Conta, un día sí e

outro tamén, que...

Que hai moito tempo, cando aínda era novo, cun globo de tres cores e forma de estrela...

Percorreu un montón de países ata quedar enganchado na torre Eiffel, en París.

E alí, en París, traballou de mecánico, paiaso, de vendedor...

Para mercar un billete de tren (non lle gustaba viaxar polo aire) e volveú á casa convertido en famoso.

E saeu nos xornais, nas revistas e na televisión.

E aínda hoxe que xa vai bastante vello, leva lentes porque non ve ben e ten un sonotone porque oe fatal, e camiño coa axuda din bastón porque as pernas non lle responden como a el lle gustaría...

Segue a contar, un día sí e outro tamén, que...

top related