o druida e a sabia

Post on 11-Jul-2015

416 Views

Category:

Self Improvement

2 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

OS NEN@S CONTAN UN CONTO…O DRUIDA E A SABIA

Fai moito tempo cando a maxia todavía existía libremente por cada rincón do planeta, vivía unha sabia venerada por todos.

Tiña a habilidade de coñecer o destino de cada persoa, de cada animal, de cada ser vivinte. A sabia nacera no mar e vivía en harmonía cos espíritos do bosque.

Todos aqueles que ían na súa busca nunca regresaban ou atopaban un destino fatal.

No Castro do noso relato vivía un druída moi especial pois facía medrar as plantas cos seus poderes.

Pero aconteceu que un día estaba realizando un feitizo para dar vida a unha planta e algo salíu mal.

A planta volveuse agresiva e matou ao seu axudante.

Despois disto pensaba que perdera os seus poderes e que estaba maldito…

Moi disgustado decidíu ir na busca da Sabia e adentrouse no bosque nunha noite fría sin máis abrigo que o da súa túnica.

Pasou a noite ao pé dun cereixo e ao despertar as árbores non eran as mesmas. Eran sauces.

Entón dóuse conta de por que a xente non atopaba nunca o camiño a sabia.

Cando se fixo noite de novo, falou ca súa linguaxe máxica as árbores e díxolles:

- Xa que queredes ser sauces así sea eu fareivos compañía.

Pola mañán as árbores, agradecidas polas súas palabras e a súa actitude, mostrábanlle o camiño correcto hacia a sabia coas súas ramas.

Deste xeito internouse no profundo do bosque sempre guiado polas árbores.

Ata que atopou a unha doncela que bailaba e cantaba mentras lle decía:

- Sei a que ves. Busca un sauce dourado e obterás respostas. Pero coidado os sauces non son simples árbores xa que eles foron os que te trouxeron a mín.

O Druida sentouse debaixo dun sauce a pensar nas súas palabras e escoitou:

“SE AO SAUCE DOURADO QUERES CHEGAR UN RECORDO TERÁS QUE DAR”

E recordou que cando era un rapaz estaba moi feliz.

De inmediato apareceu un sauce dourado e a sabia que lle dixo:

-“A FELICIDADE ATÓPASE NAS COUSAS MÁIS PEQUENAS, INCLUSO NOS RECORDOS”.

- “ SUBE A MONTAÑA E NO ALTO ESTAREI ESPERANDO”

E así foi como o noso druída se puso en camiño a cima da montaña…

Só que polo camiño atopou aos esquíos e entretívose un rato falando con eles coa súa linguaxe máxica.

E cando colleu unhas amoras, porque tiña moita fame, compartíunas cos paxaros que vivían naqueles sauces.

Por fín chegou a cima e a sabia díxolle o seu destino:

-“A FELICIDADE ATÓPASE NAS COUSAS PEQUENAS E QUE PODEN PASAR DESAPERCIBIDAS. O TEU DESTINO É O MELLOR DESTINO QUE CALQUERA PODE DESEXAR”.

“NO TEU CAMIÑO HACIA AQUÍ FIXECHES FELICES AS ÁRBORES E AOS ANIMAIS COA TÚA COMPAÑÍA”

Ese é o teu destino:

- “FACER FELIZ A XENTE” E ASÍ ESTÁ DITO. POIS EU SON A SABIA NACIDA NO MAR E QUE VIVE AQUÍ ESPERANDO A QUE A XENTE COMA TI ME ATOPE E AXUDE A TRANSMITIR FELICIDADE AOS DEMÁIS.

E así foi como o druida regresou ao seu castro coa frente moi alta. As súas dúbidas foron resoltas e coñecía,por fin, o seu destino.

E ti que les este conto intenta tamén sembrar felicidade aló por donde vas.

Lembra sempre a maxia.

Lembra sempre as palabras da Sabia.

top related