o carnaval animais g

Post on 27-Mar-2016

250 Views

Category:

Documents

2 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

O carnaval dos animais. Galego. Kalandraka. Libro-disco.

TRANSCRIPT

Música interpretada porAcademy of London

Texto deJosé Antonio Abad Varela

Ilustracións deJoão Vaz de Carvalho

O CARNAVALDOSANIMAIS

Camille Saint-Saëns

2

9Aquel era un día moi especial.

Baixo un sol espléndido e un aire suave,

ultimábanse os detalles para a celebración

do aniversario do León, o rei dos animais.

Moi de mañanciña, unha enorme bandada

levara ata os lugares máis afastados, a invitación do León,

na que convidaba a todos os animais a unha gran festa

para celebrar o seu aniversario.

INTRODUCIÓN

1. [00'00'' - 00'30'']

5

Os primeiros en chegar foron os grandes felinos:

leóns, tigres, leopardos e panteras formaban un espectacular desfile

e xunto a outros moitos animais, grandes e pequenos,

foron situándose na gran chaira.

De súpeto, soaron unhas chamadas de advertencia

que acalaron o murmurio das conversas.

Anunciaban a entrada do León que, abaneando a cabeza dun lado a outro,

saudaba os presentes con potentes ruxidos.

MARCHA REAL DO LEÓN

2. [00'00'' - 01'25'']

6

Unha vez que o rei se sentou nun lugar preferente,

empezou a recibir as felicitacións de todos.

Fronte a el, un a un, fóronse presentando os invitados.

En primeira fila estaban as barulleiras galiñas,

que cacarexaban sen parar, mais o galo fíxoas calar

dando un golpe no chan.

GALIÑAS E GALOS

3. [00'00'' - 00'42'']

Naceu en París en 1835. Aos once anos xa destacou dando o seu primeiro concerto de piano

na Salle Pleyel. Foi organista titular da Igrexa da Madeleine. Os músicos Berlioz e Liszt

viron axiña nel un dos máis importantes músicos da época. Moi pronto creou

unha «escola» de música francesa na que participaron intérpretes como Gabriel Fauré

e André Messager.

Camille Saint-Saëns abordou todos os xéneros musicais, tanto profanos coma relixiosos.

Numerosas obras de música de cámara, composicións corais e música sinfónica compoñen

o corpo das súas obras. A máis emblemática delas é Sansón e Dalila, interpretada

por todos os escenarios do mundo.

Saint-Saëns interesouse pola cultura do seu tempo. A pintura, a filosofía, a arqueoloxía

e outras moitas ciencias foron obxecto da súa inesgotable curiosidade.

O carnaval dos animais, Gran fantasía zoolóxica, é unha humorística composición musical

na que Saint-Saëns, a modo de parodia, toma «prestados» fragmentos musicais

doutros compositores e os coloca nun contexto distinto do orixinal. A obra consta

de catorce pezas breves das cales trece están dedicadas a diversos animais.

O compositor escribiu esta obra para o Martes do Carnaval Parisino, donde se estrenou

o 9 de marzo de 1886.

Saint-Saëns nunca foi partidario de que esta fantasía zoolóxica chegase a ser coñecida

polo público en xeral pois para el era simplemente unha broma musical, mais

O carnaval dos animais é a obra que probablemente o fixo máis popular no mundo enteiro.

ACADEMY OF LONDON

fA Academy of London está considerada como unha das grandes orquestras

do Reino Unido. Dela forman parte algúns dos mellores instrumentistas

de Europa. A orquestra destaca porque combina con excelencia

estas tres calidades: virtuosismo, calidez e riqueza.

Actualmente está dirixida polo vienés Richard Stamp.

A Academy of London dispón dun amplo e variado repertorio

que vai desde o Barroco ata os nosos días. A súa reputación mellorou

grazas ás gravacións para EMI Virgin Classics e ASV que mereceron

a aclamación e o amplo beneplácito da crítica mundial.

Na súa tempada en Londres, a orquestra foi un asiduo visitante

do Centro Barbican, o Queen Elizabeth Hall e Smith de San Juan Square,

tocando cunha gran formación de solistas internacionais.

A finais de 1980 a Academy of London xa tiña prestixio

fóra do Reino Unido grazas aos seus numerosos concertos en Alemaña,

Holanda, Francia e outros países europeos. No outono de 1994

foi a primeira orquestra de cámara británica que actuou

na República Popular da China, invitada oficialmente polo goberno

dese país.

JOSÉ ANTONIO ABAD

fJOÃO VAZ DE CARVALHO

fNaceu na Coruña. É psicólogo e pedagogo.

Realizou os seus estudos en Italia, Irlanda e a Universidade

de Sevilla. Especialista en psicoloxía infantil.

Escribiu varios contos como:

Timoteo, el amigo fiel, El temido lobo,

O oso fabuloso, Hércules e Crunia,

Giuliano, el niño del clarinete, El abuelo Saxo,

Con ojos de Cigüeña, As catro estacións, etc.

Durante máis de dez anos foi director e psicólogo

do Centro de Educación Infantil Pino Montano

de Sevilla. Máis tarde, trasladouse a Galicia

onde desempeñou o posto de xefe do Departamento

de Divulgación da Música na Orquestra Sinfónica de

Galicia e levou a cabo o Programa Educativo Municipal

«Descubrir a Música» do Concello da Coruña.

Tamén foi organizador dos «Domingos con Música»

no MACUF, e concertos didácticos para as familias

en varias cidades españolas.

Actualmente goza da súa xubilación escribindo

«contos con música» para nenos e mozos.

João Vaz de Carvalho naceu en Fundão (Portugal).

A principios dos anos oitenta comeza a traballar

en deseño, pintura e cerámica nos obradoiros

do mestre Vasco Berardo, en Coímbra.

Actualmente vive en Lisboa e dedícase á pintura e á ilustración.

Expón o seu traballo en numerosas galerías e participa

en diversos proxectos e mostras de arte contemporánea.

Como ilustrador ten publicado en diferentes editoras

de Portugal, España, Francia, Reino Unido e Brasil.

Entre os premios que recibiu destacan:

1º Premio Ilustrarte 2005, Bienal Internacional de Ilustração

para a Infancia; The 45rd Golden Pen of Belgrade Award 2009,

Serbia; 1º Premio da Crítica do Calendario Duemila 2011, Italia;

1º Premio World Press Cartoon 2011, Portugal;

Award of Excellence da revista Communication Arts 2012, USA.

Ilustrou para Kalandraka Pes de lá e 28 historias para rir.

ef

ef

© do texto: José Antonio Abad Varela, 2013

© das ilustracións: João Vaz de Carvalho, 2013

© 2013 (Kalandraka Editora / Publicado en España baixo Licenza de EMI MUSIC SPAIN, S.L./Virgin Classics ©)

Ⓟ das gravacións orixinais EMI MUSIC SPAIN S.L.

© desta edición: Kalandraka Editora, 2013

Rúa Pastor Díaz, nº 1, 4ºA - 30001 PontevedraTel.: 986 860 276

editora@kalandraka.comwww.kalandraka.com

Impreso en Gráficas Anduriña, PoioPrimeira edición: xuño, 2013

ISBN: 978-84-8464-823-9DL: PO 203-2013

Reservados todos os dereitos

top related