nuestro planeta - afundacion.org · nuestro planeta. actividades para escolares de 4º ep a 2º eso...
Post on 27-Sep-2020
2 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Nuestro PlanetaActividade para escolares de 4º de Educación Primaria a 2º de ESO
PROGRAMA#AfundaciónEnCasa
Nuestro Planeta. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 2
A Área Educativa de Afundación proponche un reto: coñecer desde a túa casa a exposición «Nuestro Planeta» a través dunha visita virtual. Deberás observar, ler e responder ás diferentes fichas de investigación que deseñamos para o teu entretemento.
Ao final deste documento tes as respostas a todas as preguntas que se formulan, para que comprobes se acertaches ou mires o que non saibas.
Antes de comezar, deixámosche o enlace da visita virtual para que poidas pasear polas salas de exposición.
PROGRAMA#AfundaciónEnCasa
Nuestro Planeta. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 3
No ano 2020 celébrase o 75 aniversario da ONU, por iso:
• 100.000 millóns de dólares irán destinados a protexer os bosques tropicais, así coma o desenvolvemento de enerxías verdes.
• Entra en vigor o Acordo de París, que establece a redución de gases de efecto invernadoiro.
• Celébranse os primeiros Xogos Olímpicos Verdes en Tokio (aprazados por COVID-19).
É neste marco no que se encadra a exposición «Nuestro Planeta». Por que cres que se escolleu este título? Escolle a resposta correcta.
• Xa que o planeta é noso, podemos facer con el o que nos dea a gana.
• Xa que o planeta é noso, debemos coidalo, pois non temos un planeta B.
N U E S T R OP L A N E TA
PROGRAMA#AfundaciónEnCasa
Nuestro Planeta. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 4
CAMBIO CLIMÁTICO
Se non existise a atmosfera sería imposible a vida neste planeta, xa que os gases do aire son vitais para a vida na Terra: os seres humanos e os animais non poden sobrevivir sen osíxeno (respiración) e as plantas verdes non poden sobrevivir sen dióxido de carbono (fotosíntese).
O cambio climático é a variación do clima da Terra, e débese tanto a causas naturais coma ás acción do home (deforestación, destrucción de ecosistemas mariños, aumento de gases de efecto invernadoiro…).
Verdadeiro ou falso?
Un dos grandes desafíos fronte ao cambio climático, é o control de emisións á atmosfera. Por que?
• Polo mal cheiro que desprende, nin as empresas de perfumes son capaces de combatelo.
• Porque a polución impide a aterraxe dos avións con boa visibilidade, así non hai quen poida viaxar.
• O alto nivel de emisión de gases provoca fisuras na capa de ozono, así suben as temperaturas, derrétense os polos e sobe o nivel do mar.
PROGRAMA#AfundaciónEnCasa
Nuestro Planeta. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 5
Observa
En Chernobyl, Ucraína, tivo lugar no ano 1986 a peor catástrofe ambiental da historia da humanidade cando un reactor dunha central nuclear explotou e ardeu. Busca na exposición a seguinte fotografía da zona de Chernobyl. Obsérvaa ben e responde:
• Como cres que puido aguantar a fauna?
• Afectoulles a radiación e agora teñen superpoderes.
• Adaptáronse a vivir coa radiación.
• Agora todos os animais e plantas chernobylianos son mutantes.
Cal será a razón desta recuperación natural?
• Non hai tal recuperación, esas plantas e animais teñen que ser malignos.
• A natureza sempre acaba atopando a maneira de rexenerarse e buscar o seu sitio, se é que a deixan.
• Está clarísimo que as fotos están falseadas.
PROGRAMA#AfundaciónEnCasa
Nuestro Planeta. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 6
OS DESERTOS
O deserto é unha gran zona terrestre árida e con temperaturas extremas onde as choivas son moi escasas. Trátase do bioma máis seco de todos, polo que a súa paisaxe apenas ten vexetación, aínda que alberga organismos especialmente adaptados ás súas características.
O que caracteriza a un deserto non é o número de plantas ou a temperatura que posúe, senón as precipitacións: apenas chove. Así pois, zonas polares poden ser consideradas desertos xeados. Por esa razón, contornas como a Antártida e o Ártico son considerados desertos fríos, sendo ademais, os máis grandes do mundo.
Verdadeiro ou falso?
Os desertos…
• Non son tan malos como se cre, os organismos aclimátanse ás súas temperaturas extremas e finalmente poderemos vivir neles se nos adaptamos.
• Son auténticas máquinas de matar vida por mor das súas temperaturas extremas.
• Nunca alcanzan temperaturas superiores aos 40º nin inferiores aos -7 º.
PROGRAMA#AfundaciónEnCasa
Nuestro Planeta. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 7
Observa
Os desertos poden ser naturais, coma o do Sáhara, que é o máis grande do planeta, e a súa area, como se pode ver na fotografía, é transportada polo vento, chegando a fertilizar a selva do Amazonas. Tamén hai desertos creado pola man do home; estes últimos prodúcense cando o ser humano esgota os recursos naturais das rexións secas. A vexetación desaparece, o solo vólvese estéril e non se pode cultivar nel.
Observa o mapa de risco de incendios en España e responde as preguntas:
• Cales son as áreas máis afectadas?
• Cales cres que son as causas máis comúns dos incendios?
• Que estragos producen normalmente?
PROGRAMA#AfundaciónEnCasa
Nuestro Planeta. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 8
OS ECOSISTEMAS MARIÑOS
Os ecosistemas mariños están dentro dos ecosistemas acuáticos. Inclúen os océanos, mares e marismas, entre outros. A vida xurdiu e evolucionou no mar. O medio mariño é moi estable se o comparamos cos hábitats terrestres ou de auga doce.
A zona litoral é a área dunha costa na que queda baixa a auga durante a marea alta e sobe a auga durante a marea baixa ou baixamar. Xa sexa unha costa rochosa, unha praia areosa, ou un pantano salgado, a vida na zona litoral necesita sobrevivir ás condicións extremas sobre e debaixo da auga.
Verdadeiro ou falso?
Cada ano lánzanse ao mar 8 millóns de toneladas de plásticos, isto…
• É boísimo para o aumento da flora e fauna do mar.
• Mellora a alimentación dos peixes e así teñen máis nutrientes.
• Estase enchendo o mar de plásticos contaminantes que afectan á flora e á fauna, e acaba chegando á alimentación humana en forma de microplásticos.
PROGRAMA#AfundaciónEnCasa
Nuestro Planeta. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 9
ObservaGústenos ou non, o cambio climático xa forma parte das nosas vidas. Isto significa que temos de adaptarnos aos cambios que xa se están producindo e planificar o futuro. Observa estas fotografías pertencentes a ecosistemas mariños e responde. Que podemos facer para mellorar esta situación e poder ver estas imaxes máis a miúdo?
• Adaptarnos e idear novas estratexias para buscar unha solución, aínda estamos a tempo!
• Tirar latas de bebida ao mar para contribuir a acelerar o cambio climático e así acabar canto antes.
• Deixar que a natureza o solucione soa, nós seremos incapaces.
PROGRAMA#AfundaciónEnCasa
Nuestro Planeta. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 10
AS PRADEIRAS
As pradeiras son terreos abertos e chairos que se atopan na parte central de varios continentes.
A pradeira é unha das zonas máis explotadas e modificadas pola acción do home en beneficio económico mediante a sementa de cultivos.
A pradeira se compón de céspede e algunha vexetación máis abundante.
Verdadeiro ou falso?
Os furacáns aumentan a súa intensidade debido a…
• Ao despegue dos satélites da NASA que van ao espazo.
• Polas temperaturas cada vez máis cálidas do mar, efecto que xera o quecemento global.
• Canto máis xiran, máis inercia collen, por iso o do mareo.
Os furacáns fórmanse en zonas de océanos de auga morna. Aínda que non hai un consenso sobre que os furacáns aumenten debido ao cambio climático, si se sabe que poden aumentar a súa intensidade e o seu comportamento, cargándoos de enerxía.
PROGRAMA#AfundaciónEnCasa
Nuestro Planeta. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 11
Observa
O efecto invernadoiro é a capacidade que ten a atmosfera de reter a calor que vén do Sol. Sen el, a temperatura media da Terra sería duns -18 °C, co cal a vida non sería posible, conxelaríamonos. O que está pasando na actualidade é que temos un exceso de gases que producen ese efecto. A que cres que se debe ese exceso?
• A que así podemos lucir a roupa de verán durante máis tempo.
• A que cada vez levamos a cabo máis actividades que crean ese exceso de gases contaminantes (coches, industrias etc.)
• Co frío non apetece saír á rúa, e así podemos pasar máis tempo nas terrazas.
PROGRAMA#AfundaciónEnCasa
Nuestro Planeta. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 12
OS BOSQUES E SELVAS
Os bosques e as selvas son os grandes provedores da natureza. Ademais de ser unha fonte de auga e seguridade alimentaria, proporciónannos moitos recursos, como papel e tódolos seus derivados, medicinas e enerxía renovable; tamén se poden considerar xeradores de aire acondicionado de baixa tecnoloxía ademais de efectivos purificadores de aire. Son unha ferramenta importante na loita contra o cambio climático.
Verdadeiro ou falso?
Dise que un dos principais pulmóns do planeta é…
• O dos deportistas de elite, que teñen pulmóns para todo o planeta.
• A selva do Amazonas.
• As chemineas das fábricas.
• Os furacáns que cobran forza grazas ao quecemento global.
A tala indiscriminada de bosques e selvas é…
• Un alivio, se non encheríase todo de bichos.
• Estupendo para crear máis espazos de ocio e polideportivos.
• Terrible para a conservación dos diferentes ecosistemas.
PROGRAMA#AfundaciónEnCasa
Nuestro Planeta. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 13
Observa
Os seus millóns de árbores —gran parte sementados polos gorilas, xa que son os grandes diseminadores de sementes— reciclan a auga de volta á atmosfera, propiciando abundantes choivas. Pero, ata o de agora, o desenvolvemento da Amazonia consistiu en substituír selva por agricultura, cría de gando, minería… o novo modelo de mellora debería basearse en:
• Manter e coidar a biodiversidade existente para que poida seguir crecendo.
• Construír invernadoiros para plantar hortalizas.
• Construír casas sustentables para as persoas.
PROGRAMA#AfundaciónEnCasa
Nuestro Planeta. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 14
Observa as seguintes propostas.
Ademais destas opcións, que outras solucións nos darías para mellorar a vida no noso planeta?
Podes enviarnos as túas propostas a areaeducativa@afundacion.org
PROGRAMA#AfundaciónEnCasa
Nuestro Planeta. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 15
PRESENTACIÓN
• Xa que o planeta é noso, debemos coidalo, pois non temos un planeta B.
CAMBIO CLIMÁTICO
• O alto nivel de emisión de gases, provoca fisuras na capa de ozono, así suben as temperaturas, derrétense os polos e sobe o nivel do mar.
• Adaptáronse a vivir coa radiación.
• A natureza sempre acaba atopando a maneira de rexenerarse e buscar o seu sitio, se é que a deixan.
OS DESERTOS
• Non son tan malos como se cre, os organismos aclimátanse ás súas temperaturas extremas e finalmente poderemos vivir neles se nos adaptamos.
• As áreas máis afectadas son sobre todo o norte e oeste de España: Galicia, Castilla la Mancha, Extremadura, algunha provincia de Andalucía e as illas Canarias e Baleares.
• A causa máis común dos incendios é a actividade humana, ben de maneira accidental (unha barbacoa que se descontrola) ou ben de maneira intencionada. Tamén hai incendios (unha porcentaxe máis pequena) que son ocasionados por raios.
• Os estragos que poden producir os incendios son, entre outros, a erosión do chan (pérdese a capa vexetal e cando chove provoca pérdidas de chan e dos seus nutrientes), pérdidas de poboación animal, contaminación dos ríos, danos persoais, etc.
OS ECOSISTEMAS MARIÑOS
• Estase enchendo o mar de plásticos contaminantes que afectan á flora e á fauna, e acaban chegando á alimentación humana en forma de microplásticos.
• Adaptarnos e idear novas estratexias para buscar unha solución, aínda estamos a tempo.
AS PRADEIRAS
• Polas temperaturas cada vez máis cálidas do mar, efecto que xera o quecemento global.
• A que cada vez levamos a cabo máis actividades que crean ese exceso de gases contaminantes (coches, industrias, etc)
OS BOSQUES E SELVAS
• A selva do Amazonas
• Terrible para a conservación dos ecosistemas.
• Manter e coidar a biodiversidade para que poida seguir crecendo.
RESPOSTAS
PROGRAMA#AfundaciónEnCasa
Nuestro Planeta. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 16
p. 1
NASA | Rawpixel
p. 4
Arriba: NASA | Rawpixel
Abaixo: Ella Ivanescu | Unsplash
p. 5
Jeff Wilson
p. 6
Mapa de risco de incendios: Gobierno de España. Ministerio del Interior
Abaixo: Markus Spiske | Rawpixel
p. 7
Jacques Descloitres / MODIS Rapid Response Team NASA/GSFC
p. 9
Esquerda: Oliver Scholey / Hector Skevington Postles
Dereita: Dan Rasmussen
p. 10
Arriba: AirPano
Centro: NASA | Rawpixel
p. 11
Arriba: Marcio Cabral
Abaixo: Peter Mather
p. 12
Arriba: Jarmo Manninen
Abaixo: Eutah Mizushim | Unsplash
p. 13
Will Burrard-Lucas
p. 17
NASA | Rawpixel
CRÉDITOS DAS FOTOGRAFÍAS
top related