nosa historia t.6

Post on 05-Apr-2017

197 Views

Category:

Education

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Para estudar mellor a historia dos seres humanos a dividimos en Idades. As idades da historia son: prehistoria, Idade Antiga, Idade Media, Idade Moderna e Idade contemporánea.

A prehistoria foi a época en que apareceron as persoas, se organizaron e asumiron os primeiros costumes humanos.

Ao principio, os seres humanos vivían en tribos familiares.

Xuntos, cazaban animais e recollían os froitos que encontraban na natureza.

As persoas da Prehistoria eran nómades, é dicir, non vivían nun sitio fixo. Cando se acababa o alimento onde vivían, buscaban unha nova zona de caza e recolección, e unha nova cova para vivir.

As usaban para: cazar, pescar e coser peles

Facían as súas ferramentas con pedras e ósos.

Ao cabo de miles de anos, os humanos aprenderon a plantar e a coidar animais para non ter que saír a cazar. Fixéronse agricultores e gandeiros, é dicir, volvéronse sedentarios.

Estes novos agricultores e gandeiros construíron poboados con chozas onde quedar asentados cerca dos seus cultivos e dos seus animais.

Xa non necesitan desprazarse en busca de comida por iso viven sempre no mesmo lugar, é dicir, volvéronse sedentarios

Comezan a utilizar obxectos feitos con metal e cerámica.

Na prehistoria descubríronse o lume, as ferramentas, a roupa… Ata a arte!

As pinturas rupestres son os debuxos sobre pedra que se conservan nalgunhas covas.

A idade Antiga comeza coa invención da escritura no ano 3500 a.C. e remata coa caída do imperio Romano no ano 476 d. C.

Algúns poboados da prehistoria convertéronse en cidades. Para organizarse, os seus habitantes descubriron un novo invento que permitía anotar as normas: a escritura.

Unha civilización está formada por persoas cunha cultura común. CIVILIZACIÓN EXIPCIA

Nas cidades formáronse as primeiras civilizacións.As persoas que comparten unha cultura poden falar o mesmo idioma ou ter costumes parecidos.

As primeiras civilizacións da idade antiga foron nove, aínda que podemos destacar entre elas: a civilización mesopotámica, a civilización exipcia, a civilización grega, a civilización romana e a civilización china…

Os exipcios xurdiron á beira do río Nilo. Construíron pirámides para os seus reis, chamados faraóns, e inventaron a escritura con signos xeroglíficos.

Viviron na costa do mar Mediterráneo. Deixáronnos obras de arte, belas historias dos seus deuses chamados mitos e os xogos olímpicos.

Construíron cidades en España, cuxos restos aínda se poden visitar(pontes, calzadas, teatros, templos, acueductos, termas,etc)Deixáronnos o abecedario e moitas palabras do seu idioma o latín.

A idade Media comeza coa caída do imperio romano no ano 476 e remata co descubrimento de América no ano 1492.

Nesta época España estaba dividida en dúas zonas de culturas distintas: a cristiá e a musulmá.

Os reis e os nobres vivían en castelos con murallas, e protexidos polos soldados. Os monxes vivían en mosteiros.Cerca dos castelos e os mosteiros, os labregos construían aldeas cunha pequena igrexa. As cidades xeralmente estaban amuralladas e moitas tiñan unha catedral.

Falaban linguas novas nacidas do latín, como o galego. Só os monxes e algúns nobres sabían ler ou escribir.

Os musulmás vivían en cidades. O seu gobernante vivía nun castelo chamado alcázar, e o pobo rezaba nas mesquitas.

Os musulmáns falaban árabe, e moitos deles dedicábanse ao comercio, á ciencia e á arte.

A idade Moderna comeza co descubrimento de América no ano 1492 e remata coa revolución francesa 1789

Nesta época, debido ao comercio comeza o interese pola investigación e a cultura.A idade Moderna é unha época de grandes inventos como a imprenta de libros, e de longas viaxes por mar. Producíndose o descubrimento de América.

Cristovo Colón foi un gran navegante da Idade Moderna. Esta foi a súa historia.

A Idade Contemporánea comeza coa revolución francesa no ano 1879 e chega ata nosos días.

Apareceron as fábricas e inventáronse os primeiros medios de transporte impulsados por máquinas, como o tren.

Nela tamén aparecen os primeiros medios de comunicación a longa distancia, como o teléfono.

As idades da historia son: prehistoria, Idade Antiga, Idade Media, Idade Moderna e Idade contemporánea.

top related