noras e bombas de auga

Post on 12-Jul-2015

78 Views

Category:

Education

7 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

NORAS e outros dispositivos para elevar auga

DISPOSITIVOS PARA ELEVAR AUGA

RODAS (POLEAS e TORNOS) MOVIDAS POLAS PERSOAS COS PÉS OU COAS MANS

RODAS MOVIDAS POLO VENTO

BIMBASTROS ou CAMBÓNS (PANCAS)

DE SANGUE NORAS

HIDRÁULICAS

BOMBAS HIDRÁULICAS

NORASMáquinas que teñen como elemento básico unha roda cunha fileira de recipientes no seu perímetro que se coloca parcialmente mergullada.

Os recipientes ou canxilóns van dispostos de tal xeito que se enchen de auga cando ocupan a parte mergullada da roda e baléiranse logo nunha canle ou depósito.

NORAS HIDRÁULICASA roda é impulsada pola corrente de auga grazas á unhas pás que leva no seu perímetro.

VITRUVIO, enxeñeiro e arquitecto romano explica varios tipos de rodas hidráulicas con roda vertical e empuxe superior ou inferior e completadas con engranaxes aplicadas a elevar auga.Foi difundida polos árabes por todo o mediterráneo.

A idea do funcionamento das nora de corrente é do tempo dos antigos gregos. En escritos de Arquímedes do século III a.C. aparece explicada. Estrabón fai referencia ás rodas hidráulicas para elevar auga no val do Nilo.

Dispositivo chinés antigo para elevar auga

Gravado árabe do século VI onde se aprecia unha gran roda que se empregaba para sacar auga do Guadalquivir.

Noras en Hama, no río Orontes.Nesta cidade siria consérvanse numerosas noras que datan dos tempos do antigo imperio bizantino.Algunha mide 20 m de diámetro

Noras en Hama

Nora en Hama

Leonardo Da Vinci fixo diversos deseños de enxeños hidráulicos con distintas aplicacións. Os enxeñeiros italianos JUANELO e RAMELLI proxectaron e construíron artificios hidráulicos moi admirados na súa época, moitos basados nos deseños de Leonardo.

Deseño do enxeñeiro italiano Juanelo para elevar auga. Século XVI.

Sistema para elevar auga desde o río Texo ata o Alcázar de Toledo, salvando unha altura de 90 m. Deseñado e construído por Juanelo Turriano no século XVI.

Sistema de noras e bombas deseñado para levar auga aos xardíns de Versalles no 1682.

Nora con recipientes de madeira (Alemania)

Nora con recipientes de barro (Algeciras)

Nora de canxilóns. Museo Aquaciencia (Ferrol)

Nora no río Neira (Lugo)

Nora no río Neira (Lugo)

NORAS DE SANGUESon impulsadas por animais ou persoas. Empréganse para sacar auga de pozos ou lugares onde non actúa a corrente. Para accionar a roda que eleva a auga faise desde a propia roda ou empregando un mecanismo con engranaxes conectado a un brazo ou unha barra.

Pénsase que son de orixe persa e foron moi difundidas no mundo árabe e oriente. Foron empregadas polos romanos para baleirar auga das minas.

Noras romanas para achicar auga das minas

Manuscrito de Al Jarazi (1205)

Debuxos de Juanelo Turriano (século XVI)

Gravado de 1879

Antiga nora chinesa

Saqiya (Exipto)

Maqueta dunha nora de sangue (O Algarve)

Nora de sangue (O Algarve)

TÍMPANOSSon rodas simples accionadas por persoas ou coa axuda da corrente que recollen auga no seu interior e expúlsana por uns orificios próximos ao eixo. Empregábanse para elevar auga a pouca altura. Empúxanse desde uns saíntes ou pas situados no contorno da roda.

RODAS (POLEAS e TORNOS) MOVIDAS POLAS PERSOAS COS PÉS OU COAS MANS

Incluímos aquí diversos tipos de mecanismos ou máquinas que se accionan con poleas, tornos ou combinación de ambos. Pódense manexar cos pés, desde o interior da roda, coa menivela do torno ou cunha corda ou cable.

Distintos tipos de tornos en pozos(Debuxos de Xaquín Lourenzo)

Distintos tipos de poleas en pozos(Debuxos de Xaquón Lourenzo)

BIMBASTROS ou CAMBONSSon pancas de primeiro xénero que levan un contrapeso

que axuda a accionalas.

(Debuxo de Xaquín Lourenzo)

Museo Aquaciencia (Ferrol)

PARAFUSO DE ARQUÍMEDESChamado tamén parafuso sin finConsiste nun parafuso que se fai xirar dentro dun cilindro oco inclinado.Inventado e descrito por Arquímedes no século III a.C., aínda que se pensa que puido existir xa no antigo Exipto e Persia.

DISPOSITIVOS EÓLICOSEstruturas que se utilizaban para sacar auga de pozos, minas ou acequias impulsados por rodas eólicas con pas ou velas.Os gregos e persas empregaron velas para os dispositivos elevadores de auga cunha bomba do tipo de escaleira con recipientes cúbicos.

Antiga máquina para sacar auga dunha saíña na China.

Antiga bomba de auga accionada polo vento

Bombas de auga empregadas en Murcia. O mecanismo impulsado polo vento move unha nora para elevar auga.

Polder molenEn Holanda empréganse desde a Idade Media distintos mecanismos que aproveitan a enerxía do vento conectados a parafusos de Arquímedes, rodas con pás ou noras, para extraer auga das zonas anegadas e convertelas en terras de cultivo.

Polder molen con roda par elevar auga

Polder molenUn parafuso de Arquímedes conectado a unhas pás.

BOMBA MULTIPÁO eixo do rotor ten unha parte excéntrica na que vai conectado o émbolo da bomba. As distintas posicións desta parte excéntrica provocan o movemento de subida e baixada do émbolo e o funcionamento da bomba.

As primeiras bombas eólicas foron desenvolvidas por Daniel Halladay en Estados Unidos en 1854. Eran rotores con múltiples pas acoplados a unha bomba de pistón. En 1884, Steward Perry fabricou outro modelo con álabes metálicos. Máis adiante inventouse o sistema eoloeléctrico. O rotor activa un alternador que impulsa un motor eléctrico para mover a bomba de auga.

Bomba eólica na illa de Creta

Bombas multipá na Ruña.

Bombas eólicas con rotor vertical (panémonas).Lugo-

BOMBAS DE AUGASon maquinas que moven un fluído (neste caso auga) aumentando a presión, a velocidade ou a altura.A primeira bomba coñecida foi o parafuso de Arquímedes (século II a.C). No século XI Al-Jarazi describiu distintos tipos de bombas (reversibles, de doble acción, de baleiro…)

Bomba de pistón (Taccola, c.1450)

Museo Aquaciencia (Ferrol)

Bomba para achicar auga nun barco

Bombas aspirantes: un cilindro que contén un pistón móbil está conectado co subministro de auga mediante un tubo. Unhas válvulas que só se abren cara arriba bloquean a circulación da auga, deixandoa subir, pero non baixar. A presión do aire fai subir a auga cando se acciona a manivela para subir o pistón.

TIPOS DE BOMBAS EN FUNCIÓN DO ACCIONAMENTO:Electrobombas : accionadas por un motor eléctricoMotobombas : accionadas por motores de combustión interna.Bombas neumáticas : a enerxía de entrada é neumática (xeralmente a partir de aire comprimido)De accionamento hidráulico : impulsadas pola augaManuais

MONTAXE: Adela Leiro Lois, Mon Daporta PadínFOTOS: Adela Leiro, Internet (Wikipedia e outros)BIBLIOGRAFÍA:Caro Baroja, Julio, “Tecnología popular española”. Círculo de Lectores.Leiro Lois, Adela e Daporta Padín, Mon “A Enerxía”, Ed. A Nosa Terra, Vigo 2002

top related