lingua galega e literatura - aloxamento de páxinas...
Post on 02-Nov-2018
229 Views
Preview:
TRANSCRIPT
I.E.S. OTERO PEDRAYO
Localidade: Ourense
P R O G R A M A C I Ó N D I D Á C T I C A D O D E P A R T A M E N T O D E
L I N G U A G A L E G A E L I T E R A T U R A
C U R S O
2 0 1 4 / 2 0 1 5
2
Xefa de Departamento Materias que imparte
Concepción Fernández Vázquez Lingua Galega e Literatura
Diversificación curricular 4º ESO
Membros do Departamento Materias que imparten
Helena Alonso Fernández Lingua Galega e Literatura
Fina Matanza Roqueiro Lingua Galega e Literatura
Constantino Pazos Sobrino Lingua Galega e Literatura
Pilar Prieto González Lingua Galega e Literatura
Lourdes Vaz Justo Lingua Galega e Literatura
Susana Rodríguez Lingua Galega e Literatura
CELGA
COMPETENCIAS BÁSICAS DESENVOLVIDAS NA MATERIA
Competencia en comunicación lingüística
Utilización da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita, de
representación, interpretación e comprensión da realidade, de construción e
comunicación do coñecemento e de organización e autorregulación do
pensamento, das emocións e da conduta.
3
Comprensión de discursos orais e escritos dos contextos social, cultural e
académico.
Expresión oral e escrita correcta, coherente, creativa e adecuada aos
distintos contextos, adoptando mediante o diálogo actitudes de respecto e de
colaboración cos demais.
Utilización eficaz da lingua para buscar, procesar e analizar información e
mais para redactar ou expoñer textos académicos.
Utilización progresivamente autónoma das bibliotecas, medios de
comunicación e das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) para obter,
interpretar, elaborar e valorar informacións de diversos tipos e opinións
diferentes.
Aplicación dos coñecementos da lingua e das normas de uso para
comprender textos orais e escritos e mais para escribir e falar con adecuación,
coherencia e corrección.
Comprensión das circunstancias que condicionaron a historia social da lingua
galega, afirmándoa como propia de Galicia, así como as que hoxe condicionan o
seu uso, de xeito que se estea en disposición de superar as que supoñen
obstáculos para a súa utilización en calquera contexto e situación.
Coñecemento e respecto da realidade plurilingüe e pluricultural do Estado
español, de Europa e do mundo actual; valoración da riqueza que representa e
comprensión das situacións que provoca o contacto de linguas.
Análise dos diferentes usos sociais das linguas para evitar os estereotipos
que supoñen os prexuízos de valor e os prexuízos clasistas, racistas ou sexistas.
Lectura fluída, consolidación do hábito lector e valoración da lectura como
fonte de pracer, de enriquecemento persoal e de coñecemento do mundo.
Comprensión de textos literarios utilizando os coñecementos sobre as
convencións de cada xénero, os temas e motivos da tradición literaria e os
recursos estilísticos.
Aproximación ao patrimonio literario e valoración do mesmo como un xeito
de simbolizar a experiencia individual e colectiva en diferentes contextos
histórico-culturais.
Competencia social e cidadá
Utilización das formas de comportamento que facultan as persoas para
participar dunha maneira eficaz, construtiva e creativa na vida social e
profesional e, no seu caso, para resolver conflitos.
Identificación dos principais estados emocionais e saber controlalos.
4
Coñecemento axustado e positivo das calidades persoais, os intereses e as
limitacións.
Actitude respectuosa e educada nas relacións cos demais e en diferentes
contextos.
Argumentación dos puntos de vista propios, escoitando e comprendendo os
argumentos dos demais.
Asunción de queixas, críticas ou preguntas sen sentirse ameazado/a,
procurando situarse no lugar do outro e ofrecemento das explicacións ou
desculpas necesarias.
Asunción de responsabilidades persoais e sociais.
Práctica do diálogo como ferramenta básica de comunicación interpersoal.
Tratamento da información e competencia dixital
Utilización segura e crítica das tecnoloxías da información e a comunicación
(TIC) para o traballo, o lecer e a comunicación. Susténtase no uso de
computadores para obter, avaliar, almacenar, producir, presentar e
intercambiar información, e comunicarse e participar en redes de
colaboración a través de internet.
Coñecemento e utilización da terminoloxía básica do sistema operativo en
uso (arquivos, cartafoles, escritorio, fiestras, etc.) e das accións básicas
(gardar, organizar e recuperar información en diferentes soportes).
Organización dunha lista dos principais enlaces do ámbito escolar.
Utilización dunha serie de ferramentas en soportes variados para obter
información, desde as estritamente lingüísticas (dicionarios, correctores
ortográficos...), ata as menos exclusivas (enciclopedias, xornais...), pasando
polas literarias (bibliotecas, catálogos...).
Aplicación dos coñecementos lingüísticos para seleccionar, analizar
criticamente, organizar, relacionar e sintetizar a información co fin de
transformala en coñecemento.
Utilización das TIC para a produción de textos ben presentados e correctos.
Utilización de programas que permitan realizar exposicións e presentacións
que faciliten a comprensión e capten a atención do público, recitais
literarios, anuncios publicitarios, etc.
Competencia cultural e artística
Apreciación da importancia da expresión creativa de ideas, experiencias e
emocións a través de distintos medios audiovisuais, incluída a música, as
artes escénicas, a literatura, a tecnoloxía e as artes plásticas; utilización
5
destas manifestacións como fonte de goce e enriquecemento persoal e
consideración das mesmas como parte do patrimonio cultural dos pobos.
Comprensión e utilización das convencións básicas das diferentes
manifestacións literarias, cultas e populares.
Utilización de diversas técnicas literarias.
Cultivo do propio desenvolvemento estético mediante a produción de
diferentes textos literarios para argumentar e expresar ideas de seu.
Coñecemento e valoración da evolución das principais correntes estéticas.
Coñecemento das características básicas e a evolución histórica das
principais obras da literatura galega.
Fomento da sensibilidade e a adquisición do sentido estético.
Coñecemento e valoración da riqueza cultural que supón a diversidade
lingüística.
Coñecemento e valoración da riqueza cultural que supón a expresividade da
fala popular.
Competencia para aprender a aprender
Habilidade para iniciar a aprendizaxe e ser capaz de continuala de xeito cada
vez máis autónomo. Ser consciente do propio proceso e das necesidades de
aprendizaxe, buscar as oportunidades dispoñibles, recoñecer as
potencialidades e limitacións persoais e ser capaz de tirar proveito das
primeiras e de superar as segundas co fin de culminar a aprendizaxe con
éxito.
Adquisición dun coñecemento realista e positivo de si mesmo/a, das
calidades intelectuais, intereses e limitacións persoais.
Adquisición de estratexias adecuadas para desenvolver as capacidades.
Solicitude de axuda e consello cando é necesario.
Adopción dunha actitude de superación constante e de mellora persoal.
Axuda e colaboración con outras persoas.
Valoración das estratexias máis efectivas empregadas.
Superación dos obstáculos e erros máis frecuentes recoñecidos.
Motivación para a aprendizaxe e constancia no estudo.
Organización do espazo de estudo e materiais.
Distribución do tempo para a planificación e realización de tarefas.
Utilización autónoma da axenda escolar.
Elaboración de esquemas, gráficos, resumos, fichas, informes e exposicións.
Preparación de probas de estudo, exames e traballos.
6
Autonomía e iniciativa persoal
Posibilidade de aprender e decidir de xeito cada vez máis autónomo, así
como optar con criterio propio para desenvolver distintas alternativas
facéndose responsable delas, tanto no ámbito persoal coma no social ou
laboral, e habilidade para transformar as ideas e proxectos en actos. Está
relacionada coa creatividade, a innovación e a asunción de riscos.
Selección dunha alternativa posible e desexable de acordo cos intereses,
calidades e limitacións persoais.
Clarificación dos valores, ideas, desexos e intereses persoais na toma de
decisións.
Busca, selección e contraste de información acerca das distintas opcións
posibles.
Argumentación das iniciativas e ideas propias e defensa ante as demais
persoas.
Reorganización da información dispoñible.
Adopción dunha actitude positiva ante o cambio, a innovación, a xeración de
novas ideas e alternativas.
Valoración das ideas dos demais.
Busca do acordo, contraste de estratexias e puntos de vista, integración de
diversas calidades persoais, corresponsabilidade e avaliación conxunta dos
resultados.
● Asunción de responsabilidades colectivas.
NNIIVVEELL:: 1º ESO
MMAATTEERRIIAA:: LINGUA GALEGA E LITERATURA
PPRROOFFEESSOORRAASS:: Helena Alonso,Fina Matanza e Lourdes Vaz
1. Distribución trimestral das unidades didácticas: obxectivos, contidos e
criterios de avaliación
1º TRIMESTRE
Unidade 1
Obxectivos
7
Ler textos coa intención de gozar deles.
Valorar a riqueza das linguas.
Ampliar o vocabulario básico relacionado coa familia.
Comprender o concepto de campo semántico.
Entender a estrutura da palabra e recoñecer as distintas clases.
Clasificar as palabras polo número de sílabas.
Diferenciar sílabas tónicas e átonas e identificar ditongos e hiatos.
Distinguir textos literarios e non literarios.
Identificar os xéneros literarios.
Comprender as características propias dos textos instrutivos.
Contidos
A riqueza das linguas.
A familia. O campo semántico.
As palabras. Estrutura e clases.
As sílabas. A sílaba tónica e a sílaba átona. Ditongos e hiatos.
Textos literarios e non literarios. Os xéneros literarios.
O texto instrutivo.
Criterios de avaliación
Ler con fluidez e atención un texto narrativo e comentalo seguindo uns
criterios dados.
Valorar a riqueza das linguas.
Aplicar o vocabulario básico relacionado coa familia.
Identificar a estrutura da palabra e recoñecer as distintas clases de
palabras.
Formar as familias léxicas e os campos semánticos máis usuais.
Clasificar as palabras polo número de sílabas, distinguindo tónicas e
átonas.
Identificar e analizar ditongos e hiatos.
Diferenciar textos literarios e non literarios.
Comprender a intención comunicativa dun texto e as características
propias dun texto instrutivo.
Unidade 2
Obxectivos
8
Ler textos coa intención de gozar deles.
Identificar as linguas do Estado español e a súa situación.
Escribir aplicando correctamente as regras básicas de acentuación
gráfica.
Ampliar o vocabulario básico relacionado coa rúa.
Relacionar sinónimos.
Recoñecer semántica e formalmente os substantivos e clasificalos.
Coñecer as normas de formación do plural.
Recoñecer e analizar os elementos do xénero narrativo.
Contidos
As linguas do Estado Español.
Vocabulario: A rúa. A sinonimia.
O substantivo. Clasificación do substantivo.
O número do substantivo.
Regras xerais de acentuación.
O xénero narrativo. Os personaxes, o argumento e o narrador.
O correo electrónico.
Criterios de avaliación
Ler con fluidez e atención un texto narrativo e comentalo seguindo uns
criterios dados.
Identificar as linguas do Estado español e a súa situación.
Aplicar o vocabulario básico relacionado co tema estudado.
Relacionar palabras cos seus sinónimos.
Identificar os substantivos comúns e propios, concretos e abstractos,
individuais e colectivos.
Formar o plural dos substantivos dados.
Clasificar as palabras en agudas, graves e esdrúxulas.
Aplicar correctamente na práctica as regras xerais de acentuación.
Analizar nun texto narrativo algún dos seus elementos básicos: narrador,
personaxes e argumento.
Unidade 3
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
9
Ampliar o vocabulario relacionado co mar e coa praia.
Entender o plurilingüismo como unha riqueza cultural e social.
Traballar con palabras polisémicas.
Identificar o xénero dos substantivos e formar o feminino a partir de
nomes dados.
Coñecer e aplicar as regras específicas de acentuación.
Recoñecer e analizar os elementos de espazo e tempo nun texto
narrativo.
Contidos
O plurilingüismo.
Vocabulario: o mar e a praia.
A polisemia.
Xénero do substantivo.
Casos especiais de acentuación.
O Xénero narrativo. O espazo e o tempo. O diálogo na novela.
O texto descritivo.
Criterios de avaliación
Ler un fragmento dun texto coa fluidez e a comprensión adecuadas, e
comentalo seguindo uns criterios dados.
Entender o plurilingüismo como unha riqueza cultural e social.
Utilizar en diversos contextos o vocabulario básico estudado.
Analizar os significados de palabras polisémicas.
Coñecer e empregar as regras de formación do feminino dos
substantivos.
Aplicar as regras básicas de acentuación.
Recoñecer e analizar os elementos de espazo e tempo nun texto
narrativo.
Comentar e crear un texto descritivo de persoas.
Unidade 4
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
10
Coñecer a lexislación sobre o galego.
Ampliar e precisar o vocabulario relacionado coas características
persoais.
Traballar con termos contrarios.
Recoñecer os adxectivos cualificativos e os seus graos.
Realizar comparacións utilizando as partículas comparativas adecuadas.
Coñecer e aplicar correctamente os acentos diacríticos máis usuais.
Recoñecer a estrutura dun texto narrativo.
Comprender as diferenzas existentes entre unha novela e un relato.
Contidos
As leis e o galego.
Vocabulario: As características persoais.
Os contrarios.
Os adxectivos cualificativos. Os graos.
O acento diacrítico.
O texto narrativo. A estrutura dun texto narrativo. O relato literario.
O texto descritivo.
Criterios de avaliación
Ler un texto coa fluidez e a comprensión adecuadas e comentalo
seguindo unhas pautas dadas.
Coñecer a lexislación sobre o galego.
Aplicar noutros contextos o vocabulario básico estudado.
Relacionar termos contrarios.
Recoñecer os adxectivos cualificativos e distinguir entre adxectivos
variables e invariables.
Realizar comparacións utilizando as partículas comparativas adecuadas.
Coñecer e aplicar correctamente o acento diacrítico nos casos máis
usuais.
Identificar a estrutura dun texto narrativo.
Comprender a diferenza entre novela e relato.
Redactar a descrición dun lugar seguindo determinadas estratexias.
11
2º TRIMESTRE
Unidade 5
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Recoñecer e rexeitar os principais prexuízos que afectan á nosa lingua.
Ampliar o vocabulario relacionado coa casa.
Recoñecer palabras homónimas.
Identificar os artigos e adxectivos determinativos.
Utilizar correctamente as formas dos artigos, dos demostrativos e dos
posesivos.
Coñecer e aplicar as regras que rexen o uso das maiúsculas.
Recoñecer as características da literatura popular e, en especial, do
conto popular.
Redactar textos propios seguindo determinadas estratexias creativas.
Contidos
Os prexuízos lingüísticos.
Vocabulario: A casa.
Palabras homónimas.
Os artigos e os adxectivos determinativos (posesivos e demostrativos).
O uso das maiúsculas.
A literatura popular. O conto popular.
O texto preditivo.
Criterios de avaliación
Ler un texto coa fluidez e a comprensión adecuadas.
Recoñecer os prexuízos lingüísticos aplicados á nosa lingua.
Aplicar o vocabulario estudado relacionado coa casa.
Comprender o que son as palabras homónimas.
Recoñecer e utilizar correctamente os artigos, posesivos e
demostrativos.
Coñecer e aplicar correctamente as regras que rexen o uso das
maiúsculas.
12
Recoñecer as características da literatura popular e comentar un conto
popular.
Comentar textos preditivos atendendo ás súas características e intención
comunicativa.
Unidade 6
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Coñecer os rexistros lingüísticos.
Ampliar o vocabulario básico relacionado coa alimentación.
Coñecer e aplicar os prefixos e sufixos máis habituais.
Coñecer as formas dos adxectivos determinativos: indefinidos, numerais,
interrogativos e exclamativos, e aplicalas correctamente nas producións
propias.
Coñecer as regras de uso do punto e dos signos de interrogación e
admiración.
Recoñecer as características da literatura popular, en especial dos mitos
e as lendas.
Contidos
Os rexistros lingüísticos.
Vocabulario: A comida.
Os prefixos e os sufixos.
Os adxectivos determinativos: indefinidos, numerais, interrogativos e
exclamativos.
Uso do punto e dos signos de interrogación e de admiración.
A literatura popular. Lendas e mitos. O texto fantástico.
O diario.
Criterios de avaliación
Ler un texto coa fluidez e a comprensión adecuadas e comentalo
seguindo uns criterios dados.
Coñecer e utilizar de forma apropiada o vocabulario referido á comida.
Recoñecer os rexistros lingüísticos.
13
Identificar os prefixos e sufixos máis habituais e explicar os significados
que achegan.
Coñecer e utilizar adecuadamente as formas dos indefinidos, numerais,
interrogativos e exclamativos.
Empregar correctamente o punto e os signos de interrogación e
admiración en diversos textos.
Coñecer as características da literatura popular, en especial dos mitos e
das lendas.
Coñecer os trazos lingüísticos e a estrutura propia dun diario.
Unidade 7
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Identificar diferentes actitudes lingüísticas.
Coñecer o vocabulario básico relacionado coa hixiene.
Identificar algúns préstamos.
Recoñecer e aplicar correctamente as formas tónicas dos pronomes
persoais.
Diferenciar a función da coma e do punto e coma.
Recoñecer as características específicas do xénero lírico.
Realizar o cómputo silábico de versos, atendendo ás posibles licenzas
métricas.
Contidos
As actitudes lingüísticas.
Vocabulario referido á hixiene.
Os préstamos.
O pronome persoal: formas tónicas.
A coma e o punto e coma.
O xénero lírico. A métrica. A poesía.
A noticia.
Criterios de avaliación
Ler un texto narrativo con fluidez e comentalo seguindo uns criterios
dados.
14
Comentar diferentes actitudes lingüísticas.
Coñecer e utilizar de forma apropiada o vocabulario referido á hixiene.
Comprender o concepto de préstamo e identificar os máis usuais.
Identificar e utilizar correctamente as formas tónicas do pronome
persoal.
Aplicar adecuadamente a coma e o punto e coma en diversos textos.
Analizar as características do xénero lírico.
Medir os versos dun poema atendendo ás posibles licenzas métricas.
Comentar unha noticia e coñecer a súa estrutura.
Unidade 8
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Coñecer a situación do galego fóra de Galicia.
Coñecer o vocabulario relacionado co medio natural.
Identificar os parónimos.
Recoñecer os pronomes persoais e as súas formas átonas.
Coñecer a función dos dous puntos e dos puntos suspensivos.
Recoñecer as características propias do xénero lírico e identificar a rima
dun poema.
Redactar textos propios seguindo determinadas estratexias creativas.
Contidos
O galego fóra de Galicia.
Vocabulario referido ao medio natural.
Os parónimos.
Formas átonas do pronome persoal.
Os dous puntos e os puntos suspensivos.
O xénero lírico. A rima. As cantigas.
Criterios de avaliación
Ler un texto con fluidez e comprensión e comentalo seguindo uns
criterios dados.
Coñecer a situación do galego fóra de Galicia.
Aplicar noutros contextos o vocabulario básico estudado.
Identificar e usar correctamente algúns parónimos.
15
Recoñecer e empregar correctamente as formas átonas do pronome
persoal e as súas contraccións.
Aplicar correctamente os dous puntos e os puntos suspensivos.
Comentar textos literarios do xénero lírico e analizar a rima.
3º TRIMESTRE
Unidade 9
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Recoñecer iniciativas como a de “O galego é útil”.
Precisar e ampliar o vocabulario básico relacionado co corpo humano.
Recoñecer o verbo e analizar os seus compoñentes: lexema e
desinencias.
Coñecer e utilizar correctamente as formas nominais dos verbos.
Identificar e distinguir palabras con e sen h.
Analizar textos pertencentes ao xénero lírico e identificar certas estrofas.
Redactar textos seguindo determinadas estratexias creativas.
Contidos
O galego é útil.
Vocabulario: O corpo humano.
Palabras homófonas.
O verbo(1): conxugacións, lexemas e desinencias, formas verbais.
Uso do h.
O xénero lírico: as estrofas.
O texto argumentativo.
Criterios de avaliación
16
Ler con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente.
Recoñecer e valorar iniciativas como a de “O galego é útil”.
Utilizar de forma apropiada o vocabulario referido ao corpo humano.
Recoñecer e empregar correctamente algunhas palabras homófonas.
Coñecer as tres conxugacións verbais e as formas nominais dos verbos
regulares.
Identificar o lexema e as desinencias dunha forma verbal.
Escribir correctamente palabras con e sen h.
Analizar poemas e identificar as estrofas.
Comentar un texto argumentativo atendendo ás súas características
específicas.
Unidade 10
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Entender o concepto de normalización Lingüística.
Coñecer o vocabulario relacionado coa saúde e identificar castelanismos
léxicos.
Saber conxugar os verbos regulares.
Coñecer as peculiaridades dalgúns verbos regulares.
Escribir correctamente palabras con b e con v, atendendo especialmente
a aquelas que poidan presentar interferencias co castelán.
Coñecer e aplicar algúns recursos poéticos básicos.
Contidos
A normalización lingüística.
Vocabulario referido á saúde.
Castelanismos léxicos.
O verbo (2): verbos regulares e verbos con alternancia.
Uso de b e v.
O xénero lírico. As figuras literarias.
O texto argumentativo: a reclamación.
Criterios de avaliación
Ler un texto narrativo con fluidez e realizar o comentario
correspondente.
17
Entender o concepto de normalización lingüística.
Utilizar de forma apropiada o vocabulario relacionado coa saúde.
Identificar e corrixir algúns castelanismos léxicos.
Conxugar os verbos regulares.
Escribir correctamente palabras con b e con v.
Identificar algunhas figuras literarias.
Analizar a estrutura e os recursos argumentativos dunha reclamación.
Unidade 11
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Recoñecer textos que expoñan o sentimento de pertenza á comunidade
galegofalante.
Coñecer o vocabulario básico relacionado co cuarto de durmir.
Recoñecer e clasificar os adverbios e as principais locucións adverbiais.
Aplicar correctamente s ou x nas palabras que comezan por es- e ex-.
Recoñecer as características básicas do texto dramático.
Redactar textos propios seguindo determinadas estratexias creativas.
Contidos
Vocabulario: o cuarto de durmir.
Os adverbios.
Palabras con es- e ex-.
O xénero dramático.
O texto explicativo.
Criterios de avaliación
Ler un texto con fluidez e comprensión e comentalo seguindo uns
criterios dados.
Recoñecer textos que expoñan o sentimento de pertenza á comunidade
galegofalante.
Aplicar noutros contextos o vocabulario básico estudado.
Identificar os adverbios e locucións adverbiais segundo o significado que
expresen.
Aplicar correctamente s ou x nas palabras que comezan por es- e ex-.
Recoñecer as características básicas do xénero teatral.
18
Analizar as características específicas dun texto explicativo.
Unidade 12
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Recoñecer as funcións dos equipos de normalización lingüística.
Coñecer o vocabulario básico relacionado cos sentidos.
Recoñecer as oracións e as súas clases.
Identificar o suxeito e o predicado dunha oración.
Analizar e clasificar os distintos casos de oracións sen suxeito.
Escribir correctamente palabras con i, con x e con ll.
Analizar os elementos propios da linguaxe do cómic.
Redactar textos propios seguindo determinadas estratexias creativas.
Contidos
Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega.
Vocabulario referido aos sentidos.
A oración.
Uso de i, x, ll.
O cómic.
O texto técnico ou científico.
Criterios de avaliación
Ler e comentar un texto que combine texto e imaxe.
Recoñecer as funcións dos Equipos de Normalización da Lingua Galega.
Aplicar noutros contextos o vocabulario básico estudado.
Identificar oracións, recoñecer se son simples ou compostas e clasificalas
segundo a intención do emisor.
Identificar e analizar o suxeito e o predicado dunha oración.
Recoñecer e analizar as distintas oracións sen suxeito.
Aplicar correctamente as grafías i,x,ll.
Analizar os elementos dun cómic.
Comentar os trazos lingüísticos propios dos textos científicos, técnicos ou
humanísticos.
19
2. Contidos mínimos esixibles
Ortografía
Distinguir entre sons e letras. O uso dos dígrafos.
Dividir correctamente as palabras en sílabas e diferenciar ditongos e
hiatos.
Identificar as palabras agudas, graves e esdrúxulas.
Diferenciar sílabas tónicas e átonas.
Colocar o til nas palabras segundo as regras de acentuación xeral das
palabras agudas, graves e esdrúxulas.
Usar con corrección o acento diacrítico nalgunhas das palabras de uso
frecuente: é/e, oso/óso, póla/pola, máis/mais, por/pór…
Expresarse por escrito empregando axeitadamente os signos de
puntuación seguintes: o signo de interrogación, o signo de admiración,
os dous puntos, os puntos suspensivos e o punto.
Comprensión
Identificar as ideas principais, tanto en textos orais como escritos.
Expresión oral
Ler con certa fluidez e expresividade.
Valorar a participación activa nas situacións de oralidade que se
presenten na aula coidando o correcto uso da lingua.
Gramática
Identificar distintas clases de palabras: substantivos, adxectivos, verbos,
adverbios, pronomes persoais tónicos, artigos, demostrativos, posesivos
e preposicións.
Formar o xénero e o número de substantivos e adxectivos segundo as
regras xerais.
Coñecer os tempos do modo indicativo dos verbos regulares.
Identificar clases de oracións.
Léxico
Recoñecer e empregar correctamente palabras de uso común dos
campos semánticos estudados durante o curso.
20
Expresión escrita
Elaboración de textos orais e escritos axeitados ao seu nivel
Literatura
Diferenciar e comprender textos poéticos, narrativos e dramáticos.
Identificar o diálogo, a descrición e a narración en contos e relatos
curtos.
Outros
Demostrar que se leron os libros de lectura marcados no curso.
3. Metodoloxía didáctica
Os principios xerais da aprendizaxe significativa, e, en particular, a situación
na que se atopa o noso idioma, condicionan a metodoloxía a aplicar nesta
materia.
Para que a aprendizaxe da lingua sexa significativa debe existir unha
acomodación entre a estrutura cognitiva do/a alumno/a e os valores, ideas,
conceptos ou actitudes que ten que asimilar. Para isto hai que ter en conta
os coñecementos ou actitudes previas dos/as alumnos/as como resultado de
experiencias anteriores adquiridas dentro ou fóra da escola.
Cada vez que o/a profesor/a de lingua comeza o seu labor cun grupo de
alumnos/as ten que partir dos preconceptos, ideas, valores ou
coñecementos previos que teñen os escolares.
Os/as alumnos/as que chegan ao 1º curso de ESO, recibiron ensino en
galego en anos anteriores; nestes cursos debemos, pois, ofrecerlles os
contidos, as estratexias, as condicións e as motivacións necesarias para que
perfeccionen o coñecemento e o uso da lingua galega.
O enfoque que se dará ao ensino-aprendizaxe desta lingua debe ser
funcional e comunicativo, polo tanto partiremos de situacións reais de
comunicación nas que os/as alumnos/as participen como emisores/as e
como destinatarios/as para posteriormente analizalas e conceptualizalas.
O ensino-aprendizaxe na lingua oral debe promover intercambios de
comunicación reais e observar a fala dos/as alumnos/as para que reflexionen
sobre os enunciados e sobre os usos lingüísticos coa finalidade de que
melloren a súa competencia comunicativa.
21
O/a profesor/a insistirá en que deben expresar as ideas de forma
coherente, cun léxico axeitado e preciso (de acordo co nivel), cunha dicción
clara, etc; con este fin podemos utilizar recursos tan axeitados como a
recitación de poemas ou a dramatización.
O /a profesor/a fomentará, tamén, a creatividade a través de temas
diverxentes, do remuíño de ideas e da utilización de textos libres.
Na práctica da comunicación escrita o/a profesor/a deberá pór en
marcha estratexias que axuden a entender o significado do texto como:
sintetizar o tema, enumerar as ideas esenciais, esquematizalo, recoñecer a
estrutura propia do tipo de texto.
O/a profesor/a procurará situacións de aprendizaxe, é dicir,
situacións concretas de lingua que o alumnado deberá analizar e comentar e
que, ao mesmo tempo, lle poidan servir para reflexionar sobre os
compoñentes de natureza lingüística e textual coa finalidade de aplicalos na
comprensión e na elaboración de textos.
A reflexión sobre lingua debe partir do texto e rematar no texto,
considerando este a unidade lingüística máis complexa dentro da cal se
atopan as outras unidades. A combinación das técnicas de exposición e da
indagación, así como a secuencia e o deseño de actividades motivadoras,
permitirán aos/ás alumnos/as descubrir a estrutura desta unidade
supraoracional que é o texto, e conseguir unha mellor competencia
comunicativa tanto no que se refire á comprensión como á expresión.
A selección de textos (narrativos, descritivos, poéticos, dramáticos...) sobre
os que se traballe debe adecuarse á bagaxe cultural dos/as alumnos/as, aos
seus intereses e fomentar o seu espírito crítico; as proposicións e as
indicacións do alumnado terán unha importancia especial á hora de facer
esta selección de textos.
No referente ao estudo dos medios de comunicación (noticias), partiremos
dos textos dos diferentes xornais que se reciben no Centro, para comentar
as súas características e así fomentar o espírito crítico dos alumnos e das
alumnas.
En conclusión, no proceso de ensino-aprendizaxe o/a profesor/a de
lingua terá sempre presente que os coñecementos nunca se dan aillados
senón formando sistemas coherentes entre si. A aprendizaxe non supón
simplemente a modificación dun concepto descontextualizado (as obras
dun/ha autor/a, as oracións gramaticais...), senón a reestruturación do
esquema ou concepción previa noutra concepción diferente.
22
4. Materiais e recursos didácticos
Libro de texto: Lingua 1º ESO da editorial ANAYA.
Libros de lectura. O alumnado poderá escoller as súas lecturas
trimestrais; a profesora facilitará un listado con obras de temática diversa.
Libros de consulta: dicionarios, normas ortográficas e morfolóxicas...
Medios audiovisuais: películas, documentais e gravacións.
Fondos da biblioteca do centro. Revistas, xornais...
Recursos na rede: proxecto ABALAR, webs, blogs, dicionarios,
enciclopedias, correctores ortográficos, bibliotecas, actividades interactivas...
5. Procedementos de avaliación
Criterios de avaliación: Indicados nas unidades didácticas distribuídas por
trimestres.
Instrumentos de avaliación
Observación do alumnado na aula: participación activa nas
actividades de oralidade, traballo na aula de forma individual ou en
equipo, entrega no tempo marcado das tarefas sinaladas, presenza
do material didáctico esixido...
Valoración do traballo realizado na casa: redaccións e actividades
varias entregadas no prazo acordado...
Revisión do caderno de traballo do/a alumno/a: orde e claridade na
presentación, número de actividades e exercicios realizados e
corrixidos correctamente...
Control de lectura.
Exames: un máximo de dous exames ou controis por trimestre.
Procedementos de avaliación
Axustaranse ás seguintes porcentaxes:
● 20% da nota corresponderá aos contidos actitudinais: participación na
aula, traballo na casa, entrega das tarefas no tempo indicado, presenza do
material axeitado na clase.
23
● 20%, aos contidos procedementais: exposicións orais, textos escritos,
controis de lectura das obras literarias marcadas trimestralmente e
valoración do caderno de traballo do alumnado.
● 60%, aos exames ou controis (orais ou escritos) dos contidos conceptuais.
Máximo, dous exames parciais por trimestre.
Despois de cada avaliación poderá ofertarse, se o/a profesor/a o considera
oportuno, un exame de recuperación. Ao final de curso, o profesorado que
imparte a materia valorará a conveniencia de sinalar ou non un exame de
recuperación final (de toda a materia, se o alumnado ten suspensas as
tres avaliacións; de parte da materia se o alumnado ten suspensas unha ou
dúas avaliacións).
6. Medidas de atención á diversidade
Consideracións xerais
O/a profesor/a ten que ter presente que as diferenzas que hai entre o
alumnado impiden conseguir obxectivos idénticos. Polo tanto, sen renunciar
á existencia de obxectivos xerais e comúns, hai que considerar a necesidade
de dispor de métodos de ensino alternativos, segundo a diversidade do
alumnado e o ritmo de aprendizaxe.
Partindo do proxecto curricular, o profesorado realizará as adaptacións
necesarias, tendo en conta os seguintes puntos:
Adaptar o material didáctico.
Variar a metodoloxía segundo as necesidades de cada alumno e
alumna.
Propoñer actividades de aprendizaxe diferenciadas.
Organizar grupos de traballo flexíbeis.
Ampliar ou reducir bloques de contidos segundo o interese e a
capacidade do alumnado.
Modificar a temporalización ou a orde dos contidos indicados nas
unidades didácticas.
Ademais, neste curso 2014-15 está aprobado o desdobre dos tres grupos de
1º de ESO, que implicará a existencia de clases cun número máis reducido
de alumnos/as e posibilitará unha atención máis personalizada. Os
desdobres de 1º de ESO, seguindo en liñas xerais a programación xa
indicada para o curso, teñen como obxectivo que o alumnado acade os
contidos mínimos esixibles (xa enumerados). Así mesmo, proponse reforzar
24
contidos procedementais e ampliar actividades encamiñadas a fomentar as
habilidades básicas: falar, escoitar, ler e escribir.
Por último, podemos considerar como medida de atención á diversidade a
materia “Obradoiro de comunicación oral” para o alumnado con dificultades
para a adquisición da competencia lingüística, exento de impartir a segunda
lingua estranxeira.
Programación desdobre de 1º ESO
Tanto os obxectivos xerais deste primeiro curso, coma os contidos
conceptuais e actitudinais (en liñas xerais) non varían nesta proposta,
manténdose tamén os contidos mínimos sinalados na Programación xeral do
1º de ESO.
As variacións han de estar, dende o noso punto de vista, tanto na
metodoloxía empregada como no diferente tratamento dos contidos
conceptuais, así como no reforzo ou desenvolvemento das habilidades
básicas do noso alumnado, para o que será preciso traballar na aula,
especialmente, os contidos procedementais.
Tendo como soporte teórico-práctico o mesmo programa e o mesmo libro de
texto que o resto do alumnado de primeiro de ESO, incidiremos, pois,
naqueles aspectos esenciais para o desenvolvemento dunha correcta
expresión oral e escrita e dunha lectura comprensiva, tal como aparece
recollido no apartado de Contidos Mínimos esixidos para este primeiro curso
da ESO. Será necesario, pois, coñecer primeiro as necesidades e as
dificultades dos alumnos e alumnas dos grupos de desdobre, polo que se
realizarán ao principio de curso todo tipo de actividades e exercicios que
axuden a debuxar o perfil formativo de cada un/unha dos nosos/as
alumnos/as.
Obradoiro de comunicación oral: dotado con dúas horas semanais e
cun programa específico desenvolto en páxinas posteriores.
8. Actividades complementarias e extraescolares previstas
Realización de actividades ofertadas polo Concello de Ourense (visitas
guiadas, MOTECES...).
Asistencia a conferencias de autores/as lidos/as durante o curso.
25
Asistencia ao Correlingua organizado polo sindicato CIG-Ensino en
colaboración con outras entidades, organismos e institucións.
Conmemoración de diferentes datas ao longo do curso: 25 de novembro;
Día da Muller Traballadora; Día do Libro; Semana das Letras Galegas...
Participación no Concurso Literario do Centro que, dende hai anos, convoca
o Departamento de Lingua Galega e Literatura con notable éxito.
9. Accións previstas de acordo co proxecto lector
Lectura na aula 1 h semanal. Proposta de actividades:
Actividades “clásicas”:
- Nunha hora de clase, o/a profesor/a acompaña ao alumnado á Biblioteca, para
que cada quen elixa un libro. Cada alumno/a poderá cambiar de libro, se non lle
agrada, durante os dous días seguintes. Rematado ese prazo, terá que ter
decidido cal é a obra que vai ler nun prazo máximo de quince días. Durante ese
período de tempo, nas horas que se adiquen á lectura, o alumnado levará á aula
o seu libro e realizará unha lectura individual. Ao finalizar o tempo pactado
previamente, tamén na hora de clase, cada alumno/a cubrirá dúas fichas iguais:
unha para el/ela, outra para o profesor/a. Na ficha poderían aparecer os
seguintes datos:
. TÍTULO:
. AUTOR/A:
. EDITORIAL:
. DATA DE COMEZO DA LECTURA:
. DATA DE REMATE DA LECTURA:
. CONSEGUICHES LER A OBRA COMPLETA? SI NON
. RESUME NUNHA FRASE DE QUE TRATA A OBRA: (Exemplo:
As aventuras dunha nena durante un verán / Os pensamentos
que Artur ten cando os seus pais se separan).
.RECOMENDARÍAS ESTE LIBRO AOS TEUS COMPAÑEIROS/AS?
SI NON
. POR QUE?
Estas fichas serven para que tanto o alumno/a coma o profesor/a leven conta
do progreso no hábito de lectura.
- Despois de que o profesor/a presente varias opcións de lecturas na aula (o
título, un breve resume do argumento…), elíxese por maioría unha lectura
común, á que se lle adicará un tempo. Será o profesor/a quen leve os
exemplares da obra precisos á aula (un por cada dous alumnos/as). Durante as
26
horas adicadas á lectura, lerase en alto esta obra, tentando que todos/as
participen.
- Cada certo tempo, pode ser o profesor/a o que lea en alto (preferiblemente un
relato). Trátase de que, tanto polo contido do texto elixido como pola forma de
lelo, a historia resulte engaiolante para o alumnado. Haberá quen desexe
escoitar “máis historias desas”, ou quen pregunte o nome do/a autor/a e queira
ler pola súa conta outras obras do/a mesmo/a.
- Outra posibilidade é que un só libro rote pola aula. Comeza un a ler; cando
decida, pásalle o libro a outro/a e así sucesivamente. O/A profesor/a tamén
entra na rolda. Debemos tentar que todos/as entren nela.
Outras actividades posibles:
1. Ler e comprender:
- Despois de seleccionar con tento un relato, o/a profesor/a le en alto na aula,
pedindo unha máxima concentración por parte do alumnado. Despois, de forma
oral e entre todos/as, farase un comentario da lectura seguindo as pautas que
marque o profesor/a. Exemplo: “Por que credes que o personaxe tal dixo isto?/
Que vos pareceu o final? Podería haber outro?”.
- Igual que o anterior, mais desta vez, a segunda parte da actividade
(comprensión do texto) realízase por escrito. Unha posibilidade é que sexa un
cuestionario tipo test no que o/a profesor/a sinale tres respostas incorrectas e
unha correcta, en cada pregunta. Exemplo: “Onde se desenvolve esta historia?:
A nun país imaxinario; B nunha cidade de Galicia; etc.”.
- Se o relato, poema, escena teatral… é breve, pódese tentar esta actividade:
trala primeira lectura, o/a profesor/a advirte que vai volver ler o mesmo texto
pero con 5 diferenzas con respecto á primeira lectura. Cada alumno/a anotará
no seu caderno as diferenzas detectadas. Despois exporase na aula. Este é un
exercicio que fomenta a atención e concentración.
- Semellante á actividade anterior, mais na segunda lectura, en vez de
introducir 5 diferenzas, borramos certas palabras ou expresións, provocando
espazos baleiros na lectura que o alumnado terá que encher no seu caderno.
Malia que este exercicio, igual que o outro, podería realizarse con textos
escritos, é interesante tamén que se leve a cabo de xeito oral: a maioría das
clases baséanse na oralidade e un número importante de alumnos/as amosan
dificultades de concentración, atención e entendemento ante o discurso oral.
2. Ler é divertido:
- Neste apartado poderían incluírse un bo número de “xogos” que se relacionan
entre si. Sinalamos unha mostra. É moi axeitado o texto teatral para este tipo
de actividades, pero podemos empregar calquera texto, mesmo o xornalístico
27
ou o propio libro de texto. Trátase de convertérmonos nun personaxe cunhas
características determinadas que se sinalan previamente. Ao principio, abonda
cun trazo peculiar dese personaxe, que terá que ler de acordo coa peculiaridade
sinalada:
é moi vello/a e non ten dentes,
pronuncia de xeito característico o son “s”,
ten o costume de incorporar o son que faría o obxecto ou a
acción que nomea (ten teima polas onomatopeas); exemplo:
escoitou petar na porta (pum, pum, pum) / soou o teléfono
(ring, ring, ring) / caeulle o libro ao chan (ploff) / botouse a rir
(ge, ge, ge),
cada vez que pronuncia unha palabra (por exemplo, “para”),
espirra, poño por caso, ou tose, ou bocexa…,
personaxe cantarín, que case converte o seu discurso nunha
canción de “rap”,
é un/ha neno/a mimoso/a, que arrastra as sílabas,
ten a voz grave, gravísima,
cada certo tempo introduce unha palabra ou unha expresión
pola que sente predilección –retrouso- (por exemplo, “ou
sexa”, “en fin”, “é dicir”, “sabes?”), é un extraterrestre ou un
robot ou unha pantasma ou un político, ou mesmo, por ser
estranxeiro, ten un aquel na fala...
NNIIVVEELL:: 1º ESO
MMAATTEERRIIAA:: OBRADOIRO DE COMUNICACIÓN ORAL
PPRROOFFEESSOORREESS:: FFiinnaa MMaattaannzzaa ,, Pilar Prieto
1. Obxectivos
Ler comprensivamente textos de distinta tipoloxía: literarios (poesía, relato,
texto dramático), xornalísticos, expositivos, argumentativos,
prescritivos....
Saber comunicar o que se le ou escoita, despois de telo comprendido.
Ler expresivamente coidando a dicción, entoación e ritmo. Decatarse de que
o significado da mensaxe depende non só do seu contido, senón tamén da
forma de ser expresada.
Comprender textos orais de diferente índole percibindo o funcionamento da
linguaxe oral, que dependerá da situación comunicativa concreta.
28
Producir enunciados e discursos orais atendendo á intención comunicativa.
Por exemplo, elaborar réplicas nos diálogos improvisados para diferentes
situacións comunicativas, ou planificar o discurso oral coidando de que a
estrutura e organización se adecúen á súa finalidade.
Relacionar a estrutura do discurso oral co texto escrito: división en
parágrafos, organización dos enunciados que compoñen o parágrafo...
Interese por mellorar a capacidade expresiva, tanto no que se refire á
competencia lingüística como aos recursos non verbais.
Interese por enriquecer o vocabulario habitual como un medio de mellorar a
capacidade comunicativa.
Interese por fomentar o grao de atención, observación e concentración,
entendendo que, de o conseguir, obteranse máis recursos para
comprender as mensaxes diversas.
Interese por fomentar a capacidade memorística, sabendo da súa utilidade,
e non só para o proceso de aprendizaxe.
2. Contidos conceptuais
Tendo en conta o sinalado na Introdución, o currículo será desenvolvido de
forma práctica, non teórica e, polo tanto, os contidos conceptuais seguintes
serán un referente, non un fin en si mesmos:
Os elementos da comunicación.
As funcións da linguaxe.
Os rexistros lingüísticos.
O monólogo.
O diálogo.
A poesía: ritmo e entoación.
Novela, relato, conto: punto de vista, espazo, tempo e estrutura.
Peculiaridades do texto dramático: entre a literatura e o espectáculo.
Tipoloxía textual.
Propiedades textuais.
Análise textual: relación orde-significado.
Campos semánticos: o corpo humano, a familia, a casa, a cidade, a
paisaxe...
Morfosintaxe: o substantivo, o adxectivo, os determinantes, os
pronomes, o verbo regular, os adverbios, os conectores.
3. Contidos procedementais
29
Actividades de presentación coas que trataremos de coñecernos a nós
propios e coñecer os demais para formar “grupo” e conseguir un
ambiente agradable na aula, indispensable para o desenvolvemento
deste currículo. Despois da reflexión individual previa, expresaremos,
empregando distintos xogos e instrumentos, as nosas reflexións sobre
distintos temas, os nosos soños, as nosas inquedanzas...
Lectura en voz alta de textos (literarios ou non).
Actividades para medir o grao de comprensión dos diferentes textos.
Actividades para medir o grao de atención, observación e concentración
que posuímos como receptores das mensaxes orais.
Exposicións e postas en común para explicarmos e comentar o lido,
despois de comprendelo.
Actividades para mellorar a nosa habilidade lectora e ampliar os recursos
expresivos.
Identificar distintos tipos de discurso oral (espontáneo e planificado)
comprendendo o funcionamento da linguaxe oral en cada caso.
Improvisar discursos orais dada unha situación comunicativa, na que se
pretende conseguir unha finalidade concreta, previamente sinalada.
Xogos de simulación nos que o alumno/a, converténdose nun personaxe
cunhas características sociais, culturais, profesionais..., terá que adecuar
o seu discurso ao perfil sinalado, empregando un determinado
vocabulario e rexistro lingüístico.
Contacontos: actividades diversas nas que o alumnado contará en
público contos, anécdotas, lendas ou experiencias reais ou inventadas,
empregando distintos puntos de vista e diferentes técnicas orais.
Poderemos empregar, ao principio, modelos cos que contaremos, por
exemplo, con posibles estruturas de presentación, desenvolvemento e
desenlace.
Recitado, dramatización e memorización de poesías breves de diferente
temática: satírico-burlescas, sociais, intimistas... para axeitar a
entoación e o ritmo aos diferentes contidos.
Dramatización e memorización de textos teatrais breves.
Improvisacións dramáticas que parten de: situacións, espazos,
personaxes, obxectos, palabras... determinadas.
Exposición de un ou varios discursos planificados cos que o alumnado ha
de ter conta de que a súa estrutura e o seu desenvolvemento se axeiten
á finalidade do mesmo: convencer, informar, criticar...
30
Actividades de escrita, que se realizarán puntualmente tanto para
trasladar o realizado oralmente e levar a cabo a análise comparativa,
como para potenciar a escrita creativa.
4. Contidos actitudinais
Interese por participar activamente na formación dun grupo e un
ambiente agradable na aula.
Interese por saber comunicar pensamentos, sentimentos, experiencias, e
por escoitar con respecto aos demais.
Interese por mellorar a habilidade e o hábito lectores: ser conscientes
das nosas dificultades e querer solventalas.
Interese por comprender todo tipo de discursos, orais ou escritos,
entendendo que repercutirá favorablemente na nosa formación, tanto
académica como persoal, e que nos servirá para estar máis e mellor
comunicados.
Procurar o pracer da lectura e a riqueza que conleva.
Interese por ampliar os nosos recursos expresivos, tanto verbais como
non verbais, para todo tipo de situacións comunicativas, que facilitará a
relación positiva e eficaz, máis pracenteira, co noso contorno.
Interese por desenvolver habilidades básicas: memoria, concentración,
capacidade de síntese..., entendendo que isto repercutirá positivamente
na aprendizaxe e na nosa formación integral.
Ser consciente da importancia dunha presentación coidada nos traballos
escritos, respectando as marxes e as sangrías, procurando unha letra
clara e realizando unha boa estruturación por parágrafos.
Interese por afastarse dos tópicos, procurando unha óptica propia,
creativa, tanto nos traballos orais coma escritos.
5. Criterios de avaliación
Para avaliar a lectura comprensiva de textos de distinta tipoloxía, despois
de varias prácticas, fundamentalmente orais, realizarase unha proba:
despois de ler en alto un texto, o alumnado contestará por escrito un
cuestionario sobre as ideas principais do mesmo. Esta proba poderá
consistir en determinar se son verdadeiras ou falsas as afirmacións, elixir
entre varias opcións a verdadeira ou identificar a idea principal de cada
parágrafo co fin de elaborar posteriormente un resumo.
31
Para avaliar a capacidade de saber comunicar o lido ou escoitado,
realizarase unha proba oral, na que o alumnado contestará unha serie de
cuestións sobre o esencial do texto, ou exporá as ideas fundamentais do
mesmo.
Para avaliar a lectura expresiva, o alumnado deberá ler en alto, polo
menos tres textos, a ser posible un poema, un conto ou relato curto e un
breve texto dramático. Estes tres textos serán entregados o día antes da
proba para que o alumnado poida preparalos.
Para avaliar a capacidade de comprensión de textos orais de distinta
tipoloxía, o alumnado deberá identificar as características básicas da
linguaxe oral en cada tipo de discurso (planificado ou espontáneo) e
identificar tamén a situación comunicativa.
Para avaliar a produción de enunciados orais atendendo á intención
comunicativa, o alumnado terá que elaborar réplicas nos diálogos
improvisados ou planificar un discurso dada unha situación comunicativa
concreta ou unha finalidade.
Para avaliar a relación da estrutura do discurso oral co texto escrito, o
alumnado deberá escribir algún dos discursos elaborados anteriormente
coidando a presentación: marxes, sangría, división correcta en
parágrafos e orde dos mesmos.
Para avaliar o interese por mellorar a capacidade expresiva, o
profesorado terá que coñecer previamente a situación inicial de cada
alumno/a e valorar a súa progresión tanto na expresión oral como na
escrita, e mesmo na expresión non verbal. Será esta progresión e non
unha proba concreta a que determine a cualificación neste apartado.
Para avaliar o interese por enriquecer o vocabulario, o alumnado terá
que empregar con corrección os novos termos que se vaian traballando
na aula, relacionados cos distintos campos semánticos xa indicados. A
este respecto, ao longo do curso, realizaranse probas concretas onde,
dada unha situación comunicativa, o alumnado terá que improvisar un
discurso incorporando un determinado número de palabras do campo
traballado.
Para avaliar o grao de atención, observación e concentración,
realizaranse probas ao longo de todo o curso, que poden consistir en:
identificar os cambios (nos diferentes elementos da comunicación,
distinta intención comunicativa, estrutura, xénero...) nun discurso con
respecto a outro anteriormente traballado; tamén se terá en conta a
capacidade do alumnado, ao longo de todo o curso, para realizar o rol
32
que lle corresponda nas diferentes situacións comunicativas:
naturalidade, adecuación ao personaxe, respecto ás intervencións dos
demais, capacidade de comunicar...
Para avaliar o grao de memorización, realizaranse distintas probas ao
longo do curso: recitado de poemas, exposición de discursos orais
planificados, representación de escenas teatrais, etc.
6. Contidos mínimos esixibles
Mellorar nas destrezas básicas: falar, escoitar, ler expresiva e
comprensivamente, e escribir.
Falar
Respectar a quenda.
Defender a opinión sen agredir ao que pensa diferente.
Empregar un léxico axeitado a cada situación comunicativa: evitar as
palabras comodín, retrousos e palabras malsoantes.
Estruturar cunha certa lóxica o discurso, segundo cada caso (primeiro
pensar unha estrutura, e logo desenvolvela).
Mellorar na fluidez expresiva.
Escoitar
Non interromper o discurso da outra persoa.
Evitar comentarios ferintes ou inapropiados, ou actitudes
desprezativas, ante o discurso do/a outro/a.
Amosar atención e interese para intentar comprender o expresado
polos demais.
Ler
Mellorar na dicción, entoación e ritmo.
Progresar na capacidade e rapidez de comprensión.
Mellorar no hábito de lectura.
Escribir
Concienciarse da importancia dunha boa presentación dos traballos
escritos, respectando as marxes e a sangría, empregando unha letra
clara, estruturando con corrección os parágrafos e facendo uso de
distintos recursos para resaltar apartados, subapartados, etc.
Achegamento á escrita creativa: poemas, relatos, textos teatrais,
noticias... empregando os recursos fundamentais propios de cada
xénero, así como un correcto uso dos signos de puntuación básicos e
os elementos esenciais da ortografía e a morfosintaxe.
33
NNIIVVEELL:: 2º ESO
MMAATTEERRIIAA:: LINGUA GALEGA E LITERATURA
PPRROOFFEESSOORRAASS:: Helena Alonso e Concepción Fernández
1. Distribución trimestral das unidades didácticas: obxectivos, contidos e
criterios de avaliación
1º TRIMESTRE
Unidade 1
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Recoñecer as características propias da noticia.
Ampliar o vocabulario relacionado cos xogos.
Recoñecer as palabras compostas e identificar os seus compoñentes.
Diferenciar unha frase dunha oración.
Coñecer e aplicar as regras de acentuación.
Identificar textos literarios.
Describir os elementos do contorno.
Contidos
A noticia.
Os xogos. As palabras compostas.
O xénero do substantivo.
A oración e a frase.
Acentuación.
O texto literario e o texto descritivo.
Criterios de avaliación
Ler con fluidez e coa atención adecuada un texto e comentalo seguindo
uns criterios dados.
Identificar as características propias da noticia como xénero periodístico.
Ampliar o vocabulario básico relacionado cos xogos.
Identificar palabras compostas e recoñecer a súa estrutura.
34
Recoñecer os trazos formais máis característicos do xénero poético.
Identificar o xénero dos substantivos e aplicar as regras de formación do
feminino.
Recoñecer a diferenza entre unha frase e unha oración.
Recoñecer o suxeito e o predicado dunha oración e identificar as
distintas frases que a constitúen.
Coñecer e aplicar correctamente as regras de acentuación.
Recoñecer as características que definen un texto literario.
Comprender e identificar as características propias dun texto descritivo.
Unidade 2
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles e de obter información.
Valorar a riqueza do bilingüismo.
Ampliar o vocabulario básico relacionado coa flora e a fauna.
Formar palabras derivadas mediante a sufixación.
Coñecer as normas de formación do plural dos substantivos.
Identificar os compoñentes da frase e diferenciar as clases de frases.
Aplicar correctamente o til diacrítico en palabras con “e” e con “o”.
Coñecer as características propias da literatura popular ou tradicional.
Contidos
O status das linguas.
A flora e a fauna.
Os sufixos.
O número do substantivo.
A frase.
O til diacrítico en palabras con “e” e con “o”.
A literatura popular.
Criterios de avaliación
Ler con fluidez e atención un texto narrativo e comentalo seguindo uns
criterios dados.
Comprender os conceptos de bilingüismo e cooficialidade.
Utilizar en diversos contextos o vocabulario básico estudado.
35
Formar palabras novas engadindo sufixos ao lexema.
Formar o plural de substantivos dados.
Recoñecer os elementos constitutivos dunha frase e clasificalas segundo
a súa estrutura.
Aplicar correctamente o til diacrítico en palabras con “e” e con “o”.
Comentar a partir dun texto, as características propias da literatura
popular.
Unidade 3
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Recoñecer a diferenza entre unha noticia e unha noticia breve.
Ampliar o vocabulario básico relacionado co aspecto físico das persoas.
Recoñeer a relación semántica entre termos complementarios.
Identificar o adxectivo cualificativo e as súas características
morfolóxicas.
Recoñecer o suxeito dunha oración e identificar o tipo de frases que
poden realizar esta función.
Aplicar o til diacrítico en palabras con a.
Recoñecer e analizar a estrutura dun texto narrativo.
Interpretar unha ruta.
Contidos
A noticia breve.
Vocabulario relacionado co físico das persoas.
Os termos complementarios.
O adxectivo cualificativo.
O suxeito: definición e identificación.
O til diacrítico en palabras con “a”.
O xénero narrativo: estrutura da narración.
A descrición dunha ruta.
O pronome persoal.
36
Criterios de avaliación
Ler un fragmento dun texto coa fluidez e a comprensión adecuadas, e
comentalo seguindo uns criterios dados.
Recoñecer e redactar unha noticia breve.
Utilizar en diversos contextos o vocabulario básico estudado.
Recoñecer os termos contrarios e identificar, dentro deles, os
complementarios.
Recoñecer o adxectivo cualificativo e as súas características
morfolóxicas.
Nunha oración, identificar o suxeito e analizar os seus constituíntes.
Aplicar correctamente o til diacrítico en palabras con “a”.
Recoñecer as tres partes en que adoita estruturarse un texto narrativo:
presentación, desenvolvemento e desenlace.
Interpretar e describir unha ruta.
Unidade 4
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Identificar algunhas formas de prexuízos lingüísticos
Ampliar o vocabulario relacionado coa festa.
Identificar palabras polisémicas e homónimas.
Recoñecer os adxectivos determinativos e coñecer o seu uso.
Identificar o suxeito axente e o suxeito paciente e diferenciar os distintos
tipos de oración sen suxeito.
Coñecer e aplicar correctamente o til diacrítico.
Coñecer as características do conto e a diferenza entre final pechado e
final aberto.
Interpretar e elaborar un tipo de texto de carácter informativo: o
programa de festas.
Contidos
Prexuízos lingüísticos.
Vocabulario relacionado coa festa.
Palabras polisémicas e homónimas.
Os adxectivos determinativos (1): usos especiais e particularidades.
37
O suxeito (2): diferenza entre suxeito axente e suxeito paciente; tipos de
oracións sen suxeito.
O til diacrítico (3).
O esquema de chaves.
O conto.
Criterios de avaliación
Ler un texto coa fluidez e a comprensión adecuadas e comentalo
seguindo unhas pautas dadas.
Identificar algunhas formas de prexuízos lingüísticos.
Aplicar noutros contextos o vocabulario básico estudado.
Recoñecer palabras polisémicas e homónimas.
Identificar os adxectivo determinativos e coñecer os seus usos.
Diferenciar entre suxeito axente e suxeito paciente e distinguir os tipos
de oracións sen suxeito.
Coñecer e aplicar correctamente o til diacrítico.
Analizar as características do conto e o tipo de final.
2º TRIMESTRE
Unidade 5
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Recoñecer as características propias da reportaxe como xénero
periodístico.
Coñecer e utilizar verbos que indican acción relacionadas coa
manifestación do medo.
Diferenciar a familia léxica do campo semántico.
Coñecer as formas dos adxectivos determinativos- indefinidos, numerais,
interrogativos e exclamativos-, e aplicalas correctamente nas producións
propias.
Recoñecer o predicado dunha oración e identificar o seu núcleo.
38
Coñecer e aplicar correctamente os signos de puntuación (coma, punto e
coma, signos de interrogación e de admiración).
Recoñecer as característica da microficción.
Redactar textos propios seguindo determinadas estratexias creativas.
Contidos
A reportaxe.
Vocabulario relacionado co medo.
Familia léxica e campo semántico.
Os adxectivos determinativos (2).
O predicado.
Signos de puntuación (1).
A microficción.
Criterios de avaliación
Ler un texto coa fluidez e a comprensión adecuadas e comentalo
seguindo uns criterios dados.
Recoñecer as características dunha reportaxe.
Aplicar noutros contextos o vocabulario básico estudado.
Diferenciar entre familia léxica e campo semántico.
Recoñecer e utilizar correctamente os adxectivos determinativos.
Nunha oración, recoñecer o predicado e identificar o seu núcleo.
Coñecer e aplicar correctamente as regras de uso dos signos de
puntuación.
Recoñecer as características propias dos microrrelatos.
Unidade 6
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Coñecer algunhas consecuencia dos prexuízos lingüísticos.
Ampliar o vocabulario relacionado coa xustiza.
Identificar a relación semántica entre termos recíprocos.
Identificar as formas do pronome átono, así como as súas contraccións.
Identificar o predicado nominal e coñecer a súa estrutura.
Coñecer as regras de uso dos signos de puntuación, particularmente das
parénteses e as comiñas.
39
Saber cales son as características da novela e analizar a persoa narrativa
no fragmento dunha novela.
Interpretar e elaborar un texto instrutivo.
Contidos
Prexuízos lingüísticos (2).
Vocabulario referido á xustiza.
Termos recíprocos.
Os pronomes persoais (1): o pronome átono.
O predicado nominal.
Signos de puntuación.
O esquema de números e o cadro sinóptico.
A novela. Elementos da narración (1): o narrador.
O texto instrutivo.
Criterios de avaliación
Ler un texto coa fluidez e a comprensión adecuadas e comentalo
seguindo uns criterios dados.
Coñecer algunhas consecuencias dos prexuízos lingüísticos.
Coñecer e utilizar de forma apropiada o vocabulario referido á xustiza.
Identificar termos recíprocos.
Recoñecer as formas átonas dos pronomes persoais, así como as formas
que resultan da súa concorrencia.
Diferenciar na práctica o uso de te/che e lle/lles.
Recoñecer oracións copulativas e analizar sintácticamente o predicado
nominal.
Usar correctamente os signos de puntuación, particularmente as
parénteses e as comiñas.
Coñecer as características da novela.
Identificar o tipo de narrador nun texto narrativo e saber dicir se é
omnisciente, protagonista ou testemuña.
Coñecer os trazos característicos dos textos instrutivos e saber
redactalos.
40
Unidade 7
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Recoñecer as características propias da crónica como xénero periodístico.
Coñecer o vocabulario básico relacionado co deporte.
Identificar a relación semántica entre termos antónimos.
Colocar adecuadamente o pronome átono na oración ( enclítico ou
proclítico).
Identificar o predicado verbal e coñecer a súa estrutura.
Empregar correctamente algunhas grafías que poden ofrecer dificultades.
Analizar os elementos da narración: personaxes e diálogo.
Interpretar e analizar un texto humanístico: o ensaio.
Contidos
A crónica.
Vocabulario referido ao deporte
Termos antónimos.
Os pronomes persoais (2): colocación do pronome átono.
O predicado verbal.
Uso do h.
Elementos da narración (2): personaxes e diálogo.
O ensaio.
Criterios de avaliación
Ler un texto narrativo con fluidez e comentalo seguindo uns criterios
dados.
Identificar as características propias da crónica como xénero periodístico.
Aplicar noutros contextos o vocabulario aprendido.
Identificar termos antónimos.
Colocar correctamente as formas átonas do pronome persoal.
Identificar as oracións predicativas e saber cales son os elementos
constitutivos do predicado verbal.
Aplicar correctamente as normas de uso do h.
Entender a diferenza entre personaxes principais e secundarios.
Nun texto narrativo, recoñecer os fragmentos onde aparecen diálogos
directos e indirectos.
41
Comprender e analizar un ensaio.
Unidade 8
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Utilizar correctamente os topónimos galegos e evitar as interferencias co
castelán.
Coñecer e utilizar adecuadamente verbos de pensamento.
Formar palabras derivadas mediante a utilización de prefixos.
Saber conxugar os verbos regulares e aqueles que presentan variacións.
Diferenciar verbos transitivos/intransitivos e recoñecer o complemento
directo dun predicado verbal.
Empregar correctamente algunhas grafías que poden ofrecer dificultades.
Analizar os elementos da narración: o tempo e o espazo.
Redactar textos propios.
Contidos
Os topónimos e as leis.
Verbos de pensamento.
Os prefixos.
O verbo (1): modelos regulares e verbos regulares con variacións.
O complemento directo.
Verbos acabados en –ber/-ver e –bir/-vir.
O resumo.
Elementos da narración (3): o tempo e o espazo.
A linguaxe non verbal.
Criterios de avaliación
Ler un texto con fluidez e comprensión e comentalo seguindo uns
criterios dados.
Saber que son os topónimos e coñecer a normativa que regula a súa
correcta utilización.
Aplicar noutros contextos o vocabulario básico estudado.
Formar correctamente palabras derivadas mediante a utilización de
prefixos.
Conxugar correctamente verbos regulares que presentan variacións.
42
Recoñecer o complemento directo nun predicado verbal e substituílo polo
pronome átono correspondente.
Aplicar correctamente b e v en verbos acabados en –ber/-ver e -bir/-vir.
Analizar o espazo e a orde temporal dos acontecementos nun fragmento
narrativo.
Interpretar códigos non verbais e redactar textos propios.
3º TRIMESTRE
Unidade 9
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Recoñecer a columna como un xénero periodístico de opinión.
Coñecer o vocabulario básico relacionado cos alimentos.
Identificar topónimos.
Saber conxugar correctamente os verbos irregulares.
Recoñecer o complemento indirecto nunha oración.
Empregar correctamente algunhas grafías que poden ofrecer dificultades.
Recoñecer as peculiaridades da linguaxe poética e identificar certos
recursos estilísticos moi comúns.
Contidos
Artigo periodístico de opinión:a columna.
Vocabulario relacionado cos alimentos.
Os topónimos.
O verbo (2): Verbos irregulares.
O complemento indirecto.
Uso de n e ñ.
A poesía (1): recursos estilísticos.
43
Criterios de avaliación
Ler con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente.
Recoñecer as características dun artigo periodístico de opinión: a
columna.
Coñecer e utilizar de forma apropiada o vocabulario relacionado cos
alimentos.
Recoñecer e empregar correctamente algúns topónimos.
Conxugar correctamente os verbos irregulares.
Recoñecer o complemento indirecto e substituílo polo pronome átono
correspondente.
Empregar correctamente as grafías n/ñ en posición intervocálica.
Recoñecer o particular uso da lingua nos textos poéticos e identificar
algúns recursos estilísticos.
Unidade 10
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Entender os conceptos de normalización lingüística e normalización
cultural.
Coñecer o vocabulario básico relacionado coa forma de ser das persoas e
recoñecer os procedementos de formación de xentilicios.
Coñecer as formas nominais dos verbos e identificar perífrases verbais.
Recoñecer o complemento circunstancial nunha oración.
Usar correctamente as vogais en palabras que poden ofrecer dificultades.
Identificar algúns recursos estilísticos moi frecuentes na poesía.
Contidos
Normalización lingüística e cultural.
Vocabulario referido ás formas de ser.
Xentilicios.
O verbo (3): as formas nominais e as perífrases verbais.
O complemento circunstancial.
Uso correcto das vogais.
A cohesión textual (1).
A poesía. Recursos estilísticos (2): recursos semánticos.
44
Criterios de avaliación
Coñecer os conceptos de normalización lingüística e normalización
cultural.
Aplicar en distintos contextos os adxectivos estudados.
Relacionar os xentilicios cos topónimos correspondentes.
Coñecer as formas nominais dos verbos.
Identificar e clasificar perífrases verbais segundo o matiz que expresen.
Identificar o complemento circunstancial e saber que frases poden
desempeñar esta función.
Utilizar correctamente as vogais en palabras que poden ofrecer dúbidas.
Coñecer e aplicar algúns recursos poéticos básicos.
Redactar textos usando os mecanismos de cohesión textual necesarios.
Unidade 11
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Recoñecer as características propias da entrevista.
Coñecer o vocabulario básico relacionado coas compras.
Recoñecer os adverbios e a súa función, e identificar as distintas clases
de adverbios e locucións adverbiais.
Diferenciar oracións en voz pasiva e en voz activa.
Utilizar correctamente os grupos consonánticos con l e r.
Coñecer outras manifestacións actuais da lírica.
Redactar un texto de carácter administrativo.
Contidos
A entrevista.
Vocabulario relacionado coas compras.
Antropónimos.
Os adverbios e as locucións adverbiais.
O complemento axente.
Grupos consonánticos (1): l e r.
A poesía sen métrica.
Un formulario.
Criterios de avaliación
45
Ler con fluidez un texto literario e realizar o comentario correspondente.
Identificar as características propias da entrevista como xénero
periodístico.
Aplicar noutros contextos o vocabulario básico estudado.
Identificar e clasificar os adverbios e as locucións adverbiais.
Identificar unha oración en voz pasiva e recoñecer a súa estrutura.
Utilizar correctamente os grupos consonánticos con l e con r.
Comentar as características propias de textos poéticos de verso libre, da
poesía visual e da prosa poética.
Redactar un formulario de solicitude.
Unidade 12
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Recoñecer textos nos que se reflicta o sentimento de pertenza á
comunidade galego-falante.
Coñecer o vocabulario básico estudado e identificar hipocorísticos.
Identificar as preposicións e as locucións prepositivas.
Recoñecer as oracións e as súas clases.
Utilizar correctamente os grupos consonánticos con –cc- e con –ct-.
Analizar un fragmento teatral e clasificalo segundo corresponda a unha
comedia, unha traxedia ou un drama.
Redactar textos propios seguindo determinadas estratexias creativas e
coa debida cohesión.
Contidos
Os bloques lingüísticos.
Verbos de acción e referidos a actitudes.
Hipocorísticos.
As preposicións e as locucións prepositivas.
As clases de oracións.
Grupos consonánticos (2):-cc- e –ct-.
A cohesión textual (2).
O teatro.
Propaganda informativa.
46
Criterios de avaliación
Ler con fluidez un texto narrativo e realizar o comentario
correspondente.
Recoñecer textos que expoñan o sentimento de pertenza á comunidade
galego-falante.
Aplicar noutros contextos o vocabulario básico estudado.
Identificar hipocorísticos e relacionalos co nome propio correspondente.
Identificar as preposicións e as locucións prepositivas e recoñecer a súa
función.
Identificar e clasificar oracións.
Saber cando se conservan os grupos –cc-/-ct- e cando se reducen a –c-
/-t- .
Coñecer as características propias da comedia, da traxedia e do drama.
Coñecer a estrutura dunha obra teatral e diferenciar actos, cadros e
escenas.
Redactar textos propios con corrección, utilizando os mecanismos de
cohesión textual necesarios.
2. Contidos mínimos esixibles
Ortografía
Acentuar correctamente as palabras agudas, graves e esdrúxulas.
Diferenciar ditongos e tritongos e acentualos axeitadamente.
Empregar correctamente o acento diacrítico nos casos máis usuais.
Usar os signos de puntuación.
Comprensión
Identificar as ideas principais e secundarias, tanto en textos orais como
escritos.
Expresión oral
Ler con certa fluidez e expresividade.
Valorar a participación activa nas situacións de oralidade que se
presenten na aula coidando o correcto uso da lingua.
Gramática
47
Identificar e empregar correctamente as distintas clases de palabras:
artigo, substantivo (xénero e número), adxectivo (xénero e número),
pronome persoal, numeral, posesivo, demostrativo, indefinido, adverbio,
preposición e conxunción.
Identificar e conxugar os verbos regulares e os irregulares de uso
frecuente.
Diferenciar enunciado, frase e oración.
Identificar tipos de frase. Suxeito e predicado.
Léxico
Recoñecer e empregar correctamente palabras de uso común dos
campos semánticos estudados durante o curso.
Sociolingüística
Coñecer e comprender a situación do galego na actualidade.
Ter unhas nocións básicas sobre a realidade socio-lingüística de Galicia:
bilingüismo e diglosia.
Identificar en oracións e/ou breves textos as interferencias lingüísticas
máis frecuentes do castelán no galego.
Expresión escrita
Presentar as actividades escritas –redaccións, caderno de traballo...- con
orde e claridade respectando as marxes e a sangría.
Redactar correctamente textos procurando manter a coherencia e
aplicando os conceptos básicos de lingua estudados.
Literatura
Comprender diferentes textos literarios, tendo en conta os conceptos
básicos estudados: tipos de texto, estrutura, personaxes...
Outros
Demostrar que se leron os libros marcados para o curso.
Realizar e entregar periodicamente e no tempo marcado as redaccións e
outras tarefas programadas polo profesor/a.
3. Metodoloxía didáctica
48
Ademais da organización do ambiente físico (espazos, materiais...) e a
selección e uso dos recursos didácticos, parece aconsellable ter en conta os
seguintes aspectos:
Partir do nivel de desenvolvemento do alumnado.
Asegurar a construción de aprendizaxes significativas.
Procurar que o alumnado constrúa aprendizaxes significativas
por si mesmo.
Procurar que o alumnado modifique progresivamente os seus
esquemas de coñecemento.
Incrementar a actividade manipulativa e mental do alumnado.
Todos os principios psicopedagóxicos recollidos anteriormente xiran
arredor dunha regra básica: a necesidade de que os alumnos e as alumnas
realicen aprendizaxes significativas e funcionais. É por iso que se debe
adoptar unha metodoloxía que asegure que as aprendizaxes sexan
verdadeiramente significativas. Isto supón asumir unhas condicións, que
podemos resumir nos seguintes puntos:
a) O contido debe ser potencialmente significativo, tanto desde
un punto de vista da estrutura lóxica da disciplina (ou área) como no que se
refire á estrutura psicolóxica do alumnado.
b) O proceso de ensino-aprendizaxe debe conectar coas
necesidades, intereses, capacidades e experiencias da vida cotiá dos
alumnos e das alumnas. Neste sentido, a información que recibe debe ser
lóxica, comprensible e útil.
c) Débense potenciar as relacións entre as aprendizaxes previas
e as novas.
d) Os alumnos e as alumnas deben ter unha actitude favorable
para aprender significativamente. Así pois, deben estar motivados para
relacionar os contidos novos con aqueles que adquiriron previamente.
e) As interaccións de profesorado e alumnado e de alumnos/as
con alumnos/as facilitan a construción de aprendizaxes significativas. Ao
mesmo tempo, favorecen os procesos de socialización entre os alumnos e as
alumnas.
f) É importante que os contidos escolares se agrupen arredor de
núcleos de interese para o alumnado e que se aborden en contextos de
colaboración e desde ópticas con marcado carácter interdisciplinario.
49
4. Materiais e recursos didácticos
Libro de texto: Lingua 2º ESO da editorial Anaya.
Libros de lectura obrigatoria sinalados trimestralmente.
Libros de consulta: dicionarios, normas ortográficas e morfolóxicas...
Medios audiovisuais: películas, documentais e gravacións.
Fondos da biblioteca do centro. Revistas, xornais...
Recursos na rede: proxecto ABALAR, webs, blogs, dicionarios,
enciclopedias, correctores ortográficos, bibliotecas, actividades interactivas...
5. Procedementos de avaliación
Criterios de avaliación: Indicados nas unidades didácticas distribuídas por
trimestres.
Instrumentos de avaliación
Observación do alumnado na aula: participación activa nas
actividades de oralidade, traballo na aula de forma individual ou en
equipo, entrega no tempo marcado as tarefas sinaladas, presenza do
material didáctico esixido...
Valoración do traballo realizado na casa: redaccións e actividades
varias entregadas no prazo acordado...
Revisión do caderno de traballo do/a alumno/a: orde e claridade na
presentación, número de actividades e exercicios realizados e
corrixidos correctamente...
Non se poderá aprobar a avaliación sen ter lido o libro de lectura
correspondente.
Exames: un máximo de dous exames ou controis por trimestre.
Procedementos de avaliación
Axustaranse ás seguintes porcentaxes:
● 60%, aos exames ou controis (orais ou escritos) dos contidos
conceptuais. Máximo, dous exames parciais por trimestre.
● 1O%, ao exame de lectura obrigatoria das obras literarias
marcadas trimestralmente.
50
● 10%, aos contidos actitudinais: participación na aula, traballo na
casa, entrega das tarefas no tempo indicado, presenza do material axeitado
na clase.
● 20%, aos contidos procedementais: exposicións orais, textos
escritos, controis de lectura das obras voluntarias, certames literarios,
valoración do caderno de traballo do alumnado…
Despois de cada avaliación poderá ofertarse, se o/a profesor/a o considera
oportuno, un exame de recuperación. Ao final de curso, o profesorado que
imparte a materia valorará a conveniencia de sinalar ou non un exame de
recuperación final (de toda a materia, se o alumnado ten suspensas as
tres avaliacións; de parte da materia se o alumnado ten suspensas unha ou
dúas avaliacións).
6. Medidas de atención á diversidade
Consideracións xerais
O feito diferencial, que caracteriza a especie humana, é unha realidade
insalvable que condiciona todo o proceso de ensino-aprendizaxe. En efecto,
os alumnos e as alumnas son diferentes no seu ritmo de traballo, estilo de
aprendizaxe, coñecementos previos, experiencias, etc. Todo iso sitúa os
docentes na necesidade de educar en e para a diversidade.
A expresión “atención á diversidade” non fai referencia a un determinado
tipo de alumnos e alumnas (alumnos e alumnas problemáticos, alumnos con
deficiencias físicas, psíquicas ou sensoriais, etc.), senón a todos os alumnos
e alumnas escolarizados/s en cada grupo-clase do centro educativo. Isto
supón que a resposta á diversidade dos alumnos e das alumnas débese
garantir desde o mesmo proceso de planificación educativa. De aí que a
atención á diversidade se articule en todos os niveis (centro, grupo de
alumnos/as e alumno/a concreto/a).
Así, o Proxecto Curricular de etapa configúrase como o primeiro nivel de
adaptación do currículo. O carácter opcional dalgunhas áreas no último ano,
o progresivo carácter optativo ao longo da etapa, os distintos graos de
adaptación individualizada, o reforzo educativo, as adaptacións curriculares,
a diversificación curricular e os PCPIl son os elementos que constitúen unha
resposta aberta e flexible aos diferentes problemas que se presentan no
proceso educativo.
A Lei de Ordenación Xeral do Sistema Educativo responde á diversidade
co concepto de adaptación curricular. Non se propón un currículo especial
51
para os alumnos e as alumnas con necesidades educativas especiais, senón
o mesmo currículo común, adaptado ás necesidades de cada un. Preténdese
que este alumnado alcance, dentro do único e mesmo sistema educativo, os
obxectivos establecidos con carácter xeral para todo o alumnado.
Desgraciadamente neste curso 2014-2015 non contamos, por falta de
horas, con desdobres, o que, evidentemente, supón unha eiva na
aprendizaxe progresiva destes rapaces que, tendo asistindo o curso anterior
aos desdobres correspondentes, deben incorporarse neste ao grupo de
referencia presentando unha dificultades e necesidades que dificilmente se
poden subsanar nun grupo numeroso que non favorece o ritmo nin a
adaptación individualizada que precisa este tipo de alumnado.
7. Actividades de recuperación e reforzo para alumnos/as coa materia
pendente
A materia de Lingua Galega e Literatura ten como obxectivo a adquisición e
mellora da competencia comunicativa e, polo tanto, desenvólvese de
maneira progresiva nas diferentes etapas do ensino. Deste xeito, os/as
alumnos/as que aproben o curso actual terán tamén superada a materia do
curso pendente.
De todos modos, coa finalidade de facilitar a recuperación da materia
pendente, o profesorado recomenda a todos/as os/as alumnos/as realizar un
traballo continuado durante o curso sobre dita materia.
Para isto, o alumnado terá dúas opcións:
Realización de dous exames eliminatorios de toda a materia
sobre os contidos mínimos.
Datas dos exames: 4ª semana de xaneiro e 4ª semana
de abril (datas aproximativas).
Os exames terán lugar no horario normal de clases, de
non ser posible, terán lugar pola tarde.
Actividades de reforzo para realizar semanalmente na casa que
serán corrixidas polo/a profesor/a do curso actual e realización
de 2 exames eliminatorios de toda a materia sobre os contidos
mínimos.
Criterios de avaliación:
o Actividades de reforzo: 30% da cualificación.
o Exame: 70% da cualificación.
52
O/a profesor/a da materia dará toda a información necesaria,
resolverá dúbidas, entregará modelos de exame coas posíbeis preguntas,
recordará as datas dos exames e os criterios de cualificación.
A cada alumno/a pendente entregaráselle unha copia deste texto e
outra dos contidos mínimos.
8. Actividades complementarias e extraescolares previstas
Realización de actividades ofertadas polo Concello de Ourense (visitas
guiadas, MOTECES...).
Asistencia a conferencias de autores/as lidos/as durante o curso.
Conmemoración de diferentes datas ao longo do curso: 25 de novembro;
Día da Muller Traballadora; Día do Libro; Semana das Letras Galegas...
Participación no Concurso Literario do Centro que, dende hai anos, convoca
o Departamento de Lingua Galega e Literatura con notable éxito.
NNIIVVEELL:: 3º ESO
MMAATTEERRIIAA:: LINGUA GALEGA E LITERATURA
PPRROOFFEESSOORRAASS:: LLoouurrddeess VVaazz
1. Distribución trimestral das unidades didácticas: obxectivos, contidos e
criterios de avaliación
1º TRIMESTRE
Unidade 1
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Saber extraer as ideas principais dun texto.
Coñecer as principais características do texto expositivo.
Distinguir as diferentes partes da gramática.
Coñecer as principais etapas e características da historia do galego.
Caracterizar, de forma xeral, cada etapa da historia da literatura galega.
Investigar un tema dado e redactar un traballo sobre este tema.
Contidos
53
O texto expositivo. O ensaio.
Introdución á gramática textual: propiedades do texto.
A conferencia. O discurso.
Fonética e fonoloxía.
Historia da lingua. As orixes latinas da nosa lingua.
A literatura galega na historia.
Criterios de avaliación
Ler con fluidez e comprendendo o escrito.
Identificar os textos expositivos polos seus trazos característicos e, se se
considera oportuno, elaborar textos expositivos seguindo as pautas
estudadas.
Analizar as propiedades textuais.
Realizar un texto oral seguindo os requisitos esixidos nos exercicios.
Reflexionar sobre a orixe da lingua e a súa evolución..
Analizar as distintas etapas da literatura galega ao longo da súa historia.
Investigar un tema dado e redactar un traballo sobre este.
Unidade 2
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Elaborar resumos ou esquemas de textos dados.
Mellorar a redacción dun texto a través dos conectores.
Preparar unha exposición para desenvolver na aula.
Describir a situación do galego na Idade Media.
Coñecer a proximidade entre galego e portugués.
Coñecer os trazos xerais da nosa lírica medieval e identificar a cantiga de
amigo.
Contidos
O esquema e o resumo.
Mecanismos de cohesión nos textos. Os conectores.
A prosodia. Elementos paraverbais.
O galego na Idade Media.
54
A literatura galega medieval. A cantiga de amigo como fenómeno
intrinsecamente galego.
Criterios de avaliación
Ler con fluidez e comprendendo o escrito.
Sintetizar en resumos e esquemas a información esencial dun texto.
Empregar correctamente os conectores textuais nos textos que elabora.
Coñecer a situación do galego na Idade Media.
Identificar as características principais da literatura galega medieval e
comentar os trazos básicos dalgunha cantiga de amigo.
Unidade 3
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Coñecer as partes dun traballo e valorar a importancia da bibliografía.
Empregar correctamente os signos de puntuación.
Reflexionar sobre os elementos non verbais da comunicación.
Valorar a historia do galego como forma de analizar a nosa cultura e ser.
Coñecer as principais características do substrato e superestrato da
lingua galega.
Diferenciar entre palabras cultas, semicultas e patrimoniais.
Caracterizar a cantiga de amor e a de escarnio e maldicir.
Distinguir os dous eixos temáticos das cantigas de Santa María.
Definir as principais características da prosa medieval.
Contidos
A presentación dun traballo. A bibliografía.
A puntuación.
Elementos non verbais.
O proceso de formación da lingua galega.
Cantigas de amor e de escarnio e maldicir.
As cantigas de Santa María e a prosa medieval.
55
Criterios de avaliación
Elaborar un traballo académico seguindo as súas características.
Aplicar os diferentes usos dos signos de puntuación
Constatar a presenza do substrato e superestrato nas orixes dalgunhas
palabras galegas.
Coñecer as principais diferenzas entre as palabras cultas, semicultas e
patrimoniais máis frecuentes.
Comentar as principais características das cantigas de amor e de
escarnio e maldicir.
Identificar os dous eixos temáticos das cantigas de Santa María.
Comentar as principais características da prosa medieval.
Unidade 4
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Comprender textos instrutivos e recoñecer os seus trazos esenciais.
Valorar o uso do dicionario como ferramenta útil á hora de escribir.
Caracterizar os diferentes elementos propios da adecuación.
Coñecer o contexto histórico-literario dos Séculos Escuros.
Valorar a importancia da literatura oral e popular.
Contidos
Os textos instrutivos. O dicionario.
Adecuación: intencionalidade, informatividade e situacionalidade.
Sistema vocálico. E aberto e E pechado.
A lingua galega nos Séculos Escuros. A lingua galega cos ilustrados.
Os Séculos Escuros. A literatura oral e popular.
Criterios de avaliación
Ler con fluidez e comprender o escrito.
Identificar os textos instrutivos polos seus trazos característicos e, se se
considera oportuno, elaborar textos instrutivos propios seguindo as
pautas estudadas.
56
Coñecer a situación da lingua e da literatura galega nos Séculos Escuros
e coñecer algunhas mostras literarias conservadas, así como as
principais figuras dese período.
Utilizar adecuadamente distintos medios e soportes electrónicos para
procesar e xestionar información.
2º TRIMESTRE
Unidade 5
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Coñecer as diferentes partes do currículo e valoralo como elemento
positivo á hora de buscar emprego.
Identificar os parágrafos dun texto e saber dispoñer a información en
parágrafos.
Coñecer a situación da lingua galega no século XIX e comprender como foi recuperándose tras séculos de decadencia.
Comprender a situación da literatura galega no século XIX e coñecer algúns precursores do Rexurdimento.
Empregar de forma axeitada as tecnoloxías da comunicación e da
información.
Contidos
A linguaxe administrativa. O currículo.
A estrutura do texto. Parágrafos e progresión temática.
Sistema vocálico: O aberto e O pechado.
A lingua no século XIX. Os primeiros textos de reflexión lingüística.
O Prerrexurdimento.
Criterios de avaliación
Ler con fluidez un texto e comprendendo o escrito.
Saber facer un currículo.
57
Diferenciar os parágrafos dun texto e identificar a idea central de cada
un.
Escribir un texto tendo en conta as características da progresión
temática.
Comentar a situación da literatura galega no século XIX e coñecer os
precursores do Rexurdimento.
Utilizar adecuadamente distintos medios e soportes electrónicos para
procesar e xestionar información.
Unidade 6
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Coñecer e redactar algúns dos textos cos que nos relacionamos coa
Administración: impresos de solicitude e a instancia.
Distinguir os conceptos frase e oración tanto de xeito práctico como
teórico.
Coñecer as principais características da linguaxe televisiva.
Valorar a reflexión sociolingüística como elemento esencial á hora de
entender a sociedade na que vivimos.
Coñecer as principais características do Rexurdimento.
Empregar de forma axeitada as tecnoloxías da comunicación e da
información.
Contidos
A instancia ou solicitude.
A estrutura sintáctica. A frase e a oración.
A linguaxe da televisión.
Encontros de vogais.
A sociolingüística. Conceptos básicos.
O Rexurdimento. Outros rexurdimentos en Europa.
Criterios de avaliación
Ler con fluidez e comprendendo o escrito.
Encher adecuadamente impresos de solicitude e instancias.
58
Realizar unha exposición oral seguindo os requisitos esixidos nos
exercicios.
Distinguir os conceptos básicos de sociolingüística: bilingüismo, diglosia,
conflito lingüístico…
Comprender o contexto histórico-literario do século XIX e distinguir as
características fundamentais do Rexurdimento.
Utilizar adecuadamente distintos medios e soportes electrónicos para
procesar e xestionar información.
Unidade 7
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Recoñecer as principais partes da acta e da convocatoria.
Coñecer as diferentes funcións sintácticas que pode desenvolver cada
frase.
Coñecer as principais características da linguaxe oral.
Identificar o conflito lingüístico en Galicia (comportamentos diglósicos en
contra do galego).
Empregar de forma axeitada as tecnoloxías da comunicación e da
información.
Contidos
A convocatoria e a acta.
A frase. Tipos de funcións sintácticas.
Comunicación oral coa Administración.
Encontro de vogais.
O contacto lingüístico. Bilingüismo, diglosia e conflito lingüístico.
Rosalía de Castro (I). O lugar de Rosalía no canon literario galego. A
incorporación da muller á literatura no século XIX
Criterios de avaliación
Ler con fluidez e comprendendo o escrito.
Redactar unha acta e unha convocatoria.
Analizar as funcións sintácticas dalgunhas frases.
Realizar un texto oral seguindo os requisitos esixidos nos exercicios.
59
Identificar os trazos principais que definen a actual situación
sociolingüística de Galicia.
Coñecer e valorar a obra de Rosalía de Castro dentro da historia da
literatura galega e universal.
Caracterizar a obra de Rosalía de Castro dentro das teorías feministas.
Utilizar adecuadamente distintos medios e soportes electrónicos para
procesar e xestionar información.
Unidade 8
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Entender un regulamento.
Coñecer as principais característica da linguaxe oral.
Valorar os procesos de normalización e normativización como
ferramentas útiles á hora de recoñecer o galego como patrimonio
cultural.
Coñecer e valorar a obra de Rosalía de Castro como configuradora da
nación galega.
Empregar de forma axeitada as tecnoloxías da comunicación e da
información.
Contidos
O regulamento.
A oración: tipos e funcións sintácticas.
Nexos e conectores.
O diálogo, instrumento de mediación.
Sistema consonántico: N velar e N alveolar.
Normalización e normativización.
Rosalía de Castro (II): Cantares gallegos e Follas novas.
Criterios de avaliación
Coñecer as principais características do regulamento.
Diferenciar distintos tipos de oracións e analizar algunhas funcións
sintácticas.
Empregar con corrección os nexos e conectores máis frecuentes.
60
Realizar un texto oral seguindo os requisitos esixidos nos exercicios.
Distinguir o concepto de normalización e caracterizar os diferentes
ámbitos.
Coñecer os principais pasos á hora de crear a norma culta do galego.
Recoñecer a contribución de Rosalía de Castro á vida cultural e
literaria galega e comentar algún dos seus poemas.
Empregar de forma axeitada as tecnoloxías da comunicación e da
información.
3º TRIMESTRE
Unidade 9
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Caracterizar de forma xeral a linguaxe xornalística e distinguir diferentes
tipos de texto.
Recoñecer e empregar os procedementos de formación de palabras.
Coñecer as principais características da linguaxe oral.
Valorar a pluralidade das linguas como ben cultural.
Distinguir os trazos máis relevantes da obra de Eduardo Pondal.
Empregar de forma axeitada as tecnoloxías da comunicación e da
información.
Contidos
A linguaxe xornalística: os xornais. Información e opinión.
A formación de palabras. Composición, derivación e parasíntese.
Noticias na radio e na televisión.
Os sons do grafema X
A realidade lingüística no mundo. Valoración do plurilingüismo.
Eduardo Pondal.
61
Criterios de avaliación
Ler con fluidez e comprendendo o escrito.
Coñecer as partes dunha noticia e diferenciar entre información e
opinión.
Ler de forma reflexiva e crítica os textos xornalísticos.
Formar e analizar palabras derivadas, compostas e parasintéticas.
Realizar un texto oral seguindo os requisitos esixidos nos exercicios.
Valorar a pluralidade lingüística como ben cultural.
Identificar os trazos máis relevantes da obra de Eduardo Pondal en
poemas concretos do autor.
Utilizar adecuadamente distintos medios e soportes electrónicos para
procesar e xestionar información.
Unidade 10
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Recoñecer as principais características dunha crónica ou dunha
reportaxe.
Recoñecer o lexema dunha palabra e distinguir entre palabras
patrimoniais, semicultas e cultas.
Coñecer as principais características da linguaxe oral.
Diferenciar entre lingua maioritaria, minoritaria e minorizada.
Distinguir os trazos máis relevantes da obra de Manuel Curros Enríquez.
Empregar de forma axeitada as tecnoloxías da comunicación e da
información.
Contidos
A crónica e a reportaxe.
As familias léxicas. Familias léxicas irregulares.
Crónica oral.
Pronuncia e normativa.
Linguas maioritarias, minoritarias e minorizadas.
Manuel Curros Enríquez.
62
Criterios de avaliación
Ler con fluidez e comprendendo o escrito.
Recoñecer as principais características dunha crónica ou dunha reportaxe
nun suposto práctico.
Realizar un texto oral seguindo os requisitos esixidos nos exercicios.
Describir o proceso de minorización dunha lingua.
Comentar os trazos principais que definen a actual situación
sociolingüística de Galicia.
Recoñecer os trazos máis relevantes de Manuel Curros Enríquez nos seus
poemas.
Utilizar adecuadamente distintos medios e soportes electrónicos para
procesar e xestionar información.
Unidade 11
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Recoñecer as partes dunha entrevista e coñecer as premisas que se
deben valorar antes de redactala.
Identificar campos semánticos, sinónimos e hiperónimos frecuentes.
Coñecer as principais características da linguaxe oral.
Recoñecer as diferentes linguas de España.
Distinguir os trazos máis relevantes da narrativa e do teatro do
Rexurdimento.
Reflexionar sobre a importancia do xornalismo como difusor do galego
no século XIX.
Empregar de forma axeitada as tecnoloxías da comunicación e da
información.
Contidos
A entrevista.
O campo semántico, sinonimia e hiperonimia. Estratexias para a
substitución léxica.
Entrevista oral.
A entoación interrogativa.
A realidade lingüística de España.
63
Outros xéneros no Rexurdimento: narrativa, teatro e xornalismo.
Criterios de avaliación
Ler con fluidez e comprendendo o escrito.
Recoñecer e elaborar o campo semántico dunha palabra dada.
Dar exemplos de substitución léxica.
Levar a cabo entrevistas orais e/ou escritas que respecten as
características das mesmas.
Saber as diferentes linguas de España e valorar a pluralidade
lingüística como elemento cultural para protexer.
Recoñecer os trazos máis relevantes da narrativa e do teatro do
Rexurdimento en textos concretos.
Empregar de forma axeitada as tecnoloxías da comunicación e da
información.
Unidade 12
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Valorar a linguaxe sexista como elemento negativo á hora da
democratización da nosa sociedade.
Coñecer as diferentes ferramentas que nos facilitan a autocorrección.
Coñecer as principais características da reportaxe.
Coñecer os principais feitos do século XX e XXI que xiran arredor da
lingua galega.
Valorar o cine como unha arte e coñecer algúns exemplos de cine en
galego.
Empregar de forma axeitada as tecnoloxías da comunicación e da
información.
Contidos
Os textos da prensa: a subxectividade, os prexuízos e a linguaxe sexista.
A importancia da norma. Valoración da calidade lingüística e materiais de
consulta.
Reportaxes televisivas.
Entoación e enunciados.
64
A lingua galega no século XXI.
Unha nova arte na fin de século: o cinema.
Criterios de avaliación
Ler con fluidez e comprendendo o escrito.
Recoñecer os usos sexistas diante dun texto dado.
Empregar as ferramentas de autocorrección.
Realizar un texto oral seguindo os requisitos esixidos nos exercicios.
Recoñecer as partes dunha reportaxe e as principais características.
Reflexionar sobre a situación da lingua galega nos séculos XX e XXI.
Coñecer algúns exemplos de cine en galego.
Utilizar adecuadamente distintos medios e soportes electrónicos para
procesar e xestionar información.
Contidos mínimos esixibles
Ortografía
Elaborar textos de creación propia cunha correcta ortografía tanto de
acentos como de letras, incorporando axeitadamente as partículas
estudadas na clase, cunha certa dificultade mais de uso frecuente
(porque/por que/porqué, a ver/ haber, etc.).
Producir textos propios empregando os signos de puntuación axeitados:
admiración, interrogación, dous puntos, guión de diálogo, punto, puntos
suspensivos, comiñas, paréntese e coma.
Morfosintaxe
Identificar e empregar correctamente as distintas clases de palabras:
artigo, substantivo (xénero e número), adxectivo (xénero e número),
pronome persoal, numeral, posesivo, demostrativo, indefinido, adverbio,
preposición e conxunción.
Identificar e conxugar os verbos regulares e os irregulares de uso
frecuente.
Identificar os principais tipos de frases (nominal, adxectival e adverbial)
Expresión oral
● Ler con certa fluidez e expresividade.
65
Valorar a participación activa nas situacións de oralidade que se
presenten na aula coidando o correcto uso da lingua.
Sociolingüística
Coñecer a realidade plurilingüe en España e no mundo.
Diferenciar os conceptos de bilingüismo e diglosia.
Léxico
Identificar os compoñentes dunha palabra: lexema e morfemas
gramaticais ou derivativos.
Identificar os tipos de palabras segundo os elementos que a conforman:
simples, derivadas e compostas.
Coñecer e empregar correctamente o vocabulario estudado durante o
curso.
Literatura
Identificar os distintos tipos de cantigas atendendo aos aspectos formais
e de contido así como recoñecer as súas características principais.
Identificar os principais recursos formais dunha cantiga de amigo:
paralelismo, refrán e leixaprén.
Amosar nocións básicas do contexto histórico-literario dos Séculos
Escuros e do Rexurdimento.
Identificar e comprender algúns poemas significativos de Rosalía de
Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez.
Expresión escrita
Presentar as actividades escritas –redaccións, caderno de traballo...- con
orde e claridade respectando as marxes e a sangría.
Redactar correctamente textos procurando manter a coherencia,
aplicando os conceptos básicos de lingua estudados e seguindo as pautas
estruturais e formais axeitadas ao tipo de texto.
Outros
Demostrar que se leron os libros de lectura obrigatoria marcados para o
curso.
Realizar e entregar periodicamente e no tempo marcado as redaccións e
outras tarefas programadas polo/a profesor/a.
66
3. Metodoloxía didáctica
Cada Unidade Didáctica contará cunha información introdutoria
do/a profesor/a na que se marcarán as liñas temáticas a
desenvolver na unidade así como os procedementos que se
empregarán para conseguir os obxectivos sinalados. Cando o
alumnado posúa a información pertinente respecto aos contidos
conceptuais, serán o esquema, o resumo e/ou o mapa conceptual
as técnicas que deberá coñecer e usar como instrumento non só
para memorizar o aprendido senón tamén como medio para
lograr un esquema mental das principais características e
peculiaridades dun período da historia literaria, dun movemento
ou dun/ha autor/a, tentando que ao final de curso, o alumnado
posúa un coñecemento claro da historia literaria galega e a
relación entre a produción literaria dunha época coas
circunstancias políticas, sociais, culturais e mesmo económicas da
mesma.
O comentario de texto e o coñecemento das técnicas de análise
de textos de diferentes xéneros literarios, serán o instrumento
axeitado para o achegamento ás características específicas dunha
obra literaria e a relación co contexto da súa produción. Despois
da información facilitada polo/a profesor/a a este respecto, que
guiará previamente os comentarios, serán os/as alumnos/as os/as
que, de forma individual e/ou en grupo practiquen ao longo do
curso e en todas e cada unha das unidades didácticas, o
comentario ou análise de texto con fin de que adquiran fluidez e
habilidade no uso desta técnica.
As exposicións orais individuais, en parellas ou en pequeno
grupo serán outro dos recursos empregados ao longo do curso, de
xeito que todos e cada un dos/as alumnos/as realicen nalgún
momento unha exposición oral sobre un tema e/ou esquema do
mesmo, dun comentario de texto ou dun traballo de investigación
no que desenvolva máis amplamente algún apartado relacionado
con algunha das Unidades Didácticas, ou sobre a análise en xeral
ou de algún aspecto particular das obras de lectura obrigatoria
marcadas para este curso. Deste xeito, o/a alumno/a
enfrontarase ao papel de orador/a tendo que, non só planificar a
súa exposición e usar dos recursos para poder realizala, senón
67
coidar a súa fonética, gramática, sintaxe e léxico, procurando así
mesmo a coherencia e a claridade.
Os traballos de investigación serán preferentemente traballos
individuais, cando non sexan tarefas a realizar dentro da aula,
para evitar os desequilibrios, tan habituais, no grao de implicación
dos membros dun mesmo grupo. O traballo de investigación, que
será exposto en clase ou entregado por escrito, servirá,
dependendo do tipo de traballo, para coñecer o manexo do/a
alumno/a de distintas fontes documentais, orais ou TICS, o grao
de capacidade dedutiva e creativa, así como para valorar a
planificación, estruturación, coherencia, claridade e corrección do
traballo e o dominio lingüístico a nivel escrito do/a alumno/a.
Evitarase dentro do posible, que a “investigación” non se reduza á
copia exacta da información que se pode atopar nunha
enciclopedia ou libro de consulta. O manexo de varias fontes e a
implicación activa do alumno/a que terá que pór en práctica os
seus coñecementos e os seus recursos para deducir e concluír,
son os obxectivos desta actividade.
Neste curso, especialmente, deberemos potenciar a produción
de textos, eminentemente literarios, textos de diferentes
xéneros para empregar as estruturas e recursos específicos de
cada un e así poñer en práctica o aprendido. Tamén poderán,
despois de estudadas e analizadas as características da obra dun
autor/a e do seu estilo, tentar imitalo/la coa produción propia,
como un xeito lúdico e eficaz de comprender o uso, a función ou o
sentido de determinados recursos e técnicas. Por outra banda, o
cambio de xénero (transformar un poema en relato, ou un relato
en texto dramático...), permitirá que o/a alumno/a coñeza e
domine as claves de cada xénero literario.
A lectura e análise de textos literarios de diferentes autores, así
como das obras de lectura obrigatoria, permitirán o repaso de
cuestións gramaticais e lingüísticas estudadas en cursos
anteriores. Será o alumnado o que terá que ir do concreto ao
xeral, isto é, despois de analizar nun texto concreto algún aspecto
de morfosintaxe, por exemplo, os pronomes persoais átonos,
lembrar o uso dos mesmos e a súa colocación na oración. A
profesora ou profesor guiará, corrixirá, se procede, despois de
seren expostas oralmente as dúbidas e os comentarios
68
pertinentes sobre a cuestión. Repaso de contidos gramaticais e
lingüísticos, pois, a través dos textos literarios lidos e analizados
ou escritos polo propio alumnado.
Conclusión: a lectura, o resumo, o esquema, o comentario de
textos, a exposición oral, o traballo de investigación, a produción
literaria propia, serán pois os eixes fundamentais do
desenvolvemento das Unidades Didácticas que conforman este
curso de 3º de ESO. Así mesmo, a orde e temporalización das
unidades didácticas e dos contidos traballados en cada unha
poderán sufrir modificacións en función das características do
grupo de alumnos/as.
4. Materiais e recursos didácticos
Libro de texto: Lingua 3º ESO da editorial GALAXIA.
Libros de lectura obrigatoria sinalados trimestralmente.
Libros de consulta: dicionarios, normas ortográficas e morfolóxicas...
Medios audiovisuais: películas, documentais e gravacións.
Fondos da biblioteca do centro. Revistas, xornais...
Recursos na rede: webs, blogs, dicionarios, enciclopedias, correctores
ortográficos, bibliotecas, actividades interactivas...
5. Procedementos de avaliación
Criterios de avaliación: Indicados nas unidades didácticas distribuídas por
trimestres.
Instrumentos de avaliación
Observación do alumnado na aula: participación activa nas
actividades de oralidade, traballo na aula de forma individual ou en
equipo, entrega no tempo marcado das tarefas sinaladas, presenza
do material didáctico esixido...
Valoración do traballo realizado na casa: redaccións e actividades
varias entregadas no prazo acordado...
Revisión do caderno de traballo do/a alumno/a: orde e claridade na
presentación, número de actividades e exercicios realizados e
corrixidos correctamente...
69
Non se poderá aprobar a avaliación sen ter lido o libro de lectura
correspondente.
Exames: un máximo de dous exames ou controis por trimestre.
Procedementos de avaliación
Axustaranse ás seguintes porcentaxes:
● 70%, aos exames ou controis (orais ou escritos) dos contidos
conceptuais. Máximo, dous exames parciais por trimestre.
● 1O%, ao exame de lectura obrigatoria das obras literarias
marcadas trimestralmente.
● 10%, aos contidos actitudinais: participación na aula, traballo na
casa, entrega das tarefas no tempo indicado, presenza do material axeitado
na clase.
● 10%, aos contidos procedementais: exposicións orais, textos escritos,
controis de lectura das obras voluntarias, certames literarios, valoración do
caderno de traballo do alumnado…
Despois de cada avaliación poderá ofertarse, se o/a profesor/a o considera
oportuno, un exame de recuperación. Ao final de curso, o profesorado que
imparte a materia valorará a conveniencia de sinalar ou non un exame de
recuperación final (de toda a materia, se o alumnado ten suspensas as
tres avaliacións; de parte da materia se o alumnado ten suspensas unha ou
dúas avaliacións).
6. Actividades de recuperación e reforzo para alumnos/as coa materia
pendente
A materia de Lingua Galega e Literatura ten como obxectivo a adquisición e
mellora da competencia comunicativa e, polo tanto, desenvólvese de
maneira progresiva nas diferentes etapas do ensino. Deste xeito, os/as
alumnos/as que aproben o curso actual terán tamén superada a materia do
curso pendente.
De todos modos, coa finalidade de facilitar a recuperación da materia
pendente, o profesorado recomenda a todos/as os/as alumnos/as realizar un
traballo continuado durante o curso sobre dita materia.
Para isto, o alumnado terá dúas opcións:
70
Realización de dous exames eliminatorios de toda a materia
sobre os contidos mínimos.
Datas dos exames: 4ª semana de xaneiro e 4ª semana
de abril (datas aproximativas).
Os exames terán lugar no horario normal de clases e en
casos de non ser posible, pola tarde.
Actividades de reforzo para realizar semanalmente na casa que
serán corrixidas polo/a profesor/a do curso actual e realización
de 2 exames eliminatorios de toda a materia sobre os contidos
mínimos.
Criterios de avaliación:
o Actividades de reforzo: 30% da cualificación.
o Exame: 70% da cualificación.
O/a profesor/a da materia dará toda a información necesaria, resolverá
dúbidas, entregará modelos de exame coas posíbeis preguntas, recordará as
datas dos exames e os criterios de cualificación.
A cada alumno/a pendente entregaráselle unha copia deste texto e outra dos
contidos mínimos.
7. Actividades complementarias e extraescolares previstas
Realización de actividades ofertadas polo Concello de Ourense (visitas
guiadas, MOTECES...).
Asistencia a conferencias de autores/as lidos/as durante o curso.
Conmemoración de diferentes datas ao longo do curso: 25 de novembro;
Día da Muller Traballadora; Día do Libro; Semana das Letras Galegas...
Participación na Revista Literaria do Centro Rañolas.
Participación no Concurso Literario do Centro que, dende hai anos, convoca
o Departamento de Lingua Galega e Literatura con notable éxito.
MATERIA Ámbito socio-lingüístico Cód.
CURSO 3º ESO (PDC)
PROFESORES Belén Nóvoa Corral
71
Título DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR 1
ÁMBITO LINGÚÍSTICO-SOCIAL
Autor ANA Mª DEL PINO SOLANA DOLORES GÓMEZ REGALÓN
Editorial XERAIS ISBN 978-84-9914-219-7
LIBRO DE TEXTO
DATA CURSO 2014-15
Diversificación Curricular 1, Ámbito Lingüístico-social, é impartida este curso pola profesora Belén Nóvoa Corral, pertencente ao departamento de Lingua el literatura castelá.
NNIIVVEELL:: 4º ESO
MMAATTEERRIIAA:: LINGUA GALEGA E LITERATURA
PPRROOFFEESSOORRAASS:: Helena Alonso, Pilar Prieto
1. Distribución trimestral das unidades didácticas: obxectivos, contidos e
criterios de avaliación
1º TRIMESTRE
Unidade 1
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Ampliar e precisar o vocabulario referido aos libros e á lectura.
Distinguir os trazos básicos da lingua oral e da escrita.
Escribir aplicando correctamente as regras de uso de maiúsculas e
minúsculas.
Recoñecer os trazos máis relevantes da lírica galega do 1º terzo do
século XX.
Empregar de forma axeitada as tecnoloxías da comunicación e da
información.
Contidos
Os libros e a lectura.
72
A comunicación humana.
Maiúsculas e minúsculas.
O texto argumentativo.
1º terzo do século XX: a lírica.
Criterios de avaliación
Empregar con corrección o vocabulario referido aos libros e á lectura.
Coñecer adecuadamente os trazos da lingua oral e da lingua escrita.
Aplicar correctamente na escrita as regras de uso de maiúsculas e
minúsculas.
Recoñecer os trazos máis relevantes da obra dos poetas 1º terzo do
século XX.
Utilizar adecuadamente distintos medios e soportes electrónicos para
procesar e xestionar información.
Unidade 2
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles
Ampliar e precisar o vocabulario referido ao tempo cronolóxico.
Identificar as categorías gramaticais: substantivo, adxectivo, artigo e
pronome; e coñecer os seus trazos característicos.
Inducir e aplicar correctamente as regras de uso do «h».
Coñecer os trazos e os autores máis relevantes da narrativa galega do 1º
terzo do século XX.
Usar de forma axeitada as tecnoloxías da comunicación e da información.
Contidos
O tempo cronolóxico.
A palabra.
O substantivo. Tipos de substantivos.
O adxectivo. Graos do adxectivo.
O pronome. Pronome persoal e determinante.
Uso de «h».
1º terzo do século XX: a narrativa.
73
Criterios de avaliación
Utilizar de forma apropiada vocabulario referido ao tempo cronolóxico.
Recoñecer e utilizar con propiedade as clases de palabra substantivo,
adxectivo, artigo e pronome (persoal e determinante).
Aplicar correctamente na escrita o uso de «h».
Identificar as características principais da narrativa galega do 1º terzo do
século XX.
Empregar adecuadamente distintos medios e soportes electrónicos para
buscar, xestionar e presentar información.
Unidade 3
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Identificar os tipos de palabras: verbo, adverbio, preposición e
conxunción; e coñecer os seus trazos específicos.
Aplicar correctamente os procedementos de abreviación de palabras.
Comprender textos instrutivos.
Coñecer as principais características e autores do teatro galego do 1º
terzo do século XX.
Empregar de forma axeitada as tecnoloxías da comunicación e da
información.
Contidos
O verbo.
O adverbio.
A preposición.
A conxunción.
Procedementos de abreviación: abreviaturas, símbolos, siglas e
acrónimos.
Lectura comprensiva de textos instrutivos.
1º terzo do século XX: o teatro.
Criterios de avaliación
Distinguir as categorías de palabras: verbo, adverbio, preposición e
conxunción, os seus tipos e as súas características.
74
Usar correctamente na escrita as abreviaturas, os símbolos, as siglas e
os acrónimos.
Ler e interpretar textos instrutivos.
Identificar as características principais do teatro galego do 1º terzo do
século XX.
Utilizar adecuadamente distintos medios e soportes electrónicos para
procesar e xestionar información.
Monográfico 1
Obxectivos
Recoñecer as distintas etapas da lingua galega desde o comezo do século
XX ata hoxe.
Contidos
O galego no século XX: primeiro terzo.
O galego no século XX: de 1936 a 1975.
O galego no século XX: último cuarto.
O galego no século XXI.
Criterios de avaliación
Recoñecer as causas e consecuencias dos feitos máis relevantes da
historia da lingua galega nos séculos XX e XXI.
2º TRIMESTRE
Unidade 4
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Recoñecer a frase e a oración como unidades morfosintácticas e
distinguir os diferentes tipos de frases.
Identificar e escribir correctamente palabras con «n» e «ñ».
Identificar as tendencias da lírica galega entre 1936 e 1976 e coñecer a
obra dos principais poetas deste período.
Utilizar de forma axeitada as tecnoloxías da comunicación e da
información.
75
Contidos
A frase: a frase nominal, adxectiva, verbal, adverbial e preposicional.
A oración.
Uso de «n» e «ñ».
Entre 1936 e 1976: a lírica.
Criterios de avaliación
Recoñecer e analizar todo tipo de frases.
Identificar a unidade morfosintáctica da oración e as frases que a
compoñen.
Utilizar correctamente na escrita o «n» e o «ñ».
Coñecer os trazos principais da obra dos poetas galegos entre 1936 e
1976.
Utilizar adecuadamente distintos medios e soportes electrónicos para
procesar e xestionar información.
Unidade 5
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Identificar as funcións sintácticas que se poden dar nunha oración e
realizar a análise morfosintáctica.
Escribir aplicando correctamente as regras de uso de «b» e «v».
Coñecer as tendencias da narrativa galega entre 1936 e 1976 e a obra
dos narradores clave deste período.
Empregar de forma axeitada as tecnoloxías da comunicación e da
información.
Contidos
As funcións sintácticas.
A análise morfosintáctica.
Regras de uso de «b» e «v».
Entre 1936 e 1976: a narrativa.
Criterios de avaliación
76
Coñecer os diferentes tipos de funcións sintácticas.
Desenvolver correctamente a análise morfosintáctica.
Coñecer os trazos principais da obra dos narradores galegos entre 1936
e 1976.
Utilizar adecuadamente distintos medios e soportes electrónicos para
procesar e xestionar información.
Unidade 6
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Ampliar e precisar o teu vocabulario relativo ás festas, ás tradicións e
aos ritos.
Recoñecer a distinción entre oración simple e oración composta e
diferenciar os tipos de oración composta.
Coñecer e escribir correctamente palabras con grupos consonánticos.
Desenvolver de forma pautada a técnica do debate.
Coñecer os trazos principais do teatro galego entre 1936 e 1976 e a obra
dos dramaturgos deste período.
Empregar de forma axeitada as tecnoloxías da comunicación e da
información.
Contidos
As festas, as tradicións e os ritos.
A oración simple.
A oración composta: coordinada e subordinada.
Grupos consonánticos: -bl-/-br-, -cl-/-cr-, -fl-/-fr-, -gl-/-gr- e -pl-/-pr-.
O debate.
Entre 1936 e 1976: o teatro.
Criterios de avaliación
Empregar con propiedade o vocabulario referido ás festas, ás tradicións e
aos ritos.
Identificar as oracións simples, compostas subordinadas e compostas
coordinadas.
Facer un uso correcto dos grupos consonánticos -bl-/-br-, -cl-/-cr, -fl-/-
fr-, -gl-/-gr- e -pl-/-pr-.
77
Desenvolver de forma correcta a técnica do debate.
Distinguir os trazos característicos da obra dos dramaturgos do período
entre 1936 e 1976.
Utilizar adecuadamente distintos medios e soportes electrónicos para
procesar e xestionar información.
Monográfico 2
Obxectivos
Achegarse aos principais textos legais que amparan a lingua galega e
aos seus artigos máis relevantes.
Contidos
Aproximación á lexislación sobre a lingua galega: Constitución Española,
Estatuto de Autonomía, Lei de Normalización Lingüística e Plan Xeral de
Normalización.
Criterios de avaliación
Identificar as disposicións legais máis importantes que afectan á lingua
galega e os seus artigos de maior transcendencia.
3º TRIMESTRE
Unidade 7
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Ampliar e precisar o teu vocabulario referido aos aparellos do fogar.
Identificar os distintos tipos de oracións sen suxeito e os trazos básicos
das oracións copulativas e predicativas.
Coñecer e escribir correctamente palabras con grupos consonánticos
cultos.
Ler e coñecer as características máis importantes da obra dos poetas da
nosa literatura actual.
Empregar de forma axeitada as tecnoloxías da comunicación e da
información.
78
Contidos
Os aparellos do fogar.
Oracións sen suxeito: oracións con suxeito elíptico, oracións unipersoais,
oracións impersoais.
Oracións copulativas e predicativas
Grupos consonánticos: -bc-/-bd-/-bm-/-bs-/-bt-/-bv-; -pc-/-pn-/
-ps-/-pt-…
A literatura actual: a lírica.
Criterios de avaliación
Utilizar de maneira apropiada o vocabulario referido aos aparellos
domésticos.
Recoñecer as oracións con suxeito elíptico, as oracións unipersoais e as
oracións impersoais.
Distinguir os tipos de oracións segundo a natureza do predicado: as
oracións copulativas e as oracións predicativas.
Escribir ben palabras con grupos consonánticos cultos.
Recoñecer os trazos máis relevantes da nosa lírica actual.
Utilizar adecuadamente distintos medios e soportes electrónicos para
procesar e xestionar información.
Unidade 8
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Ampliar e precisar o vocabulario referido aos préstamos e aos
neoloxismos.
Identificar as oracións transitivas e intransitivas, reflexivas e recíprocas,
pasivas e activas.
Escribir correctamente palabras coas grafías «j», «k», «w» e «y».
Comprender e producir textos argumentativos e recoñecer e empregar
correctamente os conectores máis frecuentes neste tipo de textos.
Ler e coñecer as características máis importantes da obra dos narradores
da nosa literatura actual.
Utilizar de forma adecuada as tecnoloxías da comunicación e da
información.
79
Contidos
Os préstamos e os neoloxismos.
Oracións transitivas e intransitivas.
Oracións reflexivas e recíprocas.
Oracións activas e pasivas.
Uso de «j», «k», «w» e «y».
O texto argumentativo e os conectores máis frecuentes neste tipo de
texto.
A literatura actual: a narrativa.
Criterios de avaliación
Coñecer a orixe de préstamos e neoloxismos e empregalos de forma
correcta.
Identificar adecuadamente as oracións transitivas e intransitivas;
reflexivas e recíprocas; e activas e pasivas.
Empregar con corrección na escrita as grafías «j», «k», «w» ou «y».
Identificar e producir textos argumentativos; recoñecer os conectores
máis frecuentes neste tipo de texto e empregalos correctamente nas
producións propias.
Identificar os trazos básicos da obra dos narradores máis importantes da
nosa literatura actual.
Empregar de forma axeitada as tecnoloxías da comunicación e da
información.
Unidade 9
Obxectivos
Ler textos coa intención de gozar deles.
Ampliar e precisar o vocabulario referido ao mundo do traballo.
Distinguir entre palabras que deben escribirse xuntas e palabras que se
escriben separadas.
Coñecer e producir un currículum vitae de acordo cunhas pautas dadas.
Ler e coñecer as características máis importantes da obra dos
dramaturgos da nosa literatura actual.
Usar de forma axeitada as tecnoloxías da comunicación e da información.
80
Contidos
O traballo.
As propiedades textuais: coherencia, cohesión e adecuación.
Os conectores textuais.
Palabras xuntas e separadas.
O currículum vitae.
A lírica actual: o teatro.
Criterios de avaliación
Utilizar de maneira apropiada o vocabulario referido ao mundo laboral.
Empregar con corrección palabras que deben escribirse xuntas ou
separadas.
Redactar convenientemente o tipo de currículum vitae acorde coas
propias necesidades.
Recoñecer os trazos máis relevantes do noso teatro actual.
Utilizar ben distintos medios e soportes electrónicos para procesar e
xestionar información.
Monográfico 3
Obxectivos
Afondar nos coñecementos sobre a publicidade.
Empregar correctamente a técnica de busca de información en Internet e
os seus recursos educativos.
Contidos
A linguaxe publicitaria: elementos verbais, icónicos e sonoros.
A busca de información en Internet: de información concreta, de
información xeral e de información actualizada.
Os recursos educativos en Internet.
81
2. Contidos mínimos esixibles
Redactar correctamente textos procurando manter a coherencia, aplicando
os conceptos básicos de lingua estudados e seguindo as pautas estruturais
e formais axeitadas ao tipo de texto.
Sociolingüística
Coñecer e comprender a pluralidade lingüística e a situación do galego
na actualidade (Lei de Normalización Lingüística, o galego no ensino…).
Expresión oral
Ler con certa fluidez e expresividade.
Valorar a participación activa nas situacións de oralidade que se
presenten na aula coidando o correcto uso da lingua.
Léxico e semántica
Coñecer o que é un préstamo lingüístico e a súa presenza no galego.
Coñecer e empregar correctamente o vocabulario básico relacionado con
diversos campos semánticos estudados durante o curso (os aparellos do
fogar, o traballo…).
Literatura
Coñecer basicamente as principais etapas da literatura galega do século
XX: contexto histórico, características esenciais, e autores e obras máis
salientables.
Comentar textos literarios de distintos xéneros atendendo a:
a. situación no contexto histórico-cultural
b. comprensión e temática
c. estrutura e recursos formais.
Outros
Demostrar que se leron os libros de lectura obrigatoria marcados para o
curso.
Realizar e entregar periodicamente e no tempo marcado as redaccións e
outras tarefas programadas polo/a profesor/a.
3. Metodoloxía didáctica
82
Cada Unidade Didáctica contará cunha información introdutoria
do/a profesor/a na que se marcarán as liñas temáticas a
desenvolver na unidade así como os procedementos que se
empregarán para conseguir os obxectivos sinalados. Cando o
alumnado posúa a información pertinente respecto aos contidos
conceptuais, serán o esquema, o resumo e/ou o mapa conceptual
as técnicas que deberá coñecer e usar como instrumento non só
para memorizar o aprendido senón tamén como medio para
lograr un esquema mental das principais características e
peculiaridades dun período da historia literaria, dun movemento
ou dun/ha autor/a, tentando que ao final de curso, o alumnado
posúa un coñecemento claro da historia literaria galega e a
relación entre a produción literaria dunha época coas
circunstancias políticas, sociais, culturais e mesmo económicas da
mesma.
O comentario de texto e o coñecemento das técnicas de análise
de textos de diferentes xéneros literarios, serán o instrumento
axeitado para o achegamento ás características específicas dunha
obra literaria e a relación co contexto da súa produción. Despois
da información facilitada polo/a profesor/a a este respecto, que
guiará previamente os comentarios, serán os/as alumnos/as os/as
que, de forma individual e/ou en grupo practiquen ao longo do
curso e en todas e cada unha das unidades didácticas, o
comentario ou análise de texto con fin de que adquiran fluidez e
habilidade no uso desta técnica.
As exposicións orais individuais, en parellas ou en pequeno
grupo serán outro dos recursos empregados ao longo do curso, de
xeito que todos e cada un dos/as alumnos/as realicen nalgún
momento unha exposición oral sobre un tema e/ou esquema do
mesmo, dun comentario de texto ou dun traballo de investigación
no que desenvolva máis amplamente algún apartado relacionado
con algunha das Unidades Didácticas, ou sobre a análise en xeral
ou de algún aspecto particular das obras de lectura obrigatoria
marcadas para este curso. Deste xeito, o/a alumno/a
enfrontarase ao papel de orador/a tendo que, non só planificar a
súa exposición e usar dos recursos para poder realizala, senón
coidar a súa fonética, gramática, sintaxe e léxico, procurando así
mesmo a coherencia e a claridade.
83
Os traballos de investigación serán preferentemente traballos
individuais, cando non sexan tarefas a realizar dentro da aula,
para evitar os desequilibrios, tan habituais, no grao de implicación
dos membros dun mesmo grupo. O traballo de investigación, que
será exposto en clase ou entregado por escrito, servirá,
dependendo do tipo de traballo, para coñecer o manexo do/a
alumno/a de distintas fontes documentais, orais ou TICS, o grao
de capacidade dedutiva e creativa, así como para valorar a
planificación, estruturación, coherencia, claridade e corrección do
traballo e o dominio lingüístico a nivel escrito do/a alumno/a.
Evitarase dentro do posible, que a “investigación” non se reduza á
copia exacta da información que se pode atopar nunha
enciclopedia ou libro de consulta. O manexo de varias fontes e a
implicación activa do alumno/a que terá que pór en práctica os
seus coñecementos e os seus recursos para deducir e concluír,
son os obxectivos desta actividade.
Neste curso, especialmente, deberemos potenciar a produción
de textos, eminentemente literarios, textos de diferentes
xéneros para empregar as estruturas e recursos específicos de
cada un e así poñer en práctica o aprendido. Tamén poderán,
despois de estudadas e analizadas as características da obra dun
autor/a e do seu estilo, tentar imitalo/la coa produción propia,
como un xeito lúdico e eficaz de comprender o uso, a función ou o
sentido de determinados recursos e técnicas. Por outra banda, o
cambio de xénero (transformar un poema en relato, ou un relato
en texto dramático...), permitirá que o/a alumno/a coñeza e
domine as claves de cada xénero literario.
A lectura e análise de textos literarios de diferentes autores, así
como das obras de lectura obrigatoria, permitirán o repaso de
cuestións gramaticais e lingüísticas estudadas en cursos
anteriores. Será o alumnado o que terá que ir do concreto ao
xeral, isto é, despois de analizar nun texto concreto algún aspecto
de morfosintaxe, por exemplo, os pronomes persoais átonos,
lembrar o uso dos mesmos e a súa colocación na oración. A
profesora ou profesor guiará, corrixirá, se procede, despois de
seren expostas oralmente as dúbidas e os comentarios
pertinentes sobre a cuestión. Repaso de contidos gramaticais e
84
lingüísticos, pois, a través dos textos literarios lidos e analizados
ou escritos polo propio alumnado.
Conclusión: a lectura, o resumo, o esquema, o comentario de
textos, a exposición oral, o traballo de investigación, a produción
literaria propia, serán pois os eixes fundamentais do
desenvolvemento das Unidades Didácticas que conforman este
curso de 4º de ESO. Así mesmo, a orde e temporalización das
unidades didácticas ou dos contidos traballados nas mesmas
poden modificarse en función das características do grupo de
alumnos ou alumnas.
4. Materiais e recursos didácticos
Libro de texto: Lingua 4º ESO da editorial Rodeira – Grupo Edebé.
Libros de lectura obrigatoria sinalados trimestralmente.
Libros de consulta: dicionarios, normas ortográficas e morfolóxicas...
Medios audiovisuais: películas, documentais e gravacións.
Fondos da biblioteca do centro. Revistas, xornais...
Recursos na rede: webs, blogs, dicionarios, enciclopedias, correctores
ortográficos, bibliotecas, actividades interactivas...
5. Procedementos de avaliación
Criterios de avaliación: Indicados nas unidades didácticas distribuídas por
trimestres.
Instrumentos de avaliación
Observación do alumnado na aula: participación activa nas
actividades de oralidade, traballo na aula de forma individual ou en
equipo, entrega no tempo marcado as tarefas sinaladas, presenza do
material didáctico esixido...
Valoración do traballo realizado na casa: redaccións e actividades
varias entregadas no prazo acordado...
Revisión do caderno de traballo do/a alumno/a: orde e claridade na
presentación, número de actividades e exercicios realizados e
corrixidos correctamente...
85
Non se poderá aprobar a avaliación sen ter lido o libro de lectura
correspondente.
Exames: un máximo de dous exames ou controis por trimestre.
Procedementos de avaliación
Axustaranse ás seguintes porcentaxes:
● 70%, aos exames ou controis (orais ou escritos) dos contidos
conceptuais. Máximo, dous exames parciais por trimestre.
● 1O%, ao exame de lectura obrigatoria das obras literarias
marcadas trimestralmente.
● 10%, aos contidos actitudinais: participación na aula, traballo na
casa, entrega das tarefas no tempo indicado, presenza do material axeitado
na clase.
● 10%, aos contidos procedementais: exposicións orais, textos
escritos, controis de lectura das obras voluntarias, certames literarios,
valoración do caderno de traballo do alumnado…
Despois de cada avaliación poderá ofertarse, se o/a profesor/a o considera
oportuno, un exame de recuperación. Ao final de curso, o profesorado que
imparte a materia valorará a conveniencia de sinalar ou non un exame de
recuperación final (de toda a materia, se o alumnado ten suspensas as
tres avaliacións; de parte da materia se o alumnado ten suspensas unha ou
dúas avaliacións).
6. Actividades de recuperación e reforzo para alumnos/as coa materia
pendente
A materia de Lingua Galega e Literatura ten como obxectivo a adquisición e
mellora da competencia comunicativa e, polo tanto, desenvólvese de
maneira progresiva nas diferentes etapas do ensino. Deste xeito, os/as
alumnos/as que aproben o curso actual terán tamén superada a materia do
curso pendente.
De todos modos, coa finalidade de facilitar a recuperación da materia
pendente, o profesorado recomenda a todos/as os/as alumnos/as realizar un
traballo continuado durante o curso sobre dita materia.
Para isto, o alumnado terá dúas opcións:
Realización de dous exames eliminatorios de toda a materia
sobre os contidos mínimos.
86
Datas dos exames: 4ª semana de xaneiro e 4ª semana
de abril (datas aproximativas).
Os exames terán lugar no horario normal de clases e de
non ser posible, pola tarde.
Actividades de reforzo para realizar semanalmente na casa que
serán corrixidas polo/a profesor/a do curso actual e realización
de 2 exames eliminatorios de toda a materia sobre os contidos
mínimos.
Criterios de avaliación:
o Actividades de reforzo: 30% da cualificación.
o Exame: 70% da cualificación.
O/a profesor/a da materia dará toda a información necesaria, resolverá
dúbidas, entregará modelos de exame coas posíbeis preguntas, recordará as
datas dos exames e os criterios de cualificación.
A cada alumno/a pendente entregaráselle unha copia deste texto e outra dos
contidos mínimos.
7. Actividades complementarias e extraescolares previstas
Realización de actividades ofertadas polo Concello de Ourense (visitas
guiadas, MOTECES...).
Asistencia a conferencias de autores/as lidos/as durante o curso.
Conmemoración de diferentes datas ao longo do curso: 25 de novembro;
Día da Muller Traballadora; Día do Libro; Semana das Letras Galegas...
Participación na Revista Literaria do Centro.
Participación no Concurso Literario do Centro que, dende hai anos, convoca
o Departamento de Lingua Galega e Literatura con notable éxito.
87
1. Obxectivos. Competencias básicas
Competencia en comunicación lingüística en lingua galega e castelá
a) Comprensión oral:
- Comprender textos (en castelán e galego) procedentes dos medios de comunicación
audovisual (debates na radio e na televisión) sobre temas da actualidade, en especial
os referidos a Galicia:
Identificación do tema ao redor do que xira o debate.
Identificación das distintas opinións ou puntos de vista.
Identificación dos argumentos nos que se apoian as diferentes posturas.
De seren debates televisivos, recoñecemento e análise dos compoñentes
non verbais das diferentes comunicacións.
- Comprender textos orais relacionados co desenvolvemento da materia e cos contidos das
diferentes materias do Ámbito:
Recoñecemento do tipo de texto: expositivo, instrutivo, argumentativo,
descritivo, literario...
Identificación do tema e das ideas principais.
Demostración do grao de comprensión dos textos orais mediante
cuestionarios de diferente índole tanto orais como escritos.
Toma de apuntamentos para a elaboración de esquemas, resumos,
exposicións ou reescritas posteriores.
- Desenvolver o grao de comprensión oral empregando como instrumentos os medios
audovisuais: cancións, programas radiofónicos e, sobre todo, películas relacionadas
coa temática tratada no curso (histórica, literaria, artística...) ou de interese para o
alumnado.
b) Expresión oral:
Manifestar opinións, tratando de estruturar e organizar os pensamentos para transmitir
mensaxes comprensibles e claras.
- Valorar o diálogo como un medio eficaz tanto para resolver conflitos ou chegar a acordos
como para ampliar coñecementos e descubrir novas perspectivas dunha mesma
realidade, o que incide no enriquecimento persoal.
NNIIVVEELL:: 4º ESO DC
MMAATTEERRIIAA:: ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO LIBRO DE TEXTO: DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR 2 EDITORIAL:XERAIS
PPRROOFFEESSOORRAA:: Concepción Fernández Vázquez
88
- Ler textos de índole diversa (literarios ou non) en voz alta cun grao aceptable de fluidez
procurando unha boa entoación e expresividade adecuada ao tipo de texto e ao
contido do mesmo, e respectando os signos de puntuación.
- Expresarse cun grao aceptable de fluidez en improvisacións baseadas en diferentes
situacións e conflitos da realidade cotiá facendo uso dun vocabulario suficientemente
amplo e axeitándose á situación comunicativa improvisada.
- Realizar periodicamente breves exposicións sobre os libros lidos durante o curso, tanto
sobre aqueles de lectura obrigada como sobre os elixidos voluntariamente.
- Realizar periodicamente breves exposicións sobre noticias de actualidade, con especial
atención ás referidas a Galicia, segundo un guion elaborado previamente polo
alumnado e o/a profesor/a.
- Expoñer de forma habitual os resultados das tarefas realizadas tanto na aula como na casa.
- Expoñer, con axuda das TIC se fose pertinente, pequenos traballos de investigación sobre
os contidos (fundamentalmente históricos, literarios e artísticos) tratados durante o
curso.
- Valorar a participación activa, reflexiva e respectuosa en todas as situacións de
comunicación oral que se presenten na aula: debate sobre temas de interese, posta
en común de resultados, toma de decisións, etc.
c) Comprensión escrita:
- Comprender textos propios da vida cotiá e das relacións sociais: solicitude, denuncia,
curriculum vitae... e outros que demande o alumnado ou sexan pertinentes ao longo
do curso:
Identificar o tipo de texto e a súa función comunicativa.
Identificar a estrutura do texto.
Recoñecer algúns compoñentes lingüísticos significativos e específicos de
cada texto.
- Comprender textos dos medios de comunicación:
Diferenciar os artigos de información e de opinión.
Identificar as partes en que se estruturan os textos.
- Comprender textos relacionados cos contidos temáticos do curso:
Identificar a idea principal e as ideas secundarias.
Completar ou elaborar esquemas, resumos ou paráfrases.
Elaborar e/ou contestar cuestionarios que amosen o grao de comprensión
textual.
Seleccionar a información pertinente de distintas fontes de
documentación (biblioteca, TIC...), comparándoa e contrastándoa para
un traballo posterior de organización e reelaboración escrita ou oral.
d) Expresión escrita:
- Valorar a importancia dunha correcta presentación dos escritos, respectando as marxes e o
sangrado, destacando os títulos e os subtítulos e procurando a súa lexibilidade.
- Valorar a importancia dunha adecuada estruturación dos textos, reparando na división dos
parágrafos e na organización das ideas dentro de cada parágrafo.
89
- Valorar a importancia da expresión escrita sen incorreccións ortográficas e gramaticais, cun
uso axeitado das estruturas sintácticas e os signos de puntuación e cunha riqueza
léxica progresivamente adquirida.
- Elaborar textos relacionados coa vida cotiá e as relacións sociais: curriculum vitae,
solicitudes, denuncias, e outros que demande o alumnado ou sexan pertinentes no
contexto do curso.
- Elaborar textos argumentativos sobre temas de actualidade ou relacionados cos contidos
tratados durante o curso nas diferentes materias:
Presentar correctamente o escrito (marxes, sangrado...) coidando a
estruturación en parágrafos de acordo coa opinión, os argumentos e a
conclusión aducidos.
Facer uso correctos dos compoñentes lingüísticos específicos do tipo de
texto.
- Escribir textos de carácter literario (poéticos, narrativos e dramáticos) coidando de facer
uso dos elementos estruturais propios de cada xénero e tendo como modelos os
textos literarios lidos e analizados na aula.
- Compoñer, en papel ou soporte dixital, textos expositivos relacionados cos contidos das
materias impartidas no curso, elaborados a partir de información obtida en distintas
fontes.
Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico
- Colorear nun mapa político mudo os territorios xeográficos onde se falen linguas
maioritarias xunto coas linguas minoritarias especialmente as que, no marco
europeo, se atopan nunha situación sociopolítica semellante á que posúe a lingua
galega.
- Coñecer, coa axuda dos mapas, as transformacións da organización territorial da Península
Ibérica durante o medievo. O concepto de Estado moderno.
- Localizar no mapa os territorios que abranguía o imperio colonial español.
- Localizar no mapa os espazos xeográficos onde se desenvolveron (ou desenvolven) os
feitos histórico-políticos ou os fenómenos socioculturais tratados na aula.
- Coñecer os cambios na organización territorial europea tras os acontecementos histórico-
políticos analizados na aula, con especial atención aos máis recentes: caída do muro
de Berlín, desaparición da U.R.S.S., guerra dos Balcáns...
Tratamento da información e competencia dixital
- Amosar suficiente grao de habilidade (tempo empregado e eficacia na selección das fontes)
para procurar a información tanto na documentación escrita en soporte de papel,
como nas TIC.
- Facer uso das TIC para presentar diferentes traballos escritos ou ilustrar as exposicións
orais (procesador de textos, Power-Point...).
- Coñecer en Internet enlaces de interese pola información que achega de carácter
educativo, cultural, social... (bibliotecas virtuais, portais educativos, xornais
90
electrónicos, blogs de persoeiros da cultura, organismos e institucións oficiais tanto
estatais como autonómicas, tanto provinciais como locais...).
- Ter capacidade para rexeitar aquela información que resulte inadecuada, sobre todo, por
discriminatoria ou prexuizosa.
Competencia social e cidadá
- Coñecerse a si mesmos, isto é, ser quen de valorar as capacidades e calidades para tirar
partido delas, e poder recoñecer as dificultades para procurar solucións.
- Asumir progresivamente responsabilidades tanto a nivel familiar como académico e social.
Facer uso da axenda para anotar as tarefas pendentes, o material ou as
instrucións que se indican para a súa realización, os prazos de entrega dos
traballos, etc.
Cumprir os prazos indicados para a realización e/ou entrega das tarefas
encomendadas.
Elaborar un horario de traballo para a casa e cumprir progresivamente o tempo
reservado diariamente para o estudo.
Marcar (e procurar cumprir) varios obxectivos a curto e medio prazo para
conseguir unha mellora no proceso de aprendizaxe (hábito ou técnicas de estudo,
grao de concentración e atención...).
- Implicarse progresivamente nos diferentes ámbitos do contorno: tomar postura ante os
feitos que acontecen nos diferentes contextos da vida, expoñer solucións, participar
na resolución dos conflitos...
- Aprender a traballar en equipo: facer do diálogo a ferramenta máis poderosa para chegar a
acordos e resolver conflitos, expoñer e defender respectuosamente as propias
opinións, e actuar do mesmo xeito ante as posturas e o traballo alleo, evitar
prexuízos e discriminacións...
- Realizar ao longo do curso, cando menos, un proxecto común que implique á totalidade do
alumnado.
- Coñecer algúns artículos da Constitución Española, do Estatuto de Autonomía e do Decreto
de Normalización Lingüística para ser conscientes dos dereitos das linguas e da
importancia do seu uso.
- Coñecer e valorar os Dereitos Humanos, en xeral, e os dereitos da cidadanía e dos/as
traballadores/as, en particular, coñecendo e valorando o influxo que determinados
feitos históricos, movementos ou persoas tiveron, ao longo da historia, na súa
consecución.
- Coñecer determinados feitos e personaxes históricos, movementos políticos e conflitos a
nivel mundial... para poder entender e analizar a actualidade: a situación política e
social, en xeral, e as características e problemática das sociedades democráticas e
antidemocráticas, en particular.
- Coñecer algúns feitos da historia de Galicia para comprender a situación e a problemática
actuais tanto a nivel lingüístico e cultural como social e político.
Competencia cultural e artística
91
- Apreciar as manifestacións artísticas e culturais como fonte de pracer e enriquecemento
persoal.
- Participar nas actividades culturais programadas (asistencia a espectáculos teatrais,
conferencias, películas; visita a museos, exposicións, monumentos...) cunha actitude
positiva e aberta, reflexiva e crítica, valorando o goce e o enriquecemento persoal
que comportan.
- Identificar os principais elementos estruturais e recursos dos textos literarios (poéticos,
narrativos e dramáticos) valorando a interrelación entre fondo e forma.
- Interesarse por aplicar nos propios textos literarios as estruturas e recursos formais
analizados nas obras de diferentes autores/as que serven de modelo para a
potenciación da propia creatividade.
- Completar e/ou elaborar esquemas que demostren o coñecemento e a comprensión das
principais características e feitos dos diferentes períodos da Historia (mundial,
española e galega) dende a Idade Media ata a actualidade.
- Relacionar esquematicamente o contexto histórico coas manifestacións artísticas e literarias
que nel se producen.
- Completar e/ou elaborar esquemas que comprendan as etapas, movementos, autores/as e
obras (e as súas características esenciais) da Literatura Galega e Castelá.
- Identificar as principais características dos diferentes movementos artísticos dende a Idade
Media ata o momento actual.
- Identificar as características formais e temáticas nas obra dalgúns dos/as autores/as máis
emblemáticos/as da pintura, escultura e arquitectura dende a Idade Media ata a arte
contemporánea.
Competencia aprender a aprender
- Manter a orde na libreta do Ámbito Sociolingüístico: división en apartados segundo as
materias e os contidos procedementais sinalados.
- Facer uso da axenda: anotar e revisar diariamente.
- Elaborar un horario de estudo para a casa e cumprir progresivamente o tempo marcado co
fin de lograr o hábito de estudo.
- Traballar técnicas de concentración, atención e memoria para mellorar o proceso de
aprendizaxe.
- Traballar técnicas para mellorar a competencia lectora .
- Identificar o tema e as ideas principais e secundarias en textos orais e escritos, trala
asistencia a unha representación teatral, película, conferencia, charla, etc.
- Completar e/ou elaborar esquemas e resumos que dean conta da comprensión das
actividades realizadas, os contidos tratados na aula, etc.
- Saber facer uso dos distintos instrumentos de carácter educativo que poden axudar a
entender ou ampliar os contidos tratados durante o curso (buscadores, dicionarios,
tradutores, enciclopedias, glosarios... –tanto en soporte dixital como de papel-).
- Expoñer, no momento en que se susciten, as dúbidas sobre os contidos dados na aula ou
as tarefas realizadas na casa.
92
Competencia para a autonomía e iniciativa persoal
- Identificar as propias capacidades e habilidades para tirar partido delas.
- Detectar as dificultades ante o proceso de aprendizaxe para poder procurar solucións.
- Tomar postura, expoñer opinións, aportar solucións, participar na resolución dos conflitos,
implicarse, en fin, nas problemáticas que a cotío xurdan nos distintos ámbitos da
vida.
- Participar activamente nos debates e coloquios, nas actividades culturais, na activación dos
coñecementos previos, na posta en común dos traballos realizados na aula, na toma
de decisións do ámbito académico...
- Facer uso da axenda.
- Cumprir os prazos indicados para a realización e entrega de tarefas.
- Expoñer, no momento en que se susciten, as dúbidas sobre os contidos dados na aula ou
as tarefas realizadas na casa.
- Evitar o conformismo e a resignación ante as dificultades que xurdan no proceso de
aprendizaxe, procurando solucións para gozar, tralo esforzo, de ver o traballo
realizado.
- Entender a autoavaliación coma un instrumento para detectar os erros cometidos e así
poder evitalos.
2. Distribución de Contidos 1º TRIMESTRE
UNIDADE 1 COMUNICACIÓN: Tipoloxía textual: os textos argumentativos, os textos expositivo- argumentativos. LINGUA E LITERATURA GALEGAS: Gramática:- A lingua como instrumento de comunicación. Elementos da comunicación.Funcións da linguaxe.Niveis da lingua.Modalidades oracionais. Ortografía: acentuación ortográfica. Léxico: interferencias lingüísticas. Literatura : As Irmandades da Fala.Ramón Cabanillas. O grupo Nós: Risco e Pedrayo. CIENCIAS SOCIAIS: A Idade Media. O declive do Antigo Réxime. O século das luces. O século XVIII en España. O reformismo borbónico. A Ilustración en España. Galicia no século XVIII. A Ilustración en Galicia. A arte no século XVIII. LENGUA Y LITERATURA CASTELLANA: Literatura: El lenguaje literario. Los géneros literarios. UNIDADE 2
93
COMUNICACIÓN: tipoloxía textual: os textos narrativos.Comentario dun texto narrativo. LITERATURA: a obra de Castelao. O tempo das vangardas. A xeración de 1922. CIENCIAS SOCIAIS: As primeiras revolucións liberais. O imperio napoleónico. Liberalismo e nacionalismo. Guerra, revolución e estado liberal en España. A Guerra da In- pendencia (1808-1814). Guerra da Independencia en Galicia. O reinado de Fernando VII: absolutismo e revolución. A arte do século XIX. 2º TRIMESTRE
UNIDADE 3
COMUNICACIÓN: tipoloxía textual: os textos descritivos. Descrición dunha paisaxe. LINGUA E LITERATURA GALEGAS: Gramática: o texto. Tipoloxías textuais. Ortografía: as letras maiúsculas. Léxico: as frases feitas. Literatura: a posguerra. Alvaro Cunqueiro, Ánxel Fole. A poesía dos anos cincuenta. CIENCIAS SOCIAIS: A Revolución Industrial. A sociedade de clase e o movemento obreiro. Imperialismo e repartición colonial. España no cambio de século. O nacemento do galeguismo. A ruptura artística de finais do XIX. LENGUA Y LITERATURAS CASTELLANAS: Realismo y naturalismo. El modernismo. La generación del 98. UNIDADE 4
COMUNICACIÓN:tipoloxía textual: os textos líricos. Comentario dun texto lírico. LINGUA E LITERATURAS GALEGA: A Galicia do exilio. Escritores do exilio: E. Blanco Amor. Derradeira etapa do réxime franquista: C.Emilio Ferreiro. CIENCIAS SOCIAIS: A Primeira Guerra Mundial e a Revolución Rusa. A época de entreguerras. A Segunda Guerra Mundial. Transformación na España do século XX. O nacionalismo galego. A arte das vangardas.
94
LENGUA Y LITERATURA CASTELLANAS: Literatura: el XIX. Literatura anterior a la guerra civil. Las vanguardias. Generación del 27. Gramática: subordinadas. Ortografía: palabras juntas y separadas. Partición de palabras. Léxico: los préstamos
3º TRIMESTRE
UNIDADE 5
COMUNICACIÓN: tipoloxía textual.Textos formais orientados ao mundo laboral.
LINGUA E LITERATURA GALEGAS: Gramática: propriedades do texto. Ortografía: a escrita dos números. Lingua e sociedade. Situación da lingua galega. Literatura: Promoción de enlace e xeración das Festas Minervais. Narrativa dos sesenta. A Nova Narrativa Galega. Lingua e sociedade: falantes de lingua galega. CIENCIAS SOCIAIS: A guerra fría. Descolonización e terceiro mundo. Organizacións internacionais. Ditadura e democracia en España. O franquismo en Galicia. A autonomía galega. A arte desde a 2º Guerra Mundial. LENGUA Y LITERATURA CASTELLANAS. Siglo XX: literatura posterior a la guerra civil. UNIDADE 6
COMUNICACIÓN: tipoloxía textual. Textos formais orientados ao mundo laboral. LINGUA E LITERATURA GALEGAS: Literatura dende 1975 á actualidade. CIENCIAS SOCIAIS: O mundo actual. A globalización. Revolución das comunicacións e revolución científico-técnica. España no cambio de milenio. A arte actual. LENGUA Y LITERATURA CASTELLANAS: Literatura: la literatura hasta nuestros días. La difusión literaria. Literatura en Internet. Cine y literatura. Gramática: subordinadas.
95
Ortografía: los signos de puntuación. Lengua y sociedad: el español en el mundo. 3. Liñas metodolóxicas
A organización do ámbito lingüístico-social, que integra os aspectos básicos do currículo correspondente ás materias de Lingua e literatura, galega e castelá, e de Ciencias sociais, xeografía e historia, permite presentar de forma coherente os feitos socio-históricos como marco no que se inscriben as manifestacións artísticas e literarias de cada momento e posibilita tratar eses coñecementos interrelacionados, de xeito que duns se poida acceder a outros, tomando cada un como punto de apoio para establecer o outro.
Para que a aprendizaxe significativa se produza, é imprescindíbel unha metodoloxía coas seguintes características:
Un enfoque eminentemente práctico para que o alumnado se vexa forzado a
manipular constantemente a información, os textos e o resto de material, tanto
en soporte tradicional coma informático, e poida adquirir uns hábitos de estudo
e aprendizaxe por medio da actividade diaria. Do que se trata, en definitiva é,
saber facer.
Un tratamento sinxelo –dentro do posible- dos temas, pero sen perder o rigor.
Un carácter funcional, tratando de que os coñecementos adquiridos poidan ser
utilizados en circunstancias reais ou para a adquisición doutros. Trátase de
saber facer para...
Unha dimensión práctica que vincule o ámbito escolar co mundo do traballo.
Unha ampla e variada selección de actividades para coñecer, motivar e
comprometer o alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe; que transmitan
con ideas claras o que se vai facer, como e con que normas; que fomenten a
participación e a reflexión, tanto individual coma grupal, o interese por
desenvolver o seu nivel de coñecemento e a seguridade para opinar e tomar
decisións.
Unha secuenciación adecuada das tarefas e traballos para buscar, seleccionar e
tratar a información de xeito autónomo; para ordenar, comparar e xerarquizar
ideas; para operar non só sobre o concreto, senón tamén sobre conceptos e
ideas; para desenvolver a formulación de hipóteses e expresión dos resultados
coa comprobación noutros contextos diferentes ao traballado e fomentar a
confrontación clara e respectuosa das ideas.
Un docente que, fundamentalmente, realizará o papel de guía do alumnado,
como suxeito individual ou agrupado, na utilización da información e na
exposición/resolución de problemas.
Uns recursos didácticos variados entre os que se atopa o material elaborado
polo departamento de lingua galega e literatura, a biblioteca de aula –
dicionarios, libros de lectura, revistas e xornais–; o acceso á biblioteca do
centro e ás aulas de informática e multimedia –procesadores de texto, internet,
películas, documentais e gravacións– .
96
4. Avaliación Do Alumnado
4.1. Criterios De Avaliación
- Posuír unha información esquematizada dos principais feitos históricos e as súas
consecuencias, das causas que os provocan e as características que os definen,
dende a Idade Media ata a época actual (principalmente daqueles que pola súa
proximidade temporal ou pola especial influxo no devir histórico posterior, son
considerados de particular interese):
Idade Media –feudalismo, revolución irmandiña-,
Renacemento: o humanismo, a idade da razón,
Revolución francesa,
Guerra da Independencia,
Revolución Industrial,
Colonialismo
Nacemento do galeguismo,
Primeira Guerra Mundial,
Revolución Rusa,
Segunda Guerra Mundial,
Creación do Estado de Israel,
Independencia de países (africanos, entre outros),
Guerra Civil española,
Transición democrática española,
Caída do Muro de Berlín,
Desaparición da URSS,
Guerra dos Balcáns,
Guerras de Iraq,
Acontecementos actuais...
- Posuír unha información esquematizada das características esencias dalgúns movementos,
autores/as e obras emblemáticos da Historia da Arte, dende a Idade Media ata a
época contemporánea.
- Ser quen de realizar unha análise e comentario artístico, con certo rigor, sobre unha obra
pictórica, escultórica ou arquitectónica, nunha exposición planificada axudándose das
TIC.
- Posuír unha información esquematizada das etapas, movementos, autores/as e obras máis
significativos da Literatura Española dende a Idade Media ata a actualidade.
- Posuír unha información esquematizada das etapas, movementos, autores/as e obras máis
significativos da Literatura Galega dende a Idade Media ata a actualidade.
- Ler en voz alta cun grao suficiente de fluidez e expresividade, textos de índole diversa
(literarios ou non).
- Ser quen de comprender e analizar os elementos estruturais dos textos narrativos: punto
de vista e actitude do/a narrador/a, tempo, espazo e personaxes.
97
- Ser quen de comprender e analizar a temática, ton, estrutura e recursos formais esencias
dos textos poéticos.
- Ser quen de transformar en texto teatral un texto narrativo tendo en conta as
características peculiares do xénero dramático.
- Ser quen de entender, analizar e utilizar as estruturas sintácticas, comprendendo a relación
destas coa tipoloxía do texto oral ou escrito.
- Ser quen de comprender o tema, a(s) idea(s) principal(is) e, se é o caso, a estrutura e os
elementos lingüísticos característicos en textos orais ou escritos de distinta tipoloxía.
- Ser quen de completar ou elaborar esquemas, resumos, paráfrases...; contestar
cuestionarios de índole diversa, formular preguntas sobre o texto ou detectar
erros de contido, entre outras actividades, para dar conta do grao de comprensión
adquirido.
- Ser quen de expoñer oralmente cun grao suficiente de claridade e fluidez, de boa
entoación e dicción, e coa expresividade axeitada ao contexto comunicativo,
temas, comentarios, opinións, resultados de tarefas, improvisacións que remeden
situacións coitiás, autoavaliación,... procurando establecer unha estrutura que
amose unha correcta coherencia e cohesión.
- Ser quen de valorar a importancia dos elementos paraverbais e non verbais nas
exposicións orais.
- Ser quen de facer uso das TIC (cando menos unha vez durante o curso) para
acompañar e ilustrar algunha das exposicións orais con imaxes, gráficos, música,
vídeos...
- Ser quen de incorporar progresivamente o léxico adquirido tanto nas producións orais
como nas escritas.
- Ser quen de presentar axeitadamente os textos escritos, respectando as marxes, a
sangría, resaltando os títulos e subtítulos, indicando a data, asinando
debidamente...
- Ser quen de facer uso dalgún procesador de texto para presentar adecuadamente os
traballos escritos.
- Elaborar cun grao de corrección suficiente, tanto na presentación como na estrutura,
ortografía, morfosintaxe e léxico, textos relacionados coa vida cotiá: curriculum
vitae, solicitudes e instancias...; producións propias de carácter literario;
exposicións, análises ou comentarios diversos sobre temas de actualidade,
actividades realizadas na aula, análises ou comentarios de diferente índole
(literarios, artísticos, cinematográficos, xornalísticos...).
- Amosar un grao suficiente de habilidade na procura, selección e ordenación da
información adquirida en diversas fontes (en papel ou en soporte dixital).
- Facer uso da axenda (anotación e revisión) de xeito habitual e sistemático.
- Cumprir os prazos establecidos para a realización e entrega das tarefas encomendadas.
- Valorar o traballo en grupo, o diálogo como instrumento eficaz para resolver conflitos e
chegar a acordos, o respecto ante as opinións e os feitos alleos, a expresión dos
propios pensamentos e ideas, e a participación activa nos diferentes contextos da
realidade cotiá.
98
- Recoñecer e valorar as propias capacidades e evitar a resignación ante as dificultades
que se presentan no proceso de aprendizaxe: procurar solucións.
- Adquirir progresivamente un hábito de estudo.
- Mellorar progresivamente na autoestima e no grao de motivación cara á propia
formación académica, cultural e intelectual.
4.2. Procedementos de Avaliación
Tendo en conta que os obxectivos e, como consecuencia, os criterios de avaliación, xiran
en torno ás competencias básicas que o alumnado debe adquirir durante este curso, en
particular, e tras a etapa educativa da ESO, en xeral, consideramos que deben ser os
contidos procedementais os que sexan obxecto dunha maior valoración e a súa
cualificación resulte ser a porcentaxe máis alta na nota final. Trátase de que o alumnado
saiba facer. Os contidos conceptuais son precisos e útiles en canto que redundan no
grao de elaboración e mellora das competencias básicas.
Sendo así, os procedementos de avaliación axustaranse ás seguintes porcentaxes:
- Co 50%:
-Contidos conceptuais correspondentes aos distintos bloques.
-Exposicións orais e escritas ademais da lectura das obras programadas.
-Co 50%
-Entrega de tarefas e exercicios no tempo estipulado.
-Interese e atención na clase.
-Participación na clase.
-Traballo en clase.
-Exercicios escritos feitos polo alumno.
-Presentación coidadosa de exercicios e exames.
-O caderno (organización, presencia de todas as actividades e corrección das mesmas).
Ademais, descontarase un 0,10 por errores ortográficos e un 0,15 por errores gramaticais
nos textos escritos.
A avaliación será continua, formativa e individual.
Será indispensable valorar o progreso individual e adaptar o ensino-aprendizaxe ás
necesidades de cada un dos alumnos para conseguirmos os obxectivos da Etapa Educativa.
A actitude positiva á hora de avaliar a un alumno de Diversificación Curricular, subliñando
os seus logros en cada momento, por pequenos que estes sexan, favorecerá a consecución
dun dos obxectivos fundamentais dun Programa destas características: a autoestima duns
alumnos que, por haber fracasado sistematicamente a nivel escolar, non teñen seguridade
nin confianza no traballo realizado, nin cren nas súas propias posibilidades.
99
4.3. Instrumentos de Avaliación
Partindo das características especiais dun Programa de Diversificación Curricular, convén ter
en conta:
-Avaliación do alumno a través dos controis orais e escritos.
-Observación de actitudes: participación, cumprimento dos tempos e das normas
establecidas.
-O cumprimento do tempo marcado para a realización e entrega das tarefas encomendadas
tanto na aula como na casa.
-O caderno (organización, presentación, presenza de todas as actividades e corrección das
mesmas).
-O grao de fluidez na lectura en voz alta.
-O grao de adecuación dos elementos paraverbais e non verbais ao contexto comunicativo de
carácter oral.
-A eficacia á hora de organizar e utilizar a información.
-O grao de autonomía na resolución de problemas e dificultades.
-As probas orais ou escritas (cuestionarios) para comprobar o grao de comprensión e/ou
retención dos contidos traballados na aula.
- A elaboración de resumos, fichas, paráfrases ou esquemas para comprobar o grao de
comprensión e/ou retención dos contidos traballados na aula.
- Os controis de lectura e o interese no hábito lector.
- Os textos escritos de produción propia, literarios ou non.
PROGRAMA DE REFORZO PARA A RECUPERACIÓN DE PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES Dado que a materia ten a mesma denominación en todos os cursos e que a avaliación é continua, o departamento acordou o seguinte: Os profesores farán, nas clases, actividades de repaso do curso anterior, o que servirá de posible recuperación para os alumnos coa materia pendente. -Se un alumno aproba a materia do curso no que está matriculado, considerarase que supera a materia do curso pendente. - Se un alumno non aproba a materia do curso no que está matriculado, pode, a xuízo do profesor correspondente, aprobar a do curso pendente. -Se un alumno non aproba a materia no curso do que está matriculado, nin, a xuízo do profesor pertinente, aproba a do curso anterior, terá un exame de recuperación da materia pendente no mes de abril-maio e outro en setembro, como estipula a lexislación.
100
NNIIVVEELL:: 1º BACHARELATO
MMAATTEERRIIAA:: LINGUA GALEGA E LITERATURA
PPRROOFFEESSOORREESS//AASS:: Concepción Fernández,Constantino Pazos, Pilar Prieto e Susana
Rodríguez
1. Obxectivos xerais do curso
Na etapa do ensino posobrigatorio, a área de lingua e literatura galega ten
como obxectivo fundamental o enriquecemento da capacidade comunicativa
do alumnado, competencia que xa se vén traballando dende a ESO. Neste
sentido non se produce un salto cualitativo considerable entre ambas as
dúas etapas por canto que o obxectivo fundamental vén ser o mesmo: a
adquisición e mellora da competencia comunicativa, entendida esta coma
unha competencia ampla que abrangue saberes lingüísticos, sociolingüísticos
e discursivos e que lle debe reportar ao alumnado a capacidade para usar a
lingua (tanto a nivel receptivo, coma produtivo e interaccional) nas diversas
esferas da actividade social e individual.
A diferenza deste currículo con respecto ao da etapa anterior radica
fundamentalmente na maior sistematización de coñecementos lingüísticos e
literarios e na abordaxe de situacións comunicativas e textos
(nomeadamente dos ámbitos científico, académico e dos medios de
comunicación) cada vez máis complexos e acordes coa idade e a madureza
intelectual do noso alumnado, que ha de entender esta etapa coma unha
continuación dos seus estudos obrigatorios que os axudará a prepararse
para retos futuros, estean estes no mundo laboral ou no mundo académico.
Daquela existe unha filosofía pedagóxica e didáctica común aos dous
currículos se ben é evidente que no de bacharelato debe haber unha
progresión de contidos con respecto ao da ESO, co fin de non convertelo en
algo meramente repetitivo. O criterio que se segue polo tanto é o de atender
a aqueles aspectos que na etapa de ensino obrigatorio puideran ter un
menor tratamento e, ao tempo, afondar noutros contidos que (por idade e
madureza intelectual dos/das alumnos/as) se visen dun xeito máis
superficial daquela.
O nivel de coñecementos de lingua e literatura galega que se adquire ao
rematar o bacharelato corresponde ao dunha persoa capaz de comprender
101
unha ampla variedade de textos orais e escritos extensos e con certo nivel
de dificultade, expresarse de forma fluída e espontánea en distintos
contextos comunicativos, producir textos ben estruturados sobre diferentes
temas e mostrar un uso correcto da norma ortográfica e morfosintáctica.
Segundo a lexislación vixente, os obxectivos fundamentais do ensino da
materia de lingua galega e literatura son o desenvolvemento das seguintes
actividades e competencias comunicativas:
1.- Comprender o contido global e particular, así como a intención e
propósito dos discursos orais, escritos e audiovisuais procedentes de
diversos contextos comunicativos da vida social e cultural, nomeadamente:
dos ámbitos público, educativo, profesional e dos medios de comunicación.
2.- Expresar por escrito e oralmente o contido dunha mensaxe
axustando o discurso a diferentes situacións comunicativas (especialmente
ás do ámbito académico) e mantendo a coherencia, a corrección gramatical,
a adecuada presentación e a utilización dos principais elementos cohesivos.
3.- Desenvolver as principais técnicas de comunicación e aprendizaxe
relativas á comprensión e á produción que se empregan durante a
interacción oral, para lograr os fins pretendidos e atendendo aos distintos
contextos.
4.- Identificar os diversos tipos de textos orais, escritos e
audiovisuais e reflexionar sobre a súa estrutura así como recoñecer o seu
tema e a organización da información.
5.- Interpretar e valorar criticamente a información e as mensaxes
que emanan dos distintos discursos e utilizar con autonomía e espírito crítico
as novas tecnoloxías da información e da comunicación.
6.- Planificar, realizar e corrixir as propias producións de xeito que a
persoa usuaria da lingua sexa un axente social no seu ámbito, contribuíndo
a consolidar as distintas funcións sociais da lingua (de identidade, familiar,
laboral, local, institucional, cultural e internacional).
7.- Coñecer a realidade multilingüe do mundo, de Europa e do estado
español, valorando positivamente a riqueza que representa e fomentar o
desenvolvemento da competencia pluricultural e, en especial, o da
plurilingüe.
8.- Coñecer, analizar e reflexionar sobre a situación social da nosa
lingua e factores e procesos que ao longo da súa historia a levaron á
situación actual.
102
9.- Analizar os diferentes usos sociais da lingua, valorar as súas
variedades, superar estereotipos lingüísticos que supoñen xuízos de valor e
prexuízos, en especial os referidos ás mulleres, para evitalos.
10.- Recoñecer e analizar as distintas unidades da lingua e o seu
funcionamento a partir dos distintos tipos de textos que se producen en
contextos diferentes e cun achegamento analítico que observe a lingua
partindo da globalidade para chegar ás partes mínimas.
11.- Apreciar e valorar a corrección e precisión formal como unha
condición para que a comunicación funcione de maneira óptima.
12.- Adquirir un corpus léxico importante, adecuado á intención e á
situación comunicativa, almacenable a longo prazo, de fácil acceso e
formalmente correcto.
13.- Coñecer as características das principais etapas da literatura
galega así como as correntes, xéneros, autoras e autores e obras máis
representativos utilizando fontes bibliográficas axeitadas para o seu estudo.
14.- Ler, comprender, analizar e xulgar con criterio obras e
fragmentos representativos das diferentes épocas da literatura galega en
tanto que expresión de determinadas circunstancias sociohistóricas.
15.- Concienciarse de que unha lectura crítica e de calidade mellora a
competencia comunicativa, xa que posibilita a formación, a información e o
pracer.
2. Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións
En Lingua e Literatura de 1º de Bacharelato os contidos distribúense nos
seguintes bloques:
Lingua e texto
Reflexión e comprensión dos principais conceptos de lingüística xeral
que teñen que ver coa comunicación e a linguaxe.
Reflexión sobre o concepto de rexistro lingüístico, os seus tipos e as
súas manifestacións lingüísticas. Aplicación ás producións propias dos
coñecementos adquiridos. Análise do rexistro en producións alleas.
Presentación e corrección ortográfica en todo tipo de textos. Repaso
de casos de ortografía dubidosa.
Texto descritivo: intención comunicativa, estrutura formal e de
contido e características lingüísticas. Substantivo e adxectivo: xénero
e número, o grao do adxectivo, as conxuncións comparativas.
103
Texto expositivo: intención comunicativa, estrutura formal e de
contido e características lingüísticas. Outras palabras adnominais
(artigo, demostrativo, posesivo, cuantificadores e identificadores).
Caracterización e tipoloxía.
Texto narrativo: intención comunicativa, estrutura formal e de
contido e características lingüísticas. O verbo: a conxugación verbal
regular e irregular. As perífrases verbais. O infinitivo conxugado.
Descrición e usos
Texto argumentativo: intención comunicativa, estrutura formal e de
contido e características lingüísticas. Os conectores: preposicións e
conxuncións. Caracterización e tipoloxía. As locucións prepositivas. O
adverbio: caracterización e tipoloxía. As locucións adverbiais.
Texto dialogado: intención comunicativa, estrutura formal e de
contido; características lingüísticas. Os pronomes: caracterización e
tipos. Funcións e usos.
Sociolingüística
A formación da lingua galega: substrato e superestrato. O estrato latino:
principais evolucións fonéticas do latín ao galego. Cultismos,
semicultismos e palabras patrimoniais. Familias léxicas irregulares.
A lingua galega na Idade Media: características lingüísticas
fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
A lingua galega nos Séculos Escuros: características lingüísticas
fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
A lingua galega no Rexurdimento: características lingüísticas
fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
A diversidade lingüística no mundo e en Europa: unidade e diversidade
lingüística. Multilingüismo e plurilingüismo.
A diversidade lingüística na Península Ibérica: linguas faladas na
península Ibérica. Territorios, usos e situación legal. O caso galego.
Literatura
A literatura e o texto literario. Xéneros e recursos formais.
Introdución á cronoloxía xeral da historia da literatura galega.
A literatura medieval: a lírica profana (cantiga de amor, de amigo e
de escarnio), os xéneros menores e a lírica relixiosa (as cantigas de
Santa María). Caracterización, lectura e comentario. A prosa
medieval.
104
A literatura nos Séculos Escuros e na Ilustración: literatura popular e
culta. Caracterización, lectura e comentario. Marco histórico e
cultural.
A literatura no século XIX: o Prerrexurdimento. O Rexurdimento.
Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal. Outros autores
coetáneos. Interpretación e análise da obra.
1º TRIMESTRE
Unidade 1: A comunicación e o signo lingüístico.
A comunicación.
Elementos da comunicación.
O signo lingüístico.
Comunicación animal-linguaxe humana.
Funcións da linguaxe.
Unidade 2: A diversidade lingüística no mundo e en Europa.
Introdución.
A diversidade lingüística no mundo.
A diversidade lingüística e cultural de Europa.
AS ORIXES DA LITERATURA. CANDO GALICIA FALABA LATÍN.
A romanización.
Unidade 3: A diversidade lingüística na Península Ibérica.
As linguas da península ibérica.
O castelán ou español.
O catalán e o valenciano.
O éuscaro ou vasco.
O galego
A LITERATURA GALEGA NA HISTORIA. ETAPAS.
Introdución
A Idade Media.
Séculos Escuros.
Idade contemporánea.
Unidade 4: Historia da Lingua I: Idade Media.
Do latín ao galego.
Principais cambios que caracterizan a evolución do latín ao galego.
Palabras patrimoniais, cultas e semicultas.
O galego na Idade Media.
Unidade 5: Os nomes: substantivo e artigo.
105
O substantivo.
O artigo.
Unidade 6: Os nomes: o adxectivo.
Definición.
Clases.
Xénero e número.
Os graos.
Unidade 7: O texto descritivo.
Definición.
Clases.
Estrutura.
Procedementos lingüísticos.
Unidade 8: O texto expositivo.
Definición.
Estrutura.
Tipos.
Procedementos.
Características lingüísticas.
O ensaio.
Unidade 18: O texto dialogado.
Definición.
Estrutura.
Clasificación.
Características lingüísticas.
2º TRIMESTRE
Unidade 4: Idade Media. Marco histórico e cultural. Lírica medieval.
Ámbito xeográfico.
Ámbito social.
Ámbito temporal.
Os textos conservados.
Unidade 5: Cantigas de amor.
Caracterización.
Temática.
Os protagonistas.
Clasificación.
Unidade 6: Cantigas de amigo.
106
Caracterización.
A forma. O paralelismo.
Clasificación e variedades.
Paisaxe.
Unidade 7: Cantigas de escarnio e maldicir.
Caracterización.
Temática.
Outros xéneros. Xéneros dialogados.
Unidade 8: Os pronomes.
Definición.
Os pronomes persoais.
Os pronomes demostrativos.
Os pronomes posesivos.
LÍRICA RELIXIOSA.
Características.
Clasificación e estrutura.
Fontes e códices.
Métrica e lingua.
Afonso X e as Cantigas.
Unidade 9: Prosa medieval.
Caracterización, ámbito xeográfico e cronoloxía.
A narrativa. Os ciclos bretón e clásico.
Historiografía.
Outros textos.
Unidade 10: Os séculos escuros. Marco histórico e cultural.
Introdución.
A decadencia da lírica trobadoresca.
As causas da decadencia.
Literatura popular e tradicional.
A literatura culta nos séculos XVI e XVII.
Unidade 11: A ilustración.
Introdución.
A ilustración galega.
O cura de Fruíme.
Martín Sarmiento.
Cornide Saavedra.
Unidade 12: A literatura de tradición oral.
Definición e características.
107
Literatura popular galega: da Idade Media ao século XX.
Unidade 13: O texto narrativo.
Definición.
Clases de textos narrativos.
Textos narrativos literarios.
Textos narrativos non literarios.
Características lingüísticas.
2º TRIMESTRE
Unidade 10: Os verbos regulares.
Definición.
A conxugación verbal.
Clasificación formal.
Elementos morfolóxicos.
Os tempos verbais.
Unidade 11: Os verbos semirregulares e irregulares.
Verbos semirregulares.
Verbos irregulares.
Unidade 12: Formas nominais e perífrases verbais.
Formas nominais.
Perífrases verbais.
Unidade 13: Marco histórico e cultural do Rexurdimento.
Introdución.
A sociedade galega do século XIX.
O galeguismo.
Unidade 14: Autores da primeira metade do XIX.
Un novo tempo.
Da guerra da independencia ao provincialismo (1808-1845).
Do provincialismo a Cantares gallegos (1846-1863).
Unidade 15: Adverbios, preposicións e conxuncións.
Adverbios.
Preposicións.
Conxuncións.
ROSALÍA DE CASTRO.
Vida.
Cantares gallegos (1863).
Follas novas (1880).
108
Unidade 16: O texto argumentativo.
Definición.
Clases.
Estrutura.
Tipos.
Características lingüísticas.
MANUEL CURROS ENRÍQUEZ.
Introdución.
A vida.
Poesía costumista.
Poesía cívica.
Poesía satírica.
Poesía lírica.
Unidade 17: As variedades lingüísticas.
A variedade estándar e a estandarización da lingua.
Variantes e variedades e os seus tipos.
Variedades dependentes da identidade do falante: sociolectos.
Variedades dependentes da situación comunicativa: estilos.
Variedades do galego.
Variedades diacrónicas ou históricas. Períodos históricos do galego.
Variedades dialectais do galego: bloques e áreas lingüísticas.
EDUARDO PONDAL
A vida.
A obra.
Celtismo.
Helenismo.
Os Eoas.
A lingua.
Unidade 18: Outros autores. A prosa e o teatro do XIX.
Valentín Lamas Carvajal (1849-1906).
Manuel Leiras Pulpeiro (1854-1912)
A narrativa.
3. Procedementos comúns ás 18 unidades didácticas
• Elaboración de esquemas.
• Emprego de distintos dicionarios.
• Uso adecuado do léxico común e específico da nosa lingua.
109
• Aplicación dos conceptos de gramaticalidade, corrección e
coherencia.
• Utilización de distintas técnicas auxiliares e de procedementos de
documentación para a comprensión e para a produción ou interpretación de
textos propios, usuais na vida académica e alleos.
• Obtención de información a partir de distintas fontes e aplicación das
novas tecnoloxías á lingua.
• Identificación do sentido literal e aproximado e da información
implícita.
• Utilización adecuada e correcta da normativa referida á ortografía, á
morfoloxía e ao léxico.
• Identificación dos elementos básicos de transmisión de información.
• Identificación das propiedades formais da lingua falada e da lingua
escrita .
• Aplicación de conceptos e métodos básicos de semántica (sinonimia,
antonimia) á produción, interpretación e análise de textos.
• Elaboración de textos atendendo ao medio de transmisión (oral,
escrito e audiovisual), á tipoloxía textual (narrativa, expositiva,
argumentativa, etc.) e ao tipo de discursos (científico, técnico,
administrativo, publicitario, cultural, etc.).
• Interpretación de textos de distinto tipo (científicos, técnicos,
culturais, medios de comunicación...) e emisión de xuízos persoais
fundamentados.
• Análise de textos desde o punto de vista léxico, morfolóxico e
sintáctico que facilite a comprensión e a produción de textos.
• Identificación da idea principal e as ideas secundarias en textos.
• Identificación das características esenciais e dos recursos expresivos
da literatura.
• Lectura e análise crítica de obras literarias significativas dos períodos
literarios estudados.
• Dominio da técnica de comentario de textos.
• Establecemento de relacións adecuadas entre texto, obra literaria e o
marco sociocultural e estético no que se produciu e conexión do seu contido
ideolóxico cos valores da sociedade actual.
• Creación de textos literarios dos distintos xéneros nos que predomine
a calidade expresiva, estética, lúdica ou imaxinativa.
• Realización de comentarios de textos que inclúan a contextualización
e as características principais da obra.
110
4. Procedementos específicos por Unidade
Unidade 1
• Distinción entre linguaxe e lingua.
• Comprensión das características da comunicación humana.
• Distinción entre os distintos tipos de comunicación.
• Identificación dos elementos básicos de transmisión de información.
• Identificación das funcións da linguaxe.
Unidade 2
• Identificación das linguas románicas e da familia indoeuropea.
• Reflexión sobre a diversidade e a desigualdade lingüística en Galicia,
en Europa e no mundo.
• Análise da situación sociolingüística galega, europea e mundial.
• Recoñecemento e análise das actitudes psicosociais e
sociolingüísticas en situacións de comunicación concretas.
Unidade 3
• Comprensión da complexidade da situación lingüística galega.
• Análise da situación sociolingüística na península ibérica.
• Estudo e recoñecemento da pluralidade de actitudes sociolingüísticas
nas diferentes situacións comunicativas.
Unidade 4
• Reflexión sobre a evolución da lingua galega desde o seu nacemento
ata o Rexurdimento.
• Recoñecemento do legado cultural medieval na lingua e a literatura
galega.
• Identificación dos trazos máis característicos da nosa lírica medieval.
• Recoñecemento das formas métricas propias da Idade Media.
Comentar as cantigas medievais.
Unidade 5
• Identificación, clasificación e descrición morfolóxica das distintas
categorías gramaticais : substantivo e artigo.
• Identificación dos trazos máis característicos da cantiga de amor.
• Recoñecemento das formas métricas propias da Idade Media.
• Comentario das cantigas de amor.
Unidade 6
• Identificación dos trazos máis característicos da cantiga de amigo.
• Comentario das cantigas de amigo.
111
Unidade 7
• Análise da tipoloxía textual, das estruturas textuais e das
propiedades textuais: texto descritivo.
• Comentario das cantigas de escarnio e maldicir e dos xéneros
menores.
Unidade 8
• Identificación, clasificación e descrición morfolóxica das distintas
categorías gramaticais: pronomes persoais, demostrativos e posesivos.
• Comentario da lírica relixiosa.
Unidade 9
• Análise da tipoloxía textual, das estruturas textuais e das propiedades
textuais: texto expositivo.
• Lectura de textos narrativos medievais.
Unidade 10
• Identificación, clasificación e descrición morfolóxica das distintas
categorías gramaticais: verbos regulares.
• Análise das causas da decadencia que nos levaron aos séculos
escuros.
Unidade 11
• Identificación, clasificación e descrición morfolóxica das distintas
categorías gramaticais: verbos irregulares.
• Coñecer os verbos irregulares.
• Análise do contexto socio-político e lectura de textos da época.
Unidade 12
• Identificación, clasificación e descrición morfolóxica das distintas
categorías gramaticais: infinitivo conxugado e perífrases verbais.
• Lectura de textos característicos da literatura oral.
Unidade 13
• Análise da tipoloxía textual, das estruturas textuais e das
propiedades textuais: texto narrativo.
• Reflexión sobre o marco histórico e cultural do Rexurdimento.
Unidade 14
• Aproximación á primeira metade do século XIX a través dos
precursores.
• Reflexión sobre a evolución da lingua galega desde o seu nacemento
ate o Rexurdimento.
Unidade 15
112
• Identificación, clasificación e descrición morfolóxica das distintas
categorías gramaticais: adverbios, preposicións e conxuncións.
• Análise e comentario de poemas de Rosalía de Castro.
Unidade 16
• Análise da tipoloxía textual, das estruturas textuais e das
propiedades textuais: texto argumentativo.
• Análise e comentario de poemas de Manuel Curros Enríquez.
Unidade 17
• Análise e comentario de poemas de Eduardo Pondal.
• Identificación das propiedades formais da lingua falada e da lingua
escrita.
• Rexistro de información proveniente de fontes escritas e orais.
• Identificación das variedades lingüísticas.
Unidade 18
• Achegamento á prosa e ao teatro do século XIX
• Lectura de textos narrativos representativos do Rexurdimento.
5. Actitudes
• Respecto polas normas básicas de conduta que rexen o intercambio
comunicativo.
• Respecto polas regras de coherencia, propiedade e corrección que facilitan a
comunicación lingüística.
• Respecto pola lingua do interlocutor e rexeitamento crítico de expresións
que supoñan prexuízos lingüísticos.
• Valoración da lingua galega como manifestación cultural colectiva e
consideración positiva dos esforzos individuais, colectivos e institucionais en
favor da normalización lingüística.
• Valoración crítica dos factores políticos, económicos e sociolingüísticos que
condicionaron a evolución da lingua e da literatura galegas.
• Valoración dos medios de comunicación de masas na sociedade actual a
partir do coñecemento progresivo das súas linguaxes específicas.
• Interese pola propiedade expresiva, oral e escrita, e polo emprego de
locucións, léxico e frases características da lingua galega.
• Interese pola lectura de obras literarias de diferentes xéneros e épocas,
utilizando criterios fundamentados de selección.
• Interese por expresar as propias ideas, sentimentos e fantasías mediante as
distintas formas literarias.
113
6. Contidos mínimos esixibles
Lectura comprensiva, análise e comentario de diferentes textos
(argumentativos, expositivos…).
Produción de textos respectuosos coas regras de coherencia, cohesión,
adecuación, presentación e corrección ortográfica.
Identificar, clasificar e empregar correctamente as distintas clases de
palabras.
Dominar o léxico básico nas distintas situacións comunicativas.
A formación da lingua galega: substrato e superestrato. O estrato latino:
principais evolucións fonéticas do latín ao galego. Cultismos,
semicultismos e palabras patrimoniais. Familias léxicas regulares.
A realidade plurilingüe e pluricultural de España.
A literatura medieval. Identificación, tema, aspectos formais básicos das
cantigas de amigo, amor, satíricas, xéneros menores e relixiosas.
Os Séculos Escuros. Análise do contexto e características xerais.
O século XIX. Rosalía, Pondal e Curros. Comentario, núcleos temáticos e
principais características formais.
Ler os libros marcados para o curso.
Realizar e entregar periodicamente as tarefas programadas polo
profesor/a.
Demostrar unha competencia básica da expresión oral, a través da
exposición de traballos ou outras actividades propostas polo/a profesor/a.
7. Metodoloxía didáctica
Cada Unidade Didáctica contará cunha información introdutoria do profesor/a
na que se marcarán as liñas temáticas a desenvolver na unidade así como os
procedementos que se empregarán para conseguir os obxectivos sinalados.
O comentario de texto e o coñecemento das técnicas de análise de textos,
serán o instrumento axeitado para o achegamento ás características específicas
dunha obra literaria e a relación co contexto da súa produción. Despois da
informaci
ón
facilitada
polo
profesor
a este respecto, que guiará previamente os comentarios, serán os alumnos/as os
114
que, de forma individual e en grupo practiquen ao longo do curso o comentario
ou análise de texto con fin de que adquiran fluidez e habilidade no uso desta
técnica.
As exposicións orais individuais, en parellas ou en pequeno grupo serán
outro dos recursos empregados ao longo do curso, de xeito que todo o alumnado
realice nalgún momento unha exposición oral sobre un tema. Deste xeito, o
alumno/a enfrontarase ao papel de orador/a tendo que, non só planificar a súa
exposición e usar dos recursos para poder realizala, senón coidar a súa fonética,
gramática, sintaxe e léxico, procurando así mesmo a coherencia e a claridade.
8. Procedementos de avaliación
1.Realizarase un exame ou dous por avaliación, coa súa correspondente
recuperación, que se complementará coa valoración do traballo feito diariamente
na aula e na casa.
2.Estableceranse probas de control de lectura sobre as obras sinaladas e
mesmo algúns exercicios que permitan ver a evolución do alumnado en aspectos
que poidan resultar complexos ou naqueles nos que se observe unha especial
dificultade.
3.Valorarase a realización de traballos extraescolares: revista “Rañolas”,
certames literarios, tertulias literarias, exposicións orais e todas aquelas
actividades sinaladas polo profesorado na clase.
4. Non se poderá aprobar a avaliación sen ter lido o libro de lectura
correspondente.
Axustaranse ás seguintes porcentaxes:
● 80 %, aos exames ou controis (orais ou escritos) dos contidos conceptuais.
● 1O%, ao exame de lectura obrigatoria das obras literarias marcadas
trimestralmente.
● 10 % restante corresponderá ao apartado 3.
Na nota do exame aplicarase un desconto progresivo ata un máximo de 1
punto na 3ª avaliación, seguindo os criterios das PAAU.
9. Materiais e recursos didácticos
115
Libro de texto: Lingua 1º Bacharelato da editorial Galaxia. No caso dos
estudos nocturnos será o profesor o que indique o emprego do libro de texto
corrrespondente ou de fotocopias.
Libros de lectura obrigatoria sinalados trimestralmente.
Libros de consulta: dicionarios, normas ortográficas e morfolóxicas...
Medios audiovisuais: películas, documentais e gravacións.
Fondos da biblioteca do centro. Revistas, xornais...
Recursos na rede: webs, blogs, dicionarios, enciclopedias, correctores
ortográficos, bibliotecas, actividades interactivas...
10. Temas transversais
Educación Moral e Cívica
Educación para a Paz
Educación para a Saúde e a Calidade de Vida
Educación para a Igualdade entre os Sexos
Educación Ambiental
Educación Sexual
Educación do Consumidor
Educación para o Lecer
Educación Viaria
11. Actividades complementarias e extraescolares previstas
Realización de actividades ofertadas polo Concello de Ourense (visitas
guiadas, MOTECES...).
Asistencia a conferencias de autores/as lidos/as durante o curso.
Conmemoración de diferentes datas ao longo do curso: 25 de novembro;
Día da Muller Traballadora; Día do Libro; Semana das Letras Galegas...
Participación na Revista Literaria do Centro Rañolas.
Participación no Concurso Literario do Centro que, dende hai anos, convoca
o Departamento de Lingua Galega e Literatura con notable éxito.
NNIIVVEELL:: 2º BACHARELATO
MMAATTEERRIIAA:: LINGUA GALEGA E LITERATURA
PPRROOFFEESSOORREESS//AASS:: Fina Matanza,Constantino Pazos, Susana Rodríguez, Lourdes Vaz
116
1. Obxectivos, contidos e criterios de avaliación por Unidades Didácticas
1. As funcións sociais da lingua
Obxectivos
Analizar e recoñecer as funcións sociais da lingua e como estas
repercuten na vitalidade dun idioma.
Distinguir linguas minorizadas e linguas minoritarias.
Aplicar correctamente técnicas para a elección dun tema e dun título para
un traballo escrito.
Identificar o texto como unidade lingüística e as propiedades textuais da
coherencia, a cohesión e a adecuación.
Distinguir a fonética e a fonoloxía como disciplinas lingüísticas; identificar
o seu obxecto de estudo; recoñecer as clases de palabras e os seus
trazos definitorios.
Contidos (conceptuais, procedementais e actitudinais)
As funcións sociais das linguas. A funcionalidade lingüística. Función de
identidade. Función familiar. Función laboral. Función local. Función
institucional. Función cultural. Función internacional.
Funcionalidade e «saúde» das linguas.
Linguas minorizadas e linguas minoritarias. Lingua dominante, lingua
minorizada e lingua minoritaria.
traballo escrito: elección do tema e do título.
texto e as propiedades textuais. O texto. As propiedades textuais:
coherencia, cohesión e adecuación.
Fonoloxía e fonética.
A produción dos sons.
sistema vocálico. As vogais na cadea falada.
sistema consonántico. As consoantes na cadea falada.
A entoación.
Recoñecemento das principais funcións sociais das linguas: de identidade,
familiar, laboral, local, institucional, cultural e internacional.
Posta en relación da funcionalidade lingüística coa saúde e a vitalidade
dunha lingua.
Distinción das linguas dominantes, das linguas minorizadas e das linguas
minoritarias.
Aplicación de técnicas e recursos para a elección do tema e do título dun
traballo escrito.
117
Recoñecemento do texto como unidade comunicativa e das principais
propiedades textuais: coherencia, cohesión e adecuación.
Recoñecemento das disciplinas lingüísticas da fonoloxía e da fonética e do
seu obxecto de estudo.
Identificación dos elementos que interveñen na produción de sons.
Recoñecemento dos sons vocálicos da lingua galega e do comportamento
destas vogais na cadea falada.
Distinción dos sons consonánticos da lingua galega e do comportamento
destas consoantes na cadea falada.
Identificación das características da entoación e dos modelos básicos de
entoación estándar do galego.
Actitude crítica ante os procesos de minorización das linguas.
Valoración positiva do traballo escrito como técnica de aprendizaxe.
Interese por achegarse á lingua como obxecto de observación e de
análise.
Rexeitamento de prexuízos relacionados con variedades dialectais como a
gheada e o seseo.
Síntese e avaliación
Observación dun esquema de síntese sobre as funcións sociais da lingua.
Descrición, con exemplos, das funcións sociais da lingua que aparecen no
esquema anterior.
Lectura dun texto sobre a funcionalidade actual do galego no contexto
dun mundo globalizado e posta en relación deste texto cos conceptos de
lingua dominante, lingua minorizada e lingua minoritaria.
Definición de texto sinalando os seus trazos básicos e os elementos que
compoñen a súa estrutura.
Representación gráfica do triángulo vocálico galego a partir dunhas
palabras que conteñen as sete vogais galegas.
Observación dun esquema de síntese sobre os encontros de vogais: hiato,
ditongo e tritongo.
Clasificación dunhas palabras segundo as vogais destacadas nelas
constitúan hiatos ou ditongos; e distinción nestes últimos dos crecentes,
decrecentes e homoxéneos.
Elaboración da táboa do sistema consonántico do galego estándar e
especificación dos cambios que esta sofre nas falas dialectais das Rías
Baixas e da Limia Baixa.
Identificación do son consonántico que corresponde ás letras destacadas
nunhas palabras.
118
Distinción dunhas afirmacións certas e falsas sobre a entoación en
galego.
2. Conflito e diglosia
Obxectivos
Distinguir adecuadamente os conceptos de bilingüismo, diglosia e conflito
lingüístico.
Recoñecer e rexeitar razoadamente os principais prexuízos que afectan á
lingua galega.
Aplicar correctamente distintas técnicas na busca de información para un
traballo escrito.
Distinguir a importancia dos parágrafos na coherencia textual e os seus
tipos.
Indentificar as unidades morfosintácticas, e tamén os tipos de frases e de
oracións.
Contidos (conceptuais, procedementais e actitudinais)
Bilingüismo.
Diglosia.
O conflito lingüístico.
Os prexuízos lingüísticos. Clasificación dos prexuízos lingüísticos.
O traballo escrito: busca de información: as ideas e a investigación.
Coherencia: os parágrafos: tipos de parágrafos.
A morfosintaxe. Unidades morfosintácticas: monema, palabra, frase e
oración.
A frase: frase nominal, frase adxectiva, frase verbal, frase adverbial,
frase preposicional.
A oración: clasificación de oracións.
Recoñecemento dos conceptos de bilingüismo e de diglosia.
Identificación da situación de conflito lingüístico en Galicia.
Coñecemento dos diferentes tipos de prexuízos lingüísticos.
Aplicación de técnicas e recursos para a busca de información dun
traballo escrito.
Distinción da coherencia que adquire un texto a través de diferentes tipos
de parágrafos.
Identificación das principais unidades morfosintácticas: monema, palabra,
frase e oración.
Determinación dos tipos de frases: frase nominal, frase adxectiva, frase
verbal, frase adverbial, frase preposicional.
119
Clasificación das oracións atendendo diferentes criterios: actitude do
falante, natureza do predicado, presenza ou non de suxeito e a súa
estrutura.
Actitude crítica ante a diglosia como síntoma da situación de conflito
lingüístico.
Rexeitamento razoado dos prexuízos lingüísticos que provocan en Galicia
a situación de diglosia.
Valoración positiva do traballo escrito como técnica de aprendizaxe.
Interese por achegarse á lingua como obxecto de observación e de
análise.
Síntese e avaliación
Identificación do enunciado que completa adecuadamente unhas
afirmacións sobre o bilingüismo e a diglosia.
Observación dun esquema de síntese sobre a diglosia.
Redacción dun texto que aborde razoadamente o tema: «conflito
lingüístico e diglosia».
Lectura duns textos xornalísticos e indicación do prexuízo que axuda a
combater o contido de cada un deles.
Observación dun esquema de síntese sobre os tipos e parágrafos.
Redacción dun texto cun número e un tipo determinado de parágrafos.
Definición de morfosintaxe e creación dun esquema sobre as unidades
morfosintácticas.
Observación dun esquema de síntese sobre os diferentes tipos de frases.
Recoñecemento do tipo ao que corresponden as frases destacadas nun
texto e identificación da súa estrutura.
Creación dun esquema sobre os tipos de oracións segundo a natureza do
predicado e introdución nel dunhas oracións dadas.
Observación dun esquema de síntese sobre os tipos de oracións sen
suxeito.
Transformación dunhas oracións pasivas reflexas en pasivas perifrásticas, e
viceversa.
3. O galego en vías de normalización
Obxectivos
Recoñecer o proceso de normalización lingüística e a súa necesidade no
contexto de Galicia.
Coñecer as principais disposicións legais que afectan directamente á
lingua galega.
120
Aplicar axeitadamente técnicas e recursos na organización da información
do traballo escrito.
Distinguir a importancia da estrutura lóxica e da estrutura textual na
coherencia dos textos.
Identificar a oración simple e as funcións que se desenvolven dentro dela.
Aplicar correctamente a técnica de análise morfosintáctica arbórea na
oración simple.
Contidos (conceptuais, procedementais e actitudinais)
A normalización lingüística.
A planificación lingüística.
A lexislación sobre a lingua galega.
As campañas institucionais.
O traballo escrito: organización da información: formas básicas de
organización.
Coherencia: estrutura lóxica e estrutura textual.
A oración simple.
Funcións sintácticas da oración simple: predicado, suxeito, obxecto
directo, complemento de réxime, obxecto indirecto, complemento
circunstancial, atributo, complemento predicativo e complemento axente.
A análise morfosintáctica.
Recoñecemento do proceso de normalización lingüística e dos seus
obxectivos.
Distinción do proceso de planificación lingüística e dos tipos de iniciativas
que o forman.
Coñecemento das disposicións legais máis importantes relativas á lingua
galega.
Aplicación de técnicas e recursos na organización da información do
traballo escrito.
Recoñecemento da estrutura lóxica e da estrutura textual de diferentes
textos.
Identificación das funcións sintácticas da oración simple (predicado,
suxeito, obxecto directo, complemento de réxime, obxecto indirecto,
complemento circunstancial, atributo, complemento predicativo e
complemento axente) tendo en conta os seus constituíntes e unhas
pautas de recoñecemento.
Aplicación pautada da técnica de análise morfosintáctica arbórea da
oración simple.
121
Valoración positiva do proceso de normalización lingüística e implicación
activa nel.
Estimación do traballo escrito como técnica de aprendizaxe.
Interese por achegarse á lingua como obxecto de observación e de
análise.
Síntese e avaliación
Observación dun esquema de síntese sobre a normalización lingüística e a
planificación lingüística.
Redacción dun texto sobre o tema: «O galego en vías de normalización».
Clasificación duns artigos e disposicións legais relativas á lingua galega en
función da lei á que corresponden.
Observación dun esquema de síntese sobre os tipos estrutura que afectan á
coherencia textual.
Anotación da posible estrutura lóxica dunha noticia a partir dun titular dado.
Observación dun esquema de síntese sobre as funcións sintácticas da
oración simple.
Distinción do suxeito e do predicado nunhas oracións.
Localización do OD e do CR noutras oracións diferentes.
Identificación, mediante a substitución pronominal, das funcións de OD e de
OI nunhas oracións.
Creación dunhas oracións que se axusten a unhas estruturas e a unhas
funcións sintácticas dadas.
Observación dun esquema de síntese sobre os pasos precisos para
desenvolver unha análise morfosintáctica.
Indicación das categorías gramaticais e das funcións sintácticas que faltan
na análise morfosintáctica arbórea dunha oración.
Realización da análise morfosintáctica arbórea de dúas oracións.
4. As variedades dialectais
Obxectivos
Establecer os factores que determinan as variedades xeográficas do galego e
coñecer a distribución dos bloques dialectais e os seus trazos máis
característicos.
Utilizar diferentes técnicas para unha correcta exposición da información nun
traballo escrito.
Distinguir a importancia da progresión da información na coherencia dos
textos e os seus tipos.
122
Recoñecer as oracións coordinadas e subordinadas; e distinguir os diferentes
tipos de oracións coordinadas.
Contidos (conceptuais, procedementais e actitudinais)
As variedades xeográficas do galego: o bloque occidental, o bloque central e
o bloque oriental.
O traballo escrito: exposición da información.
Coherencia: progresión da información: progresión constante, progresión
derivada e progresión enlazada.
Coordinación e subordinación.
A oración composta coordinada: tipos de oracións coordinadas (copulativas,
disxuntivas, distributivas e adversativas).
Análise da oración coordinada.
Establecemento dos factores lingüísticos que dan orixe ás variedades
xeográficas.
Recoñecemento da extensión e dos trazos lingüísticos específicos máis
salientables dos bloques occidental, central e oriental.
Aplicación de técnicas e recursos para a exposición da información nun
traballo escrito.
Distinción dos trazos que determinan as formas de progresión temática nun
texto, xa sexa constante, derivada ou enlazada.
Recoñecemento das relacións de coordinación e de subordinación
sintácticas.
Identificación da oración composta coordinada e recoñecemento dos seus
diferentes tipos (copulativas, disxuntivas, distributivas e adversativas).
Aplicación pautada da técnica de análise morfosintáctica arbórea nas
oracións coordinadas.
Valoración da riqueza expresiva das variedades dialectais do galego e
rexeitamento de calquera tipo de prexuízo asociado a elas.
Estimación do traballo escrito como técnica de aprendizaxe.
Interese por achegarse á lingua como obxecto de observación e de análise.
Síntese e avaliación
Indicación do enunciado que completa adecuadamente unhas afirmacións
sobre as variedades dialectais do galego.
Observación dun esquema de síntese sobre as variedades dialectais do
galego.
Determinación das formas en que varía un enunciado en galego estándar en
función do bloque dialectal en que se pronuncie.
Esquematización da progresión da información nun texto dado.
123
Observación dun esquema de síntese sobre os tipos de progresión temática.
Redacción dun texto que se axuste a un dos tipos de progresión temática do
esquema anterior.
Observación dun esquema de síntese sobre os tipos de oracións compostas.
Redacción dun texto con varias oracións simples, varias oracións compostas
coordinadas e varias oracións compostas subordinadas.
Identificación das oracións coordinadas e subordinadas presentes nun
soneto.
Observación dun esquema de síntese sobre os tipos de oracións compostas
coordinadas.
Indicación do enlace coordinante que completa axeitadamente unhas
oracións; posterior clasificación destas oracións.
Realización da análise morfosintáctica arbórea dunha oración composta
coordinada.
5. A lingua estándar
Obxectivos
Identificar a variedade estándar do galego: as súas funcións, a súa historia,
os criterios de normativización e as desviacións.
Estruturar convenientemente o traballo escrito en diferentes partes.
Distinguir a importancia dos conectores textuais e das relacións temporais
para a propiedade de cohesión dos textos.
Recoñecer os diferentes tipos de oracións subordinadas: substantivas,
adxectivas e adverbiais.
Contidos (conceptuais, procedementais e actitudinais)
O galego estándar.
Funcións da variedade estándar.
Historia da variedade estándar.
A normativización.
Interferencias e desviacións do estándar (vulgarismos, hipergaleguismos,
arcaísmos).
O traballo escrito: as partes do traballo.
Cohesión: conectores textuais e relacións temporais.
A oración composta subordinada.
A oración subordinada substantiva. A oración subordinada adxectiva. A
oración subordinada adverbial.
Análise da oración subordinada.
Recoñecemento da variedade estándar e das súas funcións.
124
Coñecemento da historia da formación da variedade estándar do galego.
Identificación do proceso de normativización e dos criterios básicos de
normativización do galego.
Recoñecemento das interferencias lingüísticas, das causas que as orixinan e
dos seus diferentes tipos.
Distinción doutras desviacións da variedade estándar: vulgarismos,
hipergaleguismos e arcaísmos.
Aplicación de técnicas e recursos para a estruturación en partes dun traballo
escrito.
Distinción e clasificación dos conectores textuais máis importantes que dan
cohesión a un texto.
Recoñecemento da importancia das relacións temporais na cohesión dun
texto.
Identificación da oración composta subordinada.
Recoñecemento da oración subordinada substantiva e dos seus diferentes
tipos.
Identificación da oración subordinada adxectiva e dos seus diferentes tipos.
Distinción da oración subordinada adverbial e dos seus diferentes tipos.
Aplicación pautada da técnica de análise morfosintáctica arbórea nas
oracións subordinadas.
Valoración positiva do proceso de normativización do galego.
Interese por coñecer e evitar as interferencias lingüísticas e outras
desviacións do estándar.
Estimación do traballo escrito como técnica de aprendizaxe.
Interese por achegarse á lingua como obxecto de observación e de análise.
Síntese e avaliación
Resposta a unhas preguntas relacionadas coa variedade estándar.
Resumo dun texto relativo á formación do estándar do galego e posta en
relación deste texto con conceptos vistos na unidade.
Observación dun esquema de síntese sobre a historia da variedade estándar
do galego.
Redacción dun texto sobre o tema: «A historia da elaboración do estándar
do galego».
Corrección dunhas oracións con interferencias e posterior clasificación
destas.
Observación dun esquema de síntese sobre os procedementos de cohesión
dos conectores textuais e das relacións temporais.
125
Clasificación duns conectores temporais e posterior redacción dun texto que
os inclúa coherentemente.
Observación dun esquema de síntese sobre os tipos de oracións
subordinadas.
Localización das subordinadas substantivas, adxectivas e adverbiais dun
texto.
Creación de subordinadas substantivas a partir dunhas frases e dunhas
funcións dadas.
Creacións de diferentes subordinadas adverbiais unindo, con distintos
enlaces, unhas oracións simples.
Realización da análise morfosintáctica arbórea dunha oración subordinada.
6. O galego no século XX
Obxectivos
Coñecer a evolución da lingua galega durante o século XX.
Aplicar correctamente as técnicas revisión e corrección na elaboración dun
traballo escrito.
Distinguir e dominar os procedementos de recorrencia de palabras que dan
cohesión aos textos.
Recoñecer trazos básicos do léxico do galego: a estrutura en monemas das
palabras, procedementos de creación de palabras e os campos léxicos.
Contidos (conceptuais, proceedementais e actitudinais)
O galego no século XX. Síntese histórica. O século XX.
O traballo escrito: a revisión e a corrección.
Cohesión: recorrencia de palabras: recorrencia léxico-semántica, recorrencia
gramatical.
O léxico do galego: a estrutura das palabras: tipos de monemas.
A análise morfolóxica.
A formación de palabras: derivación, composición, parasíntese e
procedementos de abreviación.
Campos léxicos.
Determinación da situación do galego durante o século XX.
Aplicación de técnicas e recursos para a revisión e a corrección dun traballo
escrito.
Recoñecemento dos trazos de recorrencia léxico-semántica e de recorrencia
gramatical que dan cohesión a un texto.
Determinación da estrutura en monemas da maior parte das palabras do
léxico do galego.
126
Aprendizaxe e aplicación da técnica da análise morfolóxica.
Distinción dos procedementos de formación de palabras: derivación,
composición, parasíntese e procedementos de abreviación (siglas e
acrónimos).
Identificación dos campos léxicos e distinción entre campos léxicos regulares
e irregulares.
Aprecio polos esforzos a prol da normalización da nosa lingua e da nosa
cultura ao longo do século XX.
Estimación do traballo escrito como técnica de aprendizaxe.
Interese por achegarse á lingua como obxecto de observación e de análise.
Síntese e avaliación
Observación dun esquema de síntese sobre os períodos en que se divide a
historia externa do galego durante o século XX.
Determinación de se unhas oracións sobre a situación do galego no século
XX son certas ou falsas; posterior transformación das oracións falsas en
certas.
Creación dun esquema que resuma cronoloxicamente os feitos máis
relevantes da historia da lingua galega no século XX.
Realización dun comentario crítico persoal sobre un texto que trata a
significación do nacemento da TVG na historia do galego actual.
Observación dun esquema de síntese sobre os tipos de recorrencia de
palabras que dan cohesión a un texto.
Localización dos exemplos de recorrencia de palabras que se dan nun texto
xornalístico.
Clasificación dos monemas destacados nunhas palabras.
Realización da análise morfolóxica doutras palabras.
Observación dun esquema de síntese sobre os procedementos internos de
formación de palabras (derivación, composición e parasíntese).
Clasificación xustificada dunhas palabras segundo se formasen por
derivación, composición ou parasíntese.
Indicación do valor ou idea que expresan uns prefixos e exemplificación
deles.
Definición, con exemplos, de campo léxico regular e de campo léxico
irregular.
7. O galego hoxe
Obxectivos
127
Coñecer a situación do galego na actualidade nas súas distintas funcións
e valorar as súas perspectivas de futuro.
Aplicar correctamente os recursos para a presentación do traballo
escrito.
Coñecer os factores que interveñen na adecuación textual.
Recoñecer o obxecto de estudo da semántica e identificar significado
denotativo, significado connotativo e as diferentes relacións semánticas.
Identificar e analizar axeitadamente os campos semánticos e recoñecer
os mecanismos e as causas dos cambios semánticos.
Contidos (conceptuais, procedementais e actitudinais)
O galego hoxe. Síntese histórica.
A funcionalidade actual da lingua galega.
traballo escrito: a presentación do traballo.
Adecuación textual: factores que interveñen na adecuación.
estudo do significado: a semántica.
Significado denotativo e connotativo.
Relacións semánticas: sinonimia, polisemia, homonimia e antonimia.
Campos semánticos.
Cambios semánticos: causas dos cambios semánticos.
Identificación da situación do galego na actualidade.
Recoñecemento da situación do galego durante o século XIX.
Aplicación das técnicas de presentación final dun traballo escrito.
Identificación da propiedade de adecuación textual e dos distintos
factores que interveñen nela.
Recoñecemento da semántica como disciplina dedicada ao estudo do
significado.
Distinción entre o significado denotativo e o significado connotativo das
palabras.
Recoñecemento dos diferentes tipos de relacións semánticas: sinonimia,
polisemia, homonimia e antonimia.
Identificación dos trazos elementais dos campos semánticos.
Recoñecemento dos cambios semánticos e dos mecanismos que os
provocan.
Compromiso persoal coa nosa lingua como vehículo normal de
comunicación para os galegos.
Respecto polas regras de adecuación que facilitan a comunicación
lingüística.
Estimación do traballo escrito como técnica de aprendizaxe.
128
Interese por achegarse á lingua como obxecto de observación e de
análise.
Síntese e avaliación
Realización dun esquema que sintetice os feitos básicos da recente
historia de Galicia.
Observación dun esquema de síntese sobre a funcionalidade actual
da lingua galega.
Lectura e comentario crítico sobre unha noticia que aborda o tema a
vitalidade actual da lingua galega.
Observación dun esquema de síntese sobre a adecuación textual.
Explicación, con exemplos, dos factores que interveñen na
adecuación comunicativa.
Observación dun esquema de síntese sobre o significado connotativo
e o significado denotativo
Recoñecemento dos sinónimos parciais e dos sinónimos absolutos
entre unhas series palabras.
Indicación de todas as acepcións dunhas palabras polisémicas dadas.
Clasificación xustificada das palabras destacadas nunhas oracións
segundo sexan polisémicas ou homónimas.
Observación dun esquema de síntese sobre as clases de antonimia.
Definición de campo semántico e explicación sobre como se
desenvolve a súa análise componencial.
Recoñecemento das causas que xeraron cambios semánticos nunhas
palabras.
Definición e exemplificación dos conceptos de tabú lingüístico e
eufemismo.
8. Primeiro terzo do século XX: a lírica
Obxectivos
Recoñecer as características históricas, sociais, culturais e lingüísticas da
Galicia do primeiro terzo do século XX.
Determinar as características da lírica da transición entre o século XIX e
o século XX, da lírica das Irmandades da Fala e da lírica das vangardas.
Distinguir, a través de textos, os trazos básicos da obra poética de Antón
Noriega Varela, Ramón Cabanillas, Manuel Antonio, Luís Amado Carballo,
Fermín Bouza Brey, Luís Pimentel e Álvaro Cunqueiro.
Desenvolver o comentario literario do poema «Sós», de Manuel Antonio.
Contidos (conceptuais, procedementais e actitudinais)
129
Características históricas, sociais e culturais da Galicia do primeiro terzo
do século XX.
Situación lingüística da Galicia do primeiro terzo do século XX.
A lírica entre dous séculos.
Datos biográficos e produción poética de Antón Noriega Varela.
A lírica das Irmandades.
Datos biográficos e produción poética de Ramón Cabanillas.
Os movementos de vangarda europeos e galegos.
A lírica das vangardas.
Datos biográficos e produción poética de Manuel Antonio, Luís Amado
Carballo, Fermín Bouza Brey, Luís Pimentel e Álvaro Cunqueiro.
Identificación das características históricas, sociais e culturais da Galicia
do primeiro terzo do século XX.
Determinación da situación lingüística da Galicia do primeiro do século
XX.
Análise da lírica na transición entre os séculos XIX e XX.
Identificación dos trazos básicos da lírica das Irmandades da Fala.
Distinción do concepto de vangarda, das súas características e dos
movementos de vangarda europeos e galegos máis importantes.
Recoñecemento das principais características da obra poética de Antón
Noriega Varela, Ramón Cabanillas, Manuel Antonio, Luís Amado Carballo,
Fermín Bouza Brey, Luís Pimentel e Álvaro Cunqueiro.
Aplicación do método de comentario de textos para analizar o poema
«Sós», de Manuel Antonio.
Aprecio do valor lingüístico, cultural e literario do labor dos poetas do
primeiro terzo do século XX.
Valoración da literatura como fonte de pracer e como instrumento
estimulador da creatividade.
Síntese e avaliación
Indicación de se unhas afirmacións sobre o contexto cultural e lingüístico
no primeiro terzo do século XX son falsas ou certas; e posterior
transformación dos enunciados falsos en certos.
Observación dun esquema de síntese sobre as diferentes orientacións da
poesía lírica de Ramón Cabanillas.
Lectura de dous poemas de Ramón Cabanillas e identificación da súa liña
temática e do tipo de estrofa ou combinación estrófica que os compoñen.
Creación dun esquema que sintetice o tema, a estrutura e os trazos
formais máis importantes de Na noite estremecida, de Ramón Cabanillas.
130
Observación dun esquema de síntese sobre as principais tendencias do
vangardismo galego.
Lectura dun fragmento do manifesto «¡Máis alá!», de Manuel Antonio e
Álvaro Cebreiro, e comentario razoado sobre o seu contido.
Observación dun esquema de síntese sobre as etapas na produción
poética de Manuel Antonio.
Clasificación duns datos biobibliográficos segundo correspondan a Amado
Carballo, Bouza Brey, Pimentel ou Cunqueiro.
Recoñecemento dos recursos estilísticos máis salientables de tres
fragmentos de poemas vangardistas.
Redacción dun texto co título «A poesía de vangarda. Características,
autores e obras».
9. Primeiro terzo do século XX: a prosa
Obxectivos
Determinar as características da prosa da transición entre o século XIX e
o século XX, da prosa das Irmandades da Fala, da prosa das vangardas e
da prosa da xeración Nós.
Distinguir, a través de textos, os trazos básicos da obra prosística dos
homes das Irmandades, de Rafael Dieste, de Vicente Risco, de Ramón
Otero Pedrayo e de Alfonso D. R. Castelao.
Desenvolver o comentario literario dun fragmento de Arredor de si, de
Otero Pedrayo.
Analizar a obra Os dous de sempre, de Alfonso D. R. Castelao, mediante
unha lectura guiada.
Contidos (conceptuais, procedementais e actitudinais)
A prosa entre dous séculos.
A prosa das Irmandades.
A prosa das vangardas.
Datos biográficos e produción narrativa de Rafael Dieste.
A xeración Nós: a prosa. Periodización da xeración Nós. A madureza da
nosa literatura
Datos biográficos e produción narrativa e ensaística de Vicente Risco,
Ramón Otero Pedrayo e Alfonso D. R. Castelao.
Análise da prosa na transición entre os séculos XIX e XX.
Identificación dos trazos básicos da prosa das Irmandades da Fala.
Distinción das características propias da prosa das vangardas.
131
Determinación dos elementos definitorios e as etapas da evolución da
xeración Nós.
Recoñecemento do papel da xeración Nós no noso definitivo
desenvolvemento literario.
Identificación das principais características da obra narrativa e ensaística
de Rafael Dieste, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Alfonso D. R.
Castelao.
Aplicación do método de comentario de textos para analizar un
fragmento de Arredor de si, de Otero Pedrayo.
Aprecio do valor lingüístico, cultural e literario do labor dos autores das
Irmandades da Fala.
Valoración positiva da contribución da xeración Nós á madureza da nosa
literatura.
Interese pola lectura das obras clave da produción literaria da xeración
Nós.
Síntese e avaliación
Observación dun esquema de síntese sobre os avances da prosa das
Irmandades.
Creación dun esquema que inclúa os principais prosistas das Irmandades
e das vangardas.
Lectura e resumo dun relato de Dos arquivos do trasno, de Rafael
Dieste; comparación dos dous personaxes principias; comentario razoado
da importancia da obra no noso panorama literario.
Observación dun esquema de síntese sobre a periodización da xeración
Nós.
Selección do enunciado que completa adecuadamente unhas afirmacións
sobre a xeración Nós.
Comentario razoado sobre o contido dun fragmento do primeiro editorial
da revista Nós.
Lectura e análise das imaxes caricaturescas presentes nun fragmento de
O porco de pé, de Vicente Risco.
Observación dun esquema de síntese sobre a obra en prosa de Ramón
Otero Pedrayo.
Creación doutros esquemas, semellantes ao anterior, sobre a obra en
prosa de Vicente Risco e de Castelao.
Lectura dun fragmento dunha entrevista a Pedrayo e posta en relación
do seu contido co estudado na unidade.
132
Lectura do relato «Peito de lobo» de Retrincos, de Castelao, e resposta a
unhas cuestións sobre o seu contido.
10. Primeiro terzo do século XX: o teatro
Obxectivos
Recoñecer as características do teatro da transición entre o século XIX e
o século XX, do teatro das Irmandades da Fala, do teatro das vangardas
e do teatro da xeración Nós.
Distinguir, a través de textos, os trazos básicos da obra dramática de
Manuel Lugrís Freire, Ramón Cabanillas, Antón Vilar Ponte, Armando
Cotarelo Valledor, Rafael Dieste, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e
Castelao.
Desenvolver o comentario literario dun fragmento de Os vellos non
deben de namorarse, de Castelao.
Contidos (conceptuais, procedementais e actitudinais)
O teatro entre dous séculos.
O teatro das Irmandades.
Datos biográficos e produción teatral de Manuel Lugrís Freire, Ramón
Cabanillas, Antón Vilar Ponte e Armando Cotarelo Valledor.
O teatro das vangardas.
Datos biográficos e produción teatral de Rafael Dieste.
O teatro da xeración Nós.
Datos biográficos e produción teatral de Vicente Risco, Ramón Otero
Pedrayo e Alfonso D. R. Castelao.
Análise do teatro na transición entre os séculos XIX e XX.
Distinción dos trazos básicos do teatro das Irmandades da Fala.
Recoñecemento das características propias do teatro das vangardas.
Determinación das características básicas do teatro da xeración Nós.
Identificación das principais características da obra dramática de Manuel
Lugrís Freire, Ramón Cabanillas, Antón Vilar Ponte, Armando Cotarelo
Valledor, Rafael Dieste, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Alfonso D.
R. Castelao.
Aplicación do método de comentario de textos para analizar un
fragmento da obra Os vellos non deben de namorarse, de Castelao.
Valoración positiva da contribución das Irmandades da Fala, das
vangardas e da xeración Nós ao desenvolvemento do noso teatro.
Síntese e avaliación
133
Peche duns enunciados sobre o teatro entre dous séculos e o teatro das
Irmandades á luz do estudado na unidade.
Lectura dun esquema de síntese sobre as temáticas desenvolvidas no
teatro das Irmandades.
Indicación de títulos de obras das Irmandades que se axustan ás
temáticas anteriores.
Identificación nun fragmento de A fiestra valdeira do conflito central
desta obra; posterior indicación do lance en que se sitúa este fragmento.
Observación dun esquema de síntese sobre a renovación no teatro da
xeración Nós.
Clasificación dunhas afirmacións segundo correspondan a trazos propios
do teatro das Irmandades ou do teatro da xeración Nós.
Observación dun esquema de síntese sobre as obras teatrais máis
representativas da xeración Nós.
Lectura dun texto de Castelao no que relata como se xestou a creación
de Os vellos non deben de namorarse e posterior comentario persoal
sobre este á luz do estudado na unidade.
Redacción dun texto que resuma o seguinte tema: «O teatro do primeiro
terzo do século XX: Irmandades, vangardas e xeración Nós».
11. Entre 1936 e 1976: a lírica
Obxectivos
Recoñecer as características históricas, sociais, culturais e lingüísticas da
Galicia entre 1936 e 1976.
Determinar as características da lírica no exilio.
Sintetizar os trazos máis importantes da obra dos poetas da xeración do
36, da promoción de enlace e da xeración das Festas Minervais.
Desenvolver o comentario de texto do poema «Esta chuvia lustral» da
obra Prometo a flor de loto, de Luz Pozo Garza.
Analizar a obra Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro, mediante
unha lectura guiada.
Contidos (conceptuais, procedementais e actitudinais)
Características históricas, sociais e culturais de Galicia do período entre
1936 e 1976.
Situación lingüística da Galicia do período entre 1936 e 1976.
A lírica no exilio.
Datos biográficos e produción poética de Luís Seoane e Lorenzo Varela.
A lírica galega: 1936-1976.
134
A xeración de 1936.
Datos biográficos e produción poética de Aquilino Iglesia Alvariño, Celso
Emilio Ferreiro e Xosé María Álvarez Blázquez.
A promoción de enlace.
Datos biográficos e produción poética de Antón Tovar e Luz Pozo Garza.
A xeración das Festas Minervais.
Datos biográficos e produción poética de Manuel María, Bernardino
Graña, Uxío Novoneyra e Xosé Luís Méndez Ferrín.
Recoñecemento das características históricas, sociais, culturais e
lingüísticas do período entre 1936 e 1976.
Identificación das circunstancias do exilio e do labor literario dos poetas
exiliados máis representativos.
Distinción da continuidade entre as liñas poéticas anteriores e posteriores
á guerra.
Determinación dos trazos xerais da xeración de 1936 e recoñecemento
dos trazos máis importantes da vida e da obra de Aquilino Iglesia
Alvariño, Celso Emilio Ferreiro e Xosé María Álvarez Blázquez.
Identificación das características xerais da promoción de enlace e
distinción dos trazos máis importantes da vida e da obra de Antón Tovar
e Luz Pozo Garza.
Determinación dos trazos fundamentais da xeración das Festas Minervais
e distinción dos trazos máis salientables da vida e da obra de Manuel
María, Bernardino Graña, Uxío Novoneyra e Xosé Luís Méndez Ferrín.
Aplicación do método de comentario de texto ao poema «Esta chuvia
lustral» da obra Prometo a flor de loto, de Luz Pozo Garza.
Análise, mediante unha lectura guiada, de Longa noite de pedra, de
Celso Emilio Ferreiro.
Valoración da importancia do labor creativo dos nosos autores literarios
no exilio e en Galicia durante a época da ditadura.
Interese pola lectura da obra máis representativa dos poetas galegos de
posguerra.
Síntese e avaliación
Lectura dun esquema de síntese sobre a actividade cultural e literaria no
exilio.
Resumo dos trazos biobibliográficos máis importantes de Luís seoane e
Lorenzo Varela.
Indicación do enunciado que completa correctamente unhas afirmacións
sobre a xeración de 1936
135
Observación dun esquema de síntese sobre as etapas da lírica galega
entre 1936 e 1976.
Redacción dun texto que sintetice este tema: «A lírica galega entre 1936
e 1976».
Observación dun esquema de síntese sobre as liñas temáticas na poesía
de Celso Emilio Ferreiro.
Creación de esquemas semellantes ao anterior sobre as liñas temáticas
básicas de Luz Pozo Garza, Uxío Novoneyra e Xosé Luís Méndez Ferrín.
Identificación do tema dun poema de Méndez Ferrín; localización e
valoración das metáforas e comparacións presentes no texto;
estruturación temática do poema; comentario persoal sobre o valor
expresivo do símbolo da «noite» no texto en comparación con poemas
doutros autores desta unidade.
Identificación dos recursos estilísticos dominantes en catro fragmentos
de poemas de autores vistos na unidade e comentario do seu valor
expresivo.
12. Entre 1936 e 1976: a prosa
Obxectivos
Determinar as características da prosa no exilio.
Recoñecer a periodización da narrativa galega entre 1936 e 1976 e
tamén os trazos esenciais do ensaio galego neste período.
Distinguir as liñas temáticas fundamentais e os narradores máis
salientables da narrativa de posguerra.
Recoñecer os trazos básicos da renovación dos autores da Nova
Narrativa Galega e da chamada épica rural.
Desenvolver o comentario literario dun fragmento de A esmorga, de
Eduardo Blanco Amor.
Analizar a obra O crepúsculo e as formigas, de Xosé Luís Méndez Ferrín,
mediante unha lectura guiada.
Contidos (conceptuais, procedementais e actitudinais)
A prosa no exilio.
Datos biográficos e produción narrativa de Ramón de Valenzuela e Silvio
Santiago.
A prosa galega: 1936-1976: narrativa e ensaio.
A narrativa de posguerra.
Datos biográficos e produción narrativa de Eduardo Blanco Amor, Álvaro
Cunqueiro e Ánxel Fole.
136
A narrativa galega a partir dos anos 60: Nova Narrativa Galega e a épica
rural.
Datos biográficos e produción narrativa de Xosé Luís Méndez Ferrín,
Carlos Casares, María Xosé Queizán e Xosé Neira Vilas.
Identificación das circunstancias do exilio e do labor literario dos
narradores exiliados máis importantes.
Clasificación das características e das liñas temáticas fundamentais da
narrativa de posguerra.
Distinción dos trazos máis representativos da produción dos narradores
de posguerra: Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole.
Identificación das fases e grupos da narrativa galega entre os anos 60 e
70: Nova Narrativa Galega e a épica rural.
Distinción dos trazos máis importantes da produción narrativa de X. L.
Méndez Ferrín, Carlos Casares, María Xosé Queizán e Xosé Neira Vilas.
Aplicación do método de comentario de texto a un fragmento de A
esmorga, de Blanco Amor.
Análise, mediante unha lectura guiada, de O crepúsculo e as formigas,
de Xosé Luís Méndez Ferrín.
Valoración positiva do esforzo dos nosos narradores polo cultivo da
literatura na nosa lingua durante a posguerra.
Aprecio pola contribución dos escritores dos anos 60 e 70 á renovación
da narrativa galega.
Interese pola lectura de obras representativas da narrativa galega do
período entre 1936 e 1976.
Síntese e avaliación
Resposta a unhas preguntas sobre a prosa galega no exilio.
Observación dun esquema de síntese sobre os principais núcleos
temáticos da narrativa de posguerra.
Localización nun fragmento de Xente ao lonxe, de Blanco Amor, de
exemplos dos trazos máis característicos desta novela.
Comentario razoado sobre o contido dun texto que reflexiona sobre a
capacidade fabuladora e o valor da imaxinación na narrativa de
Cunqueiro.
Observación dun esquema de síntese sobre autores e trazos básicos da
Nova Narrativa Galega.
Clasificación dunhas obras segundo os membros da Nova Narrativa que
as escribisen.
137
Explicación da evolución na produción narrativa de Carlos Casares a
partir de dous textos dados.
Observación dun esquema de síntese sobre o perfil biográfico e a
produción narrativa de Neira Vilas.
Creación doutros esquemas semellantes ao anterior centrados nas
figuras de Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro e Xosé Neira Vilas.
Redacción dun texto co título «A Nova Narrativa Galega.
Características, autores e obras representativas».
13. Entre 1936 e 1976: o teatro
Obxectivos
Recoñecer as características do teatro galego no exilio.
Distinguir os trazos esenciais do teatro de posguerra e da obra teatral
dos dramaturgos deste período.
Determinar os elementos caracterizadores do teatro galego da chamada
«dramática social» e os trazos fundamentais da obra dos seus autores.
Coñecer as características da dramaturxia do grupo de Ribadavia e os
trazos básicos da produción dos autores deste grupo.
Desenvolver o comentario literario dun fragmento de Laudamuco, señor
de ningures, de Roberto Vidal Bolaño.
Analizar a obra O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, de
Álvaro Cunqueiro, mediante unha lectura guiada.
Contidos (conceptuais, procedementais e actitudinais)
O teatro no exilio.
Datos biográficos e produción teatral de Manuel Daniel Varela Buxán e
Luís Seoane.
O teatro na posguerra.
Datos biográficos e produción teatral de Eduardo Blanco Amor, Álvaro
Cunqueiro e Ricardo Carballo Calero.
A «dramática social».
Datos biográficos e produción teatral de Daniel Cortezón e Xohana
Torres.
O grupo de Ribadavia.
Datos biográficos e produción teatral de Euloxio Rodríguez Ruibal,
Manuel Lourenzo e Roberto Vidal Bolaño.
Identificación das circunstancias en que se desenvolveu o teatro no exilio
e do labor dos dramaturgos máis importantes da diáspora.
138
Establecemento das características esenciais do teatro galego de
posguerra.
Recoñecemento dos trazos básicos da obra teatral de Eduardo Blanco
Amor, Álvaro Cunqueiro e Ricardo Carballo Calero.
Distinción das características do teatro galego do grupo da «dramática
social».
Recoñecemento dos trazos fundamentais da obra dramática de Daniel
Cortezón e Xohana Torres.
Establecemento das características esenciais do teatro do grupo de
Ribadavia.
Identificación dos trazos básicos da obra teatral de Euloxio Rodríguez
Ruibal, Manuel Lourenzo e Roberto Vidal Bolaño.
Valoración positiva do esforzo dos dramaturgos da posguerra polo cultivo
da literatura na nosa lingua durante os anos da ditadura.
Aprecio pola contribución dos autores do grupo de Ribadavia á
consolidación e profesionalización do teatro galego.
Interese pola lectura das obras clave dos dramaturgos galegos do
período entre 1936 e 1976.
Síntese e avaliación
Identificación dos enunciados que completan correctamente unhas
afirmacións sobre o teatro galego no exilio.
Lectura dun esquema de síntese sobre as obras clave dos dramaturgos
do teatro galego na posguerra.
Copia do esquema anterior ampliándoo con máis información sobre o
teatro dese período.
Lectura e resumo dun fragmento de Proceso en Jacobusland, de Eduardo
Blanco Amor; posta en relación do texto cos trazos formais e temáticos
estudados deste autor.
Observación dun esquema de síntese sobre as mostras de teatro de
Ribadavia.
Comentario razoado dun texto relacionado coa evolución da nosa
dramaturxia neste período, á luz do estudado na unidade.
Observación dun esquema de síntese sobre os principais dramaturgos do
grupo de Ribadavia.
Lectura e clasificación de tres textos de Manuel Lourenzo en función da
liña temática á que correspondan.
139
Discriminación das oracións falsas e certas dunha serie sobre a produción
dramática de Roberto Vidal Bolaño; transformación posterior das
oracións falsas en certas.
Redacción dun texto sobre este tema: «O teatro galego entre 1936 e
1976».
14. A literatura actual
Obxectivos
Identificar as características históricas, sociais, culturais e lingüísticas da
Galicia de hoxe.
Definir os trazos xerais da lírica galega dos nosos días e da produción
poética dalgúns autores deste período.
Distinguir os elementos definidores da prosa galega actual e as
características principais da obra dalgúns narradores deste período.
Sintetizar os trazos caracterizadores do teatro galego actual e da obra de
certos dramaturgos dos nosos días.
Desenvolver o comentario de texto do poema «Os repatriados» da obra
Territorio da desaparición, de Miguel Anxo Fernán-Vello.
Contidos (conceptuais, procedementais e actitudinais)
Características históricas, sociais e culturais da Galicia dos nosos días.
Principais trazos da situación lingüística da Galicia dos nosos días.
A lírica actual.
Datos biográficos e produción poética de Ramiro Fonte, Miguel Anxo
Fernán-Vello, Miro Villar e Yolanda Castaño.
A narrativa actual.
Datos biográficos e produción narrativa de Darío X. Cabana, Suso de
Toro, Manuel Rivas e Teresa Moure.
O teatro actual.
Datos biográficos e produción dramática de Xesús Pisón, Gustavo Pernas,
Cándido Pazó e Imma António Souto.
Determinación das características históricas, sociais, culturais e
lingüísticas da Galicia dos nosos días.
Distinción dos trazos xerais da lírica galega dos nosos días e dos
elementos característicos da poesía de Ramiro Fonte, Miguel Anxo
Fernán-Vello, Miro Villar e Yolanda Castaño.
Clasificación dos elementos definidores da narrativa galega actual e das
características principais da obra narrativa de Darío X. Cabana, Suso de
Toro, Manuel Rivas e Teresa Moure.
140
Recoñecemento dos trazos caracterizadores do teatro galego actual e dos
trazos máis importantes obra dramática de Xesús Pisón, Gustavo Pernas,
Cándido Pazó e Imma António Souto.
Valoración do labor dos escritores actuais como contribución á nosa
normalización literaria e lingüística.
Síntese e avaliación
Observación dun esquema de síntese sobre as fondas transformacións na
sociedade galega actual.
Caracterización, a través de poemas lidos na unidade, dos trazos propios
da promoción de poetas dos 80 e da promoción dos 90.
Discriminación das afirmacións falsas e certas dunha serie sobre os
poetas galegos actuais; transformación posterior das oracións falsas en
certas.
Observación dun esquema de síntese sobre os trazos básicos e os
autores representativos da narrativa actual.
Determinación da estrutura e resumo dun fragmento de Os comedores
de patacas, de Manuel Rivas; comentario sobre a tensión «mundo rural /
mundo urbano» que se reflicte no texto.
Indicación do argumento e do autor ou autora dunha serie de novelas
clave da nosa narrativa actual.
Creación, a partir dunhas cuestións dadas, dun texto sobre o
desenvolvemento do noso teatro actual.
Lectura dun fragmento de O bululú do linier, de Cándido Pazó, e
comentario sobre como se reflicten nel algúns trazos básicos da súa
dramaturxia.
2. Contidos mínimos esixibles. Distribución por bloques temáticos e
trimestres
1º trimestre
Literatura
A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras
representativas.
A poesía de vangarda. Características, autores e obras
representativas.
A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós.
O teatro do 1º terzo do XX: Irmandades, Vangardas e Grupo Nós.
141
Sociolingüística
As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e
prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
Historia da normativización: a construción da variedade estándar.
Interferencias e desviacións da norma.
As variedades dialectais do galego.
Fonética, morfoloxía e léxico
Os fonemas vocálicos.
Os elementos constituíntes da palabra.
As categorías gramaticais.
2º trimestre
Literatura
A poesía entre 1936 e1976: a Xeración do 36, a Promoción de
Enlace, a Xeración das Festas Minervais.
A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores da prosa (Fole, Blanco
Amor, Cunqueiro e Neira Vilas).
A Nova Narrativa Galega. Características, autores/as e obras
representativas.
O teatro galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupo
de Ribadavia.
Sociolingüística
Linguas minorizadas e minoritarias. A lingua galega en vías de
normalización.
O galego no 1º terzo do século XX: características lingüísticas
fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
Léxico
Desviacións da norma estándar (castelanismos, vulgarismos,
arcaísmos...).
Sintaxe
As funcións sintácticas na proposición.
3º trimestre
Literatura
A literatura do exilio entre 1936 e 1976: poesía, prosa e teatro.
142
A poesía de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores/as dos
80 e dos 90. Poetas e tendencias actuais máis relevantes.
A prosa de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores/as dos
80 e dos 90. Prosistas e tendencias actuais máis relevantes.
O teatro de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores/as dos
80 e dos 90. Dramaturgos/as, tendencias e compañías teatrais
actuais máis relevantes.
Sociolingüística
O galego de 1936 a 1975: características lingüísticas
fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
O galego a finais do século XX e comezos do XXI. Características
lingüísticas fundamentais.
Semántica
Relacións semánticas.
Sintaxe
Clases de oracións.
Análise de textos
O alumnado deberá comprender adecuadamente, compoñer e
analizar os distintos tipos de texto.
3. Metodoloxía didáctica
Cada Unidade Didáctica contará cunha información introdutoria do/a
profesor/a na que se marcarán as liñas temáticas a desenvolver na unidade
así como os procedementos que se empregarán para conseguir os
obxectivos sinalados. Cando o alumnado posúa a información pertinente
respecto aos contidos conceptuais, serán o esquema, o resumo e/ou o mapa
conceptual as técnicas que deberá coñecer e usar como instrumento non só
para memorizar o aprendido senón tamén como medio para lograr un
esquema mental das principais características da historia literaria e
sociolingüística do século XX e XXI.
Proporanse textos para que o alumnado resposte diversas cuestións
de tipo fonolóxicas, morfolóxicas, sintácticas, semánticas..., moitas delas
servirán para repasar o estudado en 1º de bacharelato.
Haberá a posibilidade de redactar diversos escritos, mesmo de tipo
creativo, para comprobar o progreso individual do alumnado en canto á
ortografía e construción de texto.
143
Sempre a participación do alumnado mediante preguntas e respostas
individuais será crucial para controlar a súa capacidade de expresión oral
con orde e corrección.
Por último, tanto a orde como a temporalización das unidades
didácticas ou dos contidos incluídos nas mesmas, poden modificarse en
función das características e do propio proceso de ensino-aprendizaxe do
alumnado dos diferentes grupos.
4. Procedementos de avaliación
O alumnado de 2º LOE realizará un máximo de 6 exames ao longo do curso,
farase recuperación de cada avaliación.
Axustaranse ás seguintes porcentaxes:
● 80%, aos exames dos contidos conceptuais.
● 20%, á análise, composición de textos e traballo na clase.
Ademais dos contidos conceptuais tamén se terá en conta a corrección
lingüística do exame, polo que sobre a cualificación global se poderán
descontar ata un máximo de 2 puntos por erros ortográficos no caso de
estudos diúrnos pero de 1 punto no caso dos estudos nocturnos
Os erros poderán ser:
●Moi graves: Aquelas solucións alleas ao sistema lingüístico do galego
(tempos compostos, mala colocación do pronome persoal
átono…).Descontaranse 0,2 puntos.
●Graves: Solucións ortográficas contrarias á norma lingüística (b/v, h,
y…).Acentuación diacrítica. Descontarase 0,1 puntos.
●Leves: Solucións galegas alleas ao estándar vixente. Acentuación non
diacrítica. Penalizarase con 0,05 puntos.
Os 12 temas de literatura e os 6 de sociolingüística distribuiranse entre as
tres avaliacións. Nas probas anteriormente mencionadas os/as alumnos/as terán
unha pregunta para desenvolver de sociolingüística e outra de literatura nas que
se deberá demostrar un coñecemento básico dos distintos temas. Sen obter
unha cualificación positiva ( o 50% da valoración da pregunta teórica) nestas
preguntas non se poderá aprobar a materia.
Os criterios de avaliación son os seguintes:
144
• Utilizar a lingua galega para comunicarse con corrección, oralmente e por
escrito, con propiedade léxica, morfolóxica e sintáctica.
• Coñecer a evolución histórica da lingua galega e comprender criticamente as
circunstancias que condicionaron o seu uso.
• Analizar as valoracións sobre o idioma e as actitudes psicolingüísticas e
sociolingüísticas, a partir de situacións de comunicación concretas.
• Elaborar a información a partir dos medios de comunicación de masas,
diferenciando as características das seccións e dos programas e prestando
atención ás súas linguaxes específicas.
• Coñecer os conceptos teóricos e os procedementos lingüísticos (flexión,
clasificación, etc.) propios da gramática galega.
• Recoñecer as diferentes unidades da lingua, as súas combinacións e a
relación entre elas e os seus significados.
• Desenvolver un tema, oralmente e por escrito, de forma coherente e
ordenada, utilizando un guión previo.
• Producir textos específicos (narracións, descricións, exposicións,
argumentacións, instrucións, etc.), con diferente nivel de formalización e
variedade de contidos (científicos, humanísticos, literarios, etc.).
• Utilizar con propiedade o léxico galego (común e específico), a partir de
contextos significativos.
• Coñecer os/as autores/as e comentar as obras máis representativas da
literatura galega dos séculos XX e XXI, e establecer relacións entre os textos e a
etapa en que foron creados.
• Interpretar e valorar as obras da literatura galega como contribucións
culturais dunha comunidade diferenciada e como modelos de lingua.
Procurarase que o alumnado participe activamente na explicación da
materia mediante as súas preguntas individuais. Tenderase a que cada alumno/a
comente en voz alta as respostas das cuestións que sobre algún texto faga por
escrito, acostumándose a falar en público con orde e corrección. Estas
participacións contaranse á hora da avaliación.
5. Materiais e recursos didácticos
Sobre todo, o libro de texto (Editorial Rodeira-Grupo Edebé) e fotocopias de
textos con características similares aos empregados nas probas de Selectivo.
No caso dos estudos nocturnos será o profesor o que indique o emprego do
libro de texto corrrespondente ou de fotocopias.
145
6. Actividades extraescolares e complemetarias previstas
Dado que o curso de 2º de bacharelato é complexo pola programación e a
duración do curso, limitarémonos a algunha actividade proposta polo Concello
que se desenvolva fóra do horario escolar (MITEU…).
Pode haber representacións teatrais, contacontos, conferencias con autores/as
galegos/as e, por suposto, a participación do alumnado tanto na Revista Literaria
do Centro, como no concurso literario, que desde hai anos convoca o
Departamento de Lingua Galega e Literatura.
Os membros do Departamento:
Asdo.:Helena Alonso Fernández Asdo.: Pilar Prieto González
Asdo.:Concepción Fdez. Vázquez Asdo.:Fina Matanza Roqueiro
Asdo.: Constantino Pazos Sobrino
Asdo.:Susana Rodríguez Rodríguez Asdo.:Lourdes Vaz Justo
top related