lic río ouro

Post on 10-Feb-2017

36 Views

Category:

Education

1 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

ESPAZOS NATURAISLIC Río Ouro

Inclúe os tramos medio e baixo do curso do río Ouro desde Frexulfe (O Valadouro) ata a desembocadura na ría de Fazouro.Os ecosistemas máis interesantes deste espazo son os bosques de ribeira ao longo de todo o curso do río, as marismas e os areais da desembocadura.

SITUACIÓN: No norte da provincia de Lugo, na comarca da Mariña Central. Localidades de referencia: Fazouro, Ferreira, A Seara.SUPERFICIE: 109 haCONCELLOS: Alfoz, Foz e O Valadouro (Lugo)VALORES NATURAIS: bosque de ribeira, río, esteiro, praia...

Alfoz

PROTECCIÓN•Lugar de importancia comunitaria (LIC) 29 de decembro de 2004.•Zona especial de conservación (ZEC) 31 de marzo de 2014. 

RÍO OURONace no Pico do Cadramón (Serra do Xistral) e despois dun percorrido de 30 km por terreos dos concellos de Valadouro, Alfoz e Foz desemboca na pequena ría da Fazouro (mar Cantábrico). Na desembocadura forma unha ampla marisma ao atoparse coa barra areosa da praia de Fazouro.

Afluentes pola dereita: Beloi, Covos, Pena Adrada, Santa Cecilia, Barracide e As Casas.Afluentes pola esquerda Furna, Porto, As Candelas, Bao, Falal, Lobas, Fraga das Lerias, Ferreira, Senra e Valmaior.

O Ouro entre Lagoa e San Pedro Mor (Alfoz)

Lagoas a carón do Ouro En Lagoa (Alfoz)

Lagoa a carón do Ouro En Lagoa (Alfoz)

Veiga do Ouro na Lagoa (Alfoz)

Curso medio do Ouro

O Ouro en San Acisclo (Foz)

Pena da Ruxida (Foz)

A Ponte Vella (Fazouro) A Ponte Vella (Fazouro)

A Ponte Vella (Fazouro)

Marismas no esteiro do Ouro

Esteiro do Ouro

Esteiro do Ouro

Esteiro do Ouro

DESEMBOCADURA: Ría de Fazouro (mar Cantábrico)

Esteiro do Ouro

Esteiro do Ouro

Canle da desembocadura do Ouro

Praia da Pampillosa (Fazouro)

Praia da Pampillosa (Fazouro)

Praia da Pampillosa (Fazouro)

Praia do Sarrido (Fazouro)

Praia do Sarrido (Fazouro)

Vista do Val do Ouro coa serra do Xistral ao fondo

XEOLOXÍANo curso alto o río Ouro discorre polas abas da Serra do Xistral e máis adiante atravesa o val do Ouro (O Valadouro) por onde ten un discorrer maino e forma meandros e veigas. As rochas máis comúns son os xistos e no curso alto hai granitos.Na costa hai praias con dunas, cantís e furnas

Praia do Sarrido (Fazouro)

Praia do Sarrido (Fazouro)

CLIMAOceánico húmido, con veráns frescos

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE-Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda-Esteiros-Chairas lamacentas ou areentas que non están cubertos de auga na baixamar-Grandes calas e baías pouco profundas-Arrecifes-Vexetación anual sobre argazos-Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas-Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areentas-Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae)-Matogueiras halófilas mediterráneas e termoatlánticas (Sarcocornetea fructicosae)-Dunas móbiles embrionarias-Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas)-Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises)-Depresións intradunales húmidas-Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto-Nanojuncetea ...

...-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion-Ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri p.p. e de Bidention p.p.-Queirogais secos europeos-Queirogais secos atlánticos costeiros de Erica vagans-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae)-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)-Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion)-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii-Covas non explotadas polo turismo-Furnas mariñas-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)-Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica

FLORANas marxes do río Ouro consérvanse bosques de ribeira con ameneiros (Alnus glutinosa), salgueiros (Salix atrocinerea), sanguiños (Frangula alnus), freixos (Fraxinus excelsior), abeleiras (Corylus avellana) e numerosas especias das beiras e que viven mergulladas nas augas calmas.

Amieira Pe de Boi e amieiras

Fentos e salgueiros nas beiras dunha lagoa

Froitos de salgueiro (Salix cinerea). As sementes de salgueiro son diminutas e contan con prolongacións peludas que lles permiten desprazárense grandes distancias coa axuda do vento.

Algas e espigas de auga nunha das lagoas en Alfoz

Nas marismas podemos atopar herba coral (Salicornia), Juncus maritimus Bacopa monnieri, santolina de auga (Cotula coronopifolia), chantaxe de mar, acelga salgada, verdoaga marítima, estrela das xunqueiras.

Herba coral (Sarcorcornia perennis)

Bacopa monnieri

Nas praias e dunas hai pirixel do mar, cardo da praia, arenaria, correola...A vexetación das dunas está moi deteriorada pola presión dos usos da praia.

Pirixel do mar, cardos da praia...

Correola (Calystegia soldanella). Planta de talo rastreiro e grandes flores que vive nos areais. Florece durante todo o verán

Arenaria ( Honkenya peploides)

Pirixel do mar (Crithmum maritimum)

Cardo da praia (Eryngium maritimum)

Narciso

ESPECIES DE INTERESE:árnica (Arnica montana) limonio (Limonium dodartii) narciso (Narcissus bulbocodium) xilbarbeira (Ruscus aculeatus) brións (Sphagnum spp.) liques (Cladonia subgenus Cladina)  

Limonio

Dryopteris aemula

CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADAS:limonio (Limonium dodartii) fentos (Dryopteris aemula e Dryopteris guanchica) brión da auga (Fontinalis squamosa)

Furapresas (Galemys pyrenaicus)

FAUNANeste espazo viven especies relacionadas cos medios de auga doce, salobre e salgada, coas beiras do río e a costa.

ESPECIES DE INTERESE

MAMÍFEROSfurapresas (Galemys pyrenaicus) algaria (Genetta genetta) lontra (Lutra lutra) tourón (Mustela putorius) morcegos (Eptesicus serotinus, Myotis myotis, Myotis nattereri, Pipistrellus pipistrellus, Rhinolophus ferrumequinum e Rhinolophus hipposideros)

AVESazor (Accipiter gentilis) avelaiona (Strix aluco) curuxa (Tyto alba) falcón pequeno (Falco subbuteo) gabián (Accipiter nisus) lagarteiro peneireiro (Falco tinnunculus) miñato común (Buteo buteo) anduriña común (Hirundo rustica) anduriña do cu branco (Delichon urbica) avenoiteira (Caprimulgus europaeus) azulenta (Prunella modularis) carriza (Troglodytes troglodytes) chasco (Saxicola torquata) corvo viaraz (Corvus corone) cuco (Cuculus canorus) escribenta liñaceira (Emberiza cirlus) escribenta riscada (Emberiza cia) escribenta real (Emberiza citrinella) estreliña riscada (Regulus ignicapilla) ferreiriño bacachís (Parus caeruleus) ferreiriño común (Parus ater) ferreiriño cristado (Parus cristatus) ferreiriño subeliño (Aegithalos caudatus) ferreiro abelleiro (Parus major)

Carriza (Troglodytes troglodytes)

...fulepa amarela (Hippolais polyglotta) gabeador común (Certhia brachydactyla) lavandeira branca (Motacilla alba) lavandeira real (Motacilla cinerea) lavandeira verdeal (Motacilla flava) laverca (Alauda arvensis) merlo (Turdus merula) merlo rieiro (Cinclus cinclus) ouriolo (Oriolus oriolus) paporrubio (Erithacus rubecula) paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula) papuxa común (Sylvia communis) papuxa das amorias (Sylvia atricapilla) papuxa montesa (Sylvia undata) paspallás (Coturnix coturnix) pega marza (Garrulus glandarius) pega rabilonga (Pica pica) peto real (Dendrocopos major) peto verdeal (Picus viridis) pica das árbores (Anthus trivialis) picafollas ibérico (Phylloscopus ibericus) picaxuncos (Cisticola juncidis) ... Lavandeira real

(Motacilla cinerea)

...piquelo azul (Sitta europaea) rabirrubio (Phoenicurus ochruros) tordo charlo (Turdus viscivorus) tordo común (Turdus philomelos) xirrio (Apus apus) galiña do río (Gallinula chloropus) garza real (Ardea cinerea) lavanco (Anas platyrhynchos)picapeixe (Alcedo atthis) rula (Streptopelia turtur) pomba brava (Columba livia) pombo ou torcaza (Columba palumbus) rula turca (Streptopelia decaocto) perdiz (Alectoris rufa)

Garza real (Ardea cinerea)

Galiña do río (Gallinula chloropus)

RÉPTILESescancer (Anguis fragilis) esgonzo común (Chalcides striatus) lagarta da serra (Iberolacerta monticola) lagarto arnal (Lacerta lepida) cobra de colar (Natrix natrix)

Cobra de colar (Natrix natrix)

ANFIBIOSra patilonga (Rana iberica) ra verde (Pelophilax perezi) ra vermella (Rana temporaria) sapiño comadrón (Alytes obstetricans) sapiño pinto (Discoglossus galganoi) pintafontes común (Lissotriton boscai) pintafontes palmado (Triturus helveticus)

Pintafontes palmado (Triturus helveticus)

PEIXESboga do río (Chondrostoma duriense) lamprea (Petromyzon marinus) salmón (Salmo salar)

Lamprea (Petromyzon marinus)

INVERTEBRADOSsamesuga (Hirudo medicinalis)lesma (Geomalacus maculosus)mexillón de río (Margaritifera margaritifera) corniño (Nucella lapillus) lapa (Patella ulyssiponensis) vacaloura (Lucanus cervus)cabalo do demo alguacil esmeralda (Oxygastra curtisii)

Corniño (Nucella lapillus)

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEMAMÍFEROSGalemys pyrenaicusLutra lutraMyotis myotisRhinolophus ferrumequinumRhinolophus hipposiderosAVESAccipiter gentilisStrix alucoTyto albaFalco subbuteoAccipiter nisusFalco tinnunculusCaprimulgus europaeusSylvia undataAlcedo atthisRÉPTILESLacerta monticolaLacerta schreiberiANFIBIOSDiscoglossus galganoiPEIXESPetromyzon marinus Chondrostoma polylepisSalmo salarINVERTEBRADOSGeomalacus maculosusMargaritifera margaritiferaLucanus cervusOxygastra curtisii

Mexillón de río (Margaritifera margaritifera)

CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADASMAMÍFEROSfurapresas (Galemys pyrenaicus) morcegos (Myotis myotis, Rhinolophus ferrumequinum e Rhinolophus hipposideros) ANFIBIOSra patilonga (Rana iberica) ra vermella (Rana temporaria subsp. parvipalmata) PEIXESlamprea (Petromyzon marinus) INVERTEBRADOSlesma (Geomalacus maculosus) mexillóns de río (Margaritifera margaritifera e Unio pictorum)

Ra patilonga (Rana iberica)

Finca Galea nas beiras do Ouro en Alfoz.Un espazo dedicado aos aproveitamentos tradicionais da auga.

ACTIVIDADESPesca, acuicultura, subministro de auga, lecer...

REFRÁNSe as penas de Oirán se volveran pan, a Frouxeira manteiga e o río de Ouro viño mouro, non había terra coma o Valadouro.

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURALO val do Ouro é unha área poboada desde tempos moi antigos como amosan os numerosos vestixios arqueolóxicos (castros), etnográficos (muíños...) e artísticos (castelos, pontes...)

Ponte medieval sobre o Ouro en Alfoz

Palleira no Valadouro

Torre do Mariscal pardo de Cela en Alfoz de Castro de Ouro.

Esteiro do Ouro

PROBLEMASContaminación, especies invasoras, deforestación das beiras, obras na canle...

Pena da Ruxida

PUNTOS DE INTERESE-Praias Pampillosa e o Sarrido-Esteiro e xunqueiras-Atrancos (San Acisclo, Pena da Ruxida)-Ponte de Alfoz-Lagoas (San Pedro Mor, Lagoa)-Muíños (Muíño do Pazo, Finca Galea)

Castro de Fazouro, dos séculos I e II d.C. situado nas proximidades da desembocadura do Ouro, nas proximidades do espazo protexido. Nas escavacións atopáronse cunchas de ostras, vieiras, mexillóns, percebes e berberechos, así como anzois e pesos para redes.

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon DaportaFebreiro 2017

top related