lecturas verán 2012

Post on 03-Aug-2015

466 Views

Category:

Education

6 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

VERÁN 2012

Por se vas de viaxe, ou na casa pensas quedar, hai un libro que contigo quere estar…

PARA QUEN LLE CUSTA REMATAR UN LIBRO…

Título: Cha - Ca - PunAutor: Alfredo Gómez CerdáIlustradora: Paz RoderoEd: McMillan.

ARGUMENTO“Cha-ca-pun, cha-ca-pun, cha-ca-pun...”é o ruído que fai o vello tren, pero tamén son os nomes de tres trasnos que acompañan ao tren nas súas viaxes. Pero, un día, os trens modernos deciden que o vello tren lles estorba no seu camiño.

TEMASDesenvolve a actitude ante os maiores e a valorar o transcurso do tempo.

PARA QUEN DESFRUTA A POESÍA…

Presenta unha recompilación de textos populares en verso que pertencen ao folclore hispanoamericano, recreados por María Elena Walsh.

Diviértete con Gloria Fuertes, un clásico da editorial Susaeta que nos transporta a un mundo divertido, inxenioso e cheo de tenrura, con versos de todo tipo: un pouco tolos e un pouco serios, imaxinativos e imposibles, para debuxar e para soñar…

:

Un menor que comete tres intentos de atraco, obriga a un elefante a conducir sen permiso de conducir, realízanse traxectos en automóbil con risco de colisión, hai un atropello, aparece unha irmá que non asume a realidade, prodúcese o secuestro dun garda xurado e o pai que aparece non é amoroso, senón malhumorado e berrón.Unha historia con todos os ingredientes do perfecto conto infantil: imaxinación, ironía e moito humor.

PARA AMANTES DA AVENTURA…¿RINOCERONTE?¿QUÉ RINOCERONTE?Texto de Pablo Albo. Editorial Everest.

E MÁIS DE AVENTURAS…

Maties Segura: Xoeliki. As aventuras dun ciberpirataIlustracións de Abraham CarreiroSotelo Blanco Edicións.

Unha trepidante aventura protagonizada por un rapazolo de once anos afeccionado aos videoxogos, que se verá impelido a axudar a unha sociedade secreta (a Resistencia Pirata, da que pasará a formar parte) para liberar o mundo dun ataque aniquilador da Rede por parte de Mr. Virus.

PARA AMANTES DA CIENCIA…

O grumete do Beagle conta, en primeira persoa, as circunstancias e peripecias dunha travesía histórica.Con tan só 10 anos, James Kincaid é un asistente do naturalista Charles Darwin no Beagle. Entre perigosos mares, terremotos devastadores e volcáns en erupción, o Beagle seguirá navegando, percorrendo baías, calas e illas...O diario de James relata a apaixoante viaxe que derivou nunha das obras científicas máis innovadoras da Historia. Un capítulo ilustrado de referencias e datos ofrece información adicional sobre os descubrimentos e teorías de Darwin, e sobre o mundo científico

do século XIX.

Está publicado por Baía Edicións.

Puntuación: 4.0/5 (1 voto)

OS LIBROS TAMÉN VIAXAN…

"Lleva un libro en la maleta" é máis ca un libro. Como nos explica a propia editorial Pintar-Pintar, "Lleva un libro en la maleta" é unha Asociación Cultural que, coa axuda de persoas e entidades como a FUNDACIÓN APOYO A LAS BIBLIOTECAS DOMINICANAS e a FUNDACIÓN HHS, recolle libros e material escolar , e achégallos a escolas da República Dominicana.

Pere Tobaruela: Viaxes dun can de palleiro Ed. Sotelo Blanco.

Conta a historia dun can de palleiro, un can de aldea, coma quen di un ninguén, de quen os gregos se apropiaron na Odisea, pero a verdade é que o seu amo, Ulises, nunca viviu en Ítaca: naceu, medrou, e casou con Penélope no Xobre, unha vila da ría de Arousa. ..

E SE PENSAS IR A UN MUSEO…

Descubrir a arte

“Cómo hablar de arte a los niños” da editorial Nerea e, realizado por Françoise Barbe-Gall.

Un método dirixido a todos os adultos que desexen compartir cos pequenos o pracer de visitar un museo ou unha exposición

Un fascinante encontro con 18 obras de arte a través de todo o mundo: rollos etíopes, biombos coreanos, máscaras brasileiras, iconos rusos...Un libro de Factoría K de libros

E PARA QUEN QUEIRA BANDA DESEÑADA….

Atoparás centos de títulos interesantes en calquera librería.Pero, seguro, seguro, que se te afeccionas á colección de Asterix ou a de Fiz, vas querer seguir lendo…

QUE PASES UN BO

VERÁN!

top related