lavadeiro pÚblico gratuito de betanzos …anuariobrigantino.betanzos.net/ab2009pdf/2009...

Post on 07-Apr-2020

2 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

367Anuario Brigantino 2009, nº 32

LAVADEIRO PÚBLICO GRATUITO DE BETANZOS

* José Manuel Vázquez Mosquera, betanceiro é arquitecto e profesor na Escola Técnica Superiorde Arquitectura da Coruña.

Aedificación do lavadeiropúblico de Betanzosrepresenta a nova forma

de expresión arquitectónica domomento no que foi construído,pero sobre todo, a súa complexi-dade, e a súa forma de implantaseno medio, evocan a capacidadeque ten a arquitectura para xerarrelacións co entorno apoiándoseno uso, integrándose e fundín-dose ca natureza, e creando así un«lugar» a escala humana. É polotanto digno de ser consideradounha «obra de Arte/Arquitectura».

Esta obra, coma moitas outrasna época, xurdiu da vontade dedous filántropos de Betanzos,D.Juan e D. Jesús García Naveira,que para iniciar a súaconstrución o día 22 de Maio de1901 presentaron unha instanciano Concello de Betanzos na que manifestaban: «que tienen proyectado construir por sucuenta en el campo de las Cascas un lavadero público con arreglo al plano que acompañan».O plano, que foi redactado polo enxeñeiro de camiños, portos e canles, D. Estanislao Pany Pérez, non se conserva, e polo tato descoñecemos se a obra correspóndese con exactitudeco proxectado. Non entanto, chegaron a nós fotografías da época da súa inauguración,que móstrannos o esplendor e a calidade que o edificio tivo naquel tempo. Dende aquelas,sucesivas intervencións, no edificio e no entorno, e parte de abandono foron transformandoe deteriorando a súa imaxe.

Lavadeiro público gratuito de Betanzos

JOSÉ MANUEL VÁZQUEZ MOSQUERA©*Se non se advirte, as imaxes son do autor

SumarioUnha aproximación ó estudo dunha obra emblemática de Betanzos e de Galicia, o lavadeiro das Cascas, ea representación gráfica do seu estado orixinal, e da súa lamentable transformación no tempo.

AbstractA study of an emblematic work of Betanzos, and of Galicia, the public wash-house of las Cascas, anda graphic representation of its original state, and of its lamentable transformation over the years.

Croquis de un plano de Betanzos, datado entre 1902 e 1907(Francisco Javier Martínez Santiso, AMB).

368Anuario Brigantino 2009, nº 32

JOSÉ MANUEL VÁZQUEZ MOSQUERA

Noticia da entrega oficial do Lavadeiro no Programa de Festas de SanRoque de 1902 e diversos detalles e fotografías antigas con aspectos da

construción e do seu funcionamento nas primeiras décadas do s. XX.

369Anuario Brigantino 2009, nº 32

LAVADEIRO PÚBLICO GRATUITO DE BETANZOS

370Anuario Brigantino 2009, nº 32

JOSÉ MANUEL VÁZQUEZ MOSQUERA

Situado na marxe esquerda do río Mendo,o edificio que alberga o lavadeiro é deaparencia moi sinxela, un paralelepípedo de29,50 m. por 9,70 m. e 8,70,m. de alto, definidopor tres caras pechadas conformadas comafachadas urbanas, e a cuarta, aberta cara orío, que configuran un interior de grancalidade espacial, cun importante nivel dedetalle na súa construción e unha claracompresión do uso e do lugar no que seimplanta.

Precisamente esa aparente sinxeleza, asolución funcional e espacial, á súamaterialización e o uso a que ía destinado,representaron, no momento no que foiconstruído, un avance tecnolóxico, un retointelectual e asemade unha posiciónideolóxica.

A organización funcional do edifico éclara e racional: a zona de lavado, aberta een contacto co río, protexida da choivacunha marquesiña, con dúas liñas paralelasde pilas a diferente cota, o que permite o seu uso segundo as mareas , e por 63 lavandeirasá vez; xunto a esta, pero diferenciada e pechada, unha sala de descanso e relación, ondequentarse, cociñar, comer, descansar e atender aos nenos, con cheminea e banzos depedra; e por último, para a fase de secado, toda a planta alta, construída cun tramado de

371Anuario Brigantino 2009, nº 32

LAVADEIRO PÚBLICO GRATUITO DE BETANZOS

pasarelas de madeira e pechada en todo o seu perímetro por lamas metálicas que permitíano paso do aire, e polo tanto unha ventilación continuada; o prado do entorno complementaa zona de secado e permite o clareo.

Tamén o dominio das correntes favorece o seu uso, ca manipulación do canle do río nasúa beira ao situaren xirados os muros que acompañan á edificación respecto do cursonatural, e ca construción no leito de dúas liñas de encoro, contrólase a circulación da augana zona de lavado, e conséguese unha corrente que limpa e sanea.

Esa atención ás mareas para determinar as cotas de situación do edificio, as liñas delavado atendendo a estas e ás enchenzas do río, o coñecemento da dinámica dos fluídos( hai que ter en conta que este enxeñeiro,autor do proxecto, canalizou o río de Monelos,traballou no río Xallas, en Parga…) asemade o interese polas técnicas do lavado e polascondicións nas que realizaban o seu oficio, aportan o carácter científico que acompaña áfuncionalidade desta obra arquitectónica

372Anuario Brigantino 2009, nº 32

JOSÉ MANUEL VÁZQUEZ MOSQUERA

Supuxo por outra banda un avance tecnolóxico e unha nova forma de expresiónarquitectónica, en tanto que incorporou as novas tecnoloxías que estaban a xurdir naquelintre ao mesmo tempo que recolleu o saber e a tradición das formas de construír e de usaros materiais de sempre.

O uso do ferro e o cemento xunto cos materiais tradicionais, pedra labrada, cachote,madeira,… e a elección destes para a confección de cada elemento, denotan unha sabedoríae dominio tanto do comportamento dos materiais coma dos oficios que lle corresponden.Xa a estrutura e mixta, con muros de carga de cachote, que asumen a función de peche e

373Anuario Brigantino 2009, nº 32

LAVADEIRO PÚBLICO GRATUITO DE BETANZOS

definición do espazo, pilares de ferro, quelle confíren unha amplitude e sensación delixeireza no seu interior e cara o río, emadeira, para resolver vigas, tarimas e falsosteitos. O uso da pedra labrada resérvasepara tódolos elementos en contacto co terreoe ca auga, coma o chan, basamentos, pilasde lavado, e a confección de ventás, porta,cheminea e banzos. O ferro, que presentaun deseño moi coidado, úsase tamén paraas varandas, reixas e apoios dos fíos dotendido; a decoración dos muros exteriores,marcando pilastras e franxas decoradas áaltura dos dous forxados (hoxe desaparecidaa superior), e os balaustres da cuberta(tamén desaparecidos)elaboráronse concemento. Este compendio de materiais esolucións converten o lavadeiro nunha obracomplexa con moitas leccións das queaprender.

Todos estes elementos atópanseademais traballados con delicadeza etrabados con oficio: moitos detalles sondignos de mención: o pilar de ferro queapoia nunha basa de pedra e abraza ás vigasde madeira; a escaleira, de trazado imperial,co seu tramo de arranque en pedra, e osdous tramos superiores en madeira; osdetalles dos elementos de ferro, coma oscapiteis dos pilares, as reixas, asvarandas,…., as franxas de decoración dosmuros a base de cemento representandofollas de vide; as lamas metálicas, queresolven a función de ventilar, e dan unaspecto lixeiro e novedoso á planta alta …

O encaixe de todo isto, deu coma froitounha peza delicada, proporcionada, e cunhadignidade propia dun edificio público.Recolle ademais o gusto da época, entre omodernismo, que aporta o gusto poladecoración, un certo racionalismo nacomposición e neoclasicismo nalgúnsdetalles. Correntes que se estábanse adesenvolver no panorama galego, españole europeo.

374Anuario Brigantino 2009, nº 32

JOSÉ MANUEL VÁZQUEZ MOSQUERA

Supuxo asemade unha clara posición ideolóxica ao recoñecer e valorar unha actividadehumilde coma a do lavado da roupa, institucionalizando, mediante unha construción dignadun edificio público, este nobre oficio.

É unha obra que interpreta de xeito creativo e con espírito crítico un uso, resolvendounha necesidade, que se materializa nunha edificación singular/ única, e que reflicteclaramente os desexos e aspiracións da sociedade e do momento. Por iso engade ásdemais calidades, unha fundamental, a calidade de EVOCAR, calidade que xungue o carácterxeral/universal co carácter local/memoria persoal.

375Anuario Brigantino 2009, nº 32

LAVADEIRO PÚBLICO GRATUITO DE BETANZOS

376Anuario Brigantino 2009, nº 32

JOSÉ MANUEL VÁZQUEZ MOSQUERA

377Anuario Brigantino 2009, nº 32

LAVADEIRO PÚBLICO GRATUITO DE BETANZOS

378Anuario Brigantino 2009, nº 32

JOSÉ MANUEL VÁZQUEZ MOSQUERA

Desafortunadamente, ao longo do tempo ten sido unha obra pouco valorada e agredidasen consideración, por acción ou omisión. As sucesivas transformacións e o actualabandono, foron degradando a súa nobre imaxe deica o seu estado actual. As actuaciónsna súa planta alta, ca modificación dos ocos, a substitución das lamas metálicas porladrillo, a eliminación das decoracións, dos balaustres,.., a colocación de canleados einstalacións eléctricas, converteron esta parte nun aparente engadido, alleo o deseño doresto do edificio. Deste xeito quedou desvirtuada a súa unidade e parte da beleza orixinal,a o que cabe engadir a transformación do entorno que o deixa fora de escala e comaobxecto estraño no seu propio lugar. Só a súa relación co río e ca ponte medieval fai lembrarcomo puido ser este enclave noutros tempos.

Hoxe sería o momento de recoñecer este edificio coma a obra de arte que é, e dedicarllea atención que merece, recuperar as partes perdidas, e o seu entorno no posible, e converteloen xermolo dunha revisión do conxunto de arquitecturas xurdidas a carón do río.

Porque a pesares de todo, nesta obra recoñécese claramente como o pasado pódenossalvar do presente creando un robusto porvir.

379Anuario Brigantino 2009, nº 32

LAVADEIRO PÚBLICO GRATUITO DE BETANZOS

380Anuario Brigantino 2009, nº 32

JOSÉ MANUEL VÁZQUEZ MOSQUERA

381Anuario Brigantino 2009, nº 32

LAVADEIRO PÚBLICO GRATUITO DE BETANZOS

382Anuario Brigantino 2009, nº 32

JOSÉ MANUEL VÁZQUEZ MOSQUERA

Escudo de Ar-xentina, escul-

pido nos dinteisdas fiestras cen-

trais da fachada. Omesmo que no Pasa-

tempo, os García Na-veira sempre renderon

homenaxe de gratitude ó paísque os fixo ricos.

top related