i n t e r v e n c iÓ n n o d e s e n v o l v e m e n t o m o t o r

Post on 29-Jun-2015

289 Views

Category:

Documents

2 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

INTERVENCIÓN NO DESENVOLVEMENTO MOTOR

Algunas consideracións…

OS PUNTOS DE APOIO

• Para que se produza un movemento voluntario, é importante ter unha base de apoio, que axuda a manter o equilibrio

• Hai posturas que poden ampliar esa base de apoio, favorecendo manter a columna recta, e o desenvolvemento muscular. Ex: postura ó sentarse coas pernas cruzadas ou estiradas

Integración bilateral

• Refírese ó empleo coordinado de ambos lados do corpo.

• Un neno pequeno coordina primeiro o emprego de ambos lados do corpo de forma simétrica (ex: ó soster o biberón). Máis tarde aprende a coordinar ambos lados do corpo alternando o seu uso (ex: gateo), para finalmente ter conciencia dun lado do corpo como dominante.

• Importante traballar os movementos con ambos lados do corpo. Ex: agarrar un obxecto nun lado, noutro, máis arriba ou máis abaixo, sen colocalos demasiado lonxe cando son pequenos

Posturas

• Coidado con forzar ó neno a manter posturas incómodas durante moito tempo. Por exemplo: poucos recén nacidos son capaces de estar boca abaixo (decúbito prono) máis dun minuto.

• É bo colocar ó bebé en distintas posicións durante o día: boca arriba, de lado, boca abaixo.

• É bo estimular a flexión (axúdalles a conservar o calor corporal, a crecer, a ganar peso,…). Unha boa maneira é coa forma de levalos en brazos, ou envolvéndoos (estimúlase o seguimento visual, recórdalles á posición uterina, cálmaos,…)

O momento

• Á hora de xogar cos bebés, é importante saber se o neno está ou non preparado.

• Se o está, normalmente parece relaxado, míranos, está contento e tranquilo.

• Pola contra, debemos deixar de xogar con el se está sobreestimulado: non nos mira directamente, a súa postura cambia para alonxarse de nós (ex: arquéase), a súa expresión é “preocupada” ou infeliz,…Isto indica que o bebé necesita un momento para relaxarse.

Aspecto a ter en conta

• Os nenos “torpes” poden ter problemas na súa aprendizaxe, xa que manipulan e perciben peor, pero tamén xogan peor, polo que tenden a relacionarse menos cos seus compañeiros. Estes nenos van necesitar moito máis o teu apoio e cariño para poder sentirse seguros e aceptados.

¿Sabías que…

• Moitos dos xogos ós que temos xogado tradicionalmente, son moi útiles para o desenvolvemento motor? Por exemplo: caminar como unha carretilla (cara os nove meses, suxetándoo polas cadeiras) fortalece os brazos e toda a parte superior do corpo. O mesmo se consigue cando xogamos ó avión e permitimos que o bebé se apoie sobre os brazos mentres nós sostemos a maior parte do corpo. Tamén son útiles os xogos en cuclillas, os xogos coa pelota ex: rodar por riba dela),…

top related