[homes lobo en galicia]

Post on 24-May-2015

230 Views

Category:

Documents

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Homes-Lobo en Galicia

Feito por Alba Valín, alumna de 3ºB, para L.Galega

Galicia ten un amplo repertorio en canto a fábulas e lendas que contan a presenza de homes que teñen a virtude de converterse en lobos, total ou parcialmente. É moi difícil que coincidan en todos os datos que achegan, pero a estes homes-lobo podémolos agrupar en tres grandes grupos:

•O lobishome.•O corredor.•O lobo da xente.

O lobishomeO lobishome é o máis

coñecido pero tamén o que menos información ten. Hai varias hipóteses:

A primeira é que nacese o 24 de Decembro, en Nadal; outra que é unha bruxería porque alguén lle tiña envexa; ou tamén pola soberbia que botase el mesmo.

Manuel Blanco, é coñecido por toda Galicia polo nome de o lobishome de Allariz ou a sacauntos. Trátase dun home que foi acusado do asasinato de nove persoas, logo de haber escapado da cadea por ser xuzgado por matar a un policía. Durante o seu xuízo, el mesmo recoñeceu que empregaba as mans e os dentes para asasinar as vítimas e que despois comía os restos; todo isto, por unha maldición que lle botaran de rapaz.

Corredores Unha persoa convertese

nun home-lobo corredor cando é o sétimo fillo do mesmo sexo que todos os seus irmáns. Automaticamente nace coa maldición que o obriga a transformarse en lobo, tanto en aparencia como en actitude, en canto cumpre determinada idade. Os corredores teñen que percorrer, as noites dos venres, sete parroquias o, polo defecto, sete montes e sete pontes.

Para evitar ou rematar coa maldición, o afectado deberá ser apadriñado polo irmán maior, ou, en todo caso, por algún dos demais. Tamén cabe a posibilidade de volver a ser una persoa normal, se alguén o dana durante o camiño que fai os venres.

Lobo da xenteOs lobos da xente son homes e mulleres que, por

maldición dos pais ou de calquera outra persoa da familia máis achegada, vense obrigados a transformarse en lobos. Para iso teñen que buscar a pel dun lobo real, xa sexa matando o animal ou conseguíndoa de outra forma, para poñela por riba cada vez que se vaian transformar.

Se son feridos [cousa que so pode ser dunha pedrada ou con arma punzante], non morren, a súa fada rematarán e volverán ser persoas normais. Aínda que tamén hai outra teoría de cómo volven a ser humanos, e consiste en queimarlles a pel de lobo.

Conta unha lenda de cerca dos montes de Invernadeiro, no val de Conso, que unha rapaza tiña fortes rifas coa nai moi deseguido e, incluso, que unha vez lle pegou. A súa proxenitora, díxolle: “Oxalá Deus deixe que te convertas en loba”. E así foi. Durante moito tempo matou xente ata que un día, isto deixou de suceder e todos comprenderon que era que o meigallo terminara e a rapaza volvía a ser unha persoa normal.

top related