guÍa docente 2018-19 · cg1 - que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios...
Post on 04-Oct-2020
3 Views
Preview:
TRANSCRIPT
1
GRAO EN FILOSOFÍA.
GUÍA DOCENTE | 2018-19
METAFÍSICA II
G5031327
2
1. INFORMACIÓN BÁSICA
DESCRICIÓN
A materia Metafísica II (Metafísica e Teoría do Coñecemento), código G5031327 é unha
materia obrigatoria do segundo semestre do terceiro curso do Grao en Filosofía. Ten 6
créditos ECTS. Trátase dunha materia da área Filosofía, integrada no do Dpto. de Filosofía
e Antropoloxía.
PRERREQUISITOS
Presuponse a formación propia do nivel do grao en que se imparte e, sobre todo, a que
corresponde á Teoría do Coñecemento I e Metafísica I.
IMPARTICIÓN
En principio será impartida en lingua galega, agás no caso de por haber estudantes non
galegos/as, se faga conveniente impartila en español.
A materia impártea o profesor titular da área de Filosofía Rafael Martínez Castro.
A información relevante da materia, así como os avisos e cualificacións, aparecerá na páxina
correspondente no campus virtual da USC.
Horario da materia: ver páxina web (http://www.usc.es/filosofia).
TITORÍAS
Horario das titorías: ver páxina web (http://www.usc.es/filosofia). Na medida do posible
recoméndase reservar hora. Tamén é posible recibir asistencia titorial fóra do horario de
titorías solicitandoo en persoa ou por correo electrónico. As titorías poden ser individuais ou
colectivas.
3
Lugar: despacho 220; 2º andar da Facultade de Filosofía, Praza de Mazarelos, s/n. No caso
de titorías colectivas programadas poderase solicitar do decanato o uso dunha aula ou
seminario.
Teléfono: 881812512 (ou extensión 12512). Correo electrónico: rafael.martinez@usc.es
Para consultas fora das horas de titorías prégase o envío dun correo electrónico.Lugar:
despacho 220; 2º andar da Facultade de Filosofía, Praza de Mazarelos, s/n. No caso de titorías
colectivas programadas poderase solicitar do decanato o uso dunha aula ou seminario.
Teléfono: 881812512 (ou extensión 12512). Correo electrónico: rafael.martinez@usc.es
Para consultas fora das horas de titorías prégase o envío dun correo electrónico.
2. SITUACIÓN DA MATERIA NA TITULACIÓN
BLOQUE FORMATIVO NO QUE SE INTEGRA A MATERIA
Dentro das materias do Grao en Filosofía a METAFÍSICA II intégrase no bloque de
“Metafísica e Teoría do Coñecemento”, xunto coas Teorías do Coñecemento I e II e
Metafísica I.
PAPEL DA MATERIA DENTRO DO BLOQUE
Segundo a Memoria do Grao de Filosofía –páxina 63–: na METAFÍSICA II trátase da
reconstrución da problematicidade da metafísica pola vía do tratamento activo e
personalizado dalgúns problemas fundamentais da metafísica. Construción dun marco
problemático no que se insiren e configuran os problemas capitais da metafísica: ser, verdade,
tempo. Reconstrución da problematicidade da metafísica pola vía do tratamento activo e
personalizado dalgúns problemas fundamentais tirados da ciencia, a arte, a práctica social e
política, etc. Ver:
4
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sxopra/memorias_graos_USC/
G5031_Filosofia.pdf,
Se á Metafísica I asume a función de “introducir” á METAFÍSICA II correspóndelle
prolongar esa tarefa introductoria tentando situar ao alumnado na perspectiva do
afrontamento dos problemas da metafísica tal e como se configuran na actualidade.
3. OBXECTIVOS DA MATERIA
O curso de MII, sen merma da súa consistencia e a súa validez autónoma, concíbese dentro
dun plano xeral coa MI. Trátase nes segundoe momento de asumir o desafío dunha activa
“superación de metafísica”.
No curso de MI procuramos de maneira activa e reflexiva ao sentido e o problematismo
propio da METAFÍSICA como disciplina filosófica a partir da confrontación no momento
no que de feito nos atopamos coa metafísica e en virtude do cal resulta unha peculiar
situación que determina esa nosa aproximación: a metafísica só é abordable dende a
metafísica e xusto na medida en que nós esta só se pode responder abordando un problema
metafísico. No noso caso ese problema é o da “modernidade” o cal nos remitiu a outros
dous: “Grecia” e “a superación da metafísica”. Velaí os tres grandes temas que articularon
problematicamente o curso de MI.
A reformulación do problema da filosofía en termos estrictamente modernos conduciu a esa
peculiar tarefa que, con diversas interpretacións e sentidos, podemos recoñecer baixo o
título de “superación da metafísica”.
5
Despois de Hegel, constatada a incapacidade para soportar a diferencia nunha tradición
aínda dominada pola identidade, a metafísica nos conduce a unha aporía: nin pode ser
seriamente sostida como proxect nos termos en que foi orixinariamente formulada, nin
pode ser deixada atrás. A tarefa da metafísica será a da súa “superación”. Pensar a
metafísica na tardomodernidade é pensar “despois e dende Nietzsche”: como pensar “o
ente”, ”a cousa”, “esto”… sen que ese noso pensar nos leve á xa inviable restauración dun
trans-mundo regulador e normativo?
Desta retorsión argumental nace o percorrido que marca o dis(curso) de Metafísica II. Esta
ha de partir dese punto de “superación”, pero non para insistir circularmente no tópico,
senón para proxectar miradas no senso das vías máis potentes que sobre a base dunha
metafísica da diferencia e/ou da complexidade pretenden abrir perspectivas na filosofía do
século XXI.
Dado o importante papel xogado na filosofía do século XX e na reformulación do problema
da metafísica o curso arrancará dunha tematización da perspectiva heideggeriana da
cuestión da metafísica e da diferencia. O resto do curso xirará ao redor da filosofía de
Deleuze, asumindo a concepción do “pensar” como tarefa creadora que se proxecta en tres
inseparables liñas: arte, filosofía e ciencia.
O protagonismo destes dous autores non os converte en “tema” do curso, senón só nun
sentido medial para avanzar no senso mencionado. Ningún deses pensadores nos deixou
unha doutrina, ambos abren perspectivas. E os dous o fan –ben que distinta maneira– a
partir de intensos e desveladores diálogos.
Heidegger con Nietzsche e a tradición. Deleuze con Nietzsche e a contemporaneidade.
Heidegger coloca a “Grecia” no centro do debate conteporáneo. Deleuze reconstrúe os
camiños da modernidade –coa chamativa postergación de Descartes!– cara a unha
consolidación do “pensamento da diferencia”. Significativamente a súa opbra principal –ou,
6
se se quere, a primeira das principais– Diferencia e repetición, aparece na final dun traxecto
de 15 anos –de 1953 a 1968– no que Deleuze dialoga, entre outros, con Hume, Spinoza,
Leibniz, Kant, Nietzsche, Bergson….
4. COMPETENCIAS
COMPETENCIAS DE TIPO XERAL
CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía
como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel
proporcionado polos textos académicos, con referencia ás achegas investigadoras recentes.
CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas
no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CG3 - Que sexan quen de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións
presentadas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral coma interesado e/ou
entendido en temáticas filosóficas.
CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros
campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social,
cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos dende a Filosofía.
CB1 - Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área
de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que,
apoiándose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican
coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que los estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación
dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da
elaboración e defensa de argumentos e da resolución de problemas dentro da súa área de
estudo
7
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes
(normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión
sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un
público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias
para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos
complexos (escritos e orais), análise e síntese, traballo conceptual. Capacidade para a
exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información.
Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía.
Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición
para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo.
Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade
de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes.
Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade para
problemas de igualdade e medioambientais.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
8
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da
Filosofía, seguindo a súa historia nas súas formulacións contemporáneas. Estes
coñecementos se indican nas fichas das asignaturas.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fora do ámbito filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar
en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, presentar e resolver
problemas.
4. CONTIDOS
O curso de MII, sen merma da súa consistencia e a súa validez autónoma, concíbese dentro
dun plano xeral coa MI. Trátase nese segundo momento de asumir o desafío dunha activa
“superación de metafísica”.
No curso de MI procuramos de maneira activa e reflexiva ao sentido e o problematismo
propio da METAFÍSICA como disciplina filosófica a partir da confrontación no momento
no que de feito nos atopamos coa metafísica e en virtude do cal resulta unha peculiar situación
que determina esa nosa aproximación: a metafísica só é abordable dende a metafísica e xusto
na medida en que nós esta só se pode responder abordando un problema metafísico. No noso
caso ese problema é o da “modernidade” o cal nos remitiu a outros dous: “Grecia” e “a
superación da metafísica”. Velaí os tres grandes temas que articularon problematicamente o
curso de MI.
9
A reformulación do problema da filosofía en termos estrictamente modernos conduciu a esa
peculiar tarefa que, con diversas interpretacións e sentidos, podemos recoñecer baixo o título
de “superación da metafísica”.
Despois de Hegel, constatada a incapacidade para soportar a diferencia nunha tradición aínda
dominada pola identidade, a metafísica nos conduce a unha aporía: nin pode ser seriamente
sostida como proxect nos termos en que foi orixinariamente formulada, nin pode ser deixada
atrás. A tarefa da metafísica será a da súa “superación”. Pensar a metafísica na
tardomodernidade é pensar “despois e dende Nietzsche”: como pensar “o ente”, ”a cousa”,
“esto”… sen que ese noso pensar nos leve á xa inviable restauración dun trans-mundo
regulador e normativo?
Desta retorsión argumental nace o percorrido que marca o dis(curso) de Metafísica II. Esta
ha de partir dese punto de “superación”, pero non para insistir circularmente no tópico, senón
para proxectar miradas no senso das vías máis potentes que sobre a base dunha metafísica da
diferencia e/ou da complexidade pretenden abrir perspectivas na filosofía do século XXI.
Dado o importante papel xogado na filosofía do século XX e na reformulación do problema
da metafísica o curso arrancará dunha tematización da perspectiva heideggeriana da cuestión
da metafísica e da diferencia. O resto do curso xirará ao redor da filosofía de Deleuze,
asumindo a concepción do “pensar” como tarefa creadora que se proxecta en tres inseparables
liñas: arte, filosofía e ciencia.
O protagonismo destes dous autores non os converte en “tema” do curso, senón só nun
sentido medial para avanzar no senso mencionado. Ningún deses pensadores nos deixou unha
doutrina, ambos abren perspectivas. E os dous o fan –ben que distinta maneira– a partir de
intensos e desveladores diálogos.
10
Heidegger con Nietzsche e a tradición. Deleuze con Nietzsche e a contemporaneidade.
Heidegger coloca a “Grecia” no centro do debate conteporáneo. Deleuze reconstrúe os
camiños da modernidade –coa chamativa postergación de Descartes!– cara a unha
consolidación do “pensamento da diferencia”. Significativamente a súa obra principal –ou,
se se quere, a primeira das principais– Diferencia e repetición, aparece na final dun traxecto
de 15 anos –de 1953 a 1968– no que Deleuze dialoga, entre outros, con Hume, Spinoza,
Leibniz, Kant, Nietzsche, Bergson….
T.I.- A “superación” da metafísica como punto de partida.
-Introdución e superación da metafísica
T.II.- Heidegger e a diferencia.
Identidade e diferencia. A constitución onto-teolóxica da metafísica.
O Nietzsche de Heidegger
T.III.- Diálogos deleuzianos.
-Hume
-Spinoza
-Leibniz
-Kant
-Nietzsche
-Bergson
T. IV.- Perpectivas da diferencia. Complexidade e diferencia.
11
Referencias bibliográficas xerais.
As adversas condicións e a agobiante premura con que houbo de ser redacta esta Guía
Docente non permitiu levar a cabo a depuración bibliográfica que desexariamos presentar
aquí. O que siguen son apenas as referencias bibliográficas fundamentais do curso.
5. METODOLOXÍA DE TRABALLO.
12
Baixo á asunción da vella máxima kantiana segundo á cal “non se aprende filosofía,
apréndese a filosofar” o traballo do curso desenvólvese mediante:
Exposicións teóricas do profesor, que deben de ser seguidas con sentido crítico.
Estas exposicións non pretenden en ningún caso sentar doutrina. Trátase de marcar
unha liña expositiva para configurar problemas.
A Aula Virtual será o medio a través do cal se informará das novidades e na medida
do posible se proporcionarán materiais. Cómpre, porén, subliñar que a lexislación
vixente impón severos límites legais para subir textos publicados á Aula Virtual.
O alumnado debe facer uso da biblioteca e asumir a responsabilidade das
ocasionais reproducións. Recoméndase a adquisición de certas obras de uso
intensivo no curso, así como daquelas que deben formar parte da biblioteca persoal
dun estudante de filosofía. Non parece abusivo contar con que un/unha estudante
universitario/a adquira libros cando menos na medida que os adquiren os
estudantes de secundaria.
Lecturas de textos e bibliografía.
Participación do alumnado en clase e actividades de AV.
Diálogo permanente, tanto nas aulas –presencial e virtual– como nas titorías, cuxo
uso se recomenda vivamente.
TRABALLO AUTÓNOMO DO ALUMNADO
A asistencia á clase non é unha obriga, senón propiamente un dereito que se adquire polo
feito de matricularse. A “obriga” de asistir ten un carácter técnico; é a mesma que ten de
entrar na sala de proxección a tal ou cal hora a persoa que adquire unha entrada de cine: está
“obrigada” a asistir se quere ver a película pola que pagou. O que non pode é “ver a película”
sen asistir á proxección.
13
Máis ben que obriga a asistencia á clase –igual ca o acceso á AV, ás titorías, á biblioteca
etc...– é, ao tempo, un dereito e unha condición.
O curso é algo que sucede, nalgún lugar e nalgún momento. Estar ausente dos lugares dos
que se desenvolve o curso, significa non seguir o curso. A efectos de avaliación resulta
irrelevante a causa pola que un/unha alumno/a non sigue adecuadamente o curso –i.e. non
asiste ou non asiste con regularidade–.
Sexa por imposibilidade material ou por decisión persoal as consecuencias son as mesmas,
e idéntica será tamén a alternativa. O que aquí deben de quedar claros son os seguintes
extremos:
a) Este profesor admite –porque é obvio!–, que asistir a clase, sendo unha condición
necesaria para “seguir o curso” non o é para aprender filosofía. En consecuencia é
perfectamente concibible que unha persoa poida superar a materia, mesmo coas máis
altas cualificacións.
b) Porén, na medida en que unha persoas estea fóra do réxime normal do curso a súa
autonomía de traballo é practicamente total. Este profesor non se pode comprometer
a establecer programas persoalizados de preparación da materia nin a tutelar e asistir
tecnicamente a persoas que non sigan o curso oficial. E se trata propiamente dunha
incapacidade, pois na medida do posible eu axudarei e atenderei encantado a quen
mo solicite, pero tendo en conta que esa “medida” será en casa e que, sobro todo, non
pode haber ningún compromiso.
c) Este profesor non descoñecerá ningún signo que poida percibir e que poida contribuír
á avaliación dunha persoa; o que non pode, porén, é comprometerse a avaliar méritos,
fóra dos procedementos que se fixarán no apartado “6. AVALIACIÓN”.
Con respecto ao alumnado que poida e queira exercer o dereito de asistencia, o seu traballo
articularase deste xeito:
(1) Nas sesións interactivas: a) preparación da presentación cando corresponda; b) lectura
dos textos, acreditada mediante a elaboración dunha “ficha de lectura” que será
preceptivamente entregada antes da sesión.
14
(2) Lectura dos textos e activo traballo de estudo e documentación. Cómpre ter en conta que
o desenvolvemento dunha materia comporta esixencias que non poden nin deben ser
programadas porque basicamente teñen un carácter persoal. O estudoso de calquera
disciplina, pero moi especialmente no caso da filosofía, debe saber recoñecer as súa
necesidades e tratar de satisfacelas, coa axuda do profesor, pero tamén ca máxima autonomía.
O “topos” referencial do estudante non debe ser a aula, senón a biblioteca, a cal hoxe ten
unha case ilimitada extensión virtual.
(3) Realización das actividades que se indiquen dentro da aula virtual –AV–.
(4) Realización dos exames.
(5) O profesor está ao servicio do alumnado. Os/as alumnos/as deben de verme dende a súa
autonomía intelectual como un entrenador: deben seguir as miñas pautas, pero tamén
discutilas; o profesor debe de ser interpelado, débese requerir del axuda e asistencia
mantendo con este unha tensión crítica –e mesmo agonal–. Non hai espazo para ningún clase
de rito social, só se trata dunha cousa: comprender.
REQUISITOS PARA AS AULAS
Participación activa (que obviamente require asistencia)
A materia require necesariamente da participación activa do alumado. Por asistencia
entendemos “asistencia regular” e por tal entendemos a asistencia de como mínimo o 80%
das sesións. En todas as sesións haberá un control de asistencia.
A asistencia regular será condición necesaria para a “avaliación continua”
A entrada na aula terá lugar nos dez primeiros minutos, pasados os cales rógase que se
absteñan de entrar. O incumprimento desta norma poderá obrigar a revisar as
condicións de avaliación continua.
Durante o tempo da clase non se pode abandonar a aula, agás en caso de extrema
necesidade, o cal debe ter o carácter extraordinario que ten en calquera acto público. En todo
caso que por necesidade teña que abandonar a aula non pode volver a entrar na mesma sesión.
15
O incumprimento desta norma poderá obrigar a revisar as condicións de avaliación
continua.
6. AVALIACIÓN
“Avaliación continua” (para alumnas/os con asistencia regular: asistencia ao 80% das
sesións)
• Asistencia regular a clase 10 ptos.
• Participación en clases presenciais 0-25 ptos.
• Participación en clases presenciais 0-25 ptos.
• 2 exames parciais non presenciais 0-60 ptos.
Os 120 ptos. máximos faranse corresponder con 100 e a partir de aí axustaranse
porcentualmente os resto das cualificacións. Finalmente faranse corresponder coas notas de
0-10 axustando as décimas por arriba.
Para acadar a suficiencia é preciso:
Acadar 50 ptos. finais
Aprobar –15 ptos.– cando menos un dos exames.
Obter no outro unha cualificación non inferior a 10 pts.
Explicación. Este procedemento de avaliación responde ao seguintes criterios:
O seguimento regular do curso debe permitir superar a materia.
Permitimos que a suma inicial de puntos sexa superior a 100 para que se poidan compensar
as dúas partes (actividade nas aulas e exames), de xeito que o axuste non xere graves
16
distorsións; que non deben darse pois o normal é que o rendemento nos exames coincida
bastante co rendemento nas clases.
Os criterios de avaliación son obxectivos (participación, coñecementos, claridade conceptual,
orde expositiva, calidade da expresión) e subxectivos (responden a apreciacións do profesor),
pero nunca arbitrarios –ha de ser posible argumentar–. Unha obxectización extrema resulta
radicalmente imposible nunha materia deste tipo. No só nos exames, senón tamén na
avaliación cualitativa das intervencións nas clase e na AV entran en xogo múltiples factores
de gran complexidade, maximamente agudizada no caso da filosofía.
Exames non presenciais: Para o alumnado con “asistencia regular” os exames serán sempre
“non presenciais: Ao respecto cómpre deixar claro:
Trátase de exames, non de “traballos”. No seu momento daranse pautas de realización que
convén seguir rigorosamente. Propoñerase unha ou varias cuestións relativas aos temas e
problemas tratados no curso e que han de ser respondidas sobre a base dos textos e as liñas
marcadas no curso. Isto non significa que cada quen non poida orientar a súa exposición da
maneira que mellor se acomode á súa comprensión. O que nunca debe facer é reformular –
implícita ou explicitamente– a cuestión temática proposta. Calquera dúbida ao respecto ha
de ser resolta previamente co profesor. Pódese dar –e tense dado– o caso dun “exame”
aparentemente brillante que, porén, obteña unha cualificación baixa, moi baixa ou mesmo
ningunha, pola sinxela razón de que, aínda no caso de que o dito sexa correcto e interesante,
se desentenda do preguntado.
Por iso cómpre recordar que se trata dun exame e non dun traballo. Un exame que só se
diferencia dos convencionais exames presenciais en que non o é. E non ó é para evitar
determinados trazos do exame presencial que resultan prexudiciais para avaliación nunha
materia desta índole. O exame presencial sirve, no mellor dos casos, para comprobar
“coñecementos”, sobre todo en materias na que importa moito a memorización de certos
contidos. A memoria é sempre importante, pero no noso caso non sirve para avaliar. O exame
presencial propicia unha simplificación escolar dos temas que é absolutamente incompatible
17
co sentido e obxectivos da materia. No exame “non presencial” prima a composición, a
articulación do tema; e a calidade da articulación correlaciona coa claridade conceptual e a
capacidade expositiva. Se trata de saber ata que punto cada alumno/a comprende os
problemas; e para iso non serve de nada saber o que non sabe; só importa saber como sabe o
que sabe.
Os/as alumnos/as con asistencia regular teñen que facer unha proba presencial de control;
está, sen embargo, só servirá para interpretar mellor o exame presencial, cuxa avaliación
poderá tamén requerir de algunha entrevista para aclarar aspectos eventualmente escuros.
Tal e como está fixado oficialmente haberá un exame final. Este servirá para:
1º) Avaliación do alumnado que non fora cualificado pola avaliación continua.
2º) Mellora de cualificacións.
3º) Realización de probas de control.
Os temas do exame final serán comunicados a través da AV o día que remate o período
lectivo.
Os/as alumnos/as de “avaliación continua” que non teñan acadado a suficiencia Terán que
reelaborar as mesmas cuestións para a convocatoria da segunda oportunidade.
Os alumnos/as que tendo acadado a suficiencia desexen mellorar nota na segunda
oportunidade deben solicitar por correo electrónico a renuncia á cualificación o desexo de
figurar nas actas da 1ª oportunidade como “non presentados”.
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS AULAS Quen teña dispensa de asistencia ás aulas será avaliado mediante un exame final na data oficial sobre
18
os contidos da materia.
AVALIACIÓN DAS COMPETENCIAS
EXAMES CG1 CG4 CB1 CB5 CT01 CE1 CE2
Participación e actividades na
AULA VIRTUAL
CG2 CG3 CG4 CG5 CB2 CB3 CB4 CB5 CT01 CT02
CT03 CE1 CE2 CE4 CE5 CE6 CE7
Participación e actividades na
AULA PRESENCIAL
CG5 CB4 CT01 CT02 CT03 CE5 CE6 CE7
TEMPO DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL
6 créditos ECTS, 150h.
- Horas presenciais: 51h.
Horas de Titorías 3h.
Clases Expositivas 24h.
Clase Interactiva 24h.
- Horas non presenciais: 99h.
Seguimento (lecturas, documentación, indagación, estudio, etc.) 50h.
Exposición e resumo escrito 25h
Preparación do exame 24h.
19
RECOMENDACIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA
1) Ler os textos metodica e concienzudamente no momento adecuado, evitando a
acumulación
2) Levar un ritmo adecuado de lecturas, documentación e estudo seguindo as pautas do
prpfesor, mais tamén consonte as propias necesidades e os propios intereses
3) Participación activa nas clases. Isto significa presentar textos, e participar na discusión
dos mesmos con vistas á súa interpretación; pero significa sobre todo atender ao profesor
tratando de que quede claro o que este quere dicir. Carece de sentido aparentar a
claridade.
4) Participación activa na AV. A empezar polo(s) foro(s). Todas as dúbidas e/ou
consideracións relativas á comprensión dos textos e en xeral das materias do curso deben
de ser trasladadas ao(s) foro(s). Deste xeito obrigámonos a verbalizalas dun xeito preciso.
Por esta vía comprobaremos que hai cousas que entendemos mellor –ou peor– do que
cremos. Teremos para empezar, xa que logo, unha representación máis fiable do que
sabemos e do que non sabemos. O que sabemos saberémolo mellor, e o que non
sabemos... o “non-saberemos” tamén mellor, i..e. teremos articulado os nosos problemas
de comprensión. Ao tempo estaremos exercitando a nosa expresión, en xeral e no
referente aos asuntos filosóficos. Deseguida abriremos un debate e nos situaremos nun
espazo dialóxico, que é o propio do filosofar. Outros/as colegas nos contestarán. Eu
tamén, claro. Pero tereino que facer de maneira particularmente concisa e rigurosa.
5) Preparación dos exames seguindo rigorosamente as pautas indicadas
7. BIBLIOGRAFÍA
FUNDAMENTAL
HEIDEGGER, M.:
20
Einführung in die Metaphysik, Tübingen,1975 (19531) en: GA, T. 40Trad. esp.
Introducción a la Metafísica, 2. ed. Barcelona 1993. —Nietzsche, Pfullingen,
Neske,1961 (1995). Trad. esp.: Nietzsche, 2. Vols., Barcelona,2000.
Wegmarken, en GA. T.9. Trad esp.: Hitos, Madrid,2000:—Identität und Differenz,
Pfullingen, Neske, 1957. Trad. esp. Identidad y diferencia, Barcelona 1988.
Sein und Zeit, Tübingen, 197915, "Einleitung. Die Exposition der Frage nach dem
Sinn von Sein", S. 2-40.. Trad. esp. Ser y tiempo, México, FCE, 1951, 1972,
"Introducción. Explicación de la pregunta que interroga por el sentido del ser" pp. 11-
50.
Kant und das Problem der Metaphysik, Bonn, 1929; en GA, T. 3., Frankfurt a.
M.1991. Trad. esp. Kant y el problema de la metafísica, Madrid 1993.
ZUBIRI, X. Los problemas fundamentales de la metafísica occidental, Madrid, 1994.
MARTINEZ MARZOA, F.
Historia de la filosofía, Madrid, Istmo, 1990.
Ser y diálogo, Istmo,
Historia de la filosofía antigua, Akal, Madrid, Istmo, 1995.
LEYTE COELLO, A. “Ser e tempo como "primeira filosofía"” en Ensaios sobre
Heidegger, Vigo, 1995, pp. 47-132.
Heidegger, Alianza, Madrid,
DELEUZE, GILLES; Empirisme et subjectivité, PUF, 1953.
Nietzsche et la philosophie, PUF, 1962.
La philosophie critique de Kant, PUF, 1963.
Nietzsche, PUF, 1971.
Le bergsonisme, PUF, 1966.
Mémoire et vie (choix de textes de Bergson), PUF, 1966.
Différence et répétition, PUF, 1968.
Spinoza et le problème de l’expression, Les Ėditions de Minuit, 1968; 1970.
La logique du sens, Les Ėditions de Minuit, 1969.
21
Spinoza, philosophie pratique, Les Ėditions de Minuit, 1981.
“Gilles Deleuze, préface” in ANTONIO NEGRI, L'Anomalie sauvage, Puissance et
pouvoir chez
Spinoza, PUF, 1982, pp.9-12.
Le pli, Les Ėditions de Minuit, 1988.
Pourparlers, Les Ėditions de Minuit, 1990.
DELEUZE, GILLES et GUATTARI, FÉLIX; L’anti-Oedipe, Les Ėditions de Minuit, 1972.
Qu’est-ce que la philosophie?, Les Ėditions de Minuit, 1991.
DELEUZE, GILLES et PARNET, CLAIRE; Dialogues, Flammarion, 1977.
DELEUZE, GILLES et BENE, CARMELO; Superposition, Les Ėditions de minuit, 1979.
AMPLIADA
BADIOU, ALAIN; Deleuze: La clameur de l’Être, Hachette, Paris, 1997
BOUANICHE, ARNAUD; Gilles Deleuze, une introduction, Pocket, Paris, 2007
MENGUE, PHILIPPE; Deleuze ou le système du multiple, Kimé, Paris, 1994. Ed. Esp.
Deleuze o el Sistema de lo multiple, Trad. De Juan Fava y Luciana Tixi, Las Cuarenta,
Buenos Aires, 2008
HARDT, MICHAEL; Gilles Deleuze: An Apprenticeship in Philosophy, University of
Minesota Press, Minneapolis, 1993. Trad esp. Deleuze. Un aprendizaje filosófico, Paidós,
Buenos Aires, 2005.
RAJCHMAN, JOHN; The Deleuze Connections, Massachusetts Institute of Technology,
2000. Trad esp. Deleuze. Un mapa. Nueva Visión, Buenos Aires, 2007.
PARDO, JOSÉ LUIS; El cuerpo sin órganos. Presentación de Gilles Deleuze; Pretextos,
Valencia, 2011.
Deleuze: Violentar el pensamiento; Cincel, Madrid, 1990.
“El Leibniz de Deleuze y la ontología oscura” en RACIONERO, Q. Y ROLDÁN, C.
(comps.) G.W.Leibniz: Analogía y expresión, Ed. Complutense, Madrid, 1994, pp.
507-520.
22
“Las aporías de la diferencia. Notas sobre la filosofía de la segunda mitad del siglo
XX en Francia” en NAVARRO CORDÓN, J.M. (coord.) Perspectivas del pensamiento
contemporáneo, vol I, Corrientes, Síntesis, Madrid, 2004, pp. 193-227.
“La meditación de Gilles Deleuze sobre la diferencia” en GARRIDO,M, VALDÉS,L.M,
ARENAS,L, (coords.) El legado filosófico y científico del siglo XX, Cátedra, Madrid,
2005, pp. 483-502
DOSSE, FRANÇOIS; Gilles Deleuze et Félix Guattari. Biographie croisée. Éditions La
Découverte, Paris, 2007. Trad. Esp. Gilles Deleuze y Félix Guattari. Biografía cruzada.
FCE, Buenos Aires, 2009.
VILLANI, A; “Géographie physique de Mille Plateaux” en Critique nº 455 (abril 1985)
pp. 331-347.
“Deleuze et Whitehead” en Révue de mértaphysique et de morale nº 2 (abril 1996)
pp. 245-264.
“Le philosophe à l’orchidée” en Pages de libraires (enero-febrero 1996) p. 51.
“Une génealogie de la philosophie deleuzienne: Empirisme et subjectivité” en
Conceps hors série Gilles Deleuze, Les Éditions Sils Maria asbl. (2002) pp. 114-134.
WAHL, JEAN; “Nietzsche et la philosophie” en . Révue de Métaphysique et de Morale. Nº
3, 1963, pp. 5352-379.
WILLIAMS, J.; Gilles Deleuze’s Difference and Repetition: A Critical Introduction and
Guide; Edinburgh University Press, Edimburgo, 2003
ZIZEK, S.; Organs without bodies: Deleuze and consequences; Taylor & Francis Books,
Nueva York, 2004. Trad. Esp. Órganos sin cuerpos: Sobre Deleuze y sus consecuencias;
Pree-Textos, Valencia, 2006.
ZOURABICHVILI, F.; Deleuze: une philosophie de l’évenement; PUF, Paris, 1994. Trad.
Esp. Deleuze: una filosofía del acontecimiento; Amorrortu, 2013.
top related