familia, - edu.xunta.gal antes de comezar é importante preguntar aos nenos e nenas que é o que...

Post on 04-Aug-2020

7 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Familia,

Imos comezar neste terceiro trimestre un pequeno traballo sobre o Antigo Exipto.

Antes de comezar é importante preguntar aos nenos e nenas que é o que saben do tema e que é o que queren saber do mesmo (ficha ).

Na canle youtube hai unha serie de videos que poden resultar axeitados para dar comezo ao traballo. Son os seguintes:

-Happy Learning Español-

*El Antiguo Egipto para niños. Vídeos educativos para niños.

*Pirámides y momias del Antiguo Egipto. Vídeos educativos para niños.

*Curiosidades del Antiguo Egipto. Vídeos educativos para niños.

-Smile and Learn-Español-

*El Antiguo Egipto-5 cosas que deberías saber. Historia para niños.

Tamén toda aquela bibliografía do tema que teñades na casa.

Cancións do traballo:-ROCKOLATE-MOMIAS DE COLORES-NOS VAMOS A EGIPTO. (ANAYA Unidade 5).En youtube.

Poderedes facer o traballo de dúas maneiras:

-completando coa información que eu vos dou ou

-investigando cos vosos fillos e fillas as respostas que corresponden.

Non vos agobiedes nin agobiedes aos nenos. É importante que disfruten.

Antes de comezar con ese traballo,é importante seguir unha rutina, semellante a que se facía na escola:

-Saúdo aos membros da familia. Intentar que se aseen, vistan e almorcen sós.

-Observación do calendario: que día é hoxe (día da semana, mes, ano, estación), que día foi onte, que día será mañá. Tamén o tempo atmosférico.

-Cantamos a canción de doña semana.

-Preguntamos ao noso fillo/a como se encontra. É moi importante ter en conta a parte emocional nestes momentos.

-Xogamos a “palabra segreda”. Pensamos unha palabra de 4 letras, sempre co esquema CONSOANTE-VOGAL-CONSOANTE-VOGAL. Os nenos/as teñen que ordenar as letras e intentar ler o que pon. Se non as colocaron ben tedes que mandarlles cambiar a orde.

Se non hai na casa un abecedario magnético ou similar, elaborade un con cartón ou outro material para que eles/as poidan manipular as letras. Despois escribimos a palabra nun papel e debuxamos o escrito.

O traballo manipulativo de mates tamén debe ser diario.

-Contar tapóns ou outros materiais, pedirlle que nos den un número concreto de obxetos,

-Ordear series, facer montóns con moitos ou poucos obxectos, pedirlles que engadan unha cousa máis e conten cantos teñen agora, describir cousas (color, forma, tamaño, grosor,…),

-Cálculo mental

Na páxina “Más de 40 juegos matemáticos para trabajar los números y otros conceptos lógico matemáticos” de imageneseducativas.com, aparecen moitas ideas.

Escoitamos cancións:

*O veleiro verde (Maria Fumaça)

*Os números (María Fumaça)

*Alegría (María Fumaça)

*Nun Mar Azul (María Fumaça)

•Todas aquelas que lle guste aos vosos fillos/as.

Lectura de contos. Se os da casa xa están moi vistos, en youtube está a páxina “Cuéntame un cuento”. Facédelle preguntas relacionadas coa temática do conto, os personaxes, inventade un final diferente. Podedes aplicar as “Técnicas de Rodari”.

Memorizar refráns:

-”En abril, aguas mil”.

-”Ata o corenta de maio non te quites o saio”

-…

Trabalinguas:

-”Para, pre, pri, la primavera, la primavera. Pra, pre, pri, la primavera ya está aquí”

-”Pablito clavó un clavito.¿Qué clavito clavó Pablito?”

-”A cuesta le cuesta subir la cuesta y en medio de la cuesta va y se acuesta”

-…

Memorizar poesías. Cada día traballar unha estrofa. Cando a saiban pasar á seguinte. Vailles levar un tempo.

Poden facer un debuxo de cada unha delas.

-Traballo de plastilina: flores, nomes, persoas,..

-Recortar ou rasgar papel.

Recordade que o traballo é orientativo. Se non podo facer todo non importa. Intentamos que non perdan moito a rutina de traballo, pero sei que non é doado e que os recursos da casa non son os da aula. Grazas novamente polo grande esforzo que estades a facer. Un bico moi grande e o meu desexo de que todos e todas esteades ben. Ánimo! Xa queda menos!

Profe Yolanda

TRABALLO PARA A SEMANA DO 14-17 ABRIL

MARTES 14 ABRIL

-Ver os videos sobre Exipto.

-Colorear a portada da ficha 7

-Facer a ficha 8

MÉRCORES 15 ABRIL

-Fichas 9, 10,11.

XOVES 16 ABRIL

-Fichas 12,13.

VENRES 17 ABRIL

-Fichas 14, 15 e 16.

-Podemos facer unha pirámide con sobaos ou pezas.

------------------------------------------------------------

O que queira pode facer unha coroa de faraón.

7NOMBRE:

8

¿Qué sabéis de Egipto?¿Qué queréis saber?

Nombre:

-

-

-

-

-

-

-

-

-

-

-

-

-

-

Escribir todo aquello que nos dicen los niños/as.

9

¡Hola amigos y amigas!. Mi nombre es ROQUE y voy a enseñaros todo lo que sé sobre el ANTIGUO EGIPTO. Será un viaje apasionante a una civilización con miles de años de antigüedad. ¿Estáis preparados para comenzar?

Nombre:

Escribir ROQUE en el recuadro.

10

Aquí la bandera de Egipto. En la franja central está su escudo que representa un águila. (Colorear la bandera como el modelo y las letras de Egipto)

Nombre:

11

DIBUJO LOS FARAONES QUE NECESITO PARA COMPLETAR LA CANTIDAD INDICADA.

4

6

5

13

Nombre:• Egipto está atravesado por el

río …………………..Tiene casi……………kilómetros de longitud.En sus riberas se cultivaba:

-

-

-

Y además aportaba pesca y papiro.

Egipto está rodeado por el desierto del

…………………Completamos con:

NILO/6.650KM ./CEREALES, LEGUMBRES, FRUTAS,, LINO, VID,../ SÁHARA.

Decoramos la ficha.

16

Parece que la pesca en el Nilo fue muy buena. Ayuda a los pescadores

Nombre

Escribir cuántos peces hay de cada clase.

top related