eucalipto (eucalyptus globulus e outros)

Post on 30-Jun-2015

183 Views

Category:

Education

1 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

eucalipto(Eucalyptus globulus)

eucaliptoblue gum

eucalyptuseucalipto

CLASEAnxiospermasORDEMirtalesFAMILIAMirtáceas

Árbore de copa cónica, vertical e laxa que pode acadar ata 60 m de altura.Toda a planta ten un cheiro típico.

É orixinaria de Australia e atópase formando bosques de plantación en toda a parte baixa de Galicia.

TALO:Toro recto e a tona de cor gris a castaña crara que se desprende en tiras verticais. As ponlas e brotes novos teñen sección cadrada con prolongacións nas beiras.

FOLLASO eucalipto presenta dous tipos de follas persistentes: as novas son de forma oval-lanceolada, de 10 a 15 cm, de lonxitude, de cor verde-gris crara (cubertas de cera) sentadas e opostas; as adultas en forma de fouce, de 10-30 cm de lonxitude, cun peciolo cilíndrico de 2 cm, coirentas, de cor verde escura brillante son alternas e verticais (non fan sombra).

FLORESHermafroditas, espidas, formadas por un cálice cónico e tapadas por un opérculo (modificación da corola) que ao desprenderse deixa ao descuberto numerosos estames finos e un pistilo groso. Son solitarias, están situadas nas axilas das follas adultas e miden entre 3 e 5 cm de diámetro. Florece no inverno.

FROITOS Caixas de forma cónica de 2-3 cm de altura, de cor castaña escura na que destacan as costelas laterais. Ábrense por varios cortes radiais na parte alta e deixan caer as sementes, moi pequenas, leñosas e de cor castaña.

CICLO ANUAL-EUCALIPTOFolla

Flor

Froito

xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

Os eucaliptos forman bosques de plantación en toda a parte baixa de Galicia (ata os 400 m de altura, xa que non soporta as xeadas). Son de crecemento moi rápido (producen madeira aproveitable en 15 anos) e compórtanse como invasoras.

As follas dos eucaliptos segregan unhas substancias que impiden a actividade biolóxica do solo e a súa rápida rexeneración e crecemento contribúen a empobrecelo aínda máis.

Eucalipto “O Avó”, unha das árbores máis altas de Europa con 70 m altura e 7, 55 m de perímetro troncal.

No souto da Retorta, en Chavín, á beira do río Landro (Viveiro), hai uns 600 eucaliptos plantados desde 1880, algúns de gran porte. O espazo de 3 ha está declarado Monumento Natural.

Eucalipto (Eucalyptus globulus) da Casa de Reimunde. Reiriz (Foz-Lugo). Ten 48 m de altura e máis de 10 m de perímetro.

Eucalipto (Eucalyptus globulus) Paseo da Ferradura (Santiago). Mide 45 m de altura e máis de 7 m de contorno.

Eucalipto (Eucalyptus globulus) do Pazo de Mariñán (Bergondo-A Coruña). Foi plantado entre 1860 e 1870.

Eucaliptos (Eucalyptus globulus) do Pazo de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa). Miden 42 e 40 m de altura e o máis groso ten 12 m de perímetro.

Eucaliptos (Eucalyptus globulus) do Parque Castrelos (Vigo). Miden de 48 a 54 m de altura e máis de 5 m de perímetro. Foron plantados en 1872.

Eucaliptos (Eucalyptus globulus) de Ortoño.

Eucaliptos do pazo de Barrantes (Ribadumia)

USOS:A madeira de eucalipto é unha das de mellor rendemento e calidade para fabricar pasta de papel. Tamén se emprega en construción (armazóns, pisos), bateas, móbeis... As follas empréganse en infusión contra os catarros e bronquites e para elaborar esencias e licores.

Os primeiros eucaliptos de Galicia proceden de sementes chegadas de Australia no ano 1860, traídas polo frade bieito Rosendo Salvado que estivo alá de misioneiro. Durante moitos anos usouse como árbore ornamental en xardíns e parques, e a partir de 1940 comezou a súa propagación para a repoboación de montes fomentada polas industrias de pasta de papel.

Pazo de Barrantes

En Galicia podemos atopar outras especies de eucaliptos en cultivos forestais ou como especies illadas en parques e xardíns.

EUCALIPTO VERMELLO(Eucalyptus camaldulensis)Ten a tona avermellada que se desprende en placas irregulares cando é vello, as follas de tono avermellado e as flores e froitos pequenos. É cultivado en pouca cantidade e ocasionalmente aparece naturalizado pola zona litoral

EUCALIPTO DO MANÁEucalyptus viminalisTen a tona branca-crema, as follas máis estreitas e rectas e as flores máis pequenas. Atópase cultivada e ocasionalmente naturalizada na zona litoral.

EUCALIPTO DO MANÁ Casa de Órdax. As Lombas. Castro de Rei

No Xardín Botánico do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán (Pontevedra) atópanse máis de cincuenta especies de eucaliptos entre os que hai exemplares que superan os 50 m de altura.

Ecaliptus grandis

Ecaliptus calophylla

ESCOLMA LITERARIAXa non hai abidueiras,nin acivros, nin bieiteiras, só eucaliptos medrandoen hortas, prados e eiras.

Fuco Vázquez e Raúl Romero NORDÉS

TRADICIÓN ORALPranta eucalitos para ti, piñeiros para os fillos e carballos para os netos.

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro Mon Daporta Internet

top related