entroido de lalín (i)

Post on 19-Mar-2016

238 Views

Category:

Documents

1 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Coplas e romances do Entroido de Lalín

TRANSCRIPT

Cantos do Entroido de Lalín (I):

1988-1999

Presentación:

Os que aquí temos son textos elaborados e/ou impulsados pola A.C “O Naranxo” para cantar no Entroido.

Co seu prisma satírico recollen os acontecementos máis significativos de cada ano e dan fe da vida miúda do concello de Lalín e da política local, nacional ou, mesmo, internacional.

Dixitalizámolos polo seu evidente valor para o uso pedagóxico.

Aínda que quedan tres anos en branco, esta recolleita foi posíbel grazas a K.G. (presidente durante varios anos d’O Naran-xo) e a Currás. Vaia o noso agradecemento para eles e, sobre todo, para os que, de xeito anónimo, escribiron os textos e os ilustraron.

Beizóns de Santo Torrisco para todos eles.

Biblioteca do IES “R.Mª Aller Ulloa”

1988

1988

1989

1989

1990

1990

1991

1991

1992

1993

1997

1998

?

Aquí volvemos outro ano Aquí estamos de novo Para cantarvos en coplas O acontecido no pobo. Empezamos co da auga Desta vila de Lalín Que para facer bo cocido Vana levar a Berlín. O da auga para Alemania Foi todo un ruxe-ruxe Que vos foi moito peor O caso de Vilatuxe; Que se te queres duchar Ou con auga mineral Ou ben pedirlle prestada A ducha do concellal. O noso insigne Laxeiro, Dios queira que non afogue Que o teñen naquela illa Como a Robinson Crusoe. O que lle pasa a Xaxán Máis que dar pena da risa ¡Terse que manifestar para poder entrar na misa!. Din que agora Cuíña Ó seu retoño envía Os mozos preferiamos Que nos mandara a María. En vez de quitar a Geni, Que é un tipo que excita, Que nos mande a María Para sustituir a Lucita. Xa ten sona nesta vila O gafe do pregoeiro: Nada máis soltar o rollo Vanse todos pró trastreiro. Así lles aconteceu A Cascos e a Portomeñe ¡Moito coidado Casares Que non haxa quen te empreñe!.

Co asunto da carroza levaron un gran disgusto ¡Que malas pulgas se gastan Os da parroquia de Busto!. Perdonade un segundiño Agora que mal me atopo Acaban de informarmre de que se casou o Topo; E como esto das desgracias Cando empeza xa non para Outro que tamen casou Foi Manoliño de Zara. Viestrus o que toca o chelo Dou un concerto el solo E tomoulles ben o pelo A Xulio, Quintá e Manolo. Os tres soles do Paraguay Montaron un seminario Para estudia-la historia Deste Edén culinario. No concerto de fin de ano Reluciu o peluquín: ¡para músicos os da terra e non ese tal Chopin! Houbo nova comisión Para as festas de Lalín Programou as mesmas cousas E quedouse a gustín. Por se nos ataca Irak Ou alguén da O.L.P. Xa temos construido un bunker No Instituto de F.P. E o alcalde de Lalin (¡Hai que flipe que alucine!) entregoulle o gran premio ó afamado Machine. Xa vostedes notarían Que un conceto nos faltou Que non tratamos aínda O asunto do PXOU.

Coplas dos Cegos de Antroido do ano 1999

1999

Dixitalizados no Entroido de 2011

Chamamento á Par cipación na Queima do Entroido (1989)

top related