enil puzo lago

Post on 12-Mar-2016

226 Views

Category:

Documents

2 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

INTRODUCCIÓN ENIL PUZO LAGO

TRANSCRIPT

P_ IND_03/11

AUTORES: ENRIQUE GONZÁLEZ LÓPEZ

ENXEÑEIRO AGRÍCOLA

COLEXIADO Nº 449 COITA OURENSE

ALEJANDRO GIROLA ODERDA

ARQUITECTO

COLEXIADO Nº4105 COAG

“PLAN CONSERVACIÓN DO ESPAZO NATURAL DE INTERÉS LOCAL “PUZO DO LAGO” NO CONCELLO DE MASIDE” INTRODUCCIÓN

4 CONCELLO DE MASIDE Casa Consistorial Praza Maior nº1 CP 32570 Maside Tfno 988288353 Fax 988288952 www. concellodemaside.es www.concello.maside@eidolocal.es

I. INTRODUCCIÓN

Toda vez que foi declarado provisionalmente o espazo natural do “Puzo do Lago”,

como espazo natural de interés local (ENIL) pola Consellería de Medio Ambiente e

Desenvolvemento Sostible; e en concordancia co estipulado na lei 9/2001 do 21 de agosto de

conservación da natureza e máis o Decreto 124/2005, do 6 de maio, polo que se regula a

figura do espazo natural de interese local e a figura do espazo privado de interese natural,

redáctase o presente plan de conservación do ENIL “Puzo do Lago” para conseguirdes a

declaración definitiva do espazo natural de interese local; adquirindo o Concello de Maside o

compromiso formal de poñer en práctica as medidas precisas para a conservación dos valores

naturais que motivaron a declaración, así como de aplicar o correspondente instrumento de

planificación.

O plan de conservación establece o réxime de usos e actividades permisibles, así

como as limitacións necesarias para a súa conservación natural. Dito plan superponse ao

planeamento urbanístico municipal actualmente en redacción e é vinculante para todas as

administración.

Os obxectivos do Plan de Conservación, que entrará en vigor en canto sexa publicado

no DOG, son conservar os recursos naturais (auga, flora, fauna e paisaxe), asegurar a

conservación das especies animais e vexetais silvestres que forman parte dos procesos

naturais do espazo, desenvolver as liñas básicas para definir o sistema de uso público,

promovera educación, divulgación e coñecemento dos valores naturais e ecolóxicos e,

finalmente, incrementar o coñecemento e concienciar á sociedade sobre os valores e funcións

dos húmidas.

Entre os posibles riscos que poden afectar o “Puzo do Lago” figuran os usos

recreativos excesivos (salientable a festa do cabalo que se celebra nas pistas hípicas

limítrofes co espazo natural de interese local polo N e E, e o uso recreativo do campo de golf

que limita polo SO co Puzo do Lago); outro risco son as verteduras de entullos, lixos, residuos

de construción e demolición.

O Plan de Conservación propón unha serie de directrices de actuación nos distintos

ámbitos e divide o ENIL en catro zonas, en función do grao de limitación das actividades de

uso público en función do seu valor ecolóxico.

top related