encontriños 2010 ortigueira ribadeo · 2018-05-18 · de foz e ribadeo. visitaremos un espazo...
Post on 11-Jul-2020
6 Views
Preview:
TRANSCRIPT
1
Encontriños 2010
Ortigueira – Ribadeo
-------------------
2
En primeiro lugar, dende Verdegaia queremos agradecer a vosa participación neste roteiro.
O obxectivo principal que nos moveu para organizalo é dar a coñecer unha das zonas litorais máis ricas do noso país
e pasar uns días de lecer con outras persoas coas que compartimos o uso da bicicleta como medio de transporte.
Neste percorrido adentrarémonos en espazos naturais únicos, atravesando catro Zonas de Especial Protección de
Aves (ZEPA) como son a Ría de Ortigueira e Ladrido, a Costa da Mariña occidental (arredor da ría de Viveiro), a Ría
de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC)
encadrado na Rede Natura como é a praia das Catedrais, e o tramo costeiro de Estaca de Bares, situado a cabalo das
rías de Ortigueira e O Barqueiro, dunha sobresaínte beleza paisaxística. Coñeceremos vilas de fonda tradición
mariñeira, como O Barqueiro ou Burela, o principal porto atuneiro galego. En definitiva, un percorrido de gran
atractivo paisaxístico e etnográfico no que tamén poderemos ollar os impactos que o descontrol urbanístico ou
grandes empresas como Alcoa poden ter sobre o noso litoral.
Ao longo do roteiro estaremos sempre moi perto da vía do FEVE polo que en caso de calquera incidencia
poderémonos achegar ao apeadeiro máis próximo e desprazarnos no tren ao seguinte pobo. (ver pax.3)
Co fin de facilitar o seu desfrute, ademáis das indicacións deste caderno, naqueles desvíos que poderían resultar
complexos atoparedes unha pequeña frecha verde no asfalto indicando a dirección.
Finalmente, agradecer o traballo de Fran, Sabela e Anxo que fin de semana a fin de semana foron elaborando e
comprobando este roteiro para que todas nos poideramos desfrutar do seu percorrido do xeito máis doado posíbel.
Verdegaia
3
Estacións e apeadeiros do FEVE
Hai FEVEs que saen de Ortigueira en dirección a Ribadeo ás 09:23, 11:43, 16:31 e 19:59.
4
Etapa 1:
Ortigueira
Viveiro
Nos 39 km do seu
percorrido desfrutaremos
de extraordinarias
paisaxes sobre a ría de
Ortigueira, pasaremos
perto de Estaca de Bares,
o punto máis
septentrional da
península que marca a
división entre o
Cantábrico e o Atlántico,
antes de chegar ao pobo
de O Barqueiro, nunha das rías máis fermosas do Cantábrico. Tras cruzar a ría adentrarémonos no interior en
dirección á Praia de Brela onde poderemos dar o último baño antes de entrar en Viveiro
5
6
Neste primeiro tramo rodamos a carón dunha ría que en realidade son dúas que comparten desembocadura no
mar: a formada polo río Mera a carón de Ortigueira e o Río Baleo a carón de Ladrido. O elemento máis salientábel é
a paisaxe, con marismas na zona leste e Praia e dunas na oeste.
Hai que estar atento nos primeiros 4 km xa que corren pola estrada xeral e teñen bastante tráfico.
PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN
0 AC862 KM.52 ORTIGUEIRA . OLLO, TRÁFICO!
4 AC862 KM.56 Ponte. Bifurcación ESQUERDA
5,2 DP6101 KM.0 Intersección ESQUERDA cara a LADRIDO
6,2 DP6101 LADRIDO. No centro do pobo bifurcación DEREITA
6,8 Bifurcación DEREITA antes de campo de fútbol
6,9 Bifurcación ESQUERDA
7
8
No pobo de Espasante podemos visitar o Castro situado detrás da Lonxa, no porto. Dende o castro
ascendemos, próximos ao cantil, ata a Casa da Vela, unha garita de vixilancia marítima de finais do século
XVIII. Este punto permite gozar dunhas magníficas vistas da boca da Ría. Espasante está ubicado entre dúas
magníficas praias: Praia de Espasante, con lugares cercanos onde se poden degustar unas boas tapas de
polbo pescado na zona, e Praia de San Antonio ao final do pobo perto do desvío que debemos de coller para
continuar o roteiro
PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN
8,5
PRAIA ESPASANTE
9
ESPASANTE. Praia, castro, tapas de polbo…
9,3
ESPASANTE. Praza S.Antonio (estatua porco) intersección DEREITA
10,7
Cruce RECTO
11
Bifurcación ESQUERDA cara a LOIBA
13
ROSARIO. STOP. Cruce DEREITA
13,6 DP6105 STOP. Cruce DEREITA
14,2 DP6104 KM.0 Bifurcación ESQUERDA cara a PICÓN
9
10
Cruzaremos a Praia de Esteiro a través da súa pasarela de madeira e chegamos a un piñeiral con mesas e barbacoas a carón da
praia. Un bo sitio para un baño e xantar. Dende a praia teremos una gran vista sobre Cabo Ortegal.
O Barqueiro, onde desemboca o río Sor, marca os límites entre as provincias de A Coruña e Lugo. Cruzaremos esta ría por una
ponte de inspiración eiffeliana, que uniu as dúas provincias e extinguiu a figura dos barqueiros que trasladaban persoas e
mercadurías. Dende O Barqueiro tamén podemos achegarnos a Estaca de Bares,a 7 km.
PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN
16 DP6104 KM.2 PICON. Bifurcación DEREITA (á esquerda praia con 111 escaleiras)
17,2 DP6104 KM.3 Intersección DEREITA. Senda con pasarela de madeira
17,7 PRAIA ESTEIRO. Merendeiro. Coller cara a PORTO DO BARQUEIRO
20 AC100 PORTO DO BARQUEIRO. Coller cara ao porto
20,6 Intersección DEREITA antes do porto
20,8 Intersección ESQUERDA. Senda litoral peonil
21,5 Senda de terra ¡ OLLO ! ESCALEIRAS
22 PONTE DE FERRO
22,3 LU-P-6410 Fin da ponte. Coller DEREITA cara a NEGRADAS
11
12
Chegamos ao tramo máis “duro” de todo o roteiro. Son 3,5 km de ascensión cunha media do 6% de pendente.
Nestes casos é fundamental tomalo con calma, non axfisiarnos e se hai que botar pé a terra e camiñar un rato… pois
estupendo, así estiramos as pernas.
Para aquelas persoas que non teñan moita experiencia en mover a bicicleta con alforxas costa arriba, permitídenos
tres consellos: se podes subir sentado mellor que de pé, así mantés o teu centro de gravidade baixo. Segundo,
proba cos cambios ate levar una pedalada cómoda. Como distinguimos se é cómoda? As túas pernas saberanno
mais técnicamente significa que non teñamos que facer vaivén co tronco superior “mentendo riles” para mover os
pedais. E terceiro, se tes que parar en pendente, cambia antes a piñon grande e prato pequeño pera que poidas
arrancar de novo.
PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN
24 LU-P-6404 Intersección ESQUERDA cara a MOSTEIRO. Pendente
27,5 LU-P-6401 KM.3 Fin pendente. Cruce RECTO cara a FOLGUEIRO
13
14
Un longo descenso lévanos en dirección Viveiro ate a Praia de Brela, onde poderémonos dar un último baño antes
de entrar en Viveiro. Na súa parte posterior atopamos a lagoa dos Amidais, punto de reunión de infinidade de aves
acuáticas. Pouco despois da Praia de Abrela incorporámonos á estrada nacional pola que circularemos con
precaución ata Viveiro. Ao entrar no pobo convén coller todo o paseo marítimo que nos leva de maneira máis
tranquila e directa ao pavillón
PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN
30,6 LU-P-6407 FOLGUEIRO. CRUCE CON N642 ¡ OLLO ! seguir RECTO
31,8 LU-P-6412 Bifurcación ESQUERDA
33,5 LU-P-6412 PRAIA DE BRELA
35,3 LU862 Cruce ESQUERDA cara a VIVEIRO ¡ OLLO ! TRÁFICO
15
16
O pabellón no que imos durmir é o Pabellón Antonio Tarrio,na Av. Martín Ledesma, despois de pasar o camping e
un pouco antes de cruzar a ponte de Viveiro.
Viveiro é unha das ciudades turísticas máis importantes da costa de Lugo e conta cun importante patrimonio
histórico, de feito a seu casco vello está declarado Conxunto Histórico Artístico. Salientar a visita á Porta de Carlos
V, unha das tres portas que quedan da antiga muralla.
Para ampliar información recomendamos pasar pola Oficina de Turismo, na Av. Ramón Canosa (tfno. 982560879)
PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN
39 VIVEIRO. PASEO MARITIMO
17
18
Etapa 2
Viveiro
Foz
A etapa máis longa, con
50 km., representa un
pouco o litoral “industrial
galego. Pasaremos polos
dous principais portos
atuneiros como son
Celeiro e Burela e
rodaremos a carón do
maior complexo industrial
da costa norte galega
adicado ao aluminio coas
empresas Alcoa e Alumina. E dos mais contaminantes de toda Galicia, responsábel dun tercio do consumo enerxético do noso
país.
19
20
Atravesamos Celeiro, un dos portos cantábricos de máis envergadura. Situado no interior da ría de Viveiro ten unha
flota dun centenar de embarcacións, a maioría adicadas á captura de pescada e bonito.
Ao saír de Celeiro incorporámonos durante 1 km a estrada nacional con tráfico intenso e rápido para logo deixala
unha intersección que afrontaremos con atención
PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN
0 LU862 KM.86 VIVEIRO
1,4 LU862 Intersección ESQUERDA cara a CELEIRO
2 CELEIRO. No centro bifurcación DEREITA
2,6 LU862 STOP. Cruce ESQUERDA ¡ OLLO ! TRÁFICO
3,5 LU862 KM.89,4 Intersección ESQUERDA cara a PRAIA AREA
21
22
No km 4 atopámonos coa Praia de Area, das máis visitadas da contorna. Ao final da Praia hai duas calas moito
menos masificadas.
Un pouco máis adiante, no km 6,7 podemos tomar un desvío á esquerda que nos levaría ao Mirador do Faro, cunhas
vistas impresionantes sobre a ría. . A partir de aquí e ata antes de chegar a Vilachá tomamos como referencia para o
noso roteiro os sinais que nos dirixen cara ao Faro Roncadoiro
No km 8,5 vemos á Praia de Esteiro
PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN
4,8 Bifurcación ESQUERDA cara a FARO
6,8 Bifurcación ESQUERDA cara a FARO RONCADOIRO
8,9 Bifurcación ESQUERDA cara a FARO RONCADOIRO
9,9 Intersección ESQUERDA cara a FARO RONCADOIRO
23
24
No km 15,9 chegamos aos pes da Balsa de lodos de bauxita da empresa Alcoa cunha extensión de 75 hectáreas..
Estes lodos proveñen do refinamento deste mineral a razón de media tn de lodos por tn de bauxita refinada, o que
significa 70 millóns de toneladas ao ano nesta instalación industrial que ademais é responsable do consumo de un
tercio da enerxía eléctrica total que se consume en Galicia.
PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN
11,2 LU-P-2607 KM.5 VILACHÁ . STOP. Cruce ESQUERDA
13,9 LU-P-2607 KM.57 PORTOCELO. Intersección ESQUERDA cara a MORÁS
15,9 LU-P-2601 Cruce ESQUERDA. Balsa de lodos de bauxita
17,2 LU-P-2602 STOP. Cruce DEREITA cara a XOVE LAGO
19 LU-P-2602 Intersección ESQUERDA. BARXA
25
26
Chegamos a San Cibrao. Salientar o seu porto pesqueiro, que nos séculos XIV e XV construía carabelas e alimentaba
unha fábrica de salgadura, da cal aínda podemos contemplar os seus restos (coñecidos como Castelo Mariño). Na
parte superior da zona recreativa desta localidade, a Atalaia, preside o faro que vixía no horizonte as míticas Illas
dos Farallóns, pertencentes ao LIC Costa da Mariña Occidental.
Para continuar cara a Burela, ao pouco de entrar en San Cibrao atopamos unha intersección á dereita que nos leva
a unha rotonda na que collemos dirección Burela pola costa, paralelos á vía do tren.
PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN
20 Bifurcación ESQUERDA. STOP. Cruce DEREITA cara a SAN CIBRAO
21,8 LU642 KM.65
STOP. Cruce ESQUERDA
23,3 LU-P-1510 SAN CIBRAO. 1ª intersección DEREITA. Rotonda ESQUERDA
cara a BURELA pola costa. No KM.7 carril bici
27
28
Unha vez pasado San Cibrao e xa ate o final do cicloroteiro o percorrido transcurrirá pegado á costa, sen desniveis
destacábeis, puidendo disfrutar das moitas e diversas zonas de baño que nos ofrece este litoral norte galego
PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN
30,5 LU-P-1510 KM.7 CARRIL BICI
29
30
Burela é o principal porto boniteiro do Cantábrico, de feito están en plena costeira do bonito nestas datas. Contan
no porto cun barco boniteiro-museo, o Reina del Carmen, que podemos visitar. A gran demanda de persoal para os
barcos converteu Burela nun exemplo de multiculturalidade xa que ademais da colonia estábel de caboverdianos
asentados dende hai anos, nos últimos anos instaláronse peruanos, ecuatorianos e outras comunidades
latinoamericanas.
Se queremos facermonos unha idea da zona, cumpre subir ao mirador do Monte Castelo ao que se accede dende a
mesma vila, onde ollaremos unha boa panorámica.
PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN
32,6 BURELA. En estación FEVE seguir ESQUERDA paralelo a vía
34,6 BURELA. Paseo marítimo
31
32
Tras incorporarnos á estrada nacional con precaución, circulamos durante 1,5 km por esta. Xusto na entrada de
Cangas a deixamos para cruzala con maior seguridade uns metros despois.
PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN
36 Cruzar via de tren. STOP. Cruce ESQUERDA
36,3 LU642 Incorporación N642. ¡ OLLO ! TRÁFICO
37,6 LU642 CANGAS. Intersección DEREITA
37,7 Intersección ESQUERDA
37,8 Cruce ESQUERDA
37,9 LU642 CANGAS. STOP.Recto cara a igrexa (á dereita paso de peóns)
38 CANGAS. DEREITA por paseo marítimo
38,6 Pista de terra. Bifurcación DEREITA
39 Fin pista de terra. Bifurcación DEREITA
39,4 Cruce ESQUERDA
40 LU-P-2013 Cruce ESQUERDA estrada da costa
33
34
O castro de Fazouro situase ao leste da praia de Arealonga no lugar de Punta do Castro, na parroquia de Fazouro,
Foz. Trátase dun asentamento costeiro que pertence aos chamados castros marítimos do noroeste. A súa
antigüidade aproximada é de 2.400 anos e aproveita unha pequena península que penetra no mar, sobre unha zona
acantilada.
No km 44 entramos no LIC Río Ouro, atravesando a súa desembocadura na Praia da Lagoa
Cruzamos a desembocadura do río Ouro pola marxe esquerda da ponte, aínda non remataron as obras de
acondicionamento da zona, polo que probablemente haxa que mover algunha valla para poder continuar o
percorrido
PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN
41,8 LU-P-2013 KM.2 Cruce ESQUERDA paseo marítimo paralelo vía tren
43 CASTRO DE FAZOURO
44,3 PRAIA DA LAGOA. Cruzar a ponte ¡ OLLO ! OBRAS
35
36
A Ría de Foz é unha ZEPA (Zona de Especial Protección de Aves) ademáis de Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) formada por o Esteiro do río Masma, que inclúe un pequeno tramo (2 km) de meandros do curso baixo do río, aínda baixo influencia mareal.
Ademais das nove praias coas que conta este concello, hai dous lugares de interese histórico moi salientábeis:
A basílica de San Martiño, a uns 5 quilómetros de Foz. É a catedral (desde fai aproximadamente 1 ano, Basílica)
máis antiga que aínda se conserva en España, pertencendo ao prerrománico galego (s. VIN), aínda que o actual
templo está datado entre os séculos IX e XII.
A Frouxeira, montaña dun 429m , na que está o emprazamento da Fortaleza do Mariscal Pardo de Cela, da que
quedan restos arqueolóxicos dos recintos da Fortaleza, e onde temos unhas vistas de gran beleza paisaxística.
En Foz durmiremos no pavillón Torques de Mazán na Avenida de Viveiro, fronte a gasoliñeira (ver frecha no mapa)
PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN
46 CAMPING. Cruce ESQUERDA estrada da costa
51 FOZ
37
38
3ª Etapa
Foz
Ribadeo
Nestes 34 km totalmente
planos, bordearemos o
litoral cantábrico pasando
por lugares míticos como a
Praia das Catedrais e
rematando en Ribadeo.
A saída de Foz faise por
unha bonita senda que
bordea a ría.
Unha vez se pasa o
Polígono Industrial de Barreiros, nos incorporamos á estrada nacional para ir a dar a volta á rotonda uns metros
máis adiante, e volver a deixar dita estrada nunha intersección con dirección a Barreiros
39
40
PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN
0 FOZ. Ao final do porto intersección DEREITA
0,6 Intersección ESQUERDA. Paseo de terra pola ría
2,2 Fin paseo. Cruce ESQUERDA
2,7 Senda de terra
3,7 Fin senda. Cruce ESQUERDA
4 Intersección DEREITA. Cruzar ponte
4,1 LU-P-2004 Bifurcación DEREITA cara a VILARONTE
4,5 Bifurcación ESQUERDA (invernadoiro)
5,3 Cruce ESQUERDA
6 LU-P-2002 A ESPIÑEIRA. Praza do pobo bifurcación ESQUERDA
6,7 Rotonda cara a POLÍGONO DE BARREIROS
6,8 POLÍGONO DE BARREIROS bifurcación esquerda
7,1 Fin polígono intersección ESQUERDA pista de terra
7,2 N642 Cruce DEREITA N642. ¡ OLLO ! TRÁFICO
7,8 N642 Rotonda cara a FOZ
8,3 N642 Intersección DEREITA
9,7 Bifurcación ESQUERDA
11 Cruce ESQUERDA
41
42
No quilómetro 14 deixamos atrás a ZEPA da ría de Foz, que ven delimitada pola estrada que percorremos cara ao
mar.
No quilómetro 17 comezamos a bordear o LIC As Catedrais, unha fronte costeira aberta, orientada en dirección
leste-oeste ao longo da rasa cantábrica, con rochedos e cantís mariños de baixa altura e praias areosas intercaladas
entre pequenos promontorios e illotes, de grande interese xeomorfolóxico e extraordinaria beleza escénica.
Esténdese entre as puntas Penedo do Corvo, no seu límite oriental, e Corveira, en Reinante.
PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN
12,2 LU-P-0601 PRAIA DO ALTAR. Cruce DEREITA
43
44
A praia das Catedrais ten un evidente interese xeolóxico polas súas paredes rochosas de lousa e esquisto erosionada
en formas caprichosas: arcos de máis de trinta metros de altura que recordan a arbotantes dunha catedral, grutas
de decenas de metros, corredores de area entre bloques de roca e outras configuracións xeolóxicas.
A presión turística e urbanizadora están a afectar de xeito importante a este espazo, como veremos ao chegarnos a
el.
O momento óptimo para contemplar esta Praia é na baixa mar que este día é as 10:30, sendo marea alta ás 16:45
PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN
19,7 LU-P-0601 PRAIA DAS CATEDRAIS
22,6 LU-P-0601 KM.9,5 PRAIA DOS XUNCOS. Bifurcación ESQUERDA cara a RINLO
45
46
Rinlo é un pobo con máis de 500 anos de historia que ten as súas orixes como porto balleneiro. Hoxe é un pequeno
e pintoresco porto pesqueiro que pertence ao Concello de Ribadeo. Ten a segunda Cofradía de Pescadores máis
antiga de España. É coñecido popularmente como o lugar no que se crían as mellores langostas, bogavantes e
centolos de toda a Costa Cantábrica, favorecidos polas súas batidas penas que forman numerosas covas e recodos.
Antes de chegar a Rinlo, convén desviarse a ver unhas interesantes e curiosas ruínas dunha cetárea
PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN
24,5 CETÁREA
25,5 RINLO. Cruzar o pobo e seguir por paseo marítimo
26 Cruce ESQUERDA
47
48
A ría de Ribadeo está protexida coa figura de ZEPA, que comparte coa parte asturiana.
A vila de Ribadeo destaca pola súa arquitectura, tanto relixiosa como civil e militar. As casas de indianos, os pazos e o castelo
de San Damián reflicten o esplendor económico que marcou o desenvolvemento desta vila.
Durmiremos no Polideportivo Municipal Vello, na Avenida de Luarca.
PQ ESTRADA DESCRIPCIÓN
31,4 Cruce ESQUERDA cara a RIBADEO pola costa
34,3 RIBADEO
49
QUE É VERDEGAIA?
Verdegaia é unha asociación ecoloxista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente.
Foi constituída 2 de Abril de 2006 e inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galiza con número
2006/009648-1 (SC).
QUE É O QUE PROCURA?
Verdegaia foi constituída co obxecto de contribuír desde Galiza para a defensa do ambiente e o avanzo na
transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz, na procura dunha
saída emancipatoria á crise ecolóxica global.
CAL É O SEU IDEARIO?
Verdegaia construíu o seu ideario arredor de tres grandes principios: Sustentabilidade Ecolóxica, Xustiza Social e
Paz. Estes principios conforman un cuadro dentro do cal se desenvolven outros seis: Democracia Participativa,
Autoorganización da Cidadanía Galega, Independencia e Apartidismo, Defensa dos Direitos dos Animais Non-
Humanos e Demais Seres Vivos, Defensa da Diversidade Cultural e Lingüística, e aposta pola Superación do
Patriarcado. Podes ler o Ideario en www.verdegaia.org.
COLABORA CON OUTRAS ORGANIZACIÓNS?
Verdegaia aposta polo traballo en rede, non só internamente senón tamén con outras organizacións galegas ou de
calquera outro lugar do planeta. Neste sentido cabe destacar, en especial, a integración de Verdegaia na FEG
(Federación Ecoloxista Galega) e a relación de estreita colaboración que mantemos con Amarante (ONGD galega) e
50
Ecologistas en Acción (confederación ecoloxista de ámbito estatal), de quen somos a asociación referente en Galiza
xunto coas redes das que facemos parte como a Rede Galiza non se Vende, a RA! - Rede Anticapitalista Galega, a
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos, a Alianza Galega polo Clima, a Plataforma Galega AntiTransxénicos, a
Universidade Rural Galega, a Coordinadora por un Ferrocarril Público, ConBici e o proxecto de banca ética Fiare
COMO PODO PARTICIPAR?
En Verdegaia non sobra ninguén e a participación é benvida, as posibilidades son múltiplas, cada quen escolle o seu
nível de implicación e constancia en función da súa vontade e dispoñibilidade. Podes participar nas Asembleas
Xerais, nas do teu Núcleo Comarcal, nas Áreas de Traballo... impulsar a constitución dun Núcleo na túa comarca ou
facerte Representante Local. Podes ficar como soci@ ou pasar a ser activista, apoiar actos puntualmente ou
participar dun modo máis intenso e continuado, podes asumir responsabilidades organizativas ou achegar de cando
en vez a túa opinión... Estámoste a esperar.
Podes contactar connosco en calqueira dos nosos núcleos comarcais (ver http//www.verdegaia.org) ou escribindo
para info@verdegaia.org
top related