electrónico son ies.xograr.afonso@edu.xunta.gal dous ... · coñece máis e melllor os nosos...
Post on 12-Jul-2020
5 Views
Preview:
TRANSCRIPT
BIBLIOTECA http://biblioxograr.wordpress.com/
Coñece máis e melllor os nosos libros electrónicos
IES XOGRAR AFONSO GÓMEZ DE SARRIA
Ánxel Fole S/N, 27600 Sarria (Lugo) Tlf; 982870801 Fax 982870827
ies.xograr.afonso@edu.xunta.gal http://www.edu.xunta.gal/centros/iesxograrafonso/
O libro tradicional e o libro
electrónico son dous mundos que
poden
“cohabitar”
Mergúllate neles
dous!!!
CALES SON AS VANTAXAS DOS LIBROS ELECTRÓNICOS QUE CHE OFERTAMOS NA BIBLIOTECA DO
XOGRAR?
• Moitos títulos de diversas disciplinas en cada un deles
• Pouco peso • Tamaño pequeno, que permite levalo
comodamente • Cargador que facilitan unha grande
autonomía. • Facilidade de lectura polas súas
axeitadas características • Facilidade para as xeracións actuais,
chamados “ nativos dixitais”. • Modernidade e adaptación aos
tempos que vivimos, tanto na sociedade como no propio sistema educativo.
• E outros máis que irás descubrindo cando o collas.
Dende hai varios cursos académicos o noso
centro escolar dispón dun total de 17 libros electrónicos. Isto foi posible pola nosa participación nos proxectos Elbe e Elbe 2, que coas súas respectivas achegas económicas permitiu mercar ditos dispositivos, de dúas xeracións diferentes.
QUÉ PODES ATOPAR NESTES LIBROS ELECTRÓNICOS?
• Dunha banda, ha serie de títulos da literatura universal, de escritores reputados (Clarín, Becquer, Cervantes, Coelho, Conan Doyle, Dickens, Dumas, Echenoz, Hugo, Machado, Modiano, Pedro Feijóo, Pérez Galdós, Reimóndez, Rojas, Sierra i Fabra, Stevenson, , Twain, Verne, etc), tanto en lingua castelán como galega.
• Doutra, o acceso a unha biblioteca virtual que elaborou a Xunta de Galicia onde existen perto de 1000 libros das diversas materias que se estudan en ESO e Bacharelato.
COMO SON ESTES
LIBROS ELECTRÓNICOS? • Lixeiros e manexables. • Ocupan moi pouco espazo, cabendo
perfectamente en bolsos, mochilas, maletíns, etc.
• Contan cun estoxo ou con caixe e estoxo, en función do ano en que foron adquiridos.
• Dispoñen cada un deles dunhas pequenas instrucións, para facilitar o seu uso, asi como un cable ( tipo móvil) para cargalo a través dun ordenador
• Os do programa ELBE-2 están numerados do 1 ao 12, mentras que os do programa ELBE do 13 ao 17.
PROCEDEMENTO DE PRÉSTAMO A DOMICILIO
Para proceder a levar un libro electrónico de préstamo séguese este procedemento:
• Solícitase na biblioteca unha autorización, que ten que vir cuberta cuns compromisos e asinada polo pai u nai, así como polo alumno ou alumna. Esta autorización serve para toda a estancia (ESO, Bacharelato ou Ciclo Formativo) no noso centro escolar.
• Unha vez entregada, pídese un librto electrónico na biblioteca, anotando unha serie de datos que se requiren nun documento preparado para ilo
• O libro electrónico entrégase con caixa, estoxo e cargador.
• Os préstamos son por 15 días, salvo en períodos vacacionais, que se devolven ao remate destes.
LECTURA DE LIBROS NA BIBLIOTECA VIRTUAL DA XUNTA DE GALICIA
Para poder acceder á biblioteca virtual da Xunta de Galicia hai que estar rexistrado nunha base de datos. Consulta na biblioteca como poder acceder a ela
top related