diario dun verme de seda

Post on 24-May-2015

233 Views

Category:

Education

8 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Conto elaborado a partir do "cuento cedido por el CEP San José de Calasanz, Comunidad Valenciana"

TRANSCRIPT

Diario dun verme da seda

Érase unha vez…

A nosa chegada á escolaUn bo día enviáronme xunto cos meus irmanciños a vivir coas nenas e nenos do cole do Incio. Nada máis chegar souben que a miña vida ía a cambiar totalmente.Alí coidaríanme ben e teríanme nunha confortable caixa cheiña de follas de moreira que é o que máis nos gusta comer.Hai miles de anos vivíamos libres nas árbores de moreira , pero agora so podemos vivir se alguén nos coida. De seguido nos puxeron nomes Grandón, Gordinflón, Pequechiño…Decidín escribir este diario para contar a miña vida… Eu son Pequechiño, o verme da seda… e estou encantado de coñecervos.

Dentro do meu ovo: xa vai menos frío!

Vou empezar polo principio, aló cando aínda estaba dentro dun oviño diminuto. Aquí estaba eu dende o mes de xuño e xa agora xa é marzo. Como xa noto que vai menos frío púxenme o termómetro e vexo que estamos a 15 grados. Se o tempo segue así, dentro de pouco, nuns 8 ou 20 días, sairei fóra deste oviño.

Día 1º da miña vida fóra do ovo

Por fín decidin saír. Son moi pequechiño mido 3mm de longo e son negriño e peludo. Comín todo o contido do ovo no que estaba. Era moi rico e ademais deume moitas forzas.Menos mal!, pois agora teño que agatuñar ata as follas de moreira que noto aló enriba. Están frescas e sequiñas. Umm! Qué ricas están!.Agora que acabo de nacer danme de comer dúas veces ao día. Así da gusto voume poñer forte coma un carballo.Pero que é isto?. Aínda so teño 1 día e xa non collo ben aquí dentro. Vou a ter que quitarme esta funda de pel que me apreta. Iso é!, vou mudar a pel.

2º día: teño que cambiar de traxe

Empezamos a segunda etapa da miña vida. Son un pouquiño máis grande pois xa cambieie de traxe, teño dentes novos, pero aínda prefiro as follas máis tenras. Vaia, cantos compañeiros somos!Ben, eu ao meu, que preciso comer moito e esta folliña de moreira estame a dicir: cómeme, cómeme!.

Día 7º: estou a quedar teso outra vez!

Estou coa cabeza ergueita e máis quietiño ca unha estatua. Non me toques nin me movas!. A pel quedoume pequena outra vez e teño que saír dela como sexa.E non é tan fácil como parece!.

Pasaron 8 días dende que nacín

Xa estou na 3ª etapa. Cada día teño máis fame. Xa como ata as follas máis grandes. Como viron que non paraba de mover a cabeza dun lado para o outro, erguéndome todo o que podía, déronse conta que necesitabamos máis comida. Ademais limpárono todo e está todo tan aseado que da gusto.

A clase das nenas e nenos do Incio

Estou moi contento coa idea de vivir no cole do Incio. A clase é moi bonita, con moitas ventás que inundan todo de luz e ademais as nenas e nenos recibíronnos con moita alegría, todos xuntiños arredor da caixa cos ollos sorprendidos e moi abertos.Todos os días agardan inquedos o momento de darnos de comer. Cámbiannos de folla cun pincel para non mancarnos nadiña.

Qué ben estou!.

As mans dos meus amigos os nenos e nenas do Incio

Mentras eramos pequenos sólo nos miraban, pero ao ir medrando xa non tiñan medo de mancarnos e sostíñannos na man ou sobre unha folla. A mín divírteme moito moverme como un acordeón e fágolles coxiguiñas na man, eles ríen e logo limpan as mans e a caixa para que todo estea impecable.

15 días: Cada vez medro máis. Teño que cambiar de traxe

Os días van pasando e todos imos medrando xuntos. Hoxe mudei a pel por 3ª vez. Xa estou na 4ª idade como verme, cambiei de traxe 3 veces xa, e achégase o meu día.Agora traennos follas máis grandes porque xa imos sendo maiores e esas son as que máis nos gustan. Antes de dárnolas sécanas moi ben cun papel para que non quede nin rastro de auga. Pois o sol e auga fannos moito mal.

30 DÍAS: CAMBIO DE CASIÑA

Xa esotu moi grande e algúns dos meus compañeiros tamén, así que decidiron clasificarnos por tamaños e cambiarnos de caixa. Pois senón os que aínda son pequerrechos en canto noten que nós facemos o casulo eles tamén se poñerán mans á obra aínda que non medraran o suficiente.O meu corpo ten 12 aneis, teño 3 pares de patiñas con pes cos que agarro a folla mentras como, e outros 5 pares de falsas patas que me serven para ir dun sitio a outro. Paso todo o día comendo porque necesito estar forte cando chegue a ser unha crisálida e me transforme en bolboreta.

Xa son maior e chegou o gran díaChegou o gran día, xa fixen as 4 mudas estou na 5ª idade. Teño 35 días e noto cousas moi raras no meu interior. Xa non teño fame e paso as horas moi quedo coa cabeza erqueita, pero non busco nada… creo que algo importante vai pasar.O meu corpo empeza a botar un líquido que recorre todos os aneis e chega ata a miña boca transformándose nun fino fío de seda. Xa sei o que pasa!, teño que empezar a tecer o casulo onde pasarei 17 días en fase de crisálida e nesa metamorfose sairanme ás, antenas e o corpo encheráseme de peliños.Sei facer un fío de seda que pode chegar a medir 900 m. ou máis.Tece que tece, boto así 4 días, pero vai quedar un casulo xenial.

Saio do casulo: son unha bolboreta.

Para poder saír, segrego un líquido que rompe a seda do casulo. Son unha bolboreta peludiña. As miñas ás exténdense e podo axitalas, as tres patiñas xa medraron moito, teño tamén dúas antenas que parecen cadansúa pluma.Busco na caixa aos meus compañeiros e vexo unha fermosa bolboreta moi pero que moi coqueta.

Preséntovos a miña noiva

É a bolboreta máis fermosa que nunca poidera imaxinar.Para namorala empezo a danza nupcial, movendo forte as ás, dando voltas arredor de min, facendo equilibrios e saltiños…De repente xuntamos os nosos abdomes e así quedamos durante horas, fertilizando os ovos.Así é como se pecha o círculo da vida, novos ovos, novos vermes, novas crisálidas, novas bolboretas e…. Para a primavera nacerán os novos vermiños. Conto con vós para coidarnos!.

top related