diapositiva 1 · ppt file · web view2008-10-30 · o seu telar controla 1200 agullas as agullas...

Post on 21-Sep-2018

215 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

A orixe da informática hai que buscalo no comenzo do desenrolo de métodos de cómputo ou cálculo por parte do home e o inxenio de diversos personaxes históricos, uns avanzados para o seu tempo e outros que atopaban inspiración nos seus devanceiros.

1583 Joan Napier Rodíllos de Napier, servían para

multiplicar.

1642 Blaise Pascal Máquina de engranaxes que sumaba e

restaba.

1661 Gottfried Wilheim von Leibinitz Máquina que fai as catro operacións

básicas.

• 1725 Basil Boucho Desenvolveu o seu telar, controlado por

ocos nun papel (só cunha fila de agullas).

• 1794 O reverendo Chappe Desenvolve o telégrafo

• 7 de Abril de 1795 Sistema Métrico Decimal Europa adóptao (ata fai só algúns anos non

utilizado en EEUU, Canadá, Gran Bretaña e Irlanda, estes 2 últimos obrigados a utilizalo

dende o 2 de outubro de 1995.)

• 1795 N.J. Conté Desenvolve o lapis de grafito.

• 1800 Alejandro Volta Desenvolve un sistema capaz de dar enerxía eléctrica de forma constante, “a pila eléctrica”.

• 1801 Joan Marie Jacquard Perfecciona o telar de Boucho. O seu telar controla 1200

agullas As agullas son controladas por tarxetas perforadas. Xeneralízase o uso da

lanzadeira.

• 1820 Charles Babbage. Deseña o motor analítico e fai un retrato de Jacquard con 24000 tarxetas perforadas, en medio metro de tela de seda, considerase perfecto.

• 1829 Louis Braille Deseña o código Braille de

comunicacións.

• 1844 (24 de Maio) Samuel Morse Crea o código de barras e puntos, o seu primeiro mensaxe foi: What have God Wrought! (¡O que Deus fixo!)

• Charles Babbage ( 1792-1871 ) É considerado o auténtico pai dos ordenadores. Debido os numerosos erros que se producían

no cálculo de taboas matemáticas, tivo a idea de crear unha máquina que executara ese traballo, eliminando o erro humano, e facilitando a tarefa de realizar operacións repetitivas.

En 1822, presentou un proxecto para o desenrolo dunha máquina diferencial, capaz de resolver polinomios de segundo grao mediante un método numérico diferencial que acabou abandoando polos problemas ocasionados na fabricación das pezas e os seus ocasionales cambios de deseño para intentar merllorala máquina.

En 1833, Charles Babbage centrouse nun novo proxecto: unha máquina que tivera un propósito xeral, capaz de resolver múltiples problemas matemáticos, chamaríaa máquina analítica. Funcionaba a vapor e constaba dun mecanismo de entrada e saída mediante tarxetas perforadas basadas no modelo de Jacquard. Charles Babbage

finou sen terminar de construir o seu gran invento, pero as suas ideas e diseños sentarían as bases para o desenrolo, décadas despois, dos ordenadores modernos.

• Lady Ada Augusta Byron, Condesa de Lovelace (Filla de Lord Byron) (1815-1852)

Fascinada polo traballo de Baddage, participou no patrocinio e promoción da máquina analítica, para a que escribiu diversos programas de resolución de ecuacións trascendentes e integrais definidas. De este modo considerase Ada Byron como a primeira programadora de ordenadores do mundo.

Na sua honra chamouse Ada á linguaxe de programación multipropósito desenvolta en 1979 a instancias do Departamento de Defensa dos Estados Unidos.

• George Boole (1815-1864), matemático e filósofo británico.

Fixo público en 1854 un estudo sobre as leis do pensamento nas que se basan as teorías matemáticas da lóxica e a probabilidade, aplicando símblos á operaciones lóxicas estructurados según a álxebra convencional. Surxe así a álxebra da lóxica (álxebra de Boole), que no século seguinte sería aplicada na construcción de ordenadores e circuitos.

• 1874 Antonio Meucci - Alexandre Graham Bell patenta o teléfono en 1876. - En 2002 descúbrese que o autor

foi o Italo-americano Antonio Meucci.

• 1886 Herman Hollerith (1860-1929) Desenvolveu un sistema de cómputo automatizado deseñando unha máquina que utilizaba tarxetas nas que se representaba a información

mediante perforacións, que eran detectadas pola máquina,

clasificando debidamente a información según

a lóxica de Boole.

En 1896 fundou a súa propia compañía, Tabulating Machine Company, despois de varios cambios de mans toma o nome de International Business Machines (IBM).

• 1906 Lee Forest Crea o tríodo • 1925 Logie Baird Inventa a televisión • 1928 Dr. Vannevar Bush Desenrola o calculador diferencial

• 1937 Alan Mathison Turing (1912-1954) Crea unha máquina teórica capaz de transformar

nunha cinta de papel, operacións elementais, previamente definidas, en símbolos.

Prácticamente ó mesmo tempo, nos EEUU, Alonzo Church (1903-1995) deu a coñecer o cálculo “lambda”, un traballo equivalente, nacendo así a Tesis de Church-Turing.

De este xeito, Turing e Church son considerados unhos dos pais da Ciencia da Computación e a Intelixencia Artificial.

• Z1 (1938) Basándose nos fundamentos de Turing, o

enxeñeiro alemán Konrad Zuse (1910-1995) construíu en 1938 a Z1, un prototipo de computadora electromecánica de sistema binario que podía ser programada de maneira limitada e que usaba relés eléctricos para automatizar os procesos, lendo as instruccións dunha cinta perforada. Non chegou a funcionar correctamente debido á imperfección dalgunhas das suas pezas mecánicas.

• Z2 (1940) En 1940 concluíu a construcción da Z2, modelo

perfeccionado con relevadores telefónicos.

• Z3 (1941) En 1941 creou a Z3, que dispoñía dunha

memoria de 64 palabras, un procesador con dous rexistros, unha unidade de lectura de cinta perforada e unha unidade de control, que decodificaba unha instrucción lida na cinta perforada e transfería estos datos dentro da máquina e os dispositivos de entrada/saída. No bombardeo aliado sobre Berlín en 1944, a Z3 orixinal foi destruida.

En 1950, Zuse realiza a primeira venta dun ordenador da historia, o modelo Z4.

• 1937 HowardAiken, IBM, Universidade de Harvard - Comezase o MARK I, máquina capaz de facer operacións de secuencia fixa, controlada por unha cinta perforada. - Media 9 metros de largo e 2 de alto, pesaba 5 toneladas. - Tiña 800.000 compoñentes e 400 Km. de cables. - Ofrecía 60 rexistros para constantes, 72 rexistros de almacenamento para adición. - Unha central de multiplicación e outra de división. - Podía calcular algunhas funcións elementais como logaritmos e senos, - Podía manexar 23 díxitos de números decimais, executar sumas en 0,3 segundos e multiplicacións en 3. - Necesitaba un minuto e medio para determinar logaritmos con 20 lugares decimais. - Foi rematada en Harvard no 1944.

Nun principio o MARK I chamábase ASCC (Calculadora Automática de Secuencias Controladas).

Cando en 1944 foi posta en pleno funcionamento usouse para o cálculo de taboas de balística durante o fin da Segunda Guerra Mundial.

• ABC 1937-38 JohnVincentAtanasoff(Iowa StateCollege), ClifordBerry. Crean o computador ABC (Atanasoff-BerryComputer), usaron

válvulas de vacío(bulbos) para almacenar datos e facer operacións. Foi a primeira máquina de calcular dixital totalmente electrónica.

- Innovacións do ABC O ABC foi o primeiro en implementar tres conceptos claves

presentes nos ordenadores modernos: - Uso do sistema binario para representar tódolos números e datos.

- Realizaba todalas operacións usando a electrónica no lugar

de rodas .

- A computación estaba separada do sistema de almacenamento ou

memoria.

Ademáis usaba memoria rexenerativa, do mesmo modo que a DRAM dos ordenadores actuais.

• Colossus Mark II En febreiro de 1944, un proxecto secreto británico

derivou na construcción do Colossus, un ordenador dixital destinado a ler e descifrar os códigos alemáns creados pola máquina encriptadora “Enigma” que envíaba instruccións ó frente. Ata enton non se encontrara un sistema de descifrado eficaz contra a máquina alemana.

Colossus foi diseñado polo enxeñeiro británico Thomas Harold Flowers (1905-1998) e estaba composto nun principio por 1.500 bulbos electrónicos, un lector fotoeléctrico que recibía os datos mediante unha cinta perforada, unha memoria de cinco caracteres de cinco bits, a sua velocidade de proceso era de 5.000 hercios e empregaba o sistema binario. Tiña unhas medidas de 2,25 metros de alto, 3 metros de longo e 1,20 metros de ancho. Ata o fin da guerra construironse varios modelos máis de Colossus, contando coa participación de Alan Turing.

Tarxeta perforada co código que descifraba o Colossus

• ENIAC (1946)  O ENIAC era un ordenador electrónico dixital con

fins xerais a gran escala. Foi na súa época a máquina meirande do mundo, composto duns 17468 bulbos que sustituán ós relés, conseguindo maior rapidez na resolución de problemas. Tiña unha velocidade de reloxo de 100 Hz.

Saíu á luz pública o 14 de febreiro de 1946, aparecendo na prensa con calificativos como “cerebro electrónico”, “Einstein mecánico“ ou "Frankenstein matemático“.

• 1946 UNIVAC. -Primeira computadora non deseñada cun propósito militar.• 1948 Os laboratorios Bell crean o MODEM. • 1953, Serie 701 de IBM -Primeiro computador fabricado en serie.• 1954 John Bacus -Crea a linguaxe de programación FORTRAN (Acrónimo de FORmulaTRANslator)• 1959 Serie 1401 -Primeiro computador con transistores, levaba

10000. -Uso de impresoras de cadea, 600 liñas por minuto.

Considérase o inicio en 1958 coa sustitución dos tubos de vacío polos transistores, debido á gran diferencia das suas prestacións.

Durante esta época introduxéronse as unidades de cinta e discos magnéticos, e as lectoras de tarxetas perforadas e impresoras de alta velocidade.

Así mismo apareceron algunhas linguaxes de programación: COVOL (1959), Algol (1960) e o LISP(1962).

En 1963 o Comité Estadounidense de Estándares (ASA, que en 1969 tomaría o nome de ANSI) aproba o código ASCII, un código que permite o intercambio de información entre máquinas de diferentes fabricantes.

Lector de tarxetas perforadas.

Comparación dun transistor cunha válvula de vacío.

Discos magnéticos

Considerase como o inicio da terceira xeración o ano 1964, cando o 7 de abril preséntase o IBM S/360, construido cun circuito integrado de pequena escala, dedenrolado por Jack St. Claire Kilby en 1959.

Tiña a capacidade de realizar tanto análisis numéricos como administración e procesamiento de archivos, dotando á máquina de capacidade de multiprogramación, ó permitir executar mais dun programa simultáneamente.

• 1965 O cohete Saturno leva a misión Apolo controlado con IBM 360

• 1968 Robert Noyce e Gordon Moore fundan Intel Corporation.

• 1972 SeymourCray considera que o software podería ser mais

potente por medio do procesamento en paralelo.

• 1973 Cabezais flotantes en discos. Aparece o sistema 3340 unidade de discos con cabezais flotantes a 45 milésimas de milímetro.

• 1973 O presidente de Intel, Gordon Moore, postula a famosa lei de Moore que predecía que o número de transistores nas CPU se duplicarían cada 18 meses, teoría que se foi cumplindo durante mais de 20 anos.

A cuarta xeración de ordenadores considerase iniciada coa aparición do microprocesador Intel 4004.

En 1974, a empresa estadounidense Intel Corporation presentou o modelo de microprocesador 8080 que foi o cerebro do primero ordenador personal (PC), o Altair 8800, fabricado pola compañía MITS . A primeira linguaxe de

programación para a máquina foi o Altair BASIC, escrito por William Henry Gates e Paul Allen, quenes en 1975 fundarían Microsoft.

• 1972 Nolan Bushnell funda Atari e presenta " Pong ", o primero

video xogo posto á venta.• 1975 Bill Gates e Paul Allen conceden lincencia do seu programa"Basic " para o PC Altair. Tratase dun dos

primeros programas deseñado para PC que tivo mais

repercusión.• 1975 Xullo 1975: Bill Gates e Paul Allen presentan a

versión a 4K e 8K do " Basic v2.0".• 1976 Steve Wozniak e Steve Jobs crearon o ordenador "

Apple I ".• 1976 IBM presenta a primera impresora de chorro a tinta.

• 1981 IBM presenta "IBM PC" ( Personal Computer ). Vendéronse mais de 45.000 unidades nos primeiros 4 meses.

• 1981 Microsoft presenta " MS-DOS " ( Microsoft Disk Operating System ) un programa básico para o novo IBM PC.

• 1981 Adam Osborne crea o primeiro ordenador portatil, o " Osborne I ", que se vendía por 1.795 dólares.

• 1982 Satellite Software International presenta " Word Perfect ".

• 1983 A privatización masiva que estaba sufrindo o software na época, levou

a Richard Matthew Stallman a

desenvolver, a partir de 1983, un

proxecto de creación e difusión de software libre, denominado GNU. A sua finalidade era o desenrolo

dun sistema operativo totalmente libre.

• 1984 Apple Computer anuncia " Macintosh 18k ", o primeiro ordenador controlado por ratón que tivo éxito, cunha interfaz gráfica.

• 1984 Philips e Sony anuncian unidades CD-Rom para Pc.

Pero tamén aparecen os problemas

• 1984 Os virus O nome de virus debémosllo o Dr. FredCohen, quen

presentou unha ponencia en setembro de 1.984 baixo do título "Computer viruses: Theory and Experiments" , e definiu os virus como "software maligno capaz de reproducirse a si mesmo".

• 1985 Os vermes O primeiro verme como tal, debémosllo a JohnF. Scoch, do

Centro de Investigación de Rank Xerox en PaloAlto,California.

• 1987 Os Cabalos de Troia Son programas que se infiltran no sistema coa finalidade

que o deseñador decida. Usa o seu nome CliffordStoll, autor do “Ovo do Cuco”, e descubridor do primeiro Hacker.

• Xaneiro de 1987 Aparece o chip de 1 Millón de bits.• Xuño de 1989 Aparece o chip de 4 millóns de bits.• Outubro de 1992 FujitsuVPP550, velocidade 355 Gigaflops.• Febrero de 1999: Intel presenta su Pentium III a 500 Mhz.• 15 de Setembro de 2000 Anuncia Nokia o chip de 4 Gb.• 15 Agosto de 2001 (15 Xuño 2001 en privado) IBM e o D.Enerxia de EEUU crean ASCI White

e rompen a barreira dos 12,3 TF.

En novembro de 1985 aparece a primeira versión do sistema operativo Windows (1.0), que posibilitaba o uso dunha interfaz gráfica para os PC‘s de IBM, que desde facía un ano xa ofrecían os modelos Macintosh (Mac) de Apple.

Microsoft continuou lanzando ó mercado sucesivas versións do sistema operativo, como Windows NT (1992), Windows 95 (1995), Windows 98 (1998), Windows 2000 (2000), Windows XP (2001) e Windows Vista (2007).

 

O desenrolo, por parte do enxeñeiro informático finlandés Linus Benedict Torvalds do sistema operativo Linux, de libre acceso, supuxo un marco para o movemento do software libre.

O sistema segue en uso actualmente gracias, sobre todo, ás constantes

melloras e cambios do código por parte dos programadores de todo o mundo, surxindo así tamén

diversas versións.

O outro feito digno de mención dese ano foi a presentación pública do sistema global de hipertextos iniciado polo físico inglés Timothy John Berners-Lee mentras traballaba en proxectos de investigación na CERN de Xenebra (Conseil Européen pour la Recherche Nucléaire, consello europeo para a investigación nuclear), chamado world wide web desenvolvéndose así Internet tal e como o conocemos hoxe en día.

Nace así unha nova era de comunicación para a humanidade.

• JÜLITH BLUE GENE/LEsta no Laboratorio Lawrence Livermore.Fórmano 130000 procesadores.Realiza 360 TFLOPS (imaxinar 360 000 000 000

000 de flops).Ten unha superficie coma a metade dun campo

de tenisÉ moi eficiente pois o consumo é de “só” 1,6 MWTraballa a 46 billóns de operacións por segundo

•IBM RoadrunnerEsta no Laboratorio Nacional Los Álamos en Nuevo Mexico.Ten un rendemento óptimo de 1026 petaflops.Está equipado con mais de 12000 procesadores tipo

PowerXCell 8i mellorados, diseñados orixinalmente para a videoconsola Sony Playstation 3, colocados en paralelo e 6912 procesadores Opteron de AMD, unidos mediante 92 km de fibra óptica e un sistema triblade con InfiniBand.

En total ocupa aproximadamente 1.100 m2

O Roadrunner funciona baixo o sistema operativo Red Hat Enterprise Linux e o software de computación distribuida xCAT.

Con un consumo estimado de tres megavatios, o seu coste foi de 133 millons de dólares.

Dedicase a actuar como patrón de seguridade do arsenal de armas nucleares dos Estados Unidos, ademais do estudo de problemas relacionados co clima, a astronomía ou a genómica.

top related