datos alta de socios
Post on 09-Mar-2016
227 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
Sanxenxo a 20 de xullo de 2012
Benquerido/a veciño:
A Banda de música de Sanxenxo despois destes anos de méritos recoñecidos decide
facer unha andaina aínda máis comprometida coa nosa cultura. Comeza a ampliación de
socios na Sociedade musical en prol de unha mellora das condicións da banda e dos
músicos inscritos nela. O Concello deixou de colaborar coas bolsas de estudios, polo que a
banda deixou de recibir o apoio que durante estes anos viña recibindo, así que non queda
outra, ou desfacerse ou seguir adiante coa axuda de todas e todos. Por iso solicitamos a
vosa colaboración na campaña “ Nós colaboramos coa nosa cultura”.
Podedes facer unha aportación puntual en persoa ou facelo directamente polo banco,
anotando na folla de inscrición o nº de conta e a cantidade que decidides aportar.
Recibiredes información puntual e detallada, ademais de amplas vantaxes para os
socios, dende revistas, entradas a concertos gratuítos, e a posibilidade de contratar a banda
con mellores prezos. Xa sabedes, ”apúntate e colabora, saímos gañando todas e todos”.
Precisamos da vosa colaboración para tirar adiante, a Banda e o camiño de moitos
rapaces e rapazas para favorecer a inclusión nunha sociedade de respeto e de valores,
entorno ao mundo da música, comezando dende ben cativos.
Tamén podedes facer o ingreso na conta da banda dende calquera oficina de
NovaGalicia Banco, aquí tedes o nº de conta da banda:
Entidade Oficina D. C. Número de conta
2 0 9 1 0 5 7 0 2 8 3 0 4 0 0 0 3 2 0 7
Atentamente agradecidos deixámosvos a circular coa ficha de inscrición, se tedes
algunha dúbida nós estamos a vosa disposición.
Sociedade Musical de Sanxenxo
Banda de Música de SanxenxoRúa Miraflores, nº 26. Edf. Pazo Emilia Pardo Bazán36960 Sanxenxo- PontevedraTel.: 600269999http://bandamusicasanxenxo.blogspot.com/bmusicasanxenxo@gmail.com
Sociedade Musical de Sanxenxo
FICHA DE SOCIOS COLABORADORES
A Sociedade Musical de Sanxenxo, e a Banda de Música agradece a colaboración a aficionados anónimos e empresas neste proxecto.
MOITAS GRAZAS
Nº DE SOCIO: DATA: / /
NOME ____________________________ APELIDOS
____________________________________
DNI ____________________ ENDEREZO
_______________________________________________
POBOACIÓN ____________________ CP _________ TLF ________________ /
______________
CORREO ELECTRÓNICO
______________________________________________________________
APORTACIÓN ___________________ € EMPRESA
____________________________________
Desexo que sexa renovada a miña aportación anual na miña conta bancaria:
Entidade Oficina D. C. Número de conta
Banda de Música de SanxenxoRúa Miraflores, nº 26. Edf. Pazo Emilia Pardo Bazán36960 Sanxenxo- PontevedraTel.: 600269999http://bandamusicasanxenxo.blogspot.com/bmusicasanxenxo@gmail.com
top related