danae dÍptico dolmen doela dripping · estuco: mestura de cal, po de mármore, alabastro ou xeso,...

Post on 21-Jul-2020

6 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

DANAE

DEAMBULATORIO

DÉESE

DERRAME

DÍPTICO

DOLMEN

DOELA

DRIPPING

Danae: Personaxe mitolóxica, nai de Perseo e filla do rei de Argos. Estando presa, Danae foi seducida por Zeus, que se xuntou con ela en forma chuvia de ouro.

Deambulatorio: Corredor que rodea a parte traseira do presbiterio: É prolongación das naves laterais e só excepcionalmente se da sen elas. Tamén xirola

Derrame: Dise dunha porta ou ventá que é moito máis ancha na parte interior que na exterior ou viceversa.

Déese: Representación de Cristo na cruz, con María e San Xoán ó pé da mesma. As veces cristo aparece no trono celestial. Este motivo iconográfico foi moi frecuente na arte bizantina ata o século XIV.

Dolmen: Monumento megalítico funerario construído con pedras colocadas verticalmente e unha horizontal por riba como teito.

Díptico: Cadro ou baixo relevo formado por dous taboleiros que se pechan coma un libro.

Doela: Cada unha das pedras que, labradas en forma de cuña, forman un arco.

Dripping: Técnica pictórica que consiste en

deixar pingar a pintura sobre a superficie do lenzo, xeralmente colocado no chan.

ECLECTICISMO

EDÍCULO

EMPASTADO

ENCAIXE

ENTABOAMENTO

ÉNTASE

ENXUTA

EPIFANIA

EQUINO

ESCOCIA

ESCOLA

ESCORZO

ESCULTURA

ESCULTURA VULTO

REDONDO

ESCULTURA

EXENTA

ESFINXE

ESFUMADO

ESTATUA

COLUMNA

ESTATUA ECUESTRE

ESTEREOBATO

ETHOS

ESTÍPITE

ESTOFADO

ESTUCO

ESTILOBATO

ESTRIBO

EXEDRA

Eclecticismo: Estilo artístico que xorde pola

mestura doutros estilos anteriores.

Edículo: Templete empregado como tabernáculo.

Empastado: Aplicación abundante de pasta ou capa de cor á superficie a pintar co fin de conseguir sensación de relevo.

Encaixe: Tecido de mallas e calados feito en liño fino que forma complexos

debuxos.

Entaboamento: Nos templos grecorromanos, o conxunto de pezas arquitectónicas sostidas por columnas. O entaboamento está composto por tres elementos: arquitrabe,friso e cornixa.

Éntase: Mecanismo de corrección visual típico da arquitectura clásica. Mediante un engrosamento do fuste das columnas na súa parte media conséguese,

por efecto de perspectiva, que o fuste semelle recto.

Enxuta: Espacio entre o lintel e o arco.

Epifanía: Representación pictórica ou escultórica da adoración do neno Xesús polos Reis Magos.

Equino: Peza inferior e curva do capitel dórico que descansa directamente sobre o fuste da columna.

Escocia: Moldura cóncava que forma parte das bases. Concretamente a Base Ática consta de dous toros e unha escocia

Escola: Artistas que posúen características comúns. (p.e. Escola de Barbizon)

Escorzo: Disposición oblicua ou perpendicular ó

plano do cadro das figuras representadas. Deste xeito acentúase a sensación de profundidade de espacio representativo, é dicir, a perspectiva.

Escultura: Arte de modelar, de tallar ou esculpir en barro, pedra, madeira ou outra materia, representando de vulto un obxecto, unha persoa, etc.

Escultura de vulto redondo: Aquela que pode ser contemplada desde calquera punto de vista ó seu redor.

Escultura exenta: Escultura de vulto redondo

Esfinxe: Ser mitolóxico con cabeza e

peitos de muller., alado, con corpo e extremidades de león.

Esfumado: (do it. Sfumato) Consiste en rebaixar os tons dunha pintura para lograr, coa suavidade da factura, certo aspecto de vaguidade e distancia.

Estatua columna: Escultura pegada ó fuste dunha

columna.

Estatua ecuestre: Tipoloxía escultórica na que se representa ó retratado sobre un

cabalo.

Estereóbato: Crepis.

Ethos: Concepto grego que designa o estado normal e equilibrado. É o contrario de pathos

Estilobato: Plano de sustentación das columnas. É a derradeira grada sobre a que apoia un templo clásico.

Estípite: Elemento en forma de tronco de pirámide invertido que pode cumprir funcións de soporte.

Estofado: Dourado. Require unha base de ouro sobre a que logo se pinta, raspando a seguir para que saian á luz xunto á cor as irisacións brillantes e luminosas do ouro.

Estuco: Mestura de cal, po de mármore, alabastro ou xeso, de frecuente emprego en arquitectura pola baratura e lixeireza. Unha vez seco, ten un aspecto suave e liso. Ten o inconveniente da súa gran fraxilidade.

Estribo: Contraforte.

Exedra: Obra de planta semicircular, a modo de ábsida, de usos moi variados.

FESTÓN

FIGURATIVA, ARTE

FILETE

FRESCO

FRISO

FRONTISPICIO

FRONTÓN

FUSTE

Festón: Motivo decorativo clásico consistente nunha cinta de flores, froitos ou follas, suspendidas polos dous extremos.

Figurativa, arte: Dise da arte que representa obxectos identificables en oposición á abstracta.

Filete: Tamén listel. Franxa estreita e lisa que separa dúas molduras.

Fresco:Técnica pictórica empregada

na pintura mural. Tras cubrir o muro cunha capa de xeso aplícanse as cores diluídas en auga, de xeito que, ó secarse, aquel absorbe estas.

Friso: Parte plana entre a arquitrabe e a cornixa.

Frontispicio: Fachada dianteira de algo, especialmente dun edificio.

Frontón: Coroamento dun edificio de forma triangular. O espacio pechado que delimita chámase tímpano

Fuste: Parte alongada dunha columna, comprendida entre a base e o capitel.

GABLETE

GALLÓN

GÁNOSE

GÁRGOLA

GRAVADO

GRECA

GRISALLA

GRUTESCO

Gablete: Remate triangular sobre as arcadas característico do gótico.

Gallón: Ornamentación curva moi saínte con que se decoran ás veces boceis e pezas de ourivería. O seu perfil é dun cuarto de ovo. Por veces fórmanse cúpulas de gallóns por xustaposicións destes elementos.

Gánose: Mestura de aceite, cera e colorantes que se aplicaba ás estatuas de mármore da antigüidade para colorealas.

Gárgola: Desaugadoiro de pedra, xeralmente decorado con motivos animalísticos ou fantásticos, por onde se verte ó exterior, lonxe da parede, a auga dos tellados dos edificios. Acadaron a súa máxima vistosidade e desenvolvemento nas catedrais góticas.

Gravado: Reproducción mecánica, mediante

unha prensa, dun debuxo realizado previamente nunha prancha.

Greca: Típica decoración grega configurada por un “meandro” de liñas rectas.

Grisalla: Composición pintada a base

exclusivamente da gama do gris, do branco e do negro, imitando o efecto do baixo relevo.

Grutesco: Motivo decorativo a base de seres fantásticos, animais e vexetais, completamente enlazados e formando un todo.

HIERATISMO

HIPERREALISMO

HÍPETRA, SALA

HIPÓSTILA, SALA

HORROR VACUI

Hieratismo: Aplícase á tendencia na que predomina un concepto monumental, ríxido e contido.

Hiperrealismo: Representación da realidade con toda a perfección posible.

Hípetra (sala): En arquitectura, sala aberta ou patio porticado.

Hipóstila (sala): En arquitectura, sala sustentada por columnas.

Horror vacui: Ornamentación caracterizada polo seu exceso e saturación.

ICONOGRAFÍA

ICONOCLASTA

ICONOLOXÍA

ICONOSTASE

IDEALISMO

IMAGO CLIPEATA

IMPOSTA

IMPRIMACIÓN

INTERCOLUMNIO

INTRADÓS

ISOCEFALIA

Iconoclasta : Persoa que se opón á realización de imaxes, tanto pintadas como esculpidas, con fins relixiosos.

Iconografía : Ciencia que estudia as orixes, formación e desenvolvemento

dos temas figurados e dos atributos cos que poden identificarse e dos que normalmente van acompañados.

Iconoloxía: Ciencia que estudia o

sentido que as formas, imaxes, etc. dunha obra, posúen en canto concerne ó alegórico ou o simbólico.

Iconostase: Arcos dispostos a modo de biombo que separa o presbiterio do resto da igrexa, onde se sitúan os fregueses, para así illar ó oficiante no momento da consagración da misa.

Idealismo: Tendencia dos artistas que desexan achegarse todo o posible á representación perfecta dos temas das súas obras, buscando sempre a superación das taras ou defectos que todo

modelo presenta.

Imago clipeata: Aquela que se atopa dentro dun clípeo (escudo circular).

Imposta: Serie horizontal de ladrillos ou pedras nun muro, algo voada, sobre a que se asenta un arco ou bóveda. En xeral, saedizo que separa dúas plantas dun edificio.

Imprimación: Capa de fondo que se dispón sobre o lenzo, táboa ou calquera outro soporte, antes de ser pintado para darlle máis corpo, facelo menos absorbente, máis

luminoso e garantir unha maior durabilidade da pintura.

Intercolumnio:Espacio comprendido entre dúas columnas.

Intradós: Superficie inferior dun arco, bóveda ou doela.

Isocefalia: Norma artística que aliña as cabezas á mesma altura.

LADRILLO

LAMBREQUÍN

LANTERNA

LINTEL

LIÑA

SERPENTINATA

LIÑAS DE

FUGA

LISTEL

LUNETO

LUZ DUN ARCO

Ladrillo: Elemento en forma de paralelepípedo alongado que se fabrica con arxila cocida.

Lambrequín: Adorno en metal, madeira, téxtil, etc. colgante e

corrido, que se coloca debaixo de frisos ou beirados.

Lanterna: Construcción que serve de coroamento das cúpulas. A lanterna ten planta circular e nos seus muros ábrense ventanais

coa finalidade de iluminar o espacio interior.

Lintel: Peza horizontal que limita pola parte de arriba o oco das portas e ventás. O lintel descarga sobre as xambas.

Liña serpentinata: A que propia de moitas figuras humanas do

manierismo e que se caracteriza polo movemento xiratorio ou helicoidal de cadeiras, ombros e cabeza que se contrabalancean.

Liñas de fuga: Aquelas que compoñen a

trama dun cadro, dirixidas todas cara un punto converxente no centro da composición que se chama punto de fuga.

Listel: Tamén filete. Franxa estreita e lisa que separa dúas molduras.

Luneto: Pequena bóveda en forma de media lúa aberta na bóveda prinicipal para dar luz a esta.

Luz dun arco: Anchura do van que este xera.

MAINEL

MAMPOSTARÍA

MANDORLA

MARCHANTE

MASTABA

MATRONIUM

MAXESTÁTICO

MECENAS

MENHIR

MÉNSULA

MERCURIO

MESQUITA

METOPA

MINARETE

MITOLOXÍA

MOCÁRABES

MODELADO

MODILLÓN

MOLDURA

MONOLITO

MONÓPTERO

MORTEIRO

MOSAICO

MOSTEIRO

MURAL

MURO DE CARGA

MUSIVARIA

MÓDULO

Mainel: Parteluz*

Mampostaría: Fábrica de pedra sen labrar ou con labra moi tosca que se dispón de maneira irregular. Cada unha das pedras denomínanse

mampostos.

Mandorla: Italianismo que significa améndoa e que designa un óvalo ou marco amendoado que circunda a Cristo en Maxestade especialmente na arte románica.

Marchante: Comerciante de obras de arte.

Mastaba: No mundo exipcio, edificio funerario en forma de tronco de pirámide.

Matronium: Tribuna reservada ás mulleres nas basílicas paleocristiás e bizantinas.

Maxestático: Coa solemnidade propia da Maxestade.

Mecenas: Persoa ou institución que favorece e promove economicamente actividades culturais.

Menhir: Pedra longa espetada no chan.

Ménsula: Elemento en saedizo que serve para soster algunha cousa.

Mercurio: Personaxe da mitoloxía romana, fillo de Xúpiter e deus da elocuencia e do comercio. Despois pasou a ser a divindade protectora dos viaxeiros e mensaxeiro dos deuses. Correspóndese co Hermes dos gregos.

Mesquita:Templo da relixión islámica ou musulmana. Aínda que existen diferentes tipoloxías, a máis común en Occidente é a dun edificio de planta rectangular dividido en dúas partes básicas: un patio

porticado con unha ou varias fontes, e unha sala de oracións dividida en numerosas naves por columnas e cun nicho ó fondo chamado mihrab que sinala a dirección á Meca. O conxunto complementábase con unha ou varias torres –minaretes ou alminares- dende onde se chamaba os fieis á oración.

Metopa: Espacios cadrados separados polos triglifos no friso dórico.

Minarete: Torre da mesquita desde onde se chama os fieis á oración.

Mitoloxía: Disciplina orixinariamente encargada do estudio das historias e fábulas dos deuses das relixións pagás

antigas, especialmente a grecorromana, aínda que hoxe por hoxe, por extensión, se aplica á ciencia que estuda todo tipo de mitos.

Mocárabes: Decoración de prismas

xustapostos e dirixidos cara abaixo, formando concavidades entre si.

Modelado: Execución en barro ou cera do modelo que se propón o artista reproducir nunha substancia consistente. En pintura, todo o que confire á pintura un aspecto de vulto redondo.

Modillón: Elemento saedizo, a xeito de pequeno bloque, co que se adorna ou sustenta un elemento voado pola súa parte inferior. O de rolos leva na curva cóncava unha serie de baquetóns ou rolos que quedan graduados.

MOD. ROLLOS

Moldura: Elemento ornamental saínte e corrido que serve para delimitar unha superficie, xa sexa nunha fachada, nun moble ou no marco dun cadro.

Módulo: Unidade arquitectónica de medida, que relaciona as partes e o todo na obra de arte.

Monolito: Obra realizada só cun bloque de pedra.

Monóptero: Edificio circular rodeado dunha fileira de columnas.

Morteiro: Mestura de area, cal e auga. Masa.

Mosaico: Decoración conseguida xustapoñendo sobre un fondo de cemento, teselas de diversas cores.

Mosteiro: Conxunto de edificios habitados por persoas entregadas á vida

relixiosa en comunidade, e que normalmente respostan a unha estructura moi precisa de acordo cas regras da Orde que a ocupa ou do monacato cristián en xeral.

Mural: Feito sobre, ou relativo a, unha parede ou muro.

Muro de carga: Aquel que ten unha función tectónica, ou sexa, que soporta peso doutras estructuras.

Musivaria: Arte e técnica do mosaico.

NAOS

NÁRTICE

NATURALISMO

NATUREZA MORTA

NAVE

NAZARENO

NECRÓPOLE

NEREIDAS

NIMBO

NINFAS

NON FIGURATIVA

Naos: Cella.

Nártice: Do latín narthex. Parte do adro da basílica paleocristiá, contigua á mesma, porticada e reservada ós catecúmenos.

Naturalismo: Tendencia artística que trata de representar o máis fielmente posible a natureza.

Natureza morta: Bodegón.

Nave:Espacio interior dun edificio, delimitado por muros ou columnas.

Nazareno: Representación de Xesucristo penitente característica das procesión de Semana Santa.

Necrópole: Cemiterio ou sitio das sepulturas.

Nereidas: As cincuenta fillas de Nereo. Divindades mariñas da mitoloxía grega que habitaban o pazo submarino do seu pai, cabalgan sobre as ondas en golfiños ou en cabalos mariños e que personifican o dinamismo do mar.

Nimbo: Luminosidade que rodea a cabeza dun figura. Aureola.

Ninfas: Divindades menores femininas que simbolizan a gracia e a fecundidade da natureza na mitoloxía grecorromana. Espidas ou semiespidas, frecuentan paraxes naturais, ríos, bosques... onde cantan e bailan.

Non figurativa: Arte que non reproduce as formas da natureza nin se inspira nelas. Abstracción.

top related