conto sobre el amor en galego
Post on 24-May-2015
392 Views
Preview:
TRANSCRIPT
A CARTA DE AMOR
UN MAR DE EMOCIÓNS María Carballo Tubío
2011-2012 CEIP. VIRXE DO ROCÍO
OLA AMIGOS Esta historia que vos vou contar,
é misteriosa, querédela escoitar???
Fala de cartas, abrazos e bicos;
bolboretas, “quérotes” e admiradores secretos.
Se escoitas a miña historia
Hasme entender,
porque todos os nenos,
coñecen o AMOR dende a nenez!!!
O lib
ro d
as e
mo
ció
ns
Sentistes AMOR algunha vez????
QUE SERÁ O AMOR? Eu nunca falara de AMOR antes. Pensaba que o
AMOR sentíase cando eras maior e te bicabas como fan nas películas. A min o AMOR dábame un pouco de “noxo”. Non quería perder o tempo facendo aquelas cousas que para min eran moi aburridas. Prefería xogar ao fútbol ou ás bólas!!
Vós estades namorados??
O lib
ro d
as e
mo
ció
ns
DEMOSTRACIÓNS DE
AMOR O AMOR é un sentimento cálido, agradable e
protector. Cando queres a alguén sentes ganas de coidal@, de facer que se senta feliz e que nada poida lastimal@. Eu quero á miña nai, ao meu pai, ao meu can e ao meu mellor amigo Troy. Para demostrarlles o meu AMOR,
doulles moreas de bicos e apertas. Outras veces quero sacarlles un sorriso e cántolle
unha canción ou cóntolles un chiste. Calquera día, aínda que non sexa un día especial, sorpréndoos con algo que lles
guste moito; a papá e a mamá prepárolles un saboroso almorzo, ao meu cadelo Sampo lévoo ao parque máis grande da miña cidade e a Troy regálolle algún dos meus tesouros
para que el mo garde.
O lib
ro d
as e
mo
ció
ns
Qué facedes vós para demostrar o voso AMOR ás persoas que queredes?
MEU ADMIRADOR SECRETO
Un día descubrín que o AMOR tamén se pode sentir como centos de bolboretas bailando
no teu interior. O AMOR é moi
poderoso!! Cando recibín a primeira
carta do meu “admirador secreto”
descubrín que o AMOR é un misterio!!
O lib
ro d
as e
mo
ció
ns
Recibistes cartas de amor anónimas??
A CARTA DE AMOR Naquela carta me dicían:
“Es a persoa máis marabillosa deste mundo. Gústanme os teus ollos, o teu pelo e a
forma na que nos contas os luns todo o que fixeches na fin
de semana. Gústame estar contigo e cando non estás
conto o tempo que falta para verte. Quérote”
O lib
ro d
as e
mo
ció
ns
Quén pode ser o seu admirador secreto?
QUÉROTE O
libro
da
s e
mo
ció
ns
Despois desa carta recibín moitas máis. En todas expresaba o moito que me quería pero en
ningunha poñía o seu nome. Tentei pescudar de quen se trataba porque me tería gustado dicirlle o feliz que me fixeron aquelas cartas.
Cando pensaba no meu “ admirador secreto” as preocupacións desaparecían. Sentía ganas de bailar, cantar e subir á montaña máis alta e
berrar….
Quéroteeeeeeeeeeeeeeee!
Pero nunca puiden dicirllo, escribiume cartas
durante moito tempo pero,
nunca desvelou quen era!
Despois de moito tempo, aínda gardo
aquelas cartas
que falaban
de amor…
O lib
ro d
as e
mo
ció
ns
top related