comunicado denuncia á inspección de traballo
Post on 15-Apr-2017
47 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Sindicato Federal de Correos e Telégrafos CONFEDERACIÓN XERAL DO TRABALLO
Sindicato Provincial de Correos de A Coruña 2º Andar, Edificio Xefatura Provincial de Correos . 15070 A Coruña
Tlfes: 981.223.496. Rico: 83230. Móvil: 609381811
Mail: cgtcorreosacorunha@gmail.com
Nestes días é frecuente ver
nas unidades como as xefatu-
ras, poñendo en grave risco a
nosa saúde pois non temos
cobertura repartindo fora do
noso horario, e en total fraude
de lei, presionan, motivan
“convidan” ao persoal para
traballar fora da xornada legal.
Correos ingresará por esta
campaña electoral 38.000.000
de euros, e nas súas instruc-
cións (apartado 5b) indica que
se se necesitaran traballar
horas complementarias estas
deben estar legalmente
computadas e rexistradas.
Todas as persoas que traballamos en reparto en Correos temos unha sección de reparto. En teoría esta sección está axustada á nosa capa-
cidade de traballo. Nas campañas electorais pídennos que fagamos, como mínimo, o triple ou 4 veces o noso traballo, e ademáis preten-
den que o fagamos “dentro da nosa xornada laboral”. O que parece un absurdo ten unha explicación: Correos fai trampa, permite, pre-
siona, coacciona e mira para outro lado cando traballamos dun xeito totalmente irregular.
Obviamente desde a CGT non queremos, nin moito menos, culpabilizar ao persoal disto. Entendemos que a todo o mundo nos fan falta os
cartos, e se hai un traballo extra, pois benvido sexa. AO QUE NOS OPOÑEMOS É A QUE ESTE TRABALLO EXTRA SE FAGA EN FRAUDE DE LEI.
O amaño disto é moi doado, e o único que ten que facer Correos e cumprir as súaspropias instruccións e marcar como extraordinarias as
horas dass persoas que voluntariamente e oferecidas en igualdade, estexan dispostas a traballar fora do horario.
Esiximos a Correos que contrate o persoal necesario e marque as horas extras complementarias necesarias e legais para garantir o co-
rrecto cumprimento do servizo postal en época electoral.
top related