cl...marina de carlos ruiz zafÓn (castelán) derradeira lectura deste grupo e que foi escollida por...
Post on 05-Jan-2020
17 Views
Preview:
TRANSCRIPT
CL
ÍNDICE
PRESENTACIÓN
COMPOÑENTES, ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN
TÍTULOS LIDOS E ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS
OUTRAS ACTIVIDADES REALIZADAS POLOS MEMBROS DO
CLUB
MATERIAIS ELABORADOS
BLOG DO CLUB DE LECTURA
VALORACIÓN FINAL
CL
1. PRESENTACIÓN
Conforme ó establecido no apartado 8 da convocatoria da Dirección Xeral de Centros e
Recursos Humanos de 1 de setembro de 2016, pola que se incentiva o funcionamento de
Clubs de Lectura en centros públicos dependentes da Consellería de Educación para o curso
2016-17, este Club de Lectura presenta a seguinte Memoria á que acompaña a correspondente
xustificación de gastos de acordo co Anexo II da referida convocatoria.
2. COMPOÑENTES, ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN
Formamos catro grupos de lectores
GRUPOS XÉNEROS Nº de compoñentes
1º-2º Bacharelato Narrativa 6
3º-4º ESO Narrativa e teatro 7
3º PEMAR Narrativa 9
2º PEMAR Narrativa e poesía 7
1º-2º ESO Narratriva e poesía 14
ESO e Bacharelato Novela gráfica e manga 16
Os grupos foron dirixidos polos profesores
Isabel Torres Baena (1º e 2º de ESO)
Delfín Ogando Fernández ( 2º PEMAR e Novela gráfica).
Carmen Senín Fernández (3º PEMAR ).
Mª Jesús Castro García (3º-4º de ESO) .
María José Vicario Quintana (1º-2º Bacharelato)
Elaborouse un diario de asistencia para cada reunión, que se fixo coincidir co recreo na
Biblioteca. Tras a primeira reunión ( 11 e 12 de decembro) decidiuse facer xuntanzas
quincenais. Os libros foron propostas tanto polos coordinadores como polos participantes do
club.
Calendario de reunións
ESO BACHARELATO
1º-2º 2º PEMAR 3º PEMAR 3ª-4º CÓMIC
MANGA
5-19/10 6-20/10 6-20/10 5-19/10 7-21/10 5-19/10 2-16/11 3-17/11 3-17/11 2-16/11 4-18/11 2-16/11 30/11 1/12 1/12 30/11 2/12 30/11 18-1/2 19-2/2 19-2/2 18-1/2 20-3/2 18-1/2
15-1/2-3 16-1/3 16-1/3 15-1/2-3 17-2/3 29-18/4 29-18/4 30-19/4 30-19/4 29-18/4 31-20/4 20 abril
9-23/5 10-24/5 10-24/5 9-23/5 11-25/5 9-23/5 9/6
CL
Control de asistencia:
CLUB DE 1º e 2º ESO
NOME CURSO
Bicos Á lus do candil Marina
Besada Pérez, Carla 1º ESO XXX XX XXX Begines Gómez, Alba 1º ESO XXX XX XXX Besada Pérez, Laura 1º ESO XXX XX XX Grela Simón, Marcos 1º ESO XXX XXX XXX Novás Martínez, Gabriel 1º ESO XXX XXX X Rivera Bonilla, Daniel 1º ESO X XXX XXX Sánchez Gutiérrez, Yago 1º ESO XX XX XXX Villaverde Padín, Marta 1º ESO XX XXX XXX Sieiro Trabazo, Eva 1º ESO XXX XXX XX Mario Balagones Quinteiro 2º ESO XX XXX XX Gabriel Toval Ansorena 2º ESO XXX XXX XXX Pablo Ces Lafuente 2º ESO XXX XXX XXX Beatriz Moreno 2º ESO XXX XXX XX Sheila Basurto 2º ESO XXX XX XXX
CLUB DE 3º-4º ESO
NOME CURSO LIBROS
El mercader de
Venecia
Á lus do
candil
Mi hermana
vive sobre la
repisa de la
chimenea
A evolución
de
Calpurnia
Tate
Victoria Yakovenko 3º ESO XXX XXX XX XX Ana Hernanz Nieto 3º ESO XXX XXX XXX X Veloso Camiña, Alex 4º ESO XXX XXX XXX XXX Lydia Pintos dos Prazeres 3º ESO XXX XXX XX XX Alex García Arranz 4º ESO XX XX XXX XXX Guillermo Fernández Renda 4º ESO XXX XX XXX X Sara Rodríguez González 4º ESO XX XX XXX XXX
CL
CLUB DE 2º PEMAR
NOME CURSO LIBROS Bicos Penúltimas
endencias
Campos de
fresas Aarón Manilla 2º PEMAR XXX XXX XXX Miguel Vázquez Santiago 2º PEMAR XXX XXX XXX Denisia Rodríguez 2º PEMAR XXX XXX XXX Saray Rodríguez 2º PEMAR XX XX XXX Raúl Fernández Arístegui 2º PEMAR XXX XX XXX Miguel Gomes 2º PEMAR XX XX XXX Ketlin Simoes Menezes 2º PEMAR XX XXX XXX
CLUB DE 3º PEMAR
NOME CURSO LIBROS
Ollos de auga Á lus do
candil
Bicos As bágoas de
Shiva Noelia Domínguez Sanmartín 3º
PEMAR XXX XXX XXX XX
Isaac Feros Bernal 3º
PEMAR XXX XXX XXX XXX
Rubén García García 3º
PEMAR XXX XXX XX XX
Samuel García González 3º
PEMAR XXX XXX XXX XXX
Khadim Lo 3º
PEMAR XX XX XXX XXX
Daniel Portela 3º
PEMAR XXX XXX XXX XXX
Andrea Rey Ruibal 3º
PEMAR XXX XX XXX XXX
Gonzalo Santaclara Parada 3º
PEMAR XX XX XXX XXX
Manuel Deán Madagán 3º
PEMAR XX XXX XXX XX
CL
CLUB DE CÓMIC E MANGA
NOME CURSO
Varios Novela gráfica Manga/Cómic Á lus do candil Comesaña Fuentes, Pedro 1º ESO XXX XXX XX Castiñeira Vilaboa, Manuel 1º ESO XXX XX XX Fernández Maquieira, Lucía 1º ESO XXX XXX XX Pérez Cimadevila, Pedro 1º ESO XX XX XX Seoane García, Zoe 1º ESO XXX XXX XX Calvo Lesende, Álvaro 2º ESO XXX XXX XX Lores López, Aarón 2º ESO XXX XXX XX Méndez Villar, Diego 2º ESO XXX XX X Alberto Fernández, José C. 2º ESO XXX XX X Toval Ansorena, Gabriel 2º ESO XXX XXX XX Fernández Renda, Guillermo 4º ESO XX XXX X García Arranz, Alex 4º ESO XXX XX X Rodríguez González, Sara 4º ESO XXX XXX XX Pazos Villamil, Alejandro 3º ESO XX XX Márquez Salomón, David 4º ESO XXX XXX X Santos Diz, Alejandro 1º BAC XXX XXX XX
CLUB DE 1º-2º DE BACHARELATO
NOME CURSO LIBROS
Nunca me
abandones
Os fillos do
mar
Á lus do
candil
La historia
del señor
Sommer Fraga Lorenzo, Uxía 2º BAC XXX XXX XXX XX Montoto Fernández, Ángela 2º BAC XXX XXX XXX X Piñeiro Rascado, Alba 2º BAC XXX XXX XX XX Rey Casalderrey, Jesús 2º BAC XXX XXX XXX XX Fiz González Rivas 1º BAC XXX XXX XXX X Vidal Zhukova, Alexander 1º BAC XX XXX XX XX
CL
3. TÍTULOS LIDOS E ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS
Por cada libro seleccionado programábanse tres sesións de lectura. Na primeira propoñíase a
selección da obra e quedaban as restantes para o comentario.daba tempo a ler a todos os
membros o texto, xa faciamos o comentario persoal. Cada participante era libre de comentar
calquera aspecto que lle chamara a atención, así como o grao de dificultade ou facilidade da
lectura do texto e contido. Tentábase que buscasen os temas que o autor nos mostraba coa
finalidade de contextualizar a obra. Ademais isto servía para propoñer actividades posteriores
á lectura. Deste xeito logramos averiguar moita información tanto sobre o autor, así como
elementos históricos que rodeaban a temática das obras.
Todas as actividades realizadas cos libros de lectura están recollidas no blog do Club de
Lectura “Caderno do Lérez”
ALUMNADO DE 1º e 2º ESO
Bicos de XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR (Galego)
Primeria obra seleccionada e que tivo a novidade de contar coa visita do autor,
actividade que se levou a cabo conxuntamente co Equipo de Dinamización de
Lingua Galega.
Preparamos con antelación á visita, tanto na procura de datos biográficos
como no seu percorrido literario. Con toda esta información decidimos
realizarlle unha entrevista na Biblioteca, actividade que resultou ser moi
cercana e entrañabel por parte do autor.
Ver Caderno do Lérez
Á lus do candil de ÁNXEL FOLE (Galego)
A escolla deste texto debeuse á realización do roteiro que realizamos ás
Fragas do Eume, xunto co tipo de relatos que o autor lugués nos ofrecía.
Celebramos dúas sesións antes de realizar o roteiro e distribuimos entre os
diversos membros varios relatos.
Antes da realización do
roteiro vimos a
curtametraxe “Os lobos”, feita pola Xunta
de Galicia recreando o conto de Ánxel Fole
do mesmo título (incluído en Á lus do
candil).
Ver Caderno do Lérez
CL
Marina de CARLOS RUIZ ZAFÓN (Castelán)
Derradeira lectura deste grupo e que foi escollida por ser grandes admiradores da obra de Ruiz
Zafón. De feito, a maioría xa leran a triloxía de “El príncipe de la Niebla”. Sen embargo, esta
lectura resultoulles bastante complexa pola cantidade de escenarios e de personaxes que
conforman a trama. Dan fe disto os comentarios que fixeron nun vídeo que se pode ver no
blog.
Ver Caderno do Lérez
ALUMNADO DE 2º PEMAR
Bicos de XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR (Galego)
Primeira obra lida neste grupo e que formou parte da visita que o autor da
obra, Xosé Vázquez Pintor, fixo ó noso Instituto.
Trala lectura da obra, participaron na entrevista que se lle fixo ó autor na
biblioteca.
Realizáronse as mesmas actividades que no grupo de narrativa de 1º e 2º
ESO. Un dos entrevistadores, Raúl Fernández, pertence a este grupo.
Ver Caderno do Lérez
Á lus do candil de ÁNXEL FOLE (Galego)
Obra escollida para a realización do roteiro literario “As fragas do Eume” no
que participou este grupo. Como actividades previas realizamos as mesmas
comentadas no club de narrativa de 1º-2º de ESO.
Ver Caderno do Lérez
CL
Penúltimas tendencias de CARLOS NEGRO (Galego)
Obra poética rompedora sobre a adolescencia e toda a problemática que envolve ó seu mundo:
imaxe corporal, tendencias, acoso, amor... Gustou moito participando activamente na lectura e
comentario dos poemas.
Ver Caderno do Lérez
Campos de fresas de JORDI SIERRA i FABRA (Castelán)
Derradeira lectura do grupo e que foi seleccionada por comentarios que lles fixeron
compañeiros do instituto. Realizamos varias sesións, algunhas de lectura en voz alta,
comentando feitos e opinando sobre a reacción dos protagonistas da historia. Dou pé para
falar das diversas temáticas que o autor nos amosa: drogas, adolescencia, bulimia, dereito á
intimidade...
Como remate fixemos unha mesa redonda na pista deportiva.
Ver Caderno do Lérez
CL
ALUMNADO DE 3º PEMAR
Bicos de XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR (Galego)
Primeira obra lida neste grupo e que formou parte da visita que o autor da
obra, Xosé Vázquez Pintor, fixo ó noso Instituto.
Trala lectura da obra, participaron na entrevista que se lle fixo ó autor na
biblioteca.
Ver Caderno do Lérez
Ollos de auga de DOMINGO VILLAR (Galego)
Buscamos na rede traballos sobre esta
obra e gustou un vídeo elaborado polo
alumnado do IES Mendiño de Vigo. O
alumnado realizou unha gravación coas
impresións persoais sobre a obra.
Ver Caderno do Lérez
Á lus do candil de ÁNXEL FOLE (Galego)
Obra escollida para a realización do roteiro literario “As fragas do Eume”
no que participou este grupo. Como actividades previas realizamos as
mesmas comentadas no club de narrativa de 1º-2º de ESO.
Ver caderno do Lérez
CL
As lágrimas de Shiva de CÉSAR MALLORQUÍ (Galego)
Derradeira lectura do grupo de 3º PEMAR.
Lectura que gustou, fácil de ler e que deu que falar sobre a parella de protagonistas, de idades
moi similares ás dos lectores.
Dentro das actividades realizadas destacar unha introducción á lectura na que vimos un
vídeo sobre o libro e os comentarios que se fixeron na sesións do club recollidos nun vídeo.
Ver Caderno do Lérez
CL
ALUMNADO DE 3º- 4º ESO
El mercader de Venecia de WILLIAM SHAKESPEARE (castelán)
Primer achegamento ó xénero dramático e que gustou entre os membros do
club. Como introducción vimos un trailer sobre a película, que axudou á
contextualización da obra.
Ver Caderno do Lérez
Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea de
ANNABEL PITCHER (castelán)
Libro presentado por un dos membros do club e que gustou, chunha
historia cercana, que atrapa e moi tenra.
Como actividades propuxéronse a busqueda de información sobre os
atentados que sofreu Londres en 2005 e que supuxo a base temática do
libro de Annabel Pitcher..
Ó remate da lectura apórtanse
opinións sobre a lectura.
Ver Caderno do Lérez
CL
Á lus do candil de ÁNXEL FOLE (Galego)
Obra escollida para a realización do roteiro literario “As fragas do
Eume” no que participou este grupo. Como actividades previas
realizamos as mesmas comentadas no club de narrativa de 1º-2º de ESO.
Ver Caderno do Lérez
A evolución de Calpurnia Tate de JACQUELINE KELLY (Galego)
Derradeira lectura do club e que gustou bastante xa qeu lles amosou un
personaxe inconformista que se rebela contra ese destino predeterminado
para buscar a súa propia identidade e formarse segundo as súas inquedanzas
intelectuais e científicas, nunha época moi marcada polos estereotipos
sociais, sobre todo os femininos.
Finalizouse cun vídeo coas opinións dos membros do club.
Ver Caderno do Lérez
CL
ALUMNADO DE 1º de BACHARELATO
Nunca me abandones, de KAZUO ISHIGURO (Castelán)
Excelente novela utópico-gótica
que nos traslada a un internado
cuxos xoves membros non saben
realmente que son os actores dun
mundo hermético onde apenas
teñen contacto co mundo exterior.
Gustou bastante e dou lugar a unha posta en
común interesante sobre o modelo de sociedade
actual e cal sería o máis desexable.
Ver Caderno do Lérez
Os fillos do mar, de PEDRO FEIJOO (Galego)
Segunda lectura do club de narrativa de
bacharelato.
Novela de aventuras, novela de intriga, escrita con
ton humorístico. A acción de Os fillos do mar
condúcenos detalladamente a través do Vigo de
hoxe, cidade que en boa medida protagoniza tamén a novela. Ao
tempo, a trama presenta o atractivo historico que nos conduce ata
1702, na Batalla de Rande, aínda que deixa tamen os seus selos na
Guerra Civil española e nos tempos do nazismo aleman.
En xeral gustou moito, amosando unha realidade próxima no espazo e que nos fixo reflectir
sobre feitos históricos que marcaron, en gran medida, o discorrer do século pasado.
Como actividades complementarias
vimos unha entrevista a Pedro Feijoo
que nos axudou a entender a xénese da
novela.
Ver Caderno do Lérez
CL
Á lus do candil, de ANXEL FOLE (Galego)
Obra escollida para a realización do roteiro literario “As fragas do Eume” no
que participou este grupo. Como actividades previas realizamos as mesmas
comentadas no club de narrativa de 1º-2º de ESO.
Ver caderno do Lérez
La historia del señor Sommer, de PATRICK SÜSKIND (Castelán)
Derradeira lectura e que nos amosa un conto en apariencia infantil e naïf,
pero que a medida que se foi lendo móstranos un nó con variados puntos de
vista.
A historia do señor Sommer conta a vida dun neno de pobo que ten un
estraño veciño, do que ninguén sabe o seu nome, polo que lle puxeron señor
Sommer. Un estraño viandante capaz de facer, pois iso, andar, andar e andar
ata que parece que xa non pode máis, e despois, continuar andando. Así
pasan os seus días.
A continuación presentamos un audio (ver blog) onde os compoñentes
do club opinan sobre o relato.
Ver Caderno do Lérez
CL
ALUMNADO DE NOVELA GRÁFICA: MANGA E CÓMIC (Galego e castelán)
Foi un dos grupos máis numerosos dos
clubs de lectura. Levamos xa cinco anos
incidindo nesta temática que tanto atrae e
da que vai medrando dun xeito
espectacular.
A experiencia foi moi positiva, porque se
conformou unha rapazada do máis diverso
tipo: grandes lectores de novela, só adictos
ó manga, escasos coñecedores da novela gráfica, alumnado de diferentes niveis (desde 1º ata
1º de Bacharelato) e con ritmos distintos de aprendizaxe. To do isto conferíulle ó grupo un
colorido diferente ó dos outros clubs do instituto.
Aproveitando o coñecemento que varios membros teñen
sobre a temática manga, decidimos facer unha primeira
sesión tratando de explicar que é o manga, como
naceu, características, temáticas, etc., para alumnos que o
descoñecían. Puxemos un vídeo do curso pasado, onde
exmembros do club fan dita presentación.
Decidimos na primeira reunión elaborar un plan de traballo anual, dividindo o curso en dous
apartados. O primeiro cuatrimestre adicámolo ó manga e o segundo, á novela gráfica.
Do grupo de manga encargáronse dous compoñentes que se repartiron por temáticas: mahō
shōjo, shonen, mecha e spokon.
A continuación presentamos algúns dos títulos e traballos realizados polos compoñentes do
grupo, que consisten en grabacións en vídeo de opinións das obras lidas.
Ver Caderno do Lérez
CL
4. OUTRAS ACTIVIDADES REALIZADAS POLOS MEMBROS DO CLUB
Participaron nas seguintes actividades:
Encontro co autor XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR
Actividade programada para os clubs de 1º e 2º de ESO, e 2º e 3º PEMAR.
A obra seleccionda foi Bicos e que tivo a novidade de contar coa visita do
autor, actividade que se levou a cabo conxuntamente co Equipo de
Dinamización de Lingua Galega.
Preparamos con antelación á visita, tanto na procura de datos biográficos
como no seu percorrido literario. Con toda esta información decidimos
realizarlle unha entrevista na Biblioteca, actividade que resultou ser moi
cercana e entrañabel por parte do autor.
No blog pódese ver un amplo resumo da entrevista, así como os agasallos que se lle fixeron ó
autor e o seu recoñecemento coa colocación dunha placa co seu nome a unha aula do Centro.
Ver Caderno do Lérez
CL
Visita ás librarías de Pontevedra
Xa forma parte das nosas saídas e non faltamos á cita coa visita á Feira do Libro de
Pontevedra, que desta vez tivemos que reconvertila na visita ás librarías de Pontevedra.
En cada unha delas ben pediron información sobre as novidades editoriais, ben xa ían co seu
libro pensado para mercar e que nos gustaría que estivese na biblioteca para compartilos cos
seus compañeiros.
Amais será a súa lectura de verán e formará parte da Guía de Lectura para o
Verán que elabora o Equipo da Biblioteca.
Ver blog
CL
Roteiro “As fragas do Eume”
Como vén sendo habitual, todos os anos facemos un roteiro centrado nunha figura senlleira da
cultura e das letras galegas. e tocoulle o turno a Ánxel Fole.
A obra sobre a que traballamos foi “Á lus do candil”.
A continuación realizamos á visita ás Fragas do Eume, na que os guías do parque nos
estiveron explicando as características desta vexetación, un dos bosques atlánticos de ribeira
mellor conservado. Logo visitamos o Mosteiro de Caaveiro. Antes de comer entramos no
Castelo dos Andrade, onde o noso profesor de Historia, Jorge Potel, nos contou as diversas
liortas que houbo na súa historia. Comemos en Pontedeume, facendo unha parada no Torreón
dos Andrade, símbolo da cidade. Para rematar achegámonos á vila de Betanzos onde
paseamos polo Parque do Pasatempo, precursor dos actuais parques temáticos, construído
inicialmente en 1893 e rematado en 1914, a instancias do benfeitor e emigrante betanceiro na
Arxentina, Juan García Naveira.
CL
Ver Caderno do Lérez
5. MATERIAIS ELABORADOS
Presentación en power point da campaña para ser membro do Club
CL
Vídeos sobre opinións das obras lidas (ver blog)
Guía de Lectura de Verán.
Mostra elaborada coas opinións dos membros dos clubs de lectura que participaron na
visita ás librarías de Pontevedra.
CL
Colaboración co Equipo da Biblioteca
Participación en varios eventos programados tanto desde o punto de visita
organizativo como económico. Visita ás librarías de Pontevedra, Semana da Ciencia e
Día da Lingua Materna.
6. BLOG DO CLUB DE LECTURA
O Club de Lectura dispón do blog Caderno do Lérez no que se van colocando os
diversos eventos que se realizan ó longo do curso.
CL
7. VALORACIÓN FINAL
O alumnado participante mostrou un gran interese polas lecturas e actividades propostas e
valoraron moi positivamente o poder escoitar e respecta opinións dos compañeiros; a
liberdade de opinar sobre variados temas, sen que ninguén se sentise desprazado; participar na
elección dos libros seleccionados; e, por último, a posibilidade de ler por puro pracer.
Destacar a implicación e aportacións dos Clubes de novela gráfica, de 1º e 2º de ESO e o de
1º de Bacharelato, sobre todo o de cómic e manga polo entusiasmo e integración dos sues
compoñentes.
Como todos os anos sempre quedan propostas sen realizar. Tiñamos programados encontros
con outro Club, pero por causas organizativas non se puido relizar, así como a tan desexada
visita interxeneracional. Pero a carga de traballo a que nos vemos sometidos tanto nós coma
os rapaces fixo imposible levalas a cabo.
Do que si quedou unha agradábel lembranza foi o Roteiro Literario e da visita ás librarías de
Pontevedra. Esperamos continuar nesta liña nos vindeiros cursos.
Pontevedra, 28 de xuño de 2017
Vº e Pr.
O DIRECTOR O coordinador
Juan Carlos Pérez Mestre Delfín Ogando Fernández
top related