catedral de santiago de compostela
Post on 27-Jun-2015
626 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
CATEDRAL DE SANTIAGO
Mª LOURDES HERRERO CASASOLA
CATEDRAL DE SANTIAGO
• Construción arquitectónica, localizada en Santiago de Compostela.
• As obras foron encargadas polos bispos Diego Peláez(ata 1087) e Diego Xelmírez(ata1128).
• Obra realizada en pedra fundamentalmente románica.
• Dimensións: a basílica ten 97m de largo.
CATEDRAL DE SANTIAGO
A catedral de Santiago de compostela acolle na súa cripta os restos do apóstolo Santiago o
Maior.
E a xoia que espera o peregrino ao final do camiño, pois neste templo finaliza a ruta de peregrinación establecida polos monxes de
Cluny.
Podemos dicir sen lugar a dúbidas que é a obra cumbre da arquitectura románica en España.
A PLANTA DA CATEDRALA catedral de Santiago é unha das maiores igrexas de
peregrinación do camiño, introduxo dimensións monumentais respecto as súas precedentes hispánicas.
A planta é de cruz latina, practicamente igual que a de Sainte-Foy de Conques, é simétrica e regular, organízase en 3 naves lonxitudinais, precedidas por un nártex e cruzadas por un gran transepto dividido tamén en 3 naves.
A cabeceira acolle un deambulatorio con 5 capelas radiais.
No espacio interior prima a sensación de verticalidade e
esbeltez.
• A nave central ten 22 m de altura e está coberta cunha bóveda de canón con arcos faixóns, contrarrestada por bóvedas de arista nas laterais e de cuarto de canón na tribuna.
• A cabeceira da catedral é de grandes dimensións e dispón dunha xirola.
O alzado articúlase en 2 niveis: as arcadas e a tribuna moi desenrolada.
• Os arcos do 1º nivel descargan sobre piares con columnas adosadas en todas as súas caras, a columna que queda no lado da nave central sube ata o arranque dos arcos faixóns da bóveda e constitúe un elemento divisorio nos diferentes tramos.
Dúas figuras de Santiago.
• A primeira en pedra está situada na fachada para recibir aos peregrinos que chegan desde lonxe.
• A segunda está no altar maior situada encima das cinzas, é de prata e está coberta de pedras preciosas.
O botafumeiro
• Na actualidade é o máis representativo da catedral e o que tódolos peregrinos actuais esperan ver ao remate da misa, pero na idade media tiña outra finalidade pois por unha banda tiña fins terapéuticos e por outra disimulaba o mal olor existente xa que as infeccións eran frecuentes e o cemiterio estaba preto na Praza da Quintana.
O claustro da catedral
• Os claustros son moi característicos, son patios adosados ao templo en torno a os que se constrúe unha galería coberta e sostida por arcos de medio punto que descansan en columnas. É un espacio reservado para o retiro espiritual e a oración.
PORTA DA PRAZA DA QUINTANA
• A porta do perdón situada na praza da Quintana permanece pechada e soamente pode abrirse ao público en Ano Santo, é dicir, cando coincide o 25 de xullo en Domingo.
O PÓRTICO DA GLORIA• Pertence a un románico tardío con influencias
xa claramente góticas, do románico pervive aínda o horror vacui e a organización xerárquica.
• O autor foi o Mestre Mateo e está considerada unha verdadeira obra de arte.
SANTIAGO : ONTE E HOXE
• Na imaxe pode verse a cidade da cultura representación da modernidade e o Santiago tradicional representado pola catedral que conviven perfectamente nesta cidade eterna.
top related