catálogo de obxectos rebuldeiros
Post on 09-Mar-2016
235 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
Cat
álog
o de OBXECTOS REBULDEIROS
TOD
AA
VERDADE SOBRE AS FERAS QUE NOS AXEXANN
AC
ASA
PABLO PRESTIFILIPPO
Título orixinal: Catálogo de objetos traviesos
© do texto e das ilustracións: Pablo Prestifilippo, 2008
© da tradución: Ramón Nicolás, 2011
© desta edición: Kalandraka Editora, 2011
Italia, 37. 36162 PontevedraTel: 986 860 276editora@kalandraka.comwww.kalandraka.com
Faktoría K de Libros é un selo editorial de Kalandraka Editora.
Impreso en Eujoa, AsturiasPrimeira edición: xaneiro, 2011ISBN: 978-84-96957-99-2DL: PO 648-2010Reservados todos os dereitos
P A B L O P R E S T I F I L I P P O
Catálogo de
O B X E C T O S R E B U L D E I R O STODA A VERDADE SOBRE AS FERAS QUE NOS AXEXAN NA CASA
O profesor Aristítoles (Tito para os amigos) unha noite
viu na televisión un programa «científico» no que aparecía un señor
que tiña na parede da súa casa unha mancha de humidade co retrato
dun xogador de fútbol, logo apareceu unha señora dicindo
que convivía coa pantasma do pirata Barbanegra
e por último falou unha familia que afirmaba soportar
todas as noites o espírito do avó a cantar rancheiras.
LIMIAR
«A todos estes fenómenos pódeselles dar
unha explicación científica», berrou irado o profesor.
Para dar cabo a tanta fábula e enganos
o profesor Aristítoles (Tito para os amigos)
realizou unha expedición polo interior da súa casa que
durou dous anos. O manual que tendes nas vosas mans
é o resultado dos seus descubrimentos e dá resposta
a algúns dos misterios máis sorprendentes
que se agochan no noso fogar.
APARICIÓNS? PANTASMAS? ESPÍRITOS? MENTIRAS!!!!
Ao meu home abducírono os marcianos e, ao volvelo, erraron na casa,
e deixárono no cuarto da veciña!
TESTEMUÑO
SORPRENDENTE!
BECHOS NÓMADES
Extraterrestres? Diso nada!: A primavera que
o sangue altera e unha boa escaleira de caracol.
1AS ESCALEIRAS DE CARACOLAs verdadeiras escaleiras de caracol, fabricadas coas cunchasdestes moluscos testáceos, móvense tan devagariño coma o mesmo caracol.Por iso ninguén sabe que camiñan.Non obstante, algunhas noites, especialmentena primavera e coa lúa chea, saen a pasear.Móvense estricándose coma un resorte e,ao longo dunhas horas conectan a nosa casacon lugares insospeitados.Se nese intre baixamos ou subimospor elas, chegaremos sen quererá ribeira dalgún río, á casa do ladoou ao Ministerio de Transportes.
A
AS LUVAS BULIDEIRASB
O misterio da luva solitaria:
Por que sempre se perde unha única luva?
Unha luva bulideiraé aquela que se negaa ficar queda no caixónonde a deixamos.
ORIXE
A súa orixe estána capacidade que teñenalgúns artesáns paraaproveitar toda a peldo animal, incluíndoa zona da pata.A luva fabricadacoa pel da pataserá unha luva bulideira e sempre adoitarásaír ás carreiras.
LUVA BULIDEIRA
LUVA
BUL
IDEIRA
LUVA
BUL
IDEIRALUVA BULIDEIRA
LUVA
BULIDE
IRA
LUVA
BUL
IDEIRA
Catá
log
o de OBXECTOS REBULDEIROS LIMIAR
1 BECHOS NÓMADES
a ) As escaleiras de caracolb) As luvas bulideiras
2 BECHOS DAS CORTES
a ) Con cabeza:as cadeiras durmidas
b) Sen cabeza:as camas tarambai nas
3 BECHOS ACUÁTICOS
a) Os xabóns quiméricosb) As esponxas impasibles
c) As bil las resentidas
4 BECHOS TERRITORIAIS
a) Os reloxos de areab) Os calcetíns salvaxes
5 BECHOS DESARRAIGADOS
a) As dentaduras postizasb) Os espellos confundidos
6 UN BECHO Á PARTE
a) Os panos das mans voláti les
Porque nun par,
unha das luvas ás veces é «bulideira».
ALGÚNS EXEMPLOS DE LUVAS BULIDEIRAS
•Luvas bulideiras de pel de vaca:
estas luvas son doadas de recuperarpois son bechos preguiceirosque sempre están a roldar o caixónque lles recorda a súa corte.
•Luvas bulideiras de pel de ñu ou de calquera outro becho migratorio:
esqueza recuperalas.
•Luvas bulideiras de pel de «touro bravo»:
son luvas agresivasque adoitan cornearos seus propios fabricantes.
•Luvas bulideiras de pel de serpe:
sempre son bulideiraspois este becho é «puro pé».O seu uso non se recomenda pois,alén de seren pouco ecolóxicas,adoitan envelenarnos,asfixiarnos e logo comernos.
top related