canón do sil

Post on 24-May-2015

92 Views

Category:

Education

6 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

CANÓN DO SIL

EXTENSIÓN: 5.914 ha CONCELLOS: Parada do Sil, Nogueira de Ramuín, Pantón, Sober.PROTECCCIÓN: LICVALORES NATURAIS: paisaxe, formacións graníticas, flora e fauna mediterránea e atlántica

Inclúe a ribeira do Canón do Sil, desde Os Peares ata Chandrexa e Pinol, e o canón do Cabe, desde Canaval ata a unión co Sil. 65 km de canón con zonas onde as paredes verticais acadan ata os 500 m de altura.

CARACTERÍSTICAS

Canón do Sil desde o monte Meda

É unha área de características mediterráneas con precipitacións escasas e concentradas no inverno e unha gran amplitude térmica. O maior interese desta zona reside na espectaculidade das paisaxes do canón do Sil, de grande valor xeolóxico, e ecolóxico. Ten ademais un grande interese cultural.

CARACTERÍSTICAS

A formación desde canón tivo a súa orixe a finais da Era Terciaria e comezos da Cuaternaria cando a chaira erosionada ao erguerse verticalmente obrigou aos ríos a circular aproveitando as fracturas que racharon o terreo.

O Sil neste espazo recibe nuemerosos afluentes. Os mais importantes son o Cabe, pola dereita, e o Mao e o Edo pola esquerda.Hai dous encoros, o de San Pedro (1959) e o de San Estebo (1955).

Encoro de San Estevo

PLANTASNas beiras do Sil atópanse especies atlánticas e mediterráneas mesturadas que se distribúen en función da orientación das abas. As aciñeiras, as sobreiras, os érbedos e os rebolos atópanse nas partes máis secas e expostas ao sol. Nos lugares de menor pendente atópanse extensas reboleiras e soutos de castiñeiros. Nas marxes dos ríos hai ameneiros e abelairas.

Érbedo

FreixoAciñeira

sobreira

rebolo

liques

Bosque no outono

ANIMAIS

Bufo real

A fauna é moi variada. Os cantís acollen aves de rapina (falcón peregrino, lagarteiro peneireiro, águia real, águia perdiceira, azor, bufo real...); no río podemos ver corvos mariños, garzas, parrulos (chupón e cristado), lavancos, merlos rieiros, lavandeiras... e nos bosques hai lobo, xabarín, raposo, xeneta, gato bravo, corzo, morcego da fraga, morcego de orellas partidas...

Águia real

Miñato

Garza real

O nome de “Ribeira Sacra” débese aos numerosos mosteiros e igrexas que hai polas beiras do río: Santo Estebo e Santa Cristina de Ribas de Sil (Ourense), mosteiro de Pombeiro; igrexas de Bolmente, Canaval, Lobios, Pinol e Proendos (Lugo).

Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

HISTORIAA zona estivo habitada desde tempos moi antigos. Desde a época romana hai informes do cultivo da vide para elaborar viños de excelente calidade.Toda a área conserva un rico patrimonio histórico e etnográfico.

PUNTOS DE INTERESEPor todo o percorrido do Sil hai moitos miradoiros desde onde se poden contemplar vistas espectaculares do canón.

Cantís de Nogueiro desde Santo Estevo

Miradoiro de Cabezoás Miradoiro de Matacás

Miradoiro das Torgás

Miradoiro das Ribeira Sacra (Sober)

PROBLEMAS

Uns dos maiores problemas son os encoros. Practicamente todo o percorrido do río e dos seus afluentes está encorado.

ANDREA VÁZQUEZ PADÍN 2ºESO A (2014)

top related