boletÍn oficial do parlamento de galiciaparlamentodegalicia.gal/sitios/web/... · pola xeada no...

Post on 24-Jun-2020

1 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

X lexislaturaNúmero 11929 de maio de 2017

SUMARIO

1. Procedementos parlamentarios

1.1. Procedementos de natureza normativa1.1.2. Propostas de normas1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei1.1.2.1.5. Proposicións de lei de iniciativa popular

Rexeitamento da toma en consideración

ı 50812 (09/PPLI-000014)Comisión PromotoraProposición de lei de iniciativa lexislativa popular para a creación do hospital público e único dePontevedra mediante a ampliación do Hospital Montecelo 31664

1.1.2.2. Outras propostas de normas 1.1.2.2.3. Proposicións de reforma do Regulamento do Parlamento

Rexeitamento da toma en consideración

ı 6438 (10/PPLR-000001)Grupo Parlamentario de En MareaSolla Fernández, EvaProposición de lei de reforma do Regulamento 31664

1.3. Procedementos de control e impulso1.3.5. Mocións1.3.5.4. Mocións tramitadas

Rexeitamento da iniciativa

ı 9055 (10/MOC-000031)Grupo Parlamentario de En MareaVázquez Verao, Paula, e Villares Naveira, LuisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizarao Goberno central en relación cos datos referidos á pobreza infantil. (Moción a consecuenciada Interpelación nº 2459, publicada no BOPG nº 36, do 28.12.2016, e debatida na sesión plenariado 09.05.2017) 31664

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

31660

X lexislatura. Número 119. 29 de maio de 2017

1.3.6. Proposicións non de lei1.3.6.1. Proposicións non de lei en Pleno1.3.6.1.4. Proposicións tramitadas

Aprobación sen modificacións

ı 1245 (10/PNP-000111)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaNúñez Centeno, Aurelio Alfonso, e catro deputados/as máisSobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da mellora e clarificación da regulaciónda publicidade sanitaria, no relativo a centros, establecementos, bens e servizos para evitar anun-cios enganosos 31665

ı 5577 (10/PNP-000473)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaAntón Vilasánchez, María Ángeles, e oito deputados/as máisSobre o mantemento e promoción pola Xunta de Galicia das axudas na Área de Rehabilitación In-tegral dos Camiños de Santiago, como mínimo, ata o ano 2020 31665

Aprobación con modificacións

ı 8571 (10/PNP-000803)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDíaz Villoslada, Juan Manuel, e dous deputados/as máisSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central, así como a actuaciónque debe levar a cabo en relación coa situación política e social que se está a vivir en Venezuela, e,nomeadamente, a das persoas galegas emigrantes nese país 31666

Rexeitamento da iniciativa

ı 8075 (10/PNP-000746)Grupo Parlamentario de En MareaCasal Vidal, FranciscoSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas prácticas comerciaisque están a levar a cabo as compañías distribuidoras de electricidade para contratar ou trasladaros seus clientes ao mercado libre da enerxía eléctrica 31667

ı 8157 (10/PNP-000754)Grupo Parlamentario de En MareaSánchez García, AntónSobre o traslado pola de Xunta de Galicia ao Congreso dos Deputados da solicitude de constitucióndunha comisión parlamentaria de investigación sobre as causas do accidente ferroviario acontecidoen Angrois-Santiago o 24 de xullo de 2013, así como sobre as condicións de seguridade na rede fe-rroviaria de alta velocidade 31667

31661

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 119. 29 de maio de 2017

ı 8481 (10/PNP-000796)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio, e Pérez Seco, José ManuelSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto e as perdaseconómicas ocasionadas polas xeadas acaecidas a finais do mes de abril de 2017 ao sector vitivi-nícola das distintas denominacións de orixe nas provincias de Lugo e Ourense 31667

ı 8545 (10/PNP-000800)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRivas Cruz, José Luis, e cinco deputados/as máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos danos ocasionadospola xeada no viñedo, na noite do 26 ao 27 de abril de 2017, nas provincias de Lugo e Ourense,principalmente nas zonas das denominacións de orixe do Ribeiro, a Ribeira Sacra, Valdeorras eMonterrei 31667

ı 8618 (10/PNP-000808)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén, e cinco deputados/as máisvSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e a demanda que debe realizar aoGoberno central en relación co investimento previsto no Programa de Estabilidade de España2017-2020 para o rescate de diversas autoestradas 31667

1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión1.3.6.2.4. Proposicións tramitadas

COMISIóN 7ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIóN, GANDARíA E MONTES

Aprobación sen modificacións

ı 8726 (10/PNC-000923)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaGonzález Vázquez, José, e seis deputados/as máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar aoGoberno central en relación cos danos ocasionados pola xeada, na última semana do mes de abrilde 2017, nos viñedos das denominacións de orixe da provincia de Ourense 31668

Rexeitamento da iniciativa

ı 7747 (10/PNC-000811)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio, e Pérez Seco, José ManuelSobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da defensa, nas negociacións coa UniónEuropea, do mantemento e/ou mellora da política agraria común para Galicia 31669

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

31662

X lexislatura. Número 119. 29 de maio de 2017

ı 8386 (10/PNC-000879)Grupo Parlamentario de En MareaRodríguez Estévez, David, e Quinteiro Araújo, PaulaSobre o establecemento polo Goberno galego dunha liña específica de axudas para paliar os danosocasionados pola xeada o día 27 de abril de 2017 aos viticultores do Ribeiro, a Ribeira Sacra, Valde-orras e Monterrei 31669

1.5. Procedementos relativos a outras institucións e órganos1.5.4. De ámbito europeo1.5.4.1. Unión Europea

ı Resolución da Presidencia, do 26 de maio de 2017, pola que se admite a trámite o escrito dasCortes Xerais polo que se achega documentación relativa á Proposta de regulamento do Parla-mento Europeo e do Consello que modifica o Regulamento (UE) n.º 648/2012 no relativo á obrigade compensación, a suspensión da obriga de compensación, os requisitos de notificación, as téc-nicas de redución do risco nos contratos de derivados extrabursátiles non compensados por unhaentidade de contrapartida central, a inscrición e a supervisión dos rexistros de operacións e os re-quisitos aplicables aos rexistros de operacións (Texto pertinente a efectos do EEE) [COM(2017) 208final] [COM(2017) 208 final Anexo] [2017/0090 (COD)] {SWD(2017) 148 final} {SWD(2017) 149 final}

10/UECS-000070 (9544)Consulta sobre aplicación do principio de subsidiaridade relativo á Proposta de regulamento do Par-lamento Europeo e do Consello que modifica o Regulamento (UE) nº 648/2012 no relativo á obriga decompensación, a suspensión da obriga de compensación, os requisitos de notificación, as técnicas deredución do risco nos contratos de derivados extrabursátiles non compensados por unha entidadede contrapartida central, a inscrición e a supervisión dos rexistros de operacións e os requisitos apli-cables aos rexistros de operacións (Texto pertinente a efectos do EEE) [COM(2017) 208 final][COM(2017) 208 final Anexo] [2017/0090 (COD)] {SWD(2017) 148 final} {SWD(2017) 149 final} 31672

31663

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 119. 29 de maio de 2017

O Pleno do Parlamento, na sesión do 23 de maio de 2017, adoptou os seguintes acordos:

1. Procedementos parlamentarios

1.1. Procedementos de natureza normativa1.1.2. Propostas de normas1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei1.1.2.1.5. Proposicións de lei de iniciativa popular

Rexeitamento da toma en consideración

- 50812 (09/PPLI-000014)Comisión PromotoraProposición de lei de iniciativa lexislativa popular para a creación do hospital público e único dePontevedra mediante a ampliación do Hospital Montecelo.BOPG nº 671, do 06.07.2016

Sométese a votación a toma en consideración e resulta rexeitada por 30 votos a favor, 40 votos encontra e ningunha abstención.

1.1.2.2. Outras propostas de normas 1.1.2.2.3. Proposicións de reforma do Regulamento do Parlamento

Rexeitamento da toma en consideración

- 6438 (10/PPLR-000001)Grupo Parlamentario de En MareaSolla Fernández, EvaProposición de lei de reforma do Regulamento.BOPG nº 83, do 15.03.2017

Sométese a votación a toma en consideración e resulta rexeitada por 30 votos a favor, 40 votos encontra e ningunha abstención.

1.3. Procedementos de control e impulso1.3.5. Mocións1.3.5.4. Mocións tramitadas

Rexeitamento da iniciativa

- 9055 (10/MOC-000031)Grupo Parlamentario de En MareaVázquez Verao, Paula, e Villares Naveira, LuisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizarao Goberno central en relación cos datos referidos á pobreza infantil. (Moción a consecuencia

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

31664

X lexislatura. Número 119. 29 de maio de 2017

da Interpelación nº 2459, publicada no BOPG nº 36, do 28.12.2016, e debatida na sesión plenariado 09.05.2017).BOPG nº 115, do 18.05.2017

Sométese a votación e resulta rexeitada por 32 votos a favor, 40 votos en contra e ningunha abstención.

1.3.6. Proposicións non de lei1.3.6.1. Proposicións non de lei en Pleno1.3.6.1.4. Proposicións tramitadas

Aprobación sen modificacións

- 1245 (10/PNP-000111)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaNúñez Centeno, Aurelio Alfonso, e catro deputados/as máisSobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da mellora e clarificación da regulaciónda publicidade sanitaria, no relativo a centros, establecementos, bens e servizos para evitar anun-cios enganosos.BOPG nº 18, do 23.11.2016

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 40 votos a favor, ningún voto encontra e 32 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que melloree clarifique a regulación da publicidade sanitaria no relativo a centros, establecementos, bens eservizos, para evitar anuncios enganosos, limitando especialmente todo aquilo que poida constituírun risco para a saúde, e contando para iso cos colexios profesionais.»

- 5577 (10/PNP-000473)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaAntón Vilasánchez, María Ángeles, e oito deputados/as máisSobre o mantemento e promoción pola Xunta de Galicia das axudas na Área de Rehabilitación In-tegral dos Camiños de Santiago, como mínimo, ata o ano 2020.BOPG nº 75, do 01.03.2017

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 40 votos a favor, ningún voto encontra e 32 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a manter e promover as axudas na Área de Re-habilitación dos Camiños de Santiago nos próximos anos, como mínimo ata o ano 2020.»

31665

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 119. 29 de maio de 2017

Aprobación con modificacións

- 8571 (10/PNP-000803)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDíaz Villoslada, Juan Manuel, e dous deputados/as máisSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central, así como a actuaciónque debe levar a cabo en relación coa situación política e social que se está a vivir en Venezuela, e,nomeadamente, a das persoas galegas emigrantes nese país.BOPG nº 112, do 10.05.2017

Sométese a votación por puntos e o resultado é o seguinte:

Punto 1: aprobado por 53 votos a favor, 18 votos en contra e ningunha abstención.

Puntos 2, 3 e 4: aprobados por 60 votos a favor, ningún voto en contra e 12 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:

«O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:

1º. Demandar do Goberno do Estado unha acción exterior firme, prioritaria e prudente co Gobernoda República de Venezuela que, apostando polo diálogo, garanta as liberdades democráticas ve-nezolanas, coa liberación dos presos políticos, asegure os necesarios procesos electorais transpa-rentes e exixa o máximo respecto aos dereitos humanos.

2º. Demandar do Goberno central unha solución urxente con Venezuela, co fin de garantir a pro-tección da nosa emigración naquel país, reforzando os contactos diplomáticos co Goberno vene-zolano e promovendo as accións legais que sexan oportunas en prol do efectivo cumprimentodo convenio bilateral de Seguridade Social entre España e Venezuela, asinado o 12 de maio de1988; establecendo os mecanismos precisos para que o Goberno de Venezuela garanta ao espa-ñol o pagamento do importe íntegro das cantidades obxecto de débeda e a continuidade dasprestacións.

3º. Que se dirixa ao Goberno de España para que lles garanta aos pensionistas de Venezuela resi-dentes en Galicia e no resto do Estado que cumpran os requisitos exixidos polas normas xerais es-pañolas o cobramento da pensión que lles corresponda, por non ter efectividade os ingresos deVenezuela, de tal xeito que poidan percibir a prestación periódica que proceda en función da súasituación social segundo o previsto na nosa lexislación vixente, adiantándoa de xeito transitorio,sen carácter consolidable e con carácter reintegrable, ata que o Goberno de Venezuela volva regu-larizar o pagamento das súas pensións.

4º. Adoptar todas as medidas necesarias para atender as necesidades máis urxentes dos emigran-tes galegos máis afectados pola súa situación en Venezuela e polo non-pagamento das súas pen-sións por parte do seu Goberno.»

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

31666

X lexislatura. Número 119. 29 de maio de 2017

Rexeitamento da iniciativa

- 8075 (10/PNP-000746)Grupo Parlamentario de En MareaCasal Vidal, FranciscoSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas prácticas comerciaisque están a levar a cabo as compañías distribuidoras de electricidade para contratar ou trasladaros seus clientes ao mercado libre da enerxía eléctrica.BOPG nº 105, do 26.04.2017

Sométese a votación e resulta rexeitada por 32 votos a favor, 40 votos en contra e ningunha abstención.

- 8157 (10/PNP-000754)Grupo Parlamentario de En MareaSánchez García, AntónSobre o traslado pola de Xunta de Galicia ao Congreso dos Deputados da solicitude de constitucióndunha comisión parlamentaria de investigación sobre as causas do accidente ferroviario acontecidoen Angrois-Santiago o 24 de xullo de 2013, así como sobre as condicións de seguridade na rede fe-rroviaria de alta velocidade.BOPG nº 109, do 03.05.2017

Sométese a votación e resulta rexeitada por 31 votos a favor, 40 votos en contra e ningunha abstención.

- 8481 (10/PNP-000796)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio, e Pérez Seco, José ManuelSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto e as perdaseconómicas ocasionadas polas xeadas acaecidas a finais do mes de abril de 2017 ao sector vitivi-nícola das distintas denominacións de orixe nas provincias de Lugo e Ourense.BOPG nº 112, do 10.05.2017

Sométese a votación e resulta rexeitada por 32 votos a favor, 40 votos en contra e ningunha abstención.

- 8545 (10/PNP-000800)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRivas Cruz, José Luis, e cinco deputados/as máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos danos ocasionados polaxeada no viñedo, na noite do 26 ao 27 de abril de 2017, nas provincias de Lugo e Ourense, principal-mente nas zonas das denominacións de orixe do Ribeiro, a Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei.BOPG nº 112, do 10.05.2017

Sométese a votación e resulta rexeitada por 32 votos a favor, 40 votos en contra e ningunha abstención.

- 8618 (10/PNP-000808)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén, e cinco deputados/as máis

31667

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 119. 29 de maio de 2017

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e a demanda que debe realizar aoGoberno central en relación co investimento previsto no Programa de Estabilidade de España2017-2020 para o rescate de diversas autoestradas.BOPG nº 112, do 10.05.2017

Sométese a votación e resulta rexeitada por 32 votos a favor, 40 votos en contra e ningunha abstención.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2017Miguel Ángel Santalices VieiraPresidente

1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión1.3.6.2.4. Proposicións tramitadas

COMISIóN 7ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIóN, GANDARíA E MONTES

A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 26 de maio de 2017,adoptou os seguintes acordos:

Aprobación sen modificacións

- 8726 (10/PNC-000923)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaGonzález Vázquez, José, e seis deputados/as máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar aoGoberno central en relación cos danos ocasionados pola xeada, na última semana do mes de abrilde 2017, nos viñedos das denominacións de orixe da provincia de OurenseBOPG nº 115, do 18.05.2017

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e5 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

1. Que habilite todos os mecanismos ao seu alcance para que técnicos especializados poidan ase-sorar convenientemente os viticultores nos labores de repoda e recuperación dos viñedos.

2. Que realice todas as actuacións precisas para a consideración das xeadas da última semana deabril de 2017 como ‘fenómeno climático adverso’ na terminoloxía das directrices europeas aplica-bles, como paso previo á posible concesión de axudas aos produtores afectados e destinadas á re-paración dos danos causados.

3. Que se dirixa ao Goberno español para que o Ministerio de Facenda tome en consideración osdanos causados polas xeadas para efectos de minorar o rendemento resultante do método de es-timación obxectiva aplicable no IRPF dos viticultores afectados nos anos 2017 e 2018.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

31668

X lexislatura. Número 119. 29 de maio de 2017

4. Que se dirixa ao Goberno español para que a Seguridade Social tome en consideración os danoscausados polas xeadas para efectos de establecer bonificacións ou moratorias sen xuros nos pa-gamentos a este organismo que deban facer os viticultores afectados nos anos 2017 e 2018.

5. Que, en colaboración coas entidades financeiras públicas ou privadas, establezan convenios quepermitan financiar a perda de ingresos dos viticultores afectados en máis dun 50% da súa produción,habilitando préstamos a custo cero e con prazos adecuados de devolución.

6. Impulsar de maneira decidida a contratación de seguros contra xeadas e outros riscos excepcio-nais que afectan as explotacións agrícolas.

7. Que nas axudas para a mellora das explotacións agrícolas se prime especialmente a implantaciónde sistemas antixeadas.

8. Que nas axudas para plantación de novos viñedos se conceda prioridade ás plantacións que serealicen naquelas zonas que polas súas características de altitude, orientación e ventilación esteanmenos expostas ás xeadas.

9. Que na concesión de dereitos de plantación se conceda prioridade ás plantacións que se realicennaquelas zonas que polas súas características de altitude, orientación e ventilación estean menosexpostas ás xeadas.»

Rexeitamento da iniciativa

- 7747 (10/PNC-000811)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio, e Pérez Seco, José ManuelSobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da defensa, nas negociacións coa UniónEuropea, do mantemento e/ou mellora da política agraria común para GaliciaBOPG nº 100, do 19.04.2017

Sométese a votación e resulta rexeitada por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.

- 8386 (10/PNC-000879)Grupo Parlamentario de En MareaRodríguez Estévez, David, e Quinteiro Araújo, PaulaSobre o establecemento polo Goberno galego dunha liña específica de axudas para paliar os danosocasionados pola xeada o día 27 de abril de 2017 aos viticultores do Ribeiro, a Ribeira Sacra, Valde-orras e MonterreiBOPG nº 109, do 03.05.2017

Sométese a votación e resulta rexeitada por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2017Eva Solla FernándezVicepresidenta 2ª

31669

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 119. 29 de maio de 2017

1.5. Procedementos relativos a outras institucións e órganos1.5.4. De ámbito europeo1.5.4.1. Unión Europea

Resolución da Presidencia, do 26 de maio de 2017, pola que se admite a trámite o escritodas Cortes Xerais polo que se achega documentación relativa á Proposta de regulamentodo Parlamento Europeo e do Consello que modifica o Regulamento (UE) n.º 648/2012 norelativo á obriga de compensación, a suspensión da obriga de compensación, os requi-sitos de notificación, as técnicas de redución do risco nos contratos de derivados extra-bursátiles non compensados por unha entidade de contrapartida central, a inscrición ea supervisión dos rexistros de operacións e os requisitos aplicables aos rexistros de ope-racións (Texto pertinente a efectos do EEE) [COM(2017) 208 final] [COM(2017) 208 finalAnexo] [2017/0090 (COD)] {SWD(2017) 148 final} {SWD(2017) 149 final}

-10/UECS-000070 (9544)Consulta sobre aplicación do principio de subsidiaridade relativo á Proposta de regulamento do Par-lamento Europeo e do Consello que modifica o Regulamento (UE) nº 648/2012 no relativo á obrigade compensación, a suspensión da obriga de compensación, os requisitos de notificación, as técnicasde redución do risco nos contratos de derivados extrabursátiles non compensados por unha enti-dade de contrapartida central, a inscrición e a supervisión dos rexistros de operacións e os requisitosaplicables aos rexistros de operacións (Texto pertinente a efectos do EEE) [COM(2017) 208 final][COM(2017) 208 final Anexo] [2017/0090 (COD)] {SWD(2017) 148 final} {SWD(2017) 149 final}

No Rexistro Xeral do Parlamento de Galicia tivo entrada, co número 9544, o escrito das Cortes Xeraispolo que se achega documentación relativa á solicitude da Comisión Mixta para a Unión Europea enrelación coa consulta sobre a aplicación do principio de subsidiariedade na Proposta de regulamentodo Parlamento Europeo e do Consello que modifica o Regulamento (UE) nº 648/2012 no relativo áobriga de compensación, a suspensión da obriga de compensación, os requisitos de notificación, astécnicas de redución do risco nos contratos de derivados extrabursátiles non compensados por unhaentidade de contrapartida central, a inscrición e a supervisión dos rexistros de operacións e os requi-sitos aplicables aos rexistros de operacións (Texto pertinente a efectos do EEE) [COM(2017) 208 final][COM(2017) 208 final Anexo] [2017/0090 (COD)] {SWD(2017) 148 final} {SWD(2017) 149 final}.

Conforme o establecido na norma segunda das Normas reguladoras do procedemento para o con-trol do principio de subsidiariedade nos proxectos lexislativos da Unión Europea (BOPG 27 do 9 dedecembro de 2016), resolvo:

1º. Trasladarlles o referido escrito á Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos e mais aosportavoces dos grupos parlamentarios e ordenar a súa publicación no Boletín Oficial do Parlamentode Galicia.

2º. Conforme o disposto na norma terceira das citadas normas, no prazo dos dez días naturais se-guintes á remisión do proxecto de acto lexislativo, os grupos parlamentarios poderán presentarpropostas de ditame motivado nas que deberán expoñer as razóns polas que consideran que oproxecto de acto lexislativo da Unión Europea resulta contrario, en todo ou en parte, ao principiode subsidiariedade.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

31670

X lexislatura. Número 119. 29 de maio de 2017

As propostas de ditame motivado presentaranse ante a Mesa, que as cualificará e admitirá a trámitese reúnen os requisitos establecidos neste acordo.

A ausencia de propostas de ditame determinará a finalización do procedemento.

3º. Dar conta desta resolución na próxima reunión da Mesa que teña lugar.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2017Miguel Ángel Santalices VieiraPresidente

31671

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 119. 29 de maio de 2017

31672

31673

31674

31675

31676

31677

31678

31679

31680

31681

31682

31683

31684

31685

31686

31687

31688

31689

31690

31691

31692

31693

31694

31695

31696

31697

31698

31699

31700

31701

31702

31703

31704

31705

31706

31707

31708

31709

31710

31711

31712

31713

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Edición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia. Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25 Dep. Leg. C-155-1982. ISSN 1133-2727

top related