biorremediación

Post on 15-Apr-2017

27 Views

Category:

Education

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Biorremediación:

Paula Ares, Manuel Ángel Lado,Cristina González

Contidos:- Definición

- Usos da Biorremediación

- Uso da Biotecnoloxía na Biorremediación

- Micorremediación

- Tipos de biorremediación

Definición de Biorremediación:

Este é calquera proceso que utilice microorganismos, fungos, plantas ou enzimas derivadas de estes seres vivos para provocar que un ambiente alterado por contaminantes volva a súa condición natural.

Usos da Biorremediación: A biorremediación pode ser utilizada para eliminar certos contaminantes do solo, por exemplo a degradación bacteriana de hidrocarburos.

Un exemplo de tratamento máis xeneralizado é a limpeza de derrames de petróleo por medio da adición de fertilizantes, con nitratos e sulfatos, para estimular a reprodución de bacterias nativas e desta forma facilitar a descomposición do petróleo cru.

Usos da Biotecnoloxía na Biorremediación: Co emprego da enxeñaría xenética podemos crear organismos específicos para a biorremediación.

Mediante estas técnicas biotecnolóxicas pódese modificar bacterias para a eliminación de determinadas substancias.

Como por exemplo a bacteria Deinococcus radioduran, foi modificada para a eliminación do tolueno e os ións de mercurio de desperdicios nucleares altamente radioactivos.

micorremediación: É un método deste proceso no que se empregan fungos para descontaminar os solos. Un dos papeis do fungos no ecosistema é o da descomposición, efectuada polos micelios (constitúen o corpo vexetativo do fungo). Estes segregan enzimas extracelulares e ácidos que serven para degradar a lignina e celulosa. Están formados por largas cadeas de carbono e hidróxeno con unións químicas moi fortes.

A súa estrutura é similar á de moitos contaminantes actuais. O fundamental deste método é identificar a cepa de fungos máis apropiada para tratar cada tipo específico de contaminante.

TIPOS DE BIORREMEDIACIÓN:❏Degradación enzimática:

Consiste no emprego de enzimas (froito de bacterias transformadas previamente) naqueles lugares que estén contaminados e así degradar as substancias nocivas. Esta aplicación leva décadas funcionando.

❏ Remediación microbiana

Fai referencia ao emprego de microorganismos directamente no foco da contaminación. Os microorganismos poden existir no lugar, ou vir doutros ecosistemas, pero noste caso deben ser inoculados (ubicar algo que posteriormente medrará e se reproducirá dentro dun corpo) dentro do lugar afectado. Cando non é necesaria a inocuación, administranse nutrientes para acelerar o proceso.

Bacterias e hongos degradas facilmente petróleo e derivados, PCB, arsénico selenio…

Os metais pesados non son biodegradables, pero poden concentralos e aislalos e así sexa máis facil a súa eliminación.

❏ Fitorremediación

Consiste no emprego de plantas para limpar o ambiente cotaminado. É unha técnica que aínda se atopa en desenvolvemento e estudo, pero é interesante polo feito de que algunhas especies vexetais son capaces de soportar grandes concentracións de contaminantes.

A fitorremediación aparece por:

acumulación de contaminantes na parte aérea da planta

absorción do contaminante polas raíces

reducción da movilidade do contaminante

baterias e fungos que medran nas raíces das plantas degradan os contaminantes

captación e modificación do contaminante para logo liberalo á atmosfera

top related