asdifica - inicio | cogami€¦ · - 1 camilla - 2 lámpadas infravermellos con pé - 1 colchoneta...
Post on 05-Oct-2020
6 Views
Preview:
TRANSCRIPT
MEMORIA DE
ACTIVIDADES 2015
Asdifica
2
Datos da entidade:
Asociación de Discapacitados Físicos de Carballiño
e Comarca
Avda Julio Rodriguez Soto nº 37 1º andar
32500 O Carballiño
CIF: G-32348401
Tlfno: 639 33 44 91
e-mail: asdifica@gmail.com
3
INDICE
1-Introducción
a. Historia da Asociación b. Finalidade e obxectivos c. Os socios
2-Recursos Humanos, Materiais e Económicos
3-Programas e actividades
a.Programa de Atención Socio Sanitaria
- Servizo de Información e Asesoramento
- Servizo de Rehabilitación
b.Programa de Sensibilación Social
c.Programa de Eliminación de barreiras
d.Programa de Ocio e tempo libre
e. Búsqueda de financiamento
f. Actividades e Reunións
4.Evaluación dos resultados obtidos
5.Balance de Ingresos e Gastos 2015
6.Actuacións previstas para o ano 2016
4
INTRODUCCION
HISTORIA DA ASOCIACIÓN
A asociación de Discapacitados Físicos de Carballiño e Comarca,
créase en Febreiro do ano 2006 co fin de dar resposta á demanda do
colectivo de persoas con discapacidade desta Comarca. Esta funciona
correctamente ata o ano 2012 que empeza en decadencia.
En Novembro do 2014 comeza con unha nova directiva que loita para
que non se perda collendo soamente a parte social e en setembro do
2015 reabre as suas portas o público realizando xa actividades para
os seus socios.
O seu ámbito de actuación é comarcal, abarcando os concellos
de Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San
Amaro e San Cristovo de Cea.
Está inscrita nos seguintes Rexistros:
-Xunta de Galicia, Consellería de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza co nº 2006/009403-1 (OU).
-Xunta de Galicia, Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar,
inscrita como Entidade Prestadora de Servizos Sociais co nº E-2046.
-Xunta de Galicia, Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar,
inscrita no censo de entidades de Acción Voluntaria de Galicia co nº
O-513
-Rexistro de Asociación do Concello de Carballiño
-Xunta de Galicia, Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de
Residuos de Galicia para realizar a actividade de recollida e
5
transporte de residuos non perigosos de orixe industrial co nº OU-I-
NP-XRT00009
-Xunta de Galicia, Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de
Residuos de Galicia para realizar actividades de recollida e transporte
de residuos urbanos co nº SC-U-NP-XRT-00110
Ademais é membro das seguintes Federacións
-Federación Provincial de Asociacións d Discapacitados Físicos de
Ourense, DISCAFIS-COGAMI
-Federación de Asociacións Socio Culturais de Carballiño.
FINALIDADE E OBXECTIVOS
A Finalidade da Asociación de Discapacitados
Físicos de Carballiño e Comarca é mellora-la calidade de
vida e lograr a plena integración das persoas con
discapacidade, tanto no ámbito social como no laboral
ainda que este último non está en función desde o 2014
Os obxectivos Xerais son os seguintes:
-Promover o cambio social no referido o colectivo de
persoas con discapacidade física.
-Buscar os medios axeitados para evitar a marxinación
social
-Fomentar a integración laboral das persoas con
discapacidade física
6
-Fomentar a sensibilización social
-Mellorar a calidade de vida bio-psico-social dos seus
socios e das persoas con discapacidade en xeral.
Os obxectivos anuais que nos plantexamos na
asociación son os seguintes:
-Aumentar o número de socios (tanto con
discapacidade coma colaboradores)
-Sumar usuarios nos servizos que prestamos
-Aumentar o número de actividades promovidas dende
cada servizo
-En definitiva, mellorar de xeito global o
funcionamento da asociación.
OS SOCIOS
Nos anos anteriores chegaron a ser un total de 250
socios, sendo 84 deles persoas con discapacidade e 166
colaboradores.
Hoxe estamos nun total de 38 socios dos cales 19 son
con discapacidade, 16 colaboradores e 3 voluntarios.
O rango de idades son entre 7 e os 87 anos.
7
O número de socios (tanto con discapacidade
como colaboradores) que participaron nalgunha das
nosas actividades ou servizos foi de 21
RECURSOS HUMANOS, MATERIAIS E
ECONÓMICOS
A sede da Asociación de Discapacitados Físicos de O
Carballiño e Comarca está ubicada no Centro
Sociocomunitario pertenecente á Xunta de Galicia,
que é a que corre cos gastos de mantenemento de luz
e aluguer.
A superficie coa que contamos componse dunha
oficina de atención directa o público e con un salón de
actos do citado centro para momentos esporádicos.
Os recursos materiais cos que contamos son os
seguintes:
o 2 Ordenadores de mesa
o 1 fotocopiadora multifunción canon
o 3 radiadores
o 2 Tlfnos móviles
o 1 proxector
o 1 Ordenador Portatil
o 1 moble de arquivo largo e baixo
8
o 2 armarios con estanterías
o 2 mesas oficina
o Material de oficina
o Productos de limpeza(escoba, recolledor, cubo,
fregona, etc,)
o 15 cadeiras
A relación dos recursos materiais da sala de
Rehabilitación é a seguinte:
- 1 camilla
- 2 lámpadas infravermellos con pé
- 1 colchoneta
- 1 paralela
- 1 espello de reeducación
- 1 biombo clínico de dous corpos
- 1 escaleira con rampa
- 2 taburetes
- 1 prato Boheler de 50 cm de diámetro
- 1 bicicleta de exercicio
- 1 equipo de electroterapia Myaction Med
- 12 cintas Thera-band
Tamén contamos con un seguro de responsabilidade
civil.
9
Os recursos humanos e económicos que tivemos
durante o ano 2015 foron os seguintes:
Profesionais Financiación Duración Cuantía Destino 1 Auxiliar Administrativo 1 Fisioterapeuta
Subvención directa do Excmo. Concello de O Carballiño Subvención do departamento de Servizos Sociais da Ilma Deputación de Ourense. 80%
3 meses 3 meses
5000.00 1680.00
Costes salariais e da Seguridade Social dos traballadores Clínica de Fisioterapia.
PROGRAMAS E ACTIVIDADES
Dende a Asociación de Discapacitados Físicos de
Carballiño e Comarca trabállase en varias áreas da vida
social, buscamos que as persoas con discapacidade
poidan acceder a unha vida normalizada dentro do
contexto social que engloba a tódolos grupos de
poboación, que compoñen unha comunidade social.
Actualmente e a través dos diferentes programas
da Asociación préstanse unha serie de servicios, co
obxectivo de modificar a situación actual das persoas
con discapacidade, de cara á integración e
normalización social dentro dun programa de
10
achegamento da información ás persoas e tamén a
todo o entorno social que as rodea.
PROGRAMA DE ATENCIÓN SOCIO SANITARIA
-SERVIZO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO
O encargado de levar a cabo este Programa e a
Aux. Administrativo da Asociación, que responde a
todo tipo de cuestión que podan plantexarlle tanto
persoas con discapacidade, familiares, amigos ou
profesionais; socios e non socios, a través da
Traballadora Social de Discafis-Cogami,
Servizos Sociais do Concello de Carballiño e da
Mancomunidade de Concellos de O Carballiño.
Durante este ano levouse a cabo un rexistro de
consultas, que a 31 de decembro sumou un total de 30
consultas as que foron a Discafis 3 e 1 a Servizos Sociais
do Concello
Dende setembro do 2015 comezouse a ter unha serie
de entrevistas cos socios para poder actualizar a base
de datos e mais para dar información persoal sobre as
actividades da asociación e poder coñecer a situación
real e actual dos nosos socios. A raíz de ditas
entrevistas persoais, a traballadora puido informar e
orientar de primeira man sobre recursos e axudas para
así poder mellorar a súa calidade de vida.
11
Dende a asociación tamén asesoramos sobre os
trámites para a consecución do certificado de
discapacidade, a lei de dependencia, a tarxeta de
aparcamento, a exención do imposto de circulación, as
axudas individuais non periódicas, axudas técnicas,
hoteis, casas rurais adaptadas, sobre as nosas
actividades, etc.
Outro tipo de información remitida dende esta
Asociación sería a que se lle envía ós nosos socios sobre
axudas, lexislación publicada, cursos, actividades, etc.
-SERVIZO DE REHABILITACIÓN
-Fisioterapia: O seu principal obxectivo é o de potenciar
o máximo as capacidades funcionáis da persoa con
discapacidade física, para así conseguir que sexan o
mais independentes posibles e de esta forma mellorar
a súa calidade de vida. Este servizo fíxose nunha clínica
privada por falta de espazo “clínica Luis M. Lopez
Alonso” na que aproveitaron as sesións inviduais 10
socios e 12, un taller de movemento.
Estamos pendentes de poder realizar Terapia
ocupacional e Logopedia.
12
PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN SOCIAL
O dar a coñecer os programas e actividades da
Asociación, así como necesidades, demandas e
expectativas do colectivo de persoas con
discapacidade, é unha das preocupacións desta
entidade.
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DE BARREIRAS
As barreiras ás que se enfrontan as persoas con
discapacidade física, e en particular as que teñen
mobilidade reducida, son a principal causa de
discriminación, impedindo que leven unha vida
“normal” e indicindo na súa vida social e laboral.
Dende a asociación intentamos velar para que
ditas barreiras desaparezan e se cumplan o disposto na
lexislación específica.
PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL
Un dos obxectivos desta Asociación é a inserción
laboral de persoas con discapacidade física nas
diferentes empresas da nosa contorna por medio de
orientación laboral.
PROGRAMA DE OCIO E TEMPO DE LECER
Dende a Asociación infórmase de actividades de
ocio e tempo de lecer, así como por exemplo das casas
adaptadas a persoas con mobilidade reducida ou
13
programas promovidos pola administración pública ou
entidades privadas
BÚSQUEDA DE FINANCIAMENTO
Calquera asociación necesita fondos para
desenvolver os seus programas de actividades e facer
fronte os gastos. Para eso, acude a outros organismos,
tanto públicos como privados, que subvencionan parte
ou a totalidade dos proxectos presentados polas
entidades sen ánimo de lucro.
Durante o ano 2015 soamente contamos coa
subvención directa aprobada polo Concello de O
Carballiño para a contratación de persoal de atención
o público, axuda para gastos de asociación, seguro de
responsabilidade civil e outras.. con unha cuantía total
de 5000 € , e outra de Servizos Sociais da Deputación
de Ourense para fisioterapia con unha cuantía do 80%
do proxecto 1340€ sendo o gasto total de 1680€
14
ACTIVIDADES E REUNIONS
Organizáronse actividades e reunións na área social
ou fora dela con diferentes organismos, tanto públicos
como privados, con diferentes obxectivos, tales como
dar a coñecer a entidade e ofertar os nosos servizos,
dar resposta a demandas dos nosos usuarios e solicitar
subvención e acordos para realizar a nosa labor
As reunións que se mantiveron no 2015 foron coa
conselleira de Asuntos Sociais do concello do
Carballiño, co Alcalde de O Carballiño, coa
Mancomunidade de Concellos de O Carballiño, cos
diferentes colexios da vila e da comarca, coa
Deputación de Ourense, con representantes de outras
entidades e asociación
EVALUACIÓN DOS RESULTADOS OBTIDOS
Os resultados obtidos neste ano 2015 foron moi
positivos para a asociación. Coa nova subvención para a
contratación de persoal, puidemos dar continuidade os
servizos ofrecidos ata mediados de decembro.
Para reabrir o público desde setembro foi mínimo o
tempo pero moi aproveitado.
15
ACTUACIÓNS PREVISTAS PARA O ANO 2016
Durante o ano 2016 a Asociación de Discapacitados
Físicos de Carballiño e Comarca vai intentar consolidar
os Servizos e programas existentes: información e
asesoramento, Sensibilización social, Eliminación de
barreiras, Formación, Orientación laboral, Ocio e
tempo libre, Voluntariado, Búsqueda de financiamento
..etc, que teñan que ver coa mellora da asociación.
Outro dos obxectivos da Asociación é conseguir unha
mellora nos servizos de rehabilitación e poder ofertar
unha maior calidade aos usuarios tanto a nivel dos
recursos materiais como persoais.
16
ANEXO ECONÓMICO
17
Balance de Situación Empresa: ASDIFICA Actividad: 951 - ASISTENCIA Y SERV. SOCIALES DISMINUIDOS Período: de Enero a Diciembre Fecha: 10/05/2016
Activo 2015
A) ACTIVO NO CORRIENTE 1.897,82
II. Inmovilizado material 1.897,82 21700000 EQUIPOS PARA PROCESOS DE INFOR 1.945,80 28100000 AMORTIZACIÓN ACUM. DEL IN.MATE -47,98 B) ACTIVO CORRIENTE 3.847,72
III. Deudores comerciales y otras cuentas a cob. 2.990,20 3. Otros deudores 2.990,20 44801000 CONCELLO DE CARBALLINO 1.650,20 44802000 DEPUTACIÓN DE OURENSE 1.340,00 VI. Periodificaciones a corto plazo 43,53 48001000 SEGURO 43,53 VII. Efectivo y otros activos líquidos equival. 813,99 57000000 CAJA, EUROS 80,90 57201000 CC DE ABANCA 197,09 57202000 LA CAIXA 536,00 T O T A L A C T I V O 5.745,54
Balance de Situación Empresa: ASDIFICA Actividad: 951 - ASISTENCIA Y SERV. SOCIALES DISMINUIDOS
Período: de Enero a Diciembre Fecha: 10/05/2016
Pasivo 2015
A) PATRIMONIO NETO 5.496,01
A-1) Fondos propios 5.496,01 I. Capital 249,89 1. Capital escriturado 249,89 10100000 FONDO SOCIAL 249,89 VII. Resultado del ejercicio 5.246,12 C) PASIVO CORRIENTE 249,53
V. Acreedores comerc. y otras cuentas a pagar 249,53 2. Otros acreedores 249,53 47510000 HP, ACREED. RETEN. PRACTICADAS 42,15 47600000 ORGANI.DE LA SS.SS.,ACREEDORES 207,38 T O T A L PATRIMONIO NETO Y PASIVO 5.745,54
18
Cuenta de Pérdidas y Ganancias Empresa: ASDIFICA Actividad: 951 - ASISTENCIA Y SERV. SOCIALES DISMINUIDOS Período: de Enero a Diciembre Fecha: 10/05/2016
Cuenta de Pérdidas y Ganancias 2015
1. Ingresos propios de la entidad 11.820,00 a) Cotas de afiliados e usuarios 270,00 72010000 COTAS SOCIOS 270,00 b) Aportacións de usuarios 210,00 72101000 OUTROS INGRESOS 210,00 d) Subvencións, doazóns e legados imputados ao 11.340,00 74001000 SUBVENCIÓN CONC.CARBALLINO 5.000,00 74002000 DONACIÓN LA CAIXA 5.000,00 74030000 SUBVENCIÓN DEPUTACIÓN 1.340,00 3. Gastos por axudas e outros -849,80 d) Reintegro de subvencións, doazóns e legados -849,80 65800000 REINTEGRO SUBV.,DONAC.LEG.REC. -849,80 6. Aprovisionamentos. -288,27 60010000 COMPRAS DE MATERIAL DE OFICINA -160,07 60200000 COMPRAS DE OTROS APROVISIONAMI -128,20 8.Gastos de persoal -3.046,02 a) Soldos, salarios e asimilados -2.302,53 64000000 SUELDOS Y SALARIOS -2.302,53 b) Cargas sociais -743,49 64200000 SEGURIDAD SOCIAL A CARGO DE LA -743,49 9. Outros gastos da actividade -2.336,51 a) Servizos exteriores -2.254,46 62500000 PRIMAS DE SEGUROS -30,37 62600000 SERVICIOS BANCARIOS Y SIMILARE -5,35 62901000 GASTOS DE XESTORIA -181,50 62902000 FISIOTERAPIA -1.680,00 62903000 COTA DISCAFIS-COGAMI -73,00 62909000 PARKING -58,69 62922100 TELÉFONO -225,55 b) Tributos -82,05 63001000 ITV -82,05 10. Amortización do inmobilizado -47,98 68000000 AMORTIZACIÓN DEL INMOVILIZADO -47,98 A.1) EXCEDENTE DA ACTIVIDADE 5.251,42 14. Gastos extraordinarios -5,30 67800000 GASTOS EXCEPCIONALES -5,30 B) RESULTADO FINANCIERO -5,30
C) RESULTADO ANTES DE IMPUESTOS 5.246,12
17. Impuestos sobre beneficios -82,05 63001000 ITV -82,05 D) RESULTADO DEL EJERCICIO 5.164,07
top related