as contas dos reis magos

Post on 23-Jan-2018

581 Views

Category:

Education

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

AS CONTAS DOS REIS MAGOS

Debuxos:2º ESO A M

ON

Un problema de Matemáticas / Física-Química sobre a posibilidade de que os tres Reis Magos den repartido todos os seus agasallos polo mundo nunha noite.

Supoñamos que hai 2.000 millóns de nenos e nenas no mundo e partamos da idea de que os Reis Magos non se ocupan dos musulmáns, hindús, budistas... ou os que reciben a Papá Noel polo que nos quedamos cun 15% que distribuídos por vivendas da unha cifra de 91,8 millóns (dando por suposto en en cada casa viva algún neno ou nena que se teña portado ben).

Grazas aos cambios de hora pola rotación da Terra os Reis Magos poden dispoñer de 31 horas durante a noite do 5 de xaneiro polo que teñen que facer 822,6 visitas por segundo. Os tres Reis, que sempre van xuntos, dispoñen dunha milésima de segundo para baixar dos camelos, buscar a entrada da casa, deixar os agasallos, comer o que lles deixaron, volver a saír, subir aos camelos e marchar cara á seguinte casa.

Supoñendo que as 91,8 millóns de casas estiveran repartidas pola Terra de forma regular (cousa imposible pero vale para facer as contas) habería 1,2 km de distancia entre cada unha o que da un percorrido total de 110 millóns de quilómetros. Logo os Reis e os seus camelos deberán moverse a uns 1.000 km/segundo (3.600.000 km/hora), 3.000 veces a velocidade do son.

Hai que ter en conta tamén a carga dos agasallos. Supoñendo que a cada neno ou nena lle levesen unha videoconsola duns 0,9 kg, os camelos dos Reis deberían transportar, sen contar o peso das súas maxestades (algún deles bastante gordiño), 321.000 toneladas.

Un camelo de tipo medio non rexe máis que con 150 kg. Supondo que fosen “supercamelos” e rexeran con 10 veces esa carga, farían falla 214.200 animais o que incrementaría a carga a 353,430 toneladas.

353.200 toneladas viaxando a 1.000 km/seg crean unha enorme resistencia aerodinámica que produciría un quecemento dos camelos semellante ao dunha nave espacial cando entra na atmosfera da Terra. En resumo, os camelos arderían e consumiríanse instantaneamente, en 4,26 milésimas de segundo. Os Reis Magos sufrirían unha forza centrífuga 17.5000,06 veces superior á da gravidade...

Polo tanto, supoñendo que algunha vez existisen os Reis Magos, e fixesen o seu traballo, agora xa non estarían entre nós.

Pero hai outra explicación que nos podería aclarar o asunto. Todo o anterior está basado nas leis da física clásica. Tentaremos agora explicalo desde enfoque da física cuántica:Coñecemos con precisión a velocidade, o peso da carga e dos porteadores, a dirección e o sentido do desprazamento... polo que se pode determinar exactamente o vector do momento cinético dos Reis Magos e o seu cargamento.

Basta con aplicar o principio de incertidume de Heisenberg para saber que a posición do Reis Magos é extremadamente imprecisa en calquera momento da súa noite. Están “difuminados” sobre a superficie da terra, de forma semellante a como un electrón está “difuminado” a unha certa distancia do núcleo do átomo. Polo tanto poden atoparse en todas partes nun momento dado.

Por outra banda, as velocidades relativistas ás que os camelos poden chegar durante breves lapsos de tempo fan posible que, en certos casos, cheguen a algúns lugares un pouco antes de ter saído de Oriente.Os Reis Magos asumen durante breves períodos de tempo as características dos tachións. Estamos dacordo en que a existencia dos tachións é hipotética e aínda non está probada, pero o mesmo pasa cos buracos negros e xa ninguén dubida da súa existencia.

Conclusión: supoñendo que os nosos estudantes

fosen capaces de seguir estes razonamentos levarían unha gran

desilusión.

Pero mentras haxa persoas dispostas a seguir exercendo un pouco de Reis Magos, como fixeron antes os nosos pais, avós, bisavós... os nenos e nenas (grandes e pequenos) conseguirán ter a súa videoconsola... ou o que sexa...sempre que se porten ben.

Que teñades todos e todas un bo ano!

top related